1. Á LUS DO CANDIL
Ánxel Fole
Alejandro Orozco Vázquez 1º BAC B
2. Á lus do candil, é a primeira obra de Ánxel Fole, publicada en 1953, son unha
serie de 14 “contos” de distintos temas, que foron premiados polo Centro
Galego de Bos Aires.
Ánxel Fole, nacido en Lugo en 1903, pertence a unha xeración de escritores
galegos, como Álvaro Cunqueiro ou Rafael Dieste, que comezaron a
destacar antes da Guerra Civil Española.
Comeza a sua carreira de Dereito, Filosofía e Letras, pero non a remata.
Traballa como periodista en distintos periodicos, interveu en Política, no
Partido Republicano, e no Partido Galeguista.
Cando remata a guerra decide non exiliarse e trasladase a Serra do Courel,
onde pasa desapercibido.
En 1953 volve a Lugo, ingresa na Real Academia Galega no 1963 e obten a
Medalla Castelao en 1984, dous anos despois morre,1986.
En 1997 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
En Á lus do candil Ánxel Fole fala das tradición orais da montaña de Lugo, as
costumes e a fala que hai no Courel. Trátase dunha introducción e 14 contos,
que están pensados para ser contados a carón do lume nunha noite fría de
inverno na montaña.
No primeiro capítulo o autor sitúa a historia, no Courel, nunha torre medieval
onde chegaban catro fidalgos para cazar, pero unha gran nevada obligalles a
quedarse na torre mais tempo. Os narradores son o administrador da finca,
os fidalgos, e os criados, que se xuntan a carón da lus do candil, pola noite
para contar contos de medo, e cómicos.
Ademais de contos, xa no primeiro capítulo, Ánxel Fole nos advirte de que
neles recolle a forma de falar das xentes do Courel, e que por ese motivo as
verbas se atopan escritas de formas moi distintas. É por iso que o libro ten
un gran valor etnográfico, xa que trata temas como a fala, a cultura, as
costumes, condicións de vida, alimentos e a mitoloxía desas terras de
montaña.
Os contos teñen temas moi distintos cada un, que tratan de enterradores,
lobos que perseguen a homes, ladróns que se esconden en ataúdes para
roubar, noites de verán entre amigos que rematan con soños premonitorios,
suicidas por mal de amores subidos a árbores, espellos antigos que son
portas ao máis alá, homes que ven os seus propios enterros, noivos que
falan nun cemiterio e son tomados por mortos, meigas e tesouros.
Alejandro Orozco Vázquez 1º BAC B
3. Nótase que son contos recollidos das antigas tradicións orais, xa que falan
de sitios concretos e das xentes do lugar. Nos distintos “contos” da detalles
de como estaban vestidos, das costumes que tiñan, da forma da que falaban,
de como eran as relacións entre eles, e tamén do que comian e bebian. Non
son contos inventados, xa que todos falan do que lle pasou a algún coñecido
del, e sempre buscan a complicidade do lector.
É moi importante destacar do libro que todos os contos rematan cun
comentario final do narrador, como un consello ou refrán.
Tamén dicir que editáronse 6 edicións, no 1969, 1979, 1983, 1994, 2004, e
2014, e traduciuse ao Asturian e ao Euskera
Pareceume un libro sinxelo de leer e que se fai interesante, ademais de que
parece que leva a outros tempos mais antigos e a outros sitios,coma cando
fala das frias noites de inverno ao caron do candil, dos sons dos lobos ou do
vento, e isto, e algo que non todos os libros conseguen.
Alejandro Orozco Vázquez 1º BAC B