1. ATRANCO NO BANCO
Un dúo de atracadores moi patosos, un é un rufián de
bancos e a outra é unha estilizada secretaria, todos estes
personaxes irán coincidindo ó longo da historia, por
tandas, no salón principal do banco, manténdonos
involucrados nunha trama completa de extravagantes
ocasións, dramas familiares e mesmo dialogos moi
divertidos. Pero estes non coincidirán tan só no lugar,
senón que tamén coinciden no seu obxectivo: atracar, o
mesmo banco, o mesmo día e á mesma hora.
Don Serafín, o director do banco, intentará ir retirando o
diñeiro de a pouquiños, tratando de que ninguén se de de
conta; mentres que Vanessa por un lado e Lois e Rafael por outro
intentarán dar un verdadeiro golpe.
Estes dous últimos non son quen de esperaró sue momento, polo que se
distraerán cun xogo de palabras que consistirá en que un diga un nome e o
outroo relacione cunha actividade comercial. Este recurso protagonizará e
dará pé a escenas moi divertidas e orixinais.
A verdade é que me pareceu unha obra axeitada a nosa idade e realemente
boa pese ó corta que é.
É unha lectura bastante divertida, ademais é ben sinxela de ler pero que
engancha e sempre tes ganas de seguir lendo.
Nerea GarcíaFandiño 1º BAC C
( Atranco no Banco, Manuel Núñez Singala)