Publicidad

TÁBOA RESUMO TEMA 9 A INICIO DA IDADE MODERNA.pdf

Profesora de Xª e Hª en Vanessa Felípez
25 de Nov de 2022
Publicidad

Más contenido relacionado

Publicidad

TÁBOA RESUMO TEMA 9 A INICIO DA IDADE MODERNA.pdf

  1. TEMA 9. A IDADE MODERNA, UNHA NOVA ERA (tema introdutorio á Historia Moderna). DEFINICIÓN Período comprendido entre a toma de Constantinopla (1453) ou o descubrimento de América (1492) ata a Revolución Francesa (1789). PERÍODOS INTERNOS (en séculos) XV - XVI época do Renacemento XVII época do Barroco XVIII da Ilustración e do Absolutismo (materia de 4º da ESO) É EPOCA DE TRANSFOR- MACIÓNS POLÍTICAS DESAPARECE O IMPERIO BIZANTINO (1453) Conquistado polos turcos otománs, que sementarán o terror no Mediterráneo, o que fará que se busquen alternativas para viaxar cara Oriente. LOITA POLA HEXEMONÍA entre os grandes estados Os grandes estados loitarán pola hexemonía política e colonial. No século XVI imponse a española para ir perdendo pulo ao longo do XVII fronte a Francia e Gran Bretaña. NACEN O ESTADO MODERNO E MONARQUÍA AUTORITARIA Os reinos feudais, onde os monarcas estaban limitados pola nobreza desaparecerán e transformaranse en estados modernos gobernados por monarquías autoritarias que se imporán aos nobres (ver esquema 1). Terán forza militar, unha complexa burocracia e un sistema de facenda para recadar impostos, sen depender do favor dos nobres. DEMOGRÁFICAS A poboación medra pola mellor alimentación e a diminución dos conflitos bélicos e das grandes epidemias medievais. ECONÓMICAS A agricultura é a actividade dominante, aumentará a produtividade grazas a novas técnicas e a unha climatoloxía histórica favorable. Mais a principal fonte de riqueza será o comercio colonial. A artesanía aumenta a produtividade porque se reduce o control dos gremios. Nace o sistema doméstico onde os artesáns producen na súa casa, sendo o comerciante que os fornece de materia prima e lles paga por artigo manufacturado realizado. Nace unha economía mercantil (mercantilismo) baseada no comercio e na posesión de metais preciosos (mercantilismo), isto susténtase polos achádegos xeográficos. Desenvólvese a banca e novas formas de pagamento (cheques e cartas de pagamento). Todo isto facilitará o comercio e a actividade económica, en xeral. Nacen as primeiras compañías mercantís que reparten perdas e beneficios (Hansa). SOCIAIS MANTENSE a sociedade estamental Dise da sociedade dividida en estamentos (grupos pechados baseados en privilexios de nacemento). Hai inmobilismo social, é dicir, case non hai opción a cambiar de estamento pois só o clero poderá ascender socialmente. Ver esquema 2. PRIVILEXIADOS (nobreza e clero) non pagan impostos e ocupan os principais cargos políticos. Propietarios da meirande parte das terras. NON PRIVILEXIADOS (burguesía, traballadores das cidades e campesiñados) pagan impostos. NOVIDADES A burguesía acadará riqueza e poder grazas ao comercio e ás actividades bancarias. Xorden familias importantes coma os Médici, en Florencia, que chegarán a ter poder político. Os campesiños de Europa Occidental melloran, pasando de servos a homes libres. RELIXIOSAS A REFORMA No centro de Europa a Reforma Protestante provocará a ruptura coa Igrexa de Roma e con iso, “guerras de relixión” –por motivos relixiosos-. Ver páxina 3. CULTURAIS HUMANISMO Nova mentalidade que abandona o teocentrismo medieval e dará lugar ao Renacemento na Arte.
  2. TEMA 9. A IDADE MODERNA, UNHA NOVA ERA (tema introdutorio á Historia Moderna). OS GRANDES DESCUBRIMENTOS Os grandes descubrimentos xeográficos (de novos territorios) trouxeron cambios xeográficos, económicos, políticos e sociais. CAUSAS POLÍTICAS Unha vez finaliza a conquista da Península, os reis hispanos vían nelas unha forma de aumentar o seu prestixio e poder fronte aos nobres. ECONÓMICAS os turcos pechan a entrada a Asia aos europeos, e estes terán a necesidade de procurar novas vías para chegar á India e a China. Unha delas foi a circunvalación africana (rodear África). CIENTÍFICAS comeza a falarse de que a Terra é redonda e máis pequena do que se pensaba. NOVIDADES TÉCNICAS EN NAVEGACIÓN Portolano: mapa que representa a costa dos continentes de xeito sinxelo. carabela: embarcación lixeira, máis segura e con maior capacidade de carga que outros navíos. astrolabio: calcula a latitude medindo a altura do sol ou da estrela polar sobre o horizonte. cuadrante: calcula tamén a latitude medindo a altura do sol ou da estrela polar sobre o horizonte. corredeira e ampoleta: mide a velocidade de xeito estimativo, lanzando unha corda ao mar e calculando cun reloxo de area. compás: sinala sempre o Norte magnético mediante unha agulla imantada. RELIXIOSAS Hai un interese en estender o cristianismo e loitar contra o infiel. ESPÍRITO DE AVENTURAL desexo de coñecer, estudar e demostrar os avances científicos. EXPLORACIÓNS PORTUGUESAS A mediados do século XV iniciaron a circunvalación africana para poder acceder ao ouro de Sudán e comerciar coa India. Mediante o Tratado de Alcaçovas (1479), Portugal cede a Castela as Canarias a cambio desa ruta. EXPLORACIÓNS CASTELÁS O descubrimento de América débese a Cristovo Colón, quen lle ofreceu aos Reis Católicos (RRCC, en diante) un proxecto de navegación cara as Indias baseado no mapa de Toscanelli. As Capitulacións de Santa Fe (1492), asinadas tras a conquista de Granada, autorizan a expedición. Colón realizará 3 viaxes máis crendo ir ás Indias, pero será Américo Vespucio quen se decate de que trata dun novo continente. A 1ª volta ao mundo parte en 1519 dende Sevilla (lugar da Casa de Contratación), capitaneada por Fernando de Magalláns e Xoán Sebastián Elcano. Serán que descubran o estreito que separa o Atlántico do Pacífico. Magalláns finará nas Filipinas e o seu contramestre seguirá ata as illas Molucas antes de volver a España. O REPARTO DO MUNDO O tratado de Tordesillas (1494) para evitar problemas entre España e Portugal, estes decidiron repartirse o mundo mediante devandito tratado, marcando unha liña divisoria a 370 leguas de Cabo Verde. PORTUGAL: correspóndelle África, Asia e Brasil CASTELA: terá a meirande parte de América e Filipinas. Os RRCC concederán “licenzas para descubrir”.
  3. TEMA 9. A IDADE MODERNA, UNHA NOVA ERA (tema introdutorio á Historia Moderna). A REFORMA PROTESTANTE DEFINICIÓN Movemento iniciado en Alemaña a principios do século XVI por Lutero quen, no século XVI rexeita e protesta pola venda de indulxencias e a suntuosidade da Igrexa de Roma. QUEN FOI LUTERO? Martín Lutero foi un sacerdote alemán que publica en 1517 as 95 teses, unha lista de modificacións sobre a doutrina católica que darán lugar a unha nova relixión protestante coñecida como luteranismo. Haberá outras igrexas protestastes que se opoñen en varios aspectos á igrexa de Roma. Son o Calvinismo, o a Igrexa Anglicana, etc. CAUSAS DA REFORMA PROTESTANTE DESPRESTIXIO DO PAPADO E DO CLERO xa que o seu poder e riqueza, afastaba á Igrexa da súa misión orixinaria e non daban exemplo de moralidade ao pobo. OS ABUSOS DA IGREXA que provocaba que se promovera o favoritismo, o amancebamento, a venda de cargos eclesiásticos e indulxencias. CONSECUENCIAS DA REFORMA A reforma traerá a fragmentación relixiosa dos reinos, perdendo a unidade anterior e, en moitos casos unha posterior independencia. As chamadas “guerras de relixión” enfrontarán aos estados europeos durante a Idade Moderna. CAMBIOS QUE INTRODUCE RESPECTO DA DOUTRINA CATÓLICA Xustificación pola fe: a salvación dunha persoa debe ser pola súa fe. Libre interpretación da Biblia: a Igrexa non é a única que pode interpretar a Biblia. Rexeitamento da infalibilidade do Papa, é dicir, a palabra do Papa non ten que ser verdade de fe. existencia só de 2 sacramentos fronte aos 7 do catolicismo. Supresión do culto á Virxe e dos Santos podendo adorar só a Deus. Simplificación da liturxia para que sexa máis comprensible para o crente, por exemplo, dirase a misa nas linguas nacionais e non en latín. OUTRAS DOUTRINAS PROTESTANTES Haberá outras igrexas protestastes posteriores, todas elas se opoñen en varios aspectos á igrexa de Roma. CALVINISMO: baseábase na predestinación, todos están destinados á salvación, con independencia das súas accións. ANGLICANISMO: xorde cando Henrique VIII de Inglaterra rexeita ao Papa de Roma. Será el mesmo a cabeza da Igrexa de Inglaterra.
  4. ESQUEMA 3. TRANSFORMACIÓNS ECONÓMICAS XV - XVI ÉPOCA DE PROSPERIDADE CAUSAS FOCOS PRINCIPAIS CONSE- CUENCIAS Exploracións Aumento das colleitas Aumento da artesanía Apertura do Mediterráneo tras as Cruzadas. As cidades portuarias (Amberes, Lisboa, Venecia, Sevilla). Nacemento das Compañías Comerciais (ex. Hansa) para repartir beneficios e perdas. Florecemento da Banca Familias de banqueiros Casas de cambio Novas formas de pago: letras de cambio e carta de pago TEORÍAS ECONÓMICAS MERCANTILISMO INTERVENCIONISMO ESTATAL
  5. Mapa que ilustra o reparto de territorios segundo o Tratado de Tordesillas. Mapa da 1ª volta ao mundo de Magalláns e Elcano. Mapa da circunvalación africana de Vasco da Gama.
Publicidad