1. CONCURSO CREATIVOS DE SAMAÍN MONTE DAS MOAS 2022
MICRORRELATOS ILUSTRADOS DE TERROR
BANDA DESEÑADA DE TERROR
O alumnado da ESO e de Bacharelato poderá
participar en dúas categorías de concursos creativos de
Samaín:
a) Microrrelatos ilustrados de terror
b) Banda deseñada de terror
Poderá presentar un microrrelato e/ou banda deseñada.
A presentación poderá ser en formato electrónico (a
banda deseñada en formato jpg ou pdf) e será enviado
por correo ao seguinte enderezo bibliomontemoas@gmail.com ou entregado ao/á profesor/a de
Lingua Galega e Literatura.
O microrrelato ou banda deseñada serán exclusivamente en lingua galega.
O microrrelato non superará a extensión de 150 palabras. Valorarase especialmente a
orixinalidade e a calidade narrativa, así como a inclusión de elementos propios do Samaín e da
cultura popular galega relacionada coa morte e cos defuntos.
Terá que ir acompañado dunha ilustración de medo que complemente o texto.
A banda deseñada poderá ter a extensión que se queira.
Os traballos entregaranse antes do venres, 28 de outubro e a coordinadora do EDLG, Ana
Martínez, será quen os custodiará ata que o xurado se reúna e escolla o mellor relato, cuxo/a autor/a
recibirá un premio.
Os microrrelatos gañadores serán lidos, preferentemente pola persoa que os elaborou, nunha lectura
dramatizada na biblioteca.