Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

30º domingo toc 2013 bene pagola

405 visualizaciones

Publicado el

  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

30º domingo toc 2013 bene pagola

  1. 1. José Antonio Pagola Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS Contribúe á nosa conversión ao Evanxeo. Pásao. 27 de outubro de 2013 30º Tempo Ordinario (C) Lucas 18, 9-14 Música:Instrumental Presentación:B.Areskurrinaga HC Euskaraz:D.Amundarain
  2. 2. A parábola do fariseo e o publicano adoita espertar en non poucos cristiáns un rexeitamento grande cara ao fariseo que se presenta ante Deus arrogante e seguro de si mesmo, e unha simpatía espontánea cara ao publicano que recoñece humildemente o seu pecado.
  3. 3. Como paradoxo, o relato pode espertar en nós este sentimento: “Douche grazas, meu Deus, porque non son como este fariseo”.
  4. 4. Para escoitar correctamente a mensaxe da parábola, temos que ter en conta que Xesús non a conta para criticar os sectores fariseos, senón para sacudir a conciencia de “algúns que, téndose por xustos, sentíanse seguros de si mesmos e desprezaban os demais”. Entre estes encontrámonos, certamente, non poucos católicos dos nosos días.
  5. 5. A oración do fariseo revélanos a súa actitude interior: “Oh Deus! Douche grazas porque non son como os demais”. Que clase de oración é esta de crerse mellor que os demais?
  6. 6. Ata un fariseo, fiel cumpridor da Lei, pode vivir nunha actitude pervertida. Este home séntese xusto ante Deus e, precisamente por iso, convértese en xuíz que despreza e condena os que non son coma el.
  7. 7. O publicano, pola contra, só acerta a dicir: “Oh Deus! Ten compaixón deste pecador”. Este home recoñece humildemente o seu pecado. Non se pode gloriar da súa vida. Encoméndase á compaixón de Deus. Non se compara con ninguén. Non xulga os demais. Vive en verdade ante si mesmo e ante Deus.
  8. 8. A parábola é unha penetrante crítica que desenmascara unha actitude relixiosa enganosa, que nos permite vivir ante Deus seguros da nosa inocencia, mentres condenamos desde a nosa suposta superioridade moral a todo o que non pensa ou actúa coma nós.
  9. 9. Circunstancias históricas e correntes triunfalistas afastadas do evanxeo fixéronnos aos católicos especialmente proclives a esa tentación. Por iso, temos que ler a parábola cada un en actitude autocrítica: Por que nos cremos mellores que os agnósticos?
  10. 10. Por que nos sentimos máis cerca de Deus que os non practicantes? Que hai no fondo de certas oracións pola conversión dos pecadores? Que é reparar os pecados dos demais sen vivir converténdonos a Deus?
  11. 11. Recentemente, ante a pregunta dun periodista, o Papa Francisco fixo esta afirmación: “Quen son eu para xulgar a un gay?”. As súas palabras sorprenderon a case todos. Ao parecer, ninguén se esperaba unha resposta tan sinxela e evanxélica dun Papa católico. Con todo, esa é a actitude de quen vive en verdade ante Deus.
  12. 12. QUEN SON EU PARA XULGAR? A parábola do fariseo e o publicano adoita espertar en non poucos cristiáns un rexeitamento grande cara o fariseo que se presenta ante Deus arrogante e seguro de si mesmo, e unha simpatía espontánea cara o publicano que recoñece humildemente o seu pecado. Como paradoxo, o relato pode espertar en nós este sentimento: “Douche grazas, meu Deus, porque non son coma este fariseo”. Para escoitar correctamente a mensaxe da parábola, temos que ter en conta que Xesús non a conta para criticar os sectores fariseos, senón para sacudir a conciencia de “algúns que, téndose por xustos, sentíanse seguros de si mesmos e desprezaban os demais”. Entre estes encontrámonos, certamente, non poucos católicos dos nosos días. A oración do fariseo revélanos a súa actitude interior: “Oh Deus! Douche grazas porque non son coma os demais”. Que clase de oración é esta de crerse mellor que os demais? Ata un fariseo, fiel cumpridor da Lei, pode vivir nunha actitude pervertida. Este home séntese xusto ante Deus e, precisamente por iso, convértese en xuíz que despreza e condena os que non son coma el. O publicano, pola contra, só acerta a dicir: “Oh Deus! Ten compaixón deste pecador”. Este home recoñece humildemente o seu pecado. Non se pode gloriar da súa vida. Encoméndase á compaixón de Deus. Non se compara con ninguén. Non xulga os demais. Vive en verdade ante si mesmo e ante Deus. A parábola é unha penetrante crítica que desenmascara unha actitude relixiosa enganosa, que nos permite vivir ante Deus seguros da nosa inocencia, mentres condenamos desde a nosa suposta superioridade moral a todo o que non pensa ou actúa coma nós. Circunstancias históricas e correntes triunfalistas afastadas do evanxeo fixéronnos aos católicos especialmente proclives a esa tentación. Por iso, temos que ler a parábola cada un en actitude autocrítica: Por que nos creemos mellores que os agnósticos? Por que nos sentimos máis cerca de Deus que os non practicantes? Que hai no fondo de certas oracións pola conversión dos pecadores? Que é reparar os pecados dos demais sen vivir converténdonos a Deus? Recentemente, ante a pregunta dun periodista, o Papa Francisco fixo esta afirmación: “Quen son eu para xulgar a un gay?”. As súas palabras sorprenderon a case todos. Ao parecer, ninguén se esperaba unha resposta tan sinxela e evanxélica dun Papa católico. Con todo, esa é a actitude de quen vive en verdade ante Deus José Antonio Pagola

×