Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

5º domingo tob 2012 bene pagola

407 visualizaciones

Publicado el

  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

5º domingo tob 2012 bene pagola

  1. 1. José Antonio Pagola Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS Hai moita xente sufrindo. Pásao. 5 de febreiro de 2012 5º Tempo ordinario (B) Marcos 1,29-39 Música: Quietud; present: B.Areskurrinaga HC ; euskaraz: D. Amundarain A porta da nosa casa
  2. 2. Na sinagoga de Cafarnaún Xesús liberou pola mañá un home posuído por un espírito maligno. Agora dísenos que sae da «sinagoga» e marcha á «casa» de Simón e Andrés. A indicación é importante pois, no evanxeo de Marcos, o que sucede nesa casa encerra sempre algunha ensinanza para as comunidades cristiás .
  3. 3. Xesús pasa da sinagoga, lugar oficial da relixión xudía, á casa, lugar onde se vive a vida cotiá xunto aos seres máis queridos. Nesa casa vaise ir xestando a nova familia de Xesús.
  4. 4. As comunidades cristiás teñen que recordar que non son un lugar relixioso onde se vive da Lei, senón un fogar onde se aprende a vivir de maneira nova arredor a Xesús.
  5. 5. Ao entrar na casa, os discípulos fálanlle da sogra de Simón. Non pode saír acollelos pois está prostrada na cama con febre. Xesús non necesita máis. De novo vai romper o sábado por segunda vez o mesmo día.
  6. 6. Para el o importante é a vida sa das persoas, non as observancias relixiosas. O relato describe con todo detalle os xestos de Xesús coa muller enferma.
  7. 7. «Achegouse» é o primeiro que fai sempre: achegarse aos que sofren, mirar de cerca o seu rostro e compartir o seu sufrimento.
  8. 8. Logo , «colleuna da man» : toca a enferma, non teme as regras da pureza que o prohíben; quere que a muller sinta a súa forza curadora.
  9. 9. Por fin, «ergueuna» , púxoa de pé, devolveulle a dignidade.
  10. 10. Así está sempre Xesús no medio dos seus: como unha man tendida que nos ergue, como un amigo achegado que nos infunde vida. Xesús só sabe servir, non ser servido.
  11. 11. Por iso a muller curada por el ponse a «servir» a todos. Aprendeuno de Xesús. Os seus seguidores teñen que vivir acolléndose e coidándose uns a otros.
  12. 12. Pero sería un erro pensar que a comunidade cristiá é una familia que pensa só nos seus propios membros e vive de espaldas ao sufrimento dos demais.
  13. 13. O relato di que, ese mesmo día, «ao solpor» , cando rematou o sábado, lle levan a Xesús toda clase de enfermos e posuídos por algún mal.
  14. 14. Os cristiáns temos que gravar ben a escena. Ao chegar a oscuridade da noite, a poboación enteira cos seus enfermos «amoréase á porta» . Os ollos e as esperanzas dos que sofren buscan a porta desa casa onde está Xesús.
  15. 15. A Igrexa só atrae de verdade cando a xente que sofre pode descubrir dentro dela a Xesús curando a vida e aliviando o sufrimento. Á porta das nosas comunidades hai moita xente sufrindo. Non o esquezamos.
  16. 16. A A PORTA DA NOSA CASA   Na sinagoga de Cafarnaún Xesús liberou pola mañá un home posuído por un espírito maligno. Agora dísenos que sae da «sinagoga» e marcha á «casa» de Simón e Andrés. A indicación é importante pois, no evanxeo de Marcos, o que sucede nesa casa encerra sempre algunha ensinanza para as comunidades cristiás. Xesús pasa da sinagoga, lugar oficial da relixión xudía, á casa, lugar onde se vive a vida cotiá xunto aos seres máis queridos. Nesa casa vaise ir xestando a nova familia de Xesús. As comunidades cristiás han de recordar que non son un lugar relixioso onde se vive da Lei, senón un fogar onde se aprende a vivir de maneira nova arredor de Xesús. Ao entrar na casa, os discípulos fálanlle da sogra de Simón. Non pode saír a acollelos pois está prostrada na cama con febre. Xesús non necesita máis. De novo vai romper o sábado por segunda vez o mesmo día. Para él o importante é a vida sa das personas, non as observancias relixiosas. O relato describe con todo detalle os xestos de Xesús coa muller enferma. «Achegouse» . É o primeiro que fai sempre: achegarse aos que sofren, mirar de cerca o seu rostro e compartir o seu sufrimento. Logo, «colleuna da man» : toca a enferma, non teme as regras da pureza que o prohíben; quere que a muller sinta a súa forza curadora. Por fin, «ergueuna» , púxoa de pé, devolveulle a dignidade. Así está sempre Xesús no medio dos seus: como unha man tendida que nos ergue, como un amigo achegado que nos infunde vida. Xesús só sabe servir, non ser servido. Por iso a muller curada por el ponse a «servir» a todos. Aprendeuno de Xesús. Os seus seguidores han de vivir acolléndose e coidándose uns a outros. Pero sería un erro pensar que a comunidade cristiá é unha familia que pensa só nso seus propios membros e vive de espaldas ao sufrimento dos demais. O relato di que, ese mesmo día, «ao solpor» , cando rematou o sábado, lle levan a Xesús toda clase de enfermos e posuídos por algún mal. Os cristiáns temos que gravar ben a escena. Ao chegar a escuridade da noite, a poboación enteira cos seus enfermos «amoreábase á porta» . Os ollos e as esperanzas dos que sofren buscan a porta desa casa onde está Xesús. A Igrexa só atrae de verdade cando a xente que sofre pode descubrir dentro dela a Xesús curando a vida e aliviando o sufrimento. Á porta das nosas comunidades hai moita xente sufrindo. Non o esquezamos.  José Antonio Pagola

×