Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

Analizando a miña vida

450 visualizaciones

Publicado el

  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Analizando a miña vida

  1. 1. ANALIZANDO A MIÑA VIDA.
  2. 2. Sabes?… Estiven pensando todo este tempo que é o que máis ou menos facemos ao longo da nosa vida.
  3. 3. Empezamos ben pequeniños a nosa educación para ser xente de ben. Continuamos unha parte moi importante da nosa infancia neses mesteres. e ao final conseguimos un preciado título. Ese papel que nos poñerá “no lugar que merecemos”.
  4. 4. Pouco despois, empezamos a engrosar as temidas listas do desemprego. Ata que definitivamente un día encontramos un “bo traballo”... tras duras situacións que soportamos ao longo do período de probas.
  5. 5. Empezamos unha bonita carreira profesional recargada de actividade e de traballo. Moito, moito traballo, ...ata que caemos exhaustos. ¡Ahhh...! Pero somos grandes profesionais e con grande éxito no mercado .
  6. 6. O tempo empeza a pasar e buscamos novos obxectivos. Encontramos o amor da nosa vida, e prometemos amor eterno. Chega o consabido embarazo, froito da paixón e... a cegoña visita o noso niño de amor. Manda truco, outra noite que non pego ollo!
  7. 7. Seguimos escalando postos na vida intentando gañarlle tempo ao tempo. Somos a estrela onde imos e posuímos o corno da abundancia. Pero… necesitamos aínda máis horas ...para ser un verdadeiro triunfador.
  8. 8. Pero un día dinche que prescinden de ti! Nese momento creste volver tolo. Sénteste abatido, decepcionado e desprezado. e decátaste que perdiches a comunicación. Vólveste consciente de que estiveches pechado a todo. E intentas agora suxeitar o tempo para que non pase, pero váiseche das mans.
  9. 9. Dáste de conta que viviches nunha cortina de fume seguindo unha estúpida cenoria. Convérteste nunha pantasma que deambula, intentando sortear os golpes que che empeza a dar a vida. Só che queda ver pasar o tempo ao teu arredor, ata que che chegue a hora.
  10. 10. Despois desta análise veume unha idea á cabeza para levala á práctica na miña vida.
  11. 11. Vou tomarme as cousas máis en broma. Vou intentar abrir o meu corazón ao amor. Escoitarei máis a xente do meu redor. Aproveitarei calquera momento para tomar algo cos amigos. Por suposto, viaxarei. No sei se no karaoke, pero cantarei máis.
  12. 12. Irei ao mar con máis frecuencia. Fomentarei a miña faceta de anfitrión. Xuntareime á calor dos bos amigos. Quizais un pouquiño de máis amor. Alegrareime moito máis das noticias dos amigos. Buscarei metas conxuntas.
  13. 13. Non sei, creo que non me fará dano algo de deporte. Ben, pode que pareza orgullo pero son moi cariñoso. Cooperarei para limpar o mundo de impresentables. Outras copiñas non farán dano. Hip! O que de verdade quero é que non me saquen tarxeta roxa cando chegue a miña hora.
  14. 14. Non sei se pagará a pena ou non, o único que sei, é que as persoas que amo terano pasado ben na miña compaña e que ao final do camiño saberei que gocei e que tal vez deixei algunha pegada nalgún corazón, que é ao fin e ao cabo o que conta. Non che parece?
  15. 15. @dol F ofo.

×