Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

23 domingo toc 2013 bene pagola

333 visualizaciones

Publicado el

  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

23 domingo toc 2013 bene pagola

  1. 1. Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS Axuda a vivir como verdadeiros seguidores de Xesús. Pásao. Presentación:B.Areskurrinaga HC Euskaraz:D.Amundarain José Antonio Pagola 8 de setembro de 2013 23º Tempo ordinario (C) Lucas, 14, 25-33
  2. 2. Xesús vai camiño de Xerusalén.Xesús vai camiño de Xerusalén. O evanxelista dinos que oO evanxelista dinos que o ““acompañaba moita xente”acompañaba moita xente”.. Con todo, Xesús non se fai ilusións.Con todo, Xesús non se fai ilusións. No se deixa enganar por entusiasmos fácilesNo se deixa enganar por entusiasmos fáciles das xentes.das xentes. A algúns preocúpalles hoxe como vaiA algúns preocúpalles hoxe como vai descendendodescendendo o número dos cristiáns.o número dos cristiáns. A Xesús interesáballe máis a calidade dosA Xesús interesáballe máis a calidade dos seus seguidores que o seu número.seus seguidores que o seu número.
  3. 3. De súpetoDe súpeto “vólvese”“vólvese” e comeza a falar a aquela multitudee comeza a falar a aquela multitude das esixencias concretas que encerra o acompañalo dedas esixencias concretas que encerra o acompañalo de maneira lúcida e responsable.maneira lúcida e responsable. Non quere que a xente o siga de calquera maneira.Non quere que a xente o siga de calquera maneira. Ser discípulo de Xesús é unha decisión que ten queSer discípulo de Xesús é unha decisión que ten que marcar a vida enteira da persoa.marcar a vida enteira da persoa.
  4. 4. Xesús fálalles, en primeiro lugar da familia.Xesús fálalles, en primeiro lugar da familia. Aquelas xentres teñen a súa propia familia: pais e nais,Aquelas xentres teñen a súa propia familia: pais e nais, muller e fillos, irmáns e irmás.muller e fillos, irmáns e irmás. Son os seus seres máis queridos e entrañables.Son os seus seres máis queridos e entrañables. Mais, se non deixan a un lado os intereses familiaresMais, se non deixan a un lado os intereses familiares para colaborar con El en promover unha familiapara colaborar con El en promover unha familia humana, non baseada en lazos de sangue senónhumana, non baseada en lazos de sangue senón construída desde a xustiza e a solidariedade fraterna,construída desde a xustiza e a solidariedade fraterna, non podrán ser os seus discípulos.non podrán ser os seus discípulos.
  5. 5. Xesús non está pensando en desfacer os fogaresXesús non está pensando en desfacer os fogares eliminando o agarimo e a convivencia familiar.eliminando o agarimo e a convivencia familiar. Mais, se alguén pon por enriba de todo o honor daMais, se alguén pon por enriba de todo o honor da súa familia, o patrimonio, a herdanza o o benestarsúa familia, o patrimonio, a herdanza o o benestar familiar, non poderá ser o seu discípulo ninfamiliar, non poderá ser o seu discípulo nin traballar con El no proxecto dun mundotraballar con El no proxecto dun mundo máis humano.máis humano.
  6. 6. Máis aínda.Máis aínda. Se alguén só pensa en si mesmoSe alguén só pensa en si mesmo e nas súas cousas, se vive só para gozare nas súas cousas, se vive só para gozar do seu benestar, se se preocupa unicamente dosdo seu benestar, se se preocupa unicamente dos seus intereses, que non se engane, non pode serseus intereses, que non se engane, non pode ser discípulo de Xesús.discípulo de Xesús. Fáltalle liberdade interior, coherencia eFáltalle liberdade interior, coherencia e responsabilidade para tomaloresponsabilidade para tomalo en serio.en serio.
  7. 7. Xesús segue falando con crueza:Xesús segue falando con crueza: ““Quen non leve a súa cruz detrás de min, nonQuen non leve a súa cruz detrás de min, non pode ser o meu discípulo”pode ser o meu discípulo”.. Se un vive evitando problemas e conflitos, se nonSe un vive evitando problemas e conflitos, se non sabe asumir riscos e penalidades, se non estásabe asumir riscos e penalidades, se non está disposto a soportar sufrimentos polo Reino de Deusdisposto a soportar sufrimentos polo Reino de Deus e a súa xustiza, non pode ser discípulo de Xesús.e a súa xustiza, non pode ser discípulo de Xesús.
  8. 8. Non se pode ser cristián deNon se pode ser cristián de calquera maneira.calquera maneira. Non temos que confundir aNon temos que confundir a vida cristiá convida cristiá con formas de vivir que desfiguranformas de vivir que desfiguran e baleiran de contido oe baleiran de contido o seguimento humilde, peroseguimento humilde, pero responsable de Xesús.responsable de Xesús.
  9. 9. Sorprende a liberdade doSorprende a liberdade do Papa Francisco para denunciar estilosPapa Francisco para denunciar estilos de cristiáns que pouco teñen que ver cosde cristiáns que pouco teñen que ver cos discípulos de Xesús:discípulos de Xesús: ““cristiáns de bos modais, pero malos costumes”,cristiáns de bos modais, pero malos costumes”, ““crentes de museo,crentes de museo, hipócritas da casuística”,hipócritas da casuística”, ““cristiáns incapaces de vivir contra corrente”,cristiáns incapaces de vivir contra corrente”, cristiáns “corruptos” que só pensan en si mesmos,cristiáns “corruptos” que só pensan en si mesmos, “cristiáns educados”“cristiáns educados” que non anuncian o evanxeo...que non anuncian o evanxeo...
  10. 10. NON DE CALQUERA MANEIRA Xesús vai camiño de Xerusalén. O evanxelista dinos que o “acompañaba moita xente”. Con todo, Xesús non se fai ilusións. Non se deixa enganar por entusiasmos fáciles das xentes. A algúns preocúpalles hoxe como vai descendendo o número dos cristiáns. A Xesús interesáballe máis a calidade dos seus seguidores que o seu número. De súpeto “vólvese” e comeza a falar a aquela multitude das esixencias concretas que encerra o acompañalo de maneira lúcida e responsable. Non quere que a xente o siga de calquera maneira. Ser discípulo de Xesús é unha decisión que ten que marcar a vida enteira da persoa. Xesús fálalles, en primeiro lugar da familia. Aquelas xentes teñen a súa propia familia: pais e nais, muller e fillos, irmáns e irmás. Son os seus seres máis queridos e entrañables. Pero, se non deixan a un lado os intereses familiares para colaborar con El en promover unha familia humana, non baseada en lazos de sangue senón construída desde a xustiza e a solidariedade fraterna, non poderán ser os seus discípulos. Xesús non está pensando en desfacer os fogares eliminando o agarimo e a convivencia familiar. Mais, se alguén pon por enriba de todo o honor da súa familia, o patrimonio, a herdanza ou o benestar familiar, non poderá ser o seu discípulo nin traballar con El no proxecto dun mundo máis humano. Máis aínda. Se alguén só pensa en si mesmo e nas súas cousas, se vive só para gozar do seu benestar, se se preocupa unicamente dos seus intereses, que non se engane, non pode ser discípulo de Xesús. Fáltalle liberdade interior, coherencia e responsabilidade para tomalo en serio. Xesús segue falando con crueza: “Quen non leve a súa cruz detrás de min, non pode ser o meu discípulo”. Se un vive evitando problemas e conflitos, se non sabe asumir riscos e penalidades, se non está disposto a soportar sufrimentos polo Reino de Deus e a súa xustiza, non pode ser discípulo de Xesús. Non se pode ser cristián de calquera maneira. Non temos que confundir a vida cristiá con formas de vivir que desfiguran e baleiran de contido o seguimento humilde, pero responsable de Xesús. Sorprende a liberdade do Papa Francisco para denunciar estilos de cristiáns que pouco teñen que ver cos discípulos de Xesús: “cristiáns de bos modais, pero malos costumes”, “crentes de museo”, “hipócritas da casuística”, “cristiáns incapaces de vivir contra corrente”, cristiáns “corruptos” que só pensan en si mesmos, “cristiáns educados” que non anuncian o evanxeo... José Antonio Pagola

×