Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

29º domingo toc 2013 bene pagola

438 visualizaciones

Publicado el

  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

29º domingo toc 2013 bene pagola

  1. 1. 20 de outubro de 2013 29º Tempo ordinario (C) Lucas, 18, 1-8 . Música: Mozart. Sinfonía, nº 29 Presentación:B.Areskurrinaga HC Euskaraz: D. Amundarain . José Antonio Pagola Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS Mantén viva a esperanza dos pobres. Pásao
  2. 2. Lucas narra unha breve parábola indicándonos que Xesús a contou para explicar aos seus discípulos “como tiñan que orar sempre sen desanimarse”.
  3. 3. Este tema é moi querido ao evanxelista que, en varias ocasions, repite a mesma idea. Como é natural, a parábola foi lida case sempre como unha invitación a coidar a perseveranza da nosa oración a Deus.
  4. 4. Con todo, se observamos o contido do relato e a conclusión do mesmo Xesús, vemos que a clave da parábola é a sede de xustiza. Ata catro veces se repite a expresión “facer xustiza”.
  5. 5. Máis que modelo de oración, a viúva do relato é exemplo admirable de loita pola xustiza no medio dunha sociedade corrupta que abusa dos máis débiles.
  6. 6. O primeiro personaxe da parábola é un xuíz que “nin teme a Deus nin lle importan os homes”. É a encarnación exacta da corrupción que denuncian repetidamente os profetas: os poderosos non temen a xustiza de Deus e non respectan a dignidade nin os dereitos dos pobres.
  7. 7. Non son casos illados. Os profetas denuncian a corrupción do sistema xudicial en Israel e a estrutura machista daquela sociedade patriarcal.
  8. 8. A segundo personaxe é unha viúva indefensa no medio dunha sociedade inxusta. Por unha parte, vive sufrindo as vexacións dun “adversario” máis poderoso ca ela. Por outra, é víctima dun xuíz ao que non lle importa en absoluto a súa persoa nin o seu sufrimento. Así viven millóns de mulleres de todos os tempos na maioría dos pobos.
  9. 9. Na conclusión da parábola, Xesús non fala da oración. Antes que nada, pide confianza na xustiza de Deus: “Non fará Deus xustiza aos seus elixidos que lle gritan día e noite?”.
  10. 10. Estes elixidos non son “os membros da Igrexa” senón os pobres de todos os pobos que claman pedindo xustiza. Deles é o Reino de Deus.
  11. 11. Logo, Xesús fai unha pregunta que é todo un desafío para os seus discípulos: “Cando veña o Fillo do Home, encontrará esta fe na terra?”. Non está pensando na fe como adhesión doutrinal, senón na fe que alenta a actuación da viúva, modelo de indignación, resistencia activa e coraxe para reclamar xustiza aos corruptos.
  12. 12. É esta a fe e a oración dos cristiáns satisfeitos das sociedades do benestar? Seguramente, ten razón J. B. Metz cando denuncia que na espiritualidade cristiá hai demasiados cánticos e poucos gritos de indignación, demasiada compracencia e poca nostalxia dun mundo máis humano, demasiado consolo e pouca fame de xustiza.
  13. 13. SEGUIMOS CRENDO NA XUSTIZA? Lucas narra unha breve parábola indicándonos que Xesús a contou para explicar aos seus discípulos “como tiñan que orar sempre sen desanimarse”. Este tema é moi querido ao evanxelista que, en varias ocasións, repite a mesma idea. Como é natural, a parábola foi lída case sempre como unha invitación a coidar a perseveranza da nosa oración a Deus. Con todo, se observamos o contido do relato e a conclusión do mesmo Xesús, vemos que a clave da parábola é a sede de xustiza. Ata catro veces se repite a expresión “facer xustiza”. máis que modelo de oración, a viúva do relato é exemplo admirable de loita pola xustiza no medio dunha sociedade corrupta que abusa dos máis débiles. O primeiro personaxe da parábola é un xuíz que “nin teme a Deus nin lle importan os homes”. É a encarnación exacta da corrupción que denuncian repetidamente os profetas: os poderosos non temen a xustiza de Deus e non respectan a dignidade nin os dereitos dos pobres. Non son casos illados. Os profetas denuncian a corrupción do sistema xudicial en Israel e a estrutura machista daquela sociedade patriarcal. A segunda personaxe é unha viúva indefensa no medio dunha sociedade inxusta. Por unha parte, vive sufrindo as vexacións dun “adversario” máis poderoso ca ela. Por outra, é vítima dun xuíz ao que non lle importa en absoluto a súa persoa nin o seu sufrimento. Así viven millóns de mulleres de todos os tempos na maioría dos pobos. Na conclusión da parábola, Xesús non fala de a oración. Antes que nada, pide confianza na xustiza de Deus: “Non fará Deus xustiza aos seus elixidos que lle gritan día e noite?” . Estes elixidos non son “os membros da Igrexa” senón os pobres de todos os pobos que claman pedindo xustiza. Deles é o Reino de Deus. Logo, Xesús fai unha pregunta que é todo un desafío para os seus discípulos: “Cando veña o Fillo do Home, encontrará esta fe na terra?”. Non está pensando na fe como adhesión doutrinal, senón na fe que alenta a actuación da viúva, modelo de indignación, resistencia activa e coraxe para reclamar xustiza aos corruptos. É esta a fe e a oración dos cristiáns satisfeitos das sociedades do benestar? Seguramente, ten razón J. B. Metz cando denuncia que na espiritualidade cristián hai demasiados cánticos e poucos gritos de indignación, demasiada compracencia e pouca nostalxia dun mundo máis humano, demasiado consolo e pouca fame de xustiza. José Antonio Pagola  

×