Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

Asunción de maría pagola

716 visualizaciones

Publicado el

  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Asunción de maría pagola

  1. 1. 15 de agosto de 2010 Asunción de María (C) Lucas 1, 39-56 José Antonio PagolaMúsica Ave María Bach;present:B.Areskurrinaga HC;
  2. 2. Os evanxelistas presentan á Virxe con trazos que poden reavivar a nosa devoción a María, a Nai de Xesús. A súa visión axúdanos a amala, meditala, imitala, rezarlle e confiar nela con espírito novo e máis evanxélico.
  3. 3. María é a gran crente. a primeira seguidora de Xesús. A muller que sabe meditar no seu corazón os feitos e as palabras do seu Fillo.
  4. 4. A profetisa que canta ao Deus, salvador dos pobres, anunciado por El.
  5. 5. A nai fiel que permanece xunto ao seu Fillo perseguido, condenado e executado na cruz. A nai fiel que permanece xunto ao seu Fillo perseguido, condenado e executado na cruz.
  6. 6. Testemuña de Cristo resucitado, que acolle xunto aos discípulos o Espírito que acompañará sempre á Igrexa de Xesús.
  7. 7. Lucas, pola súa parte, invítanos a facer noso o canto de María, para deixarnos guiar polo seu espírito cara a Xesús, pois no "Magníficat" brilla en todo o seu esplendor a fe de María e a súa identificación maternal co seu Fillo Xesús.
  8. 8. María comeza proclamando a grandeza de Deus: «o meu espírito alégrase en Deus, o meu salvador, porque mirou a humillación da súa escrava». María é feliz porque Deus puxo a súa mirada na súa pequenez.
  9. 9. Así é Deus cos sinxelos. María cántao co mesmo gozo con que bendí Xesús ao Pai, porque se oculta a «sabios e entendidos» e se revela «aos sinxelos». A fe de María no Deus dos pequenos fainos sintonizar con Xesús.
  10. 10. María proclama ao Deus «Poderoso» porque «a súa misericordia chega aos seus fieis de xeración en xeración». Deus pon o seu poder ao servizo da compaixón. A súa misericordia acompaña a todas as xeracións.
  11. 11. O mesmo predica Xesús: Deus é misericordioso con todos. Por iso di aos seus discípulos de todos os tempos: «sede misericordiosos como o voso Pai é misericordioso».
  12. 12. Desde o seu corazón de nai, María capta como ninguén a tenrura de Deus Pai e Nai, e introdúcenos no núcleo da mensaxe de Xesús: Deus é amor compasivo.
  13. 13. María proclama tamén ao Deus dos pobres porque «derruba do trono os poderosos» e déixaos sen poder para seguir oprimindo; polo contrario, «enaltece os humildes» para que recobren a súa dignidade.
  14. 14. Aos ricos reclámalles o roubado aos pobres e«despídeos baleiros»; polo contrario, aos famentos «atéigaos de bens» para que gocen dunha vida máis humana.
  15. 15. O mesmo gritaba Xesús: «os últimos serán os primeiros». María lévanos a acoller a Boa Nova de Xesús: Deus é dos pobres.
  16. 16. María ensínanos coma ninguén a seguir a Xesús, anunciando ao Deus da compaixón, traballando por un mundo máis fraterno e confiando no Pai dos pequenos.
  17. 17. SEGUIDORA FIEL DE XESÚS Os evanxelistas presentan a Virxe con trazos que poden reavivar a nosa devoción a María, a Nai de Xesús. A súa visión axúdanos a amala, meditala, imitala, rezarlle e confiar nela con espírito novo e máis evanxélico. María é a gran crente. A primeira seguidora de Xesús. A muller que sabe meditar no seu corazón os feitos e as palabras do seu Fillo. A profetisa que canta ao Deus, salvador dos pobres, anunciado por El. A nai fiel que permanece xunto ao seu Fillo perseguido, condenado e executado na cruz. Testemuña de Cristo resucitado, que acolle xunto a os discípulos o Espírito que acompañará sempre a Igrexa de Xesús. Lucas, pola súa parte, invítanos a facer noso o canto de María, para deixarnos guiar polo seu espírito cara a Xesús, pois no "Magníficat“ brilla en todo o seu esplendor a fe de María e a súa identificación maternal co seu Fillo Xesús. María comeza prolamando a grandeza de Deus: «o meu espírito alégrase en Deus, o meu salvador, porque mirou a humillación da súa escrava». María é feliz porque Deus puxo a súa mirada na súa pequenez. Así é Deus cos sinxelos. María cántao co mesmo gozo con que bendí Xesús ao Pai, porque se oculta a «sabios e entendidos» e se revela «aos sinxelos». A fe de María no Deus dos pequenos fainos sintonizar con Xesús. María proclama ao Deus «Poderoso» porque «a súa misericordia chega aos seus fieis de xeración en xeración». Deus pon o seu poder ao servizo da compaixón. A súa misericordia acompaña a todas as xeracións. O mesmo predica Xesús: Deus é misericordioso con todos. Por iso di aos seus discípulos de todos os tempos: «sede misericordiosos como o voso Pai é misericordioso». Desde o seu corazón de nai, María capta coma ninguén a tenrura de Deus Pai e Nai, e introdúcenos no núcleo da mensaxe de Xesús: Deus é amor compasivo. María proclama tamén ao Deus dos pobres porque «derruba do trono os poderosos» e déixos sen poder para seguir oprimindo; polo contrario, «enaltece os humildes» para que recobren a súa dignidade. Aos ricos reclámalle o roubado aos pobres e «despídeos baleiros»; polo contrario, aos famentos «atéigaos de bens» para que gocen dunha vida máis humana. O mesmo gritaba Xesús: «os últimos serán os primeiros». María lévanos a acoller a Boa Nova de Xesús: Deus é dos pobres. María ensínanos coma ninguén a seguir a Xesús, anunciando ao Deus da compaixón, traballando por un mundo máis fraterno e confiando no Pai dos pequenos. José Antonio Pagola

×