Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×

3º domingo toc 2016 bene pagola

Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Cargando en…3
×

Eche un vistazo a continuación

1 de 13 Anuncio

Más Contenido Relacionado

Presentaciones para usted (18)

A los espectadores también les gustó (18)

Anuncio

Similares a 3º domingo toc 2016 bene pagola (20)

Más de Nuria M Núñez Elissetche (20)

Anuncio

3º domingo toc 2016 bene pagola

  1. 1. 24 de xaneiro de 2016 3º Tempo ordinario – C (Lucas 1,1-4; 4,14-21) Presentación: B. Areskurrinaga HC Euskaraz:D.Amundarain Música: Jesus Guridi, Melodías Vascas. Amorosa. José Antonio Pagola NA MESMA DIRECCIÓN
  2. 2. Antes de comezar a narrar a actividade deAntes de comezar a narrar a actividade de Xesús, Lucas quere deixar moi claro aosXesús, Lucas quere deixar moi claro aos seus lectores cal é a paixón que impulsa oseus lectores cal é a paixón que impulsa o Profeta de Galilea e cal é a meta de toda aProfeta de Galilea e cal é a meta de toda a súa actuación.súa actuación.
  3. 3. Os cristiáns teñen que saber en que dirección empuxa a Xesús o Espírito de Deus, pois seguilo é precisamente camiñar na súa mesma dirección.
  4. 4. Lucas describe con todo detalle o que fai Xesús na sinagoga da súa vila: ponse de pé, recibe o libro sagrado, busca el mesmo unha pasaxe de Isaías, le o texto, pecha o libro, devólveo e senta. Todos han de escoitar con atención as palabras escollidas por Xesús pois expoñen a tarefa á que se sente enviado por Deus.
  5. 5. Sorprendentemente, o texto non fala de organizar unha relixión máis perfecta ou de implantar un culto máis digno, senón de comunicar liberación, esperanza, luz e graza aos máis pobres e desgraciados.
  6. 6. Isto é o que le. ««O Espírito do SeñorO Espírito do Señor está sobre min, porque meestá sobre min, porque me unxiu. Envioume aunxiu. Envioume a proclamar a Boa Nova aosproclamar a Boa Nova aos pobres, para anunciar aospobres, para anunciar aos cativos a liberdade, e a oscativos a liberdade, e a os cegos a vista.cegos a vista. Para dar liberdade aos oprimidos;Para dar liberdade aos oprimidos; para anunciar o ano de grazapara anunciar o ano de graza do Señordo Señor».». Ao terminar, díxolles:Ao terminar, díxolles: «Hoxe cúmprese esta«Hoxe cúmprese esta Escritura que acabadesEscritura que acabades de oír»de oír»..
  7. 7. O Espírito de Deus está en Xesús enviándoo aos pobres, orientando toda a súa vida cara aos máis necesitados, oprimidos e humillados. Nesta dirección temos que traballar os seus seguidores.
  8. 8. Esta é a orientación que Deus, encarnado en Xesús, quere imprimir á historia humana. Os últimos han de ser os primeros en coñecer esa vida máis digna, liberada e ditosa que Deus quere xa desde agora para todos os seus fillos e fillas.
  9. 9. Non o temos que esquecer. A «opción polos pobres» non é un invento duns teólogos do século vinte, nin unha moda posta en circulación despois do Vaticano II. É a opción do Espírito de Deus que anima a vida enteira de Xesús, e que os seus seguidores temos que introducir na historia humana.
  10. 10. Dicíao Paulo VI: é un deber da Igrexa «axudar a que naza a liberación... e facer que sexa total».
  11. 11. Non é posible vivir e anunciar a Xesucristo se non é desde a defensa dos últimos e a solidariedade cos excluídos.
  12. 12. Se o que facemos e proclamamos desde a Igrexa de Xesús non é captado como algo bo e liberador polos que máis sofren, que evanxeo estamos predicando? A que Xesús estamos seguindo? Que espiritualidade estamos promovendo? Dito de maneira clara: que impresión temos na igrexa actual? Estamos camiñando na mesma dirección que Xesús?
  13. 13. NA MESMA DIRECCIÓN   Antes de comezar a narrar a actividade de Xesús, Lucas quere deixar moi claro aos seus lectores cal é a paixón que impulsa o Profeta de Galilea e cal é a meta de toda a súa actuación. Os cristiáns teñen que saber en que dirección empuxa a Xesús o Espírito de Deus, pois seguilo é precisamente camiñar na súa mesma dirección. Lucas describe con todo detalle o que fai Xesús na sinagoga da súa vila: ponse de pé, recibe o libro sagrado, busca el mesmo unha pasaxe de Isaías, le o texto, pecha o libro, devólveo e senta. Todos han de escoitar con atención as palabras escollidas por Xesús pois expoñen a tarefa á que se sente enviado por Deus. Sorprendentemente, o texto non fala de organizar unha relixión máis perfecta ou de implantar un culto máis digno, senón de comunicar liberación, esperanza, luz e graza aos máis pobres e desgraciados. Isto é o que le. «O Espírito do Señor está sobre min, porque me unxíu. Envioume a proclamar a Boa Nova a os pobres, para anunciar aos cativos a liberdade, e aos cegos a vista. Para dar liberdade aos oprimidos; para anunciar o ano de graza do Señor». Ao terminar, díxolles: «Hoxe cúmprese esta Escritura que acabades de oír». O Espírito de Deus está en Xesús enviándoo aos pobres, orientando toda a súa vida cara aos máis necesitados, oprimidos e humillados. Nesta dirección temos que traballar os seus seguidores. Esta é a orientación que Deus, encarnado en Xesús, quere imprimir á historia humana. Os últimos han de ser os primeros en coñecer esa vida máis digna, liberada e ditosa que Deus quere xa desde agora para todos os seus fillos e fillas. Non o temos que esquecer. A «opción polos pobres» non é un invento duns teólogos do século vinte, nin unha moda posta en circulación despois do Vaticano II. É a opción do Espírito de Deus que anima a vida enteira de Xesús, e que os seus seguidores temos que introducir na historia humana. Dicíao Paulo VI: é un deber da Igrexa «axudar a que naza a liberación... e facer que sexa total». Non é posible vivir e anunciar a Xesucristo se non é desde a defensa dos últimos e a solidariedade cos excluídos. Se o que facemos e proclamamos desde a Igrexa de Xesús non é captado como algo bo e liberador polos que máis sofren, que evanxeo estamos predicando? A que Xesús estamos seguindo? Que espiritualidade estamos promovendo? Dito de maneira clara: que impresión temos na igrexa actual? Estamos camiñando na mesma dirección que Xesús?

×