Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

21º domingo toc 2013 bene pagola

346 visualizaciones

Publicado el

  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

21º domingo toc 2013 bene pagola

  1. 1. 25 de agosto de 2013 21º Tempo ordinario (C) Lucas 13, 22-30 Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS Axuda a vivir a fe con confianza e responsabilidade. Pásao. José Antonio Pagola Música: Mozart. Sinfonía, nº 29. Presentación:B.Areskurrinaga HC Euskaraz:D.Amundarain
  2. 2. A sociedade moderna vai impoñendo cada vez con máis forza un estilo de vida marcado polo pragmatismo do inmediato. Apenas interesan as grandes cuestións da existencia.
  3. 3. Xa non temosXa non temos certezas firmescertezas firmes nin convicciónsnin conviccións profundas.profundas. Pouco a pouco,Pouco a pouco, Ímonos convertendoÍmonos convertendo en seres triviais,en seres triviais, cargados de tópicos,cargados de tópicos, sen consistencia interiorsen consistencia interior nin ideaisnin ideais que alenten o nosoque alenten o noso vivir diario,vivir diario, máis alá do benestar emáis alá do benestar e a seguridade doa seguridade do momento.momento.
  4. 4. É moi significativo observarÉ moi significativo observar a actitude xeralizada de non poucos cristiáns ante aa actitude xeralizada de non poucos cristiáns ante a cuestión da “salvación eterna” que tanto preocupaba sócuestión da “salvación eterna” que tanto preocupaba só hai poucos anos:hai poucos anos: bastantes borrárona sen máis da súa conciencia; algúns,bastantes borrárona sen máis da súa conciencia; algúns, non se sabe ben por que, séntense con dereitonon se sabe ben por que, séntense con dereito a un “final feliz”; outros non queren recordar experiencias relixiosas que lles fixeron moito dano.
  5. 5. Segundo o relato de Lucas, un descoñecido faille a Xesús unha pregunta frecuente naquela sociedade relixiosa: ““Serán poucos os que se salven?”Serán poucos os que se salven?” Xesús non responde directamente á súa pregunta.
  6. 6. Non lle interesa especular sobre ese tipo deNon lle interesa especular sobre ese tipo de cuestións estériles, tan queridas por algúnscuestións estériles, tan queridas por algúns mestres da época.mestres da época. Vai directamente ao esencial e decisivo:Vai directamente ao esencial e decisivo: como temos que actuar para non quedarcomo temos que actuar para non quedar excluídos da salvación que Deus ofrece a todos?excluídos da salvación que Deus ofrece a todos?
  7. 7. Esta é a actitude sa.Esta é a actitude sa. Confianza en Deus, si;Confianza en Deus, si; frivolidade, despreocupaciónfrivolidade, despreocupación e falsas seguridades, non.e falsas seguridades, non. “Esforzádevos por entrar pola porta estreita”. Estas son as súas primeiras palabras. Deus ábrenos a todos a porta da vida eterna, pero temos que esforzarnos e traballar para entrar por ela.
  8. 8. Xesús insiste, sobre todo, en non enganarnosXesús insiste, sobre todo, en non enganarnos con falsas seguridades.con falsas seguridades. Non abonda con pertencer ao pobo de Israel;Non abonda con pertencer ao pobo de Israel; non é suficiente ter coñecidonon é suficiente ter coñecido persoalmente a Xesúspersoalmente a Xesús polos camiños de Galilea.polos camiños de Galilea.
  9. 9. O decisivo é entrar desde agora no Reino de Deus e da súa xustiza. De feito, os que quedan fóra do banquete final son, literalmente, “os que practican a inxustiza”.
  10. 10. Xesús invita á confianza e á responsabilidade. No banquete final do Reino de Deus non se sentarán só os patriarcas e profetas de Israel. Estarán tamén pagáns vidos de todos os recantos do mundo. Estar dentro ou estar fóra depende de como responde cada un á salvación que Deus ofrece a todos.
  11. 11. Xesús remata cunXesús remata cun proverbio queproverbio que resume a súaresume a súa mensaxe.mensaxe. En relación ao ReinoEn relación ao Reino de Deus:de Deus: ““hai últimos quehai últimos que serán primeiros, eserán primeiros, e primeiros que seránprimeiros que serán derradeiros”.derradeiros”. A súa advertencia éA súa advertencia é
  12. 12. AlgúnsAlgúns que seque se sentensenten seguros de serseguros de ser admitidosadmitidos poden quedarpoden quedar fóra.fóra. Outros queOutros que parecenparecen excluídos deexcluídos de antemánantemán podenpoden quedarquedar dentro.dentro.
  13. 13. CONFIANZA, SI. FRIVOLIDADE, NON A sociedade moderna vai impoñendo cada vez con máis forza un estilo de vida marcado polo pragmatismo do inmediato. Apenas interesan as grandes cuestións da existencia. Xa non temos certezas firmes ni conviccións profundas. Pouco a puoco, ímonos convertendo en seres triviais, cargados de tópicos, sen consistencia interior nin ideais que alenten o noso vivir diario, máis alá do benestar e a seguridade do momento. É moi significativo observar a actitude xeralizada de non poucos cristiáns ante a cuestión da “salvación eterna” que tanto preocupaba só hai poucos anos: bastantes borrárona sen máis da súa conciencia; algúns, non se sabe ben por que, séntense con dereito a un “final feliz”; outros non queren recordar experiencias relixiosas que lles fixeron moito dano. Segundo o relato de Lucas, un descoñecido faille a Xesús unha pregunta frecuente naquela sociedade relixiosa: “Serán poucos os que se salven?” Xesús no responde directamente á súa pregunta. Non lle interesa especular sobre ese tipo de cuestións estériles, tan queridas por algúns mestres da época. Vai directamente ao esencial e decisivo: como temos que actuar para non quedar excluídos da salvación que Deus ofrece a todos? “Esforzádevos por entrar pola porta estreita”. Estas son as súas primeiras palabras. Deus ábrenos a todos a porta da vida eterna, pero temos que esforzarnos e traballar para entrar por ela. Esta é a actitude sa. Confianza en Deus, si; frivolidade, despreocupación e falsas seguridades, non. Xesús insiste, sobre todo, en non enganarnos con falsas seguridades. No abonda con pertencer ao pobo de Israel; non é suficiente ter coñecido persoalmente a Xesús polos camiños de Galilea. O decisivo é entrar desde agora no Reino Deus e da súa xustiza. De feito, os que quedan fóra do banquete final son, literalmente, “os que practican a inxustiza”. Xesús invita á confianza e á responsabilidade. No banquete final do Reino de Deus non sentarán só os patriarcas e profetas de Israel. Estarán tamén pagáns vidos de todos os recantos do mundo. Estar dentro ou estar fóra depende de como responde cada un á salvación que Deus ofrece a todos. Xesús remata cun proverbio que resume a súa mensaxe. En relación ao Reino de Deus, “hai últimos que serán primeiros, e primeiros que serán derradeiros”. A súa advertencia é clara. algúns que se senten seguros de ser admitidos poden quedar fóra. Outros, que parecen excluídos de antemán, poden quedar dentro. José Antonio Pagola

×