Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×

28º domingo toc 2013 bene pagola

Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Cargando en…3
×

Eche un vistazo a continuación

1 de 14 Anuncio

Más Contenido Relacionado

Presentaciones para usted (20)

A los espectadores también les gustó (20)

Anuncio

Similares a 28º domingo toc 2013 bene pagola (20)

Más de Nuria M Núñez Elissetche (20)

Anuncio

28º domingo toc 2013 bene pagola

  1. 1. Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS Contribúe a espertar o agradecemento a Deus e a Xesús. Pásao Música: Bruch, Adagio. Presentación: B.Areskurrinaga HC Euskaraz:D.Amundarain José Antonio Pagola 13 de outubro de 2013 28º Tempo ordinario (C) Lucas, 17, 11-19
  2. 2. O relato comeza narrando a curación dun grupo de dez leprosos nos arredores de Samaría. Pero, esta vez, non se detén Lucas nos detalles da curación, senón na reacción dun dos leprosos ao verse curado.
  3. 3. O evanxelista describe coidadosamente todos os seus pasos, pois quere sacudir a fe rutineira de non poucos cristiáns.
  4. 4. Xesús pediu aos leprosos que se presenten aos sacerdotes para obter a autorización que os permita integrarse na sociedade.
  5. 5. Pero un deles, de orixe samaritano, ao ver que está curado, en vez de ir aos sacerdotes, vólvese para buscar a Xesús. Sente que para el comeza unha vida nova.
  6. 6. En adiante, todo será diferente: poderá vivir de maneira máis digna e ditosa. Sabe a quen llo debe. Necesita encontrarse con Xesús.
  7. 7. Volve “loando a Deus a grandes gritos”. Sabe que a forza salvadora de Xesús só pode ter a súa orixe en Deus. Agora sente algo novo por ese Pai Bo do que fala Xesús. Non o esquecerá xamais. En adiante vivirá dando grazas a Deus. Loarao gritando con todas as súas forzas. Todos han de saber que se sente amado por El.
  8. 8. Ao encontrarse con Xesús, “bótase aos seus pés dándolle grazas”. Os seus compañeiros seguiron o seu camiño para encontrarse cos sacerdotes, pero el sabe que Xesús é o seu único Salvador. Por iso está aquí a carón del dándolle grazas. En Xesús encontrou o mellor regalo de Deus.
  9. 9. Ao concluír o relato, Xesús toma a palabra e fai tres preguntas expresando a súa sorpresa e tristeza ante o ocorrido. Non están dirixidas ao samaritano que ten aos seus pés. Recollen a mensaxe que Lucas quere que se escoite nas comunidades cristiás.
  10. 10. “Non quedaron limpios os dez?”. Non se curaron todos? Por que non recoñecen o que recibiron de Xesús? “Os outros nove, onde están?” Por que non están alí?
  11. 11. Por que hai tantos cristiáns que viven sen dar grazas a Deus case nunca? Por que non senten un agradecemento especial cara a Xesús? Non o coñecen? Non significa nada novo para eles?
  12. 12. “Non volveu máis ca este estranxeiro para dar gloria a Deus?”. Por que hai persoas afastadas da práctica relixiosa que senten verdadeira admiración e agradecemento cara a Xesús, mentres algúns cristiáns non senten nada especial por El?
  13. 13. Bieito XVI advertía hai uns anos que un agnóstico en busca pode estar máis cerca de Deus que un cristián rutineiro que o é só por tradición ou herdanza. Unha fe que non xera nos crentes alegría e agradecemento é unha fe enferma.
  14. 14. CRER SEN AGRADECER O relato comeza narrando a curación dun grupo de dez leprosos nos arredores de Samaría. Pero, esta vez, non se detén Lucas nos detalles da curación, senón na reacción dun dos leprosos ao verse curado. O evanxelista describe coidadosamente todos os seus pasos, pois quere sacudir a fe rutineira de non poucos cristiáns. Xesús pediu aos leprosos que se presenten aos sacerdotes para obter a autorización que os permita integrarse na sociedade. Pero un deles, de orixe samaritano, ao ver que está curado, en vez de ir aos sacerdotes, vólvese para buscar a Xesús. Sente que para el comeza unha vida nova. En adiante, todo será diferente: poderá vivir de maneira máis digna e ditosa. Sabe a quen llo debe. Necesita encontrarse con Xesús. Volve “loando a Deus a grandes gritos”. Sabe que a forza salvadora de Xesús só pode ter a súa orixe en Deus. Agora sente algo novo por ese Pai Bo do que fala Xesús. Non o esquecerá xamais. En adiante vivirá dando grazas a Deus. Loarao gritando con todas as súas forzas. Todos han de saber que se sente amado por El. Ao encontrarse con Xesús, “bótase aos sues pés dándolle grazas”. Os seus compañeiros seguiron o seu camiño para encontrarse cos sacerdotes, pero el sabe que Xesús é o seu único Salvador. Por iso está aquí a carón del dándolle grazas. En Xesús encontrou o mellor regalo de Deus. Ao concluír o relato, Xesús toma a palabra e fai tres preguntas expresando a súa sorpresa e tristeza ante o ocorrido. Non están dirixidas ao samaritano que ten aos seus pés. Recollen a mensaxe que Lucas quere que se escoite nas comunidades cristiás. “Non quedaron limpos os dez?”. Non se curaron todos? Por que non recoñecen o que recibiron de Xesús? “Os outros nove, onde están?”. Por que non están alí? Por que hai tantos cristiáns que viven sen dar grazas a Deus case nunca? Por que non senten un agradecemento especial cara a Xesús? Non o coñecen? Non significa nada novo para eles? “Non volveu máis ca este estranxeiro para dar gloria a Deus?”. Por que hai persoas afastadas da práctica relixiosa que senten verdadeira admiración e agradecemento cara a Xesús, mentres algúns cristiáns non senten nada especial por El? Bieito XVI advertía hai uns anos que un agnóstico en busca pode estar máis cerca de Deus que un cristián rutineiro que o é só por tradición ou herdanza. Unha fe que non xera nos crentes alegría e agradecemento é unha fe enferma. José Antonio Pagola

Notas del editor

  • {}

×