1. RELATOS DE GUERRA
Miguel Anxo Murado
1ºBACH C
Brais Fernández Blanco
A novela corta Relatos de guerra trata diferentes historias ambientadas nas guerras de
Iugoslavia durante a década dos 90. O estilo de escritura é moi orixinal e fai que a novela poida
representar moito mellor a violencia daquel conflito.
Para entender esta novela, primeiro debemos entender a situación na que se ambienta.
Miguel Anxo decidiu ambientar a novela nas guerras iugoslavas (1991-2001) que arrasaron a antiga
república popular que gobernaba nese territorio. Máis concretamente, a novela non toca o tema da
guerra de Eslovenia, Macedonia e Kosovo. O autor escolle as guerras de Bosnia, Croacia e Serbia
como as protagonistas. A razón? Son as máis violentas, especialmente contra os civís, e son as que
captan a atención internacional e causan a intervención dos cascos azuis. Podemos saber isto debido
á constante mención de grupos paramilitares dos 3 países, coma os Chetniks, e polos insultos raciais
contra os musulmáns e xitanos (descendentes dos turcos e dos romanís) que habitaban no territorio
de Bosnia.
Primeiro, e antes de entrar na novela en si, habería que advertir de que esta contén moita
violencia, e tamén moi ben descrita, tanto, que pode chegar a resultar desagradable para certos
públicos.
Entrando na forma do escritor, a novela recorda moito a “Línea de Fuego” de Pérez-Reverte,
xa que ambos usan unha narrativa sen protagonistas, onde en cada capítulo escriben unha historia
independente da anterior, e onde os protagonistas nunca teñen características comúns. Ademais,
estes capítulos son cortos, de 10 páxinas cada un, para amosar un sentimento de descontrol e de
falta de tempo, que impide, tanto aos protagonistas coma ós lectores, procesar o que está a pasar e
actuar ao respecto.
Na novela, esta falta de tempo adoita traducirse nunha morte accidentada onde o morto
non pode darse conta, sen embargo, cara o final, as historias comezan a tratar mortes máis lentas, e
estas acaban envolvendo a totalidade das historias, asasinos e asasinados morren por igual.
A parte de militares e milicianos, os periodistas adoitan protagonizar moitas destas historias,
acabando en moitos casos, de novo, mortos. Pisando unha mina, por un francotirador, un morteiro,
unha milicia comunista que, como os periodistas son de países membros da OTAN, decide asasinalos
a carón dunha cuneta.
Hai unha historia, que na miña opinión, destaca entre todas, e é a do zoolóxico. Nel, cóntase
a historia dos animais que sobreviviron no edificio abandoado, que que foron sendo asasinados
porque, a causa da fame, intentaban comerse aos soldados (Incluso os pingüíns) que loitaban na
área. A morte, nesta historia, represéntase cun elefante ao cal un morteiro abriulle as tripas, pero él,
incapaz de morrer, sofre mentres se desangra. Unha nena, que o visita a miúdo, pide que lle
disparen para que poida abandoar a súa dor, pero os soldados néganse, xa que non se podería
respirar, e non poderían retirar o cadáver.
2. Como xa se pode ver, a morte é un dos temas principais da novela, al igual que da guerra. A
morte aparece para todos, moitas veces sorprendendo aos lectores, e causando unha morte rápida
que remata o capítulo. Este tratamento da morte, como algo que ocorre e xa, sen consecuencias
máis alá do final dunha historia e o comezo de outra, e así durante toda a novela.
Desta forma, a novela parece unha mostra microscópica da guerra, a súa forma de tratar os
temas e de narralos causa a sensación que causa a realidade cando a vemos como espectadores, e
os pensamentos e sucesos internos fan do mundo narrado moito más crible.
Como conclusión, Relatos de Guerra é unha novela moi recomendable para apaixonados da
historia, e tamén para xente que desfrute lendo historias deprimentes. Para min, sería un 9/10, xa
que a veces, as descricións poden resultar excesivamente desagradables.