Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

33º domingo toc 2013 bene pagola

784 visualizaciones

Publicado el

  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

33º domingo toc 2013 bene pagola

  1. 1. José Antonio Pagola Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS Contribúe a difundir a solidariedade. Pásao . 17 de novembro de 2013 33º Tempo ordinario (C) Lucas 21, 5-19 Música: Santorini - eanni,:Presentación:B.Areskurrinaga HC:Euskaraz:D.Amundarain
  2. 2. Nos evanxeos recóllens algíns textos de carácter apocalíptico nos que non é fácil diferenciar a mensaxe que poida ser atribuída a Xesús e as preocupacións das primeiras comunidades cristiás, envoltas en situacións tráxicas mentres esperan con angustia e no medio de persecucións o final dos tempos .
  3. 3. Segundo o relato de Lucas, os tempos difíciles non han de ser tempos de lamentos e desalento. Non é tampouco a hora da resignación ou a fuxida.
  4. 4. Precisamente en tempos de crise “teredes ocasión de dar testemuño”. É daquela cando se nos ofrece a mellor ocasión de dar testemuño de nosa adhesión a Xesús e ao seu proxecto .
  5. 5. Levamos xa cinco anos sufrindo unha crise que está golpeando duramente a moitos. O sucedido neste tempo permítenos coñecer xa con realismo o dano social e o sufrimento que está xerando. Non chegou o momento de analizarmos como estamos reaccionando?
  6. 6. Tal vez, o primeiro é revisar a nosa actitude de fondo: Témonos posicionado de maneira responsable, espertando en nós un sentido básico de solidariedade, ou estamos vivindo de costas a todo o que pode turbar a nosa tranquilidade?
  7. 7. Que facemos desde os nosos grupos e comunidades cristiás? Témonos marcado unha liña de actuación xenerosa, ou vivimos celebrando a nosa fe á marxe do que está sucedendo?
  8. 8. A crise está abrindo unha fractura social inxusta entre quen podemos vivir sen medo ao futuro e aqueles que están quedando excluídos da sociedade e privados dunha saída digna.
  9. 9. Non sentimos a chamada a introducir algúns “recortes” na nosa vida para poder vivir os próximos anos de maneira máis sobria e solidaria?
  10. 10. Pouco a pouco, imos coñecendo máis de cerca os que se van quedando máis indefensos e sen recursos (familias sen ingreso ningún, parados de longa duración, inmigrantes enfermos...)
  11. 11. Preocupámonos de abrir os ollos para ver se podemos comprometernos en aliviar a situación dalgúns? Podemos pensar nalgunha iniciativa realista desde as comunidades cristiás?
  12. 12. Non temos que esquecer que a crise non só crea empobrecemento material. Xera, ademais, inseguridade, medo, impotencia e experiencia de fracaso. Rompe proxectos, afunde familias, destrúe a esperanza.
  13. 13. Non temos que recuperar a importancia da axuda entre familiares, o apoio entre veciños, a acollida e o acompañamento desde a comunidade cristiá...? Poucas cousas poden ser máis nobres nestes momentos que o aprender a coidarnos mutuamente.
  14. 14. TEMPOS DE CRiSE Nos evanxeos recóllense algúns textos de carácter apocalíptico nos que non é fácil diferenciar a mensaxe que pode ser atribuida a Xesús e as preocupacións das primeiras comunidades cristiás, envoltas en situacións tráxicas mentres esperan con angustia e no medio de persecucións o final dos tempos. Segundo o relato de Lucas, os tempos difíciles non han de ser tempos de lamentos e desalento. Non é tampouco a hora da resignación o da fuxida. A idea de Xesús é outra. Precisamente en tempos de crise “teredes s ocasión de dar testemuño”. É daquela cando se nos ofrece a mellor ocasión de dar testemuño da nosa adhesión a Xesús e ao seu proxecto. Levamos xa cinco anos sufrindo unha crise que está golpeando duramente a moitos. O sucedido neste tempo permítenos coñecer xa con realismo o dano social e o sufrimento que está xerando. Non chegou o momento de analizarmos como estamos reaccionando? Tal vez, o primeiro é revisar a nosa actitude de fondo: Témonos posicionado de maneira responsable, espertando en nós un sentido básico de solidariedade, ou estamos vivindo de costas a todo o que pode turbar a nosa tranquilidade? Que facemos desde os nosos grupos e comunidades cristiás? Témonos marcado unha liña de actuación xenerosa, ou vivimos celebrando a nosa fe á marxe do que está sucedendo? A crise está abrindo unha fractura social inxusta entre quen podemos vivir sen medo ao futuro e aqueles que están quedando excluídos da sociedade e privados dunha saída digna. Non sentimos a chamada a introducir algúns “recortes” na nosa vida para poder vivir os próximos anos de maneira máis sobria e solidaria? Pouco a pouco, imos coñecendo máis de cerca os que se van quedando máis indefensos e sen recursos (familias sen ingreso ningún, parados de lorga duración, inmigrantes enfermos...) Preocupámonos de abrir os ollos para ver se podemos comprometernos en aliviar a situación dalgúns? Podemos pensar nalgunha iniciativa realista desde as comunidades cristiás? Non temos que esquecer que a crise non só crea empobrecemento material. Xera, ademáis, inseguridade, medo, impotencia e experiencia de fracaso. Rompe proxectos, afunde familias, destrúe a esperanza. Non temos que recuperar a importancia da axuda entre familiares, o apoio entre veciños, a acollida e o acompañamento desde a comunidade cristiá...? Poucas cousas poden ser máis nobres nestes momentos que o aprender a coidarnos mutuamente. José Antonio Pagola

×