Os nenos da variola.pdf

Recensión Os nenos da varíola

Os nenos da varíola (María Solar)
Recensión literaria
Lucía Gómez Varela
1º Bach C
Os nenos da varíola é unha novela de María Solar, publicada o 1 de febreiro de 2017 pola editorial
Galaxia, ten 208 páxinas. Este libro conseguiu no 2018 o Premio ao mellor libro xuvenil da III Gala
do libro galego, así como o premio Fervenzas Literarias ao mellor libro xuvenil o mesmo ano.
María é unha periodista, presentadora e escritora nada en Santiago de Compostela o 25 de decembro
de 1970. Estudou Bioloxía pero acabou traballando de moitas outras cousas, entre elas actriz de
dobraxe, periodista e, no que nos imos centrar hoxe, escritora. María Solar escribiu varios libros,
entre eles Boa sorte (o seu primeiro libro), As meigas de Lupa, O meu pesadelo favorito e este
mesmo que vou analizar.
A intención da autora con este libro é recoñecer e facer homenaxe aos 22 nenos que viviron esta
xornada así como aos adultos detrás da mesma, sendo este o motivo polo que moitos dos nomes non
foron cambiados.
Esta novela é considerada unha das máis logradas da autora. O libro narra parte da historia real que
se viviu no século XIX. Durante este tempo a varíola era unha realidade coa que convivía a
sociedade día a día, aínda que non todo o mundo era consciente disto.
Estes nenos, que partiron na ano 1803, levaron no seu corpo a vacina da varíola ata América coa
intención de poder terminar coa influencia da enfermidade. Eles non sabían o cambio que ían crear
aínda que, hoxe en día, vese que foron parte dun dos logros médicos máis importantes da historia.
O libro céntrase sobre todo nos preparativos anteriores á viaxe, non narrando tanto a viaxe en si
mais deixando clara a dificultade da xornada.
O libro narra toda esta parte da xornada dende os ollos de Ezequiel, un
home que, como todos os nenos do hospicio, pasaba fame e tiña
problemas económicos. É a través deste personaxe e das súas amigas
que se narra a vida dentro daquel lugar. Nárranse os motivos detrás dos
abandonos, xa que, na maioría dos casos, os pais esperaban que os
nenos atoparan unha mellor vida alí.
Outro personaxe importante é o doutor Posse. El trata os nenos do
hospicio e está convencido da efectividade das vacinas, a pesar de que
na época pouca xente pensaba deste modo. O doutor, tras contactar cun
compañeiro consegue autorización do rei para comezar a coñecida
viaxe. Este doutor, xunto coa reitora, Dona Isabel, selecciona 22 nenos
fortes e sans para emprender a viaxe.
Este libro pareceume moi interesante, sobre todo pola idea principal do
mesmo xa que nunca antes de ler este libro oíra falar desta historia. Creo que o libro fai un incrible
traballo ao eliminar parte do anonimato detrás desta fazaña, así como de facer que o lector
comprenda a historia de forma entretida.
É unha novela que recomendaría á xente que estivera interesada en momentos como este da historia,
xa que é unha gran forma de aprender do tema. Por outro lado, non estou segura de que ler este libro
sen ter interese no tema sexa algo recomendable xa que, aínda que a idea é clara, pode facerse
aburrido se non queres saber da historia real detrás do mesmo.
Figura 1: Estatua dedicada a
Isabel Zendal, a única muller
da expedición, na Coruña.

Recomendados

+12000 frases em Inglês - Por ordem alfabética por
+12000 frases em Inglês - Por ordem alfabética+12000 frases em Inglês - Por ordem alfabética
+12000 frases em Inglês - Por ordem alfabéticawarlen11
16K vistas423 diapositivas
O perfume telma por
O perfume telmaO perfume telma
O perfume telma12anogolega
1.6K vistas2 diapositivas
A moreninha por
A moreninhaA moreninha
A moreninhafatimavy
6.6K vistas190 diapositivas
João Ubaldo Ribeiro - por
João Ubaldo Ribeiro - João Ubaldo Ribeiro -
João Ubaldo Ribeiro - Luana Bastos
935 vistas12 diapositivas
José Jorge Letria 6 por
José Jorge Letria 6José Jorge Letria 6
José Jorge Letria 6Carla Nunes
2.9K vistas15 diapositivas
Livro Jogos Populares e Tradicionais Portugueses por
Livro Jogos Populares e Tradicionais PortuguesesLivro Jogos Populares e Tradicionais Portugueses
Livro Jogos Populares e Tradicionais PortuguesesMiguel Oliveira
3.7K vistas45 diapositivas

Más contenido relacionado

Similar a Os nenos da variola.pdf

Lecturas verán 2012 por
Lecturas verán 2012Lecturas verán 2012
Lecturas verán 2012Carmen165
141 vistas10 diapositivas
Seleccionados SOLF nº20 (xuño 2017) por
Seleccionados SOLF nº20 (xuño 2017)Seleccionados SOLF nº20 (xuño 2017)
Seleccionados SOLF nº20 (xuño 2017)Biblioteca Pública Municipal de Narón
31 vistas5 diapositivas
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014) por
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)Biblioteca Pública Municipal de Narón
204 vistas9 diapositivas
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 por
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 Xenza
48 vistas2 diapositivas
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014) por
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)Biblioteca Pública Municipal de Narón
162 vistas7 diapositivas
Present3ªav por
Present3ªavPresent3ªav
Present3ªavMeigamaior
544 vistas13 diapositivas

Similar a Os nenos da variola.pdf(20)

Lecturas verán 2012 por Carmen165
Lecturas verán 2012Lecturas verán 2012
Lecturas verán 2012
Carmen165141 vistas
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 por Xenza
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Xenza48 vistas
Present3ªav por Meigamaior
Present3ªavPresent3ªav
Present3ªav
Meigamaior544 vistas
Present3ªav por Meigamaior
Present3ªavPresent3ªav
Present3ªav
Meigamaior122 vistas
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigo por crocaio
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigoDia do libro recomendacions lectoras pondal de vigo
Dia do libro recomendacions lectoras pondal de vigo
crocaio2.4K vistas
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17 por soigca
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
soigca912 vistas
Lecturas verán 2012... por Carmen165
Lecturas verán 2012...Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...
Carmen165358 vistas
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega por Meigamaior
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Meigamaior647 vistas
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017 por iessalvabiblio
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
Recomendacións de lectura. Blogue. Vran 2017
iessalvabiblio880 vistas

Más de RemoeaLinguaLinguaGa

Libro Galego 3ª evaluación.pdf por
Libro Galego 3ª evaluación.pdfLibro Galego 3ª evaluación.pdf
Libro Galego 3ª evaluación.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
88 vistas2 diapositivas
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdf por
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdfO DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdf
O DRAGAL I.- Nicolás Otero Bouza.- 1 BACH B.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
94 vistas5 diapositivas
Atranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdf por
Atranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdfAtranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdf
Atranco no Banco Nerea García 1BAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
126 vistas1 diapositiva
Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz... por
Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...
Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...RemoeaLinguaLinguaGa
59 vistas1 diapositiva
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf por
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdfA pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
60 vistas6 diapositivas
reseña amote leo a.pdf por
reseña amote leo a.pdfreseña amote leo a.pdf
reseña amote leo a.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
52 vistas3 diapositivas

Más de RemoeaLinguaLinguaGa(20)

Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz... por RemoeaLinguaLinguaGa
Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...
Infografía Pasos para quererse a uno mismo y mejorar la autoestima Doodle piz...
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf por RemoeaLinguaLinguaGa
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdfA pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf
A pegada de Os vellos non deben de namorarse na sociedade da época.pdf
Traballo Libro de lectura_Pablo Vallejo Verez 1BachA.pdf por RemoeaLinguaLinguaGa
Traballo Libro de lectura_Pablo Vallejo Verez 1BachA.pdfTraballo Libro de lectura_Pablo Vallejo Verez 1BachA.pdf
Traballo Libro de lectura_Pablo Vallejo Verez 1BachA.pdf

Os nenos da variola.pdf

  • 1. Os nenos da varíola (María Solar) Recensión literaria Lucía Gómez Varela 1º Bach C
  • 2. Os nenos da varíola é unha novela de María Solar, publicada o 1 de febreiro de 2017 pola editorial Galaxia, ten 208 páxinas. Este libro conseguiu no 2018 o Premio ao mellor libro xuvenil da III Gala do libro galego, así como o premio Fervenzas Literarias ao mellor libro xuvenil o mesmo ano. María é unha periodista, presentadora e escritora nada en Santiago de Compostela o 25 de decembro de 1970. Estudou Bioloxía pero acabou traballando de moitas outras cousas, entre elas actriz de dobraxe, periodista e, no que nos imos centrar hoxe, escritora. María Solar escribiu varios libros, entre eles Boa sorte (o seu primeiro libro), As meigas de Lupa, O meu pesadelo favorito e este mesmo que vou analizar. A intención da autora con este libro é recoñecer e facer homenaxe aos 22 nenos que viviron esta xornada así como aos adultos detrás da mesma, sendo este o motivo polo que moitos dos nomes non foron cambiados. Esta novela é considerada unha das máis logradas da autora. O libro narra parte da historia real que se viviu no século XIX. Durante este tempo a varíola era unha realidade coa que convivía a sociedade día a día, aínda que non todo o mundo era consciente disto. Estes nenos, que partiron na ano 1803, levaron no seu corpo a vacina da varíola ata América coa intención de poder terminar coa influencia da enfermidade. Eles non sabían o cambio que ían crear aínda que, hoxe en día, vese que foron parte dun dos logros médicos máis importantes da historia. O libro céntrase sobre todo nos preparativos anteriores á viaxe, non narrando tanto a viaxe en si mais deixando clara a dificultade da xornada. O libro narra toda esta parte da xornada dende os ollos de Ezequiel, un home que, como todos os nenos do hospicio, pasaba fame e tiña problemas económicos. É a través deste personaxe e das súas amigas que se narra a vida dentro daquel lugar. Nárranse os motivos detrás dos abandonos, xa que, na maioría dos casos, os pais esperaban que os nenos atoparan unha mellor vida alí. Outro personaxe importante é o doutor Posse. El trata os nenos do hospicio e está convencido da efectividade das vacinas, a pesar de que na época pouca xente pensaba deste modo. O doutor, tras contactar cun compañeiro consegue autorización do rei para comezar a coñecida viaxe. Este doutor, xunto coa reitora, Dona Isabel, selecciona 22 nenos fortes e sans para emprender a viaxe. Este libro pareceume moi interesante, sobre todo pola idea principal do mesmo xa que nunca antes de ler este libro oíra falar desta historia. Creo que o libro fai un incrible traballo ao eliminar parte do anonimato detrás desta fazaña, así como de facer que o lector comprenda a historia de forma entretida. É unha novela que recomendaría á xente que estivera interesada en momentos como este da historia, xa que é unha gran forma de aprender do tema. Por outro lado, non estou segura de que ler este libro sen ter interese no tema sexa algo recomendable xa que, aínda que a idea é clara, pode facerse aburrido se non queres saber da historia real detrás do mesmo. Figura 1: Estatua dedicada a Isabel Zendal, a única muller da expedición, na Coruña.