1. Á tardiña, cando se puxo o sol, leváronlle todos os enfermos e posuídos. Curou a moitos enfermos de diversos males e expulsou moitos demoños. ( Marcos 1, 29.32-34) 5º Domingo do Tempo Ordinario – Ciclo B
2. Benedicto XVI presenta as obras sociais que, en nome do amor, os cristiáns realizaron a través dos séculos.
3. O Papa recorda que o emperador Xuliano o Apóstata tratou de imitar a actividade caritativa da Igrexa.
4. O evanxeo de hoxe conta que Xesús curou a sogra de Pedro. Xesús tomouna da man, e ela ergueuse e púxose a servir os seus hóspedes.
5. Hai un paso que vai da servidume ao servizo. E é Xesús quen o fai posible cun xesto - o de tocar a unha muller enferma - que non era ben visto nun rabino.
6. Peor visto era iso de quebrantar o descanso sabático, aínda que fose para curar unha enfermidade. Estes xestos indican que Xesús é a nova Lei, que vén substituír a antiga.
7. Xesús non rexeita os que sofren, nin se sente esmagado polas xentes que acoden a el. Nel amósase o poder de Deus. e tamén a súa misericordia.
8. A fe non é verdadeira se non se manifesta na busca fiel de Aquel en quen se di crer. Buscar a Xesús implica prestar atención á súa mensaxe e seguilo con xenerosidade. TODO O MUNDO TE BUSCA
9. No medio dun mundo marcado pola indiferenza, a increnza e a persecución aos crentes, hai moitas persoas que andan buscando o rastro do relixioso. Haberá que axudalas a pasar de crer en algo a crer en Alguén. TODO O MUNDO TE BUSCA
10. Señor Xesús, moitos buscaban en ti a curación e a saúde. Queremos buscarte polo que ti es. Amósate a este mundo «para que te encontre o que te busca». Amén.
11. Texto: José Román Flecha Andrés PALABRA DEL SEÑOR –Salamanca Presentación: Antonia Castro Panero Música: Nos autem