1. Daniel Felípez Eirín 1º BACH “C” Morning Star
Xosé Miranda Ruíz é un escritor galego nacido en Lugo o
18 de decembro de 1955.
Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Compostela,
traballou como profesor ata 2020 no instituto Xoán
Montes de Lugo.
Foi gañador do premio Modesto R. Figueiredo de 1988
con “Na Terra Sombría”
Foi investigador da literatura galega de tradición oral e
publicou numerosos contos.
Trátase dunha historia ambientada a mediados do S.XIX, o
personaxe principal é Lourenzo un neno pequeño que vive
cos seus pais na taberna que teñen e na que traballan. Un
día presentase na taberna un home que se facía chamar
Lázaro Rivadulla e que comezaría a vivir con eles. Pasará
o tempo e á taberna comezaran a chegar homes estranos
amigos de Lázaro.
A nai de Lourenzo enfermara e este, antes de que a sua nai
morrera, preguntara sobre quen era ese Lázaro Rivadulla
pero a sua nai nunca llo contou. Un día chegou á taberna
un cura que viña de herdar unha fortuna e con él a súa neta, unha rapaza belísima e xoven que se
chamaba Helena da que queda enamorado a primeira vista.
Anos mais tarde Lourenzo formaba parte da banda que se formara co seu pai, Lázaro Rivadulla e a
xente que estaba na taberna. O que facían era que pedían axuda nas casas e cando abrían
atracábanas.
Xa na taberna o pai de Lourenzo mandarao ao bosque e de camiño foi capturado por uns homes que
, polo que lle dixeron, estaban en busca do tesouro que agachaba Lázaro. Entre os homes desa
banda distinguiu a un que lle chamaban “Tomás” e acordaron que tería que facer de espía ou senón
mataríano, porque querían saber onde estaba o tesouro de Lázaro.
Xa de volta co seu pai foron en barco para atracar ó cura que pasara fai tempo. Chegado o momento
asaltaron a casa do cura que sería asasinado por agochar o lugar onde tiña os cartos. Tras unha
busca intensa atoparon os cartos e a Helena. Varios da banda tentaron violala pero Lourenzo colleu
un arma salvouna e fuxiron ó monte onde foron atopados polo seu pai, e no momento que parecía
que estarían salvados, apareceu Lázaro e disparou a seu pai matandoo.
Xa fora do bosque chegaron a unha vila na que se ospedarían ata que Helena conseguira que os seus
familiares a levaran a casa.
Lourenzo pola súa parte voltou cos homes cos que fixo o trato para decirlles que sabía onde estaba
agachado o tesouro polo que os homes fixeron caso das súas indicacións e no pozo que tiñan na
casa sacaron un cofre, e xusto nese momento, comezaron a ser disparados pola banda de Lázaro e
rápidamente refuxiáronse na casa e colleron as armas para pelexar. Tras varios asaltos decidiron
fuxir e , para desgracia de Lourenzo, sería atrapado no intento por Lázaro. Este torturouno para que
lle dixese onde estaba o líder Tomás pero este non falou polo que decidiron levalo a súa casa, pero
de camiño, Tomás asaltaríanos para salvalo, e tras unha dura loita a morte con Lázaro saería
vitorioso para salvar a Lourenzo.
2. De camiño á cidade serían apresados e encarcerados, eses meses que Lourenzo pasou alí pensou
que serían os útimos, pero un día os gardas liberárono e lebárono ante Helena e o seu avó que eran
os que o lograran sacar de ahí. Cando saíu casouse con Helena e formou unha familia.
A novela é incríble, a forma que ten o autor de facer cambiar a situación radicalmente dalle á
historia unha capacidade para darlle a volta en segundos que fai que o lector teña que estar atento do
que acontece para non perder o fío. O vocabulario que emprega é de fácil comprensión e axuda a
que a historia non sexa lenta. Recomendaría a novela a aquelas persoas que lles guste o misterio e a
ambientación antiga.