Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

28º domingo tob bene pagola 2012

351 visualizaciones

Publicado el

  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

28º domingo tob bene pagola 2012

  1. 1. José Antonio Pagola 14 de outubro de 2012 28º Tempo ordinario (B)Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS Marcos 10, 17-30Traballa por un mundo máis humano. Pásao.Música: Bach-aria; present: B. Areskurrinaga HC; euskaraz: D. Amundarain
  2. 2. “Que farei para herdar a vida eterna?”.Non lle preocupan os problemas desta vida. É rico. Todo o ten resolto.
  3. 3. Antes de que se poña en camiño, un descoñecido achégase a Xesús correndo.Ao parecer, ten présa para resolver o seu problema:
  4. 4. Xesús pono ante a Lei de Moisés.Curiosamente, non lle recorda os dez mandamentos, senón só os que prohíben actuarcontra o próximo.O mozo é un homebo, observante fiel da relixión judía: "Todo iso cumprino desde pequeno".
  5. 5. Xesús quédaselle mirando con cariño. É admirable a vidadunha persoa que non fixo dano a ninguén. Xesús quéreo atraer agora para quecolabore con el no seu proxecto de facer unmundo máis humano, e faille unha proposta sorprendente:
  6. 6. … “aínda che falta unhacousa: anda, vende o que tes, dálle o diñeiro aos pobres... e logo sígueme".
  7. 7. O rico posúe moitas cousas, pero fáltalle o único que permite seguir a Xesús de verdade. É bo, pero vive apegado ao seu diñeiro.Xesús pídelle que renuncie á súa riqueza e a poña ao servizo dos pobres.
  8. 8. Só compartindo oseu cos necesitados, poderá seguir a Xesús colaborando no seu proxecto. proxecto
  9. 9. O mozo síntese incapaz. Necesita benestar. Non ten forzas para vivir sen a súa riqueza.O seu diñeiro está por enriba de todo. Renuncia a seguir a Xesús.
  10. 10. Viñera correndo entusiasmado cara a el. Agora afástase triste.Non coñecerá nunca a ledicia de colaborar con Xesús.
  11. 11. A crise económicaestanos invitando aos seguidores deXesús a dar pasos cara a unha vida máis sobria, para compartir cos necesitados o que temos esinxelamente non necesitamos para vivir con dignidade.Temos que facernos preguntas moi concretas se queremos seguir a Xesús nestes momentos.
  12. 12. O primeiro é revisar a nosa relación co diñeiro: os o diñeiro? Que facer co nPara que aforr ar? stir? e inve En qu Con quen compartir o que non necesitamos?
  13. 13. Polo tanto, temos que revisar o noso consumopara facelo máis responsable e menos compulsivo e superfluo: Que mercamos? Onde mercamos? Para que mercamos? A quen podemos axudar a mercar o que necesitan?
  14. 14. Son preguntas que nos temos que facer no fondo da nosa conciencia e tamén nas nosas familias, comunidades cristiás e institucións de Igrexa.
  15. 15. Non faremos xestos heroicos, pero se damos pequenos pasos nesta dirección, coñeceremos a ledicia deseguir a Xesús contribuíndo a facer acrise dalgúns un pouco máis humana e liviá. Se non é así, sentirémonos bos cristiáns, pero á nosa relixión faltaralle ledicia.
  16. 16. CON XESÚS NO MEDIO DA CRISE  Antes de que se poña en camiño, un descoñecido achégase a Xesús correndo. Ao parecer, tenprésa para resolver o seu problema: “Que farei para herdar a vida eterna?". Non lle preocupan os problemas deesta vida. É rico. Todo o ten resolto. Xesús pono ante a Lei de Moisés. Curiosamente, non lle recorda os dez mandamentos, senón só osque prohíben actuar contra o próximo. O mozo é un home bo, observante fiel da relixión judía: “Todo isocumprino desde pequeno”. Xesús quédaselle mirando con cariño. É admirable a vida dunha persoa que non fixo dano a ninguén.Xesús quéreo atraer agora para que colabore con el no seu proxecto de facer un mundo máis humano, e failleunha proposta sorprendente: “aínda che falta unha cousa: anda, vende o que tes, dálle o diñeiro aos pobres... elogo sígueme". O rico posue moitas cousas, pero fáltalle o único que permite seguir a Xesús de verdade. É bo, perovive apegado ao seu diñeiro. Xesús pídelle que renuncie á súa riqueza e a poña ao servizo dos pobres. Sócompartindo o seu cos necesitados, poderá seguir a Xesús colaborando no seu proxecto. O mozo síntese incapaz. Necesita benestar. Non ten forzas para vivir sen a súa riqueza. O seudiñeiro está por enriba de todo. Renuncia a seguir a Xesús. Viñera correndo entusiasmado cara a el. Agoraafástase triste. Non coñecerá nunca a ledicia de colaborar con Xesús. A crise económica estanos invitando aosseguidores de Xesús a dar pasos cara a unha vida máis sobria, para compartir cos necesitados o que temos esinxelamente non necesitamos para vivir con dignidade. Temos que facernos preguntas moi concretas sequeremos seguir a Xesús nestes momentos. O primeiro é revisar a nosa relación co diñeiro: Que facer co noso diñeiro? Para que aforrar? Enque investir? Con quen compartir o que non necesitamos? Polo tanto, temos que revisar o noso consumo parafacelo máis responsable e menos compulsivo e superfluo: Que mercamos? Onde mercamos? Para quemercamos? A quen podemos axudar a mercar o que necesitan? Son preguntas que nos temos que facer no fondo da nosa conciencia e tamén nas nosas familias,comunidades cristiás e institucións de Igrexa. Non faremos xestos heroicos, pero se damos pequenos pasosnesta dirección, coñeceremos a ledicia de seguir a Xesús contribuíndo a facer a crise dalgúns un pouco máishumana e liviá. Se non é así, sentirémonos buenos cristiáns, pero á nosa relixión faltaralle ledicia. José Antonio Pagola

×