Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

Aprendín a vivir a pesar das espiñas

422 visualizaciones

Publicado el

  • Inicia sesión para ver los comentarios

  • Sé el primero en recomendar esto

Aprendín a vivir a pesar das espiñas

  1. 1. A VIDA FOI A MIÑA MESTRA
  2. 2. Aprendín a vivir, a pesar das espiñas
  3. 3. Que como aprendín a vivir e cando aprendín a querer? Que como aprendín a sufrir? Cando? Como? Non o sei.
  4. 4. Aprendín a mirar as estrelas, alumando os soños con elas. A mirar as cores do vento e a sentir o sabor do silencio.
  5. 5. Aprendín a acender ilusións e a escoitar falar os corazóns, con palabras caladas, con matices de mil sensacións.
  6. 6. Cando un día, a dor tomou a miña man, coñecín de fronte a tristeza, a pena e o pranto marcháronse, ao sentir o amor e a súa grandeza.
  7. 7. A soidade, querida compañeira, a que con tanto medo rexeitaba, amosoume a paz e a harmonía dos momentos que con ela estaba.
  8. 8. Comprendín, o sentido da vida, vivindo o amor e a desdita, sentindo a alegría e a tristeza, coñecendo o breve da vida.
  9. 9. Aprendín o valor da paciencia, a calmar os ventos de miña ira, a encher con mares de esperanza as zonas máis escuras da miña vida.
  10. 10. É así, que aprendín a vivir. Por todo isto... aprende a vivir sen espiñas Non empeces o día de hoxe coas espiñas de onte!
  11. 11. O día de onte e todos os días e anos anteriores pasaron xa, están enterrados no Tempo. E non podes cambiar xa nada neles.
  12. 12. Quedáronche espiñas? Non as traias arrastrando! Porque seguirán pinchándote cada día ata non deixarte vivir.
  13. 13. Hai espiñas que podes sacudirte botándoas nas mans de Deus. Hai feridas de espiñas que podes curar se sabes perdoar de veras.
  14. 14. Pero hai feridas que non poderás curar con todo o amor deste mundo. Pois, esquécete de que existen!
  15. 15. Quita o cristal de aumento que pos encima das túas desditas! Móvete, grita, chora, respira profundo e trata de ser feliz!!!

×