Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

Un reloxo nocturno

61 visualizaciones

Publicado el

Presentación en PDF que explica como calcular a hora pola noite observando o Carro e a estrela Polar.

  • Inicia sesión para ver los comentarios

  • Sé el primero en recomendar esto

Un reloxo nocturno

  1. 1. Un reloxo nocturno
  2. 2. Todas as noites do ano e ao longo de toda a noite temos sempre  no  ceo  o  “Carro”,  o  ben  coñecido  grupo  de  sete  estrelas  (ou  deberamos dicir oito?) na constelación da Osa Maior. No xiro  aparente  e  constante  do  ceo  arredor  da  estrela  Polar  van  asomando  unhas  constelacións  e  outras  ímolas  perdendo  de  vista,  mais  aquelas  próximas  á  estrela  que  sinala  a  dirección  norte non chegan nunca a desaparecer baixo o horizonte. Grazas  a  iso  podemos  empregar  esas  constelacións  para  determinar,  por  exemplo,  a  hora  da  noite  de  maneira  aproximada.  O  Carro  e  a  Polar  vannos  servir,  pois,  de  reloxo  nocturno.
  3. 3. Debemos imaxinar un disco de  reloxo  centrado  na  estrela  Polar  (lembrade  que  é  moi  fácil  localizala  prolongando  cinco veces a “liña” traseira da  caixa do Carro, definida polas  estrelas Merak e Dubhe).
  4. 4. O  noso  reloxo  nocturno  ten  dúas  características  especiais.  A primeira é que está dividido  en 24 horas, non en 12 coma  os  reloxos  de  man.  A  outra  singularidade  é  que  se  move  no  sentido  contrario  ao  habitual, “cara á esquerda” en  vez  de  “cara  á  dereita”.  Así,  teremos as 0h xusto enriba da  Polar,  as  6h  á  esquerda  dela,  as  12  debaixo  e  as  18h  á  súa  dereita,  con  estes  puntos  de  referencia  marcando  entre  si  ángulos de 90º.
  5. 5. Agora imaxinamos unha agulla  que  vai  de  Dubhe  á  Estrela  Polar.  O  que  debemos  facer  é  “ler  a  hora”  con  normalidade  nese reloxo do ceo. Estimamos  a  ollo  que  hora  marcaría  a  agulla Dubhe­Polar  nese disco  virtual  coa  precisión  que  nos  vexamos  capaces  de  definir:  quizais  nos  conformemos  con  dar  horas  exactas,  quizais  nos  atrevamos  a  estimar  medias  horas
  6. 6. Á hora que estimemos sumámoslle 29. Logo restamos o número  de quincenas que leve o ano na data na que nos atopemos. O 16  de febreiro, por exemplo, o ano levará 3 quincenas completas. O  29 de abril, máis ou menos oito. O 18 de xullo, 13 (6 meses x 2  +  1).  O  23  de  novembro,  21  (10  meses  x  2  +  1),  aínda  que  poderíamos  axustar  un  pouco  máis  e  engadir  0,5  pola  “media  quincena” que excede dende mediados dese mes.  Se  o  número  que  nos  sae  é  maior  ca  24,  restamos  24h  para  darlle  ao  resultado  o  formato  de  hora  definitivo;  se  non,  deixámolo  como  está.  Esa  sería  a  hora  en  “tempo  universal”.  Para converter á hora oficial hai que engadir 1 hora en inverno  e 2 horas en verán.
  7. 7. 16 de febreiro
  8. 8. 16 de febreiro Hora estimada: 19h 30min. Sumamos 29: 48h 30min.  Restamos quincenas (3): 45h 30 min.  Restamos 24: 21h 30 min. Axustamos ao horario de inverno  (+1): 22h 30min.
  9. 9. 29 de abril
  10. 10. 29 de abril Hora estimada: 2h. Sumamos 29: 31h. Restamos quincenas (8): 23h. Como obtivemos un resultado  <24 non é preciso restar 24h,  así que axustamos directamente  ao horario de verán (+2): 1h.
  11. 11. 18 de xullo
  12. 12. 18 de xullo Hora estimada: 7h. Sumamos 29: 36h. Restamos quincenas (13): 23h. Axustamos ao horario de verán  (+2): 1h.
  13. 13. 23 de novembro
  14. 14. 23 de novembro Hora estimada: 16h.  Sumamos 29: 45h.  Restamos quincenas (21):  24h. Restamos 24: 0h.  Axustamos ao horario de  inverno: 1h.

×