O que sei do silencio

Recensión

O QUE SEI DO SILENCIO
Este libro, foi inicialmente un blog no que cóntanos a historia dunha moza que sufre
acoso no seu instituto. Está posto na perspectiva doutra moza, unha das
participantes do acoso, a cal conta tal como foron os feitos e como viviu ela ser
partícipe desta acción.
«Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke
durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das
mans.» Así é como comeza este libro. Delia é unha nena reservada e pouco
sociable, sempre adoitaba ir á biblioteca nos recreos, ía ao club de lectura, onde alí
por fin relacionábase con xente; con isto non digo que sempre estivese sóa, antes
tiña as súas amigas, pero elas, co paso do tempo deixaron sóa a Delia. Ela afíxose
á soidade, xa disfrutaba dela e da súa propia compañia, ademais que tamén tiña a
seu irmán maior, Iago.
O instituto seguía tendo as mesmas escalas sociais a pesar de pasar de curso;
Lara, Daniela e Xulia eran as máis populares,listas e fermosas, e nunca amosaron
interese por Delia, nin Delia en elas. Pola contra, pouco despois de comezar o
curso, elas achégabanse máis a Delia, ata estaban xuntas ás veces no recreo,
momento no que Delia adoitaba ir á biblioteca a ler. Todo parecía moi estraño, aínda
que ela comezou a sentir ledicia por esa compañía. Aquilo foise intensificando ata
que tivo dependencia delas, e tiña medo de quedar sóa outra vez, de forma que ela
facía todo o posible para que non a deixasen tirada; aínda que iso implicase facer
bullying a outra nena.
O motivo apareceu pouco despois, a Xulia gustáballe Iago, e fíxose amiga de Delia
para estar máis preto de el. Ela percatouse pero xa estaba tan feliz por ter “amigas”
que non lle importou. Despois dun tempo eles dous comezaron a saír xuntos
Uns meses despois chegou unha alumna nova, Silke, facía pouco que chegara alí
polo que non coñecía a ninguén. As tres rapazas xunto con Delia non tardaron en
achegarse a ela, amosando moito interés en coñecela e ser amigas. Silke era máis
desconfiada, xa estivera en moitos lugares antes dese, polo que non tiña problema
por afacerse á nova xente. Accedeu a ir algún fin de semana ao centro comercial
con elas, e ao principio todo estaba ben.
Silke era moi boa nos deportes e comezou a xogar cos rapaces ao fútbol no recreo,
o que a deixaba máis preto de Iago, cousa que poñía dos nervios a Xulia, e
comezou a estar máis molesta con ela. Os días pasaban e ela seguía pasando o
recreo cos rapaces e fixo novos amigos, como Iago e Marcos. Había rumores de
que Silke vírase con Iago, e iso fixo que Xulia comezase o pesadelo de Silke no
resto do curso.
Silke comezou a recibir críticas, insultos, foi empuxada varias veces e humillada,
incluso viviu ciberacoso, por parte delas; Delia era una personaxe diferente, non fixo
xamáis nada diso, pero si calou todo e miraba mentras ela sufría, de modo que
tamén era partícipe de forma pasiva, e así lamentablemente foi case toda a clase, e
incluso case todo o instituto. Todos rían as burlas e insultos e ninguén dicía nada.
«Dos meses que pasei en silencio. Do que aprendín naqueles días da crueldade e
da covardía. Isto é o que sei do silencio.» E así, Delia converteuse nunha acosadora
pasiva dunha rapaza de 3º da ESO.
Todo isto chegou demasiado lonxe, e as diferentes formas de acoso ían en
aumento, cada vez peores. Na última acción antes de confesar e falar coa directora,
case perdemos a Silke, sufriu acoso sexual por parte dun dos rapaces do curso e
por querer escapar case non o conta. Despois diso tomáronse medidas xudiciais e
contaron todo á directora, no que tamén se tomaron medidas no centro e os
participantes do acoso foron expulsados un tempo.
En conclusión, grazas á historia, se quere demostrar a importancia psicolóxica que
ten o acoso. É algo moi grave, e non é unha loita para un mesmo. Se alguén sufre
acoso por parte doutros compañeiros, non quedes en silencio, actúa ou comunícallo
a un adulto. Unha risa, un comentario ou calquera xesto faite partícipe. E vivilo non
é nada fácil, ninguén se merece que lidiar con iso só,e non se debe ter medo a
contalo. Non é a túa culpa.
Andrea Martínez 1Bach B

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

The Crucible.  Act 1 - 4 studyThe Crucible.  Act 1 - 4 study
The Crucible. Act 1 - 4 studyGavin27
11.1K vistas19 diapositivas
Group 7Group 7
Group 7giaquynh2510
3.6K vistas25 diapositivas
Leccion de VidaLeccion de Vida
Leccion de Vidahenryalejo1234
1K vistas11 diapositivas

La actualidad más candente(8)

The Crucible.  Act 1 - 4 studyThe Crucible.  Act 1 - 4 study
The Crucible. Act 1 - 4 study
Gavin2711.1K vistas
Group 7Group 7
Group 7
giaquynh25103.6K vistas
John steinbeck   la perla.pdfJohn steinbeck   la perla.pdf
John steinbeck la perla.pdf
Isabel Garcia Romero80.9K vistas
Leccion de VidaLeccion de Vida
Leccion de Vida
henryalejo12341K vistas
Carlos cuauhtémoc sánchez                                                libr...Carlos cuauhtémoc sánchez                                                libr...
Carlos cuauhtémoc sánchez libr...
Kevin Barbaràn6.1K vistas
La Naranja MecanicaLa Naranja Mecanica
La Naranja Mecanica
Caterina Ferreres Català5.2K vistas
DON JUAN TENORIO.DON JUAN TENORIO.
DON JUAN TENORIO.
Andrea Reyes Roldán7.2K vistas
Fragmento de campo de fresasFragmento de campo de fresas
Fragmento de campo de fresas
mjgolo1.7K vistas

Más de RemoeaLinguaLinguaGa(20)

Libro Galego 3ª evaluación.pdfLibro Galego 3ª evaluación.pdf
Libro Galego 3ª evaluación.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa88 vistas
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdfO DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdf
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa94 vistas
Atranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdfAtranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdf
Atranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa117 vistas
reseña amote leo a.pdfreseña amote leo a.pdf
reseña amote leo a.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa52 vistas
O club da calceta.pdfO club da calceta.pdf
O club da calceta.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa57 vistas
Recensión galego 3 trimestre.pdfRecensión galego 3 trimestre.pdf
Recensión galego 3 trimestre.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa59 vistas
Os vellos non deben de enamorarse.pdfOs vellos non deben de enamorarse.pdf
Os vellos non deben de enamorarse.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa63 vistas
Romeo e Xulieta - Maria Hilario Gestal.pdfRomeo e Xulieta - Maria Hilario Gestal.pdf
Romeo e Xulieta - Maria Hilario Gestal.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa60 vistas
Memorias dun neno labrego.pdfMemorias dun neno labrego.pdf
Memorias dun neno labrego.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa154 vistas
ILLA DECEPCIÓN.pdfILLA DECEPCIÓN.pdf
ILLA DECEPCIÓN.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa43 vistas
A Esmorga traballo.pdfA Esmorga traballo.pdf
A Esmorga traballo.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa68 vistas
A Esmorga_Alejandra Perez.pdfA Esmorga_Alejandra Perez.pdf
A Esmorga_Alejandra Perez.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa66 vistas
Presentación sin título.pdfPresentación sin título.pdf
Presentación sin título.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa90 vistas
Ollos de Auga- Nerea García e Ana Mondelo-1.pdfOllos de Auga- Nerea García e Ana Mondelo-1.pdf
Ollos de Auga- Nerea García e Ana Mondelo-1.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa142 vistas
Os nenos da variola.pdfOs nenos da variola.pdf
Os nenos da variola.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa997 vistas
ROTEIRO PONDAL.pdfROTEIRO PONDAL.pdf
ROTEIRO PONDAL.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa373 vistas
BASES DE MICRORRELATOS ILUSTRADOS DE TERROR.pdfBASES DE MICRORRELATOS ILUSTRADOS DE TERROR.pdf
BASES DE MICRORRELATOS ILUSTRADOS DE TERROR.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa372 vistas

O que sei do silencio

  • 1. O QUE SEI DO SILENCIO Este libro, foi inicialmente un blog no que cóntanos a historia dunha moza que sufre acoso no seu instituto. Está posto na perspectiva doutra moza, unha das participantes do acoso, a cal conta tal como foron os feitos e como viviu ela ser partícipe desta acción. «Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans.» Así é como comeza este libro. Delia é unha nena reservada e pouco sociable, sempre adoitaba ir á biblioteca nos recreos, ía ao club de lectura, onde alí por fin relacionábase con xente; con isto non digo que sempre estivese sóa, antes tiña as súas amigas, pero elas, co paso do tempo deixaron sóa a Delia. Ela afíxose á soidade, xa disfrutaba dela e da súa propia compañia, ademais que tamén tiña a seu irmán maior, Iago. O instituto seguía tendo as mesmas escalas sociais a pesar de pasar de curso; Lara, Daniela e Xulia eran as máis populares,listas e fermosas, e nunca amosaron interese por Delia, nin Delia en elas. Pola contra, pouco despois de comezar o curso, elas achégabanse máis a Delia, ata estaban xuntas ás veces no recreo, momento no que Delia adoitaba ir á biblioteca a ler. Todo parecía moi estraño, aínda que ela comezou a sentir ledicia por esa compañía. Aquilo foise intensificando ata que tivo dependencia delas, e tiña medo de quedar sóa outra vez, de forma que ela facía todo o posible para que non a deixasen tirada; aínda que iso implicase facer bullying a outra nena. O motivo apareceu pouco despois, a Xulia gustáballe Iago, e fíxose amiga de Delia para estar máis preto de el. Ela percatouse pero xa estaba tan feliz por ter “amigas” que non lle importou. Despois dun tempo eles dous comezaron a saír xuntos Uns meses despois chegou unha alumna nova, Silke, facía pouco que chegara alí polo que non coñecía a ninguén. As tres rapazas xunto con Delia non tardaron en achegarse a ela, amosando moito interés en coñecela e ser amigas. Silke era máis desconfiada, xa estivera en moitos lugares antes dese, polo que non tiña problema por afacerse á nova xente. Accedeu a ir algún fin de semana ao centro comercial con elas, e ao principio todo estaba ben. Silke era moi boa nos deportes e comezou a xogar cos rapaces ao fútbol no recreo, o que a deixaba máis preto de Iago, cousa que poñía dos nervios a Xulia, e comezou a estar máis molesta con ela. Os días pasaban e ela seguía pasando o recreo cos rapaces e fixo novos amigos, como Iago e Marcos. Había rumores de que Silke vírase con Iago, e iso fixo que Xulia comezase o pesadelo de Silke no resto do curso.
  • 2. Silke comezou a recibir críticas, insultos, foi empuxada varias veces e humillada, incluso viviu ciberacoso, por parte delas; Delia era una personaxe diferente, non fixo xamáis nada diso, pero si calou todo e miraba mentras ela sufría, de modo que tamén era partícipe de forma pasiva, e así lamentablemente foi case toda a clase, e incluso case todo o instituto. Todos rían as burlas e insultos e ninguén dicía nada. «Dos meses que pasei en silencio. Do que aprendín naqueles días da crueldade e da covardía. Isto é o que sei do silencio.» E así, Delia converteuse nunha acosadora pasiva dunha rapaza de 3º da ESO. Todo isto chegou demasiado lonxe, e as diferentes formas de acoso ían en aumento, cada vez peores. Na última acción antes de confesar e falar coa directora, case perdemos a Silke, sufriu acoso sexual por parte dun dos rapaces do curso e por querer escapar case non o conta. Despois diso tomáronse medidas xudiciais e contaron todo á directora, no que tamén se tomaron medidas no centro e os participantes do acoso foron expulsados un tempo. En conclusión, grazas á historia, se quere demostrar a importancia psicolóxica que ten o acoso. É algo moi grave, e non é unha loita para un mesmo. Se alguén sufre acoso por parte doutros compañeiros, non quedes en silencio, actúa ou comunícallo a un adulto. Unha risa, un comentario ou calquera xesto faite partícipe. E vivilo non é nada fácil, ninguén se merece que lidiar con iso só,e non se debe ter medo a contalo. Non é a túa culpa. Andrea Martínez 1Bach B