1. Contei os meus anos e descubrín que teño menos tempo para vivir de aquí en adiante que o que vivín ata agora.
2. Síntome como aquela moza que gañou unha caixa de bombóns; os primeros comeunos con displicencia pero, cando percibiu que lle quedaban poucos, comezou a consumilos amodiño e a gozalos máis.
3. Xa non teño tempo para lidar con mediocridades. Non quero estar en reunións onde desfilan “egos” inflados. Desprezo os oportunistas e as persoas mentirosas. Non tolero os envexosos que tratan de desacreditar os máis capaces para apropiarse dos seus lugares, talentos e logros.
4. Xa non teño tempo para proxectos megalomaníacos. Non participarei en conferencias que establecen regras enganosas para erradicar a miseria no mundo.
5. Non quero que me inviten a eventos onde se pretende solucionar os problemas do milenio.
6. Xa non teño tempo para reunións interminables onde se discuten: estatutos,normas, procedementos e políticas, sabendo que non se vai lograr nada.
7. Xa non teño tempo para soportar melindres de persoas que, a pesar da súa idade cronolóxica, son uns inmaduros.
8. Non quero ver as agullas do reloxo avanzando en reunións de "confrontación", onde só “ poñemos sobre a mesa” as opinións dos poderosos .
9. Moléstame ser testemuña dos defectos que xera a loita polo “ maxestoso” cargo de Director.
10. Recordo agora a Mario de Andrade, que afirmou: “ As persoas non discuten os contidos, só os seus títulos".
11. O meu tempo é escaso como para discutir títulos; quero a esencia. A miña alma ten présa!!!.
12. Sen moitos bombóns na caixa, quero vivir ao lado de xente humana, moi humana;
13. que saiba rirse dos seus erros, que non se envaideza cos seus triunfos, que non se considere electa antes de tempo, que non fuxa das súas responsabilidades,
14. que defenda a dignidade dos marxinados e que desexe tan só andar ao lado de Deus .
22. … . porque estou seguro que serán máis exquisitos que os que ata agora comín.
23. A miña meta é chegar ao final satisfeito e en paz con Deus.
24. E a túa meta,… cal é a túa meta, para este tempo máxico que nos queda? Porque á luz do curto período de vida que se nos concede, debemos buscar tempo para vivir, facer o ben e ser felices . Pénsao
25. Aproveitemos o noso "tempo Máxico" ... … ..porque o tren da vida segue avanzando….