SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 9
JEAN-BAPTISTE DE LAMARCK
        (1744-1829)

                      AITOR CAMPOS RAMOS. 1ºC BACHARELATO.
                                           FEBREIRO DE 2012
INDICE.-

 VIDA
 OBRA
  PESAMENTO CIENTÍFICO
  PUBLICACIÓNS
 LEGADO
 BIBLIOGRAFÍA
VIDA.-
O biólogo francés Jean Baptiste Pierre Antoine de Monet
de Lamarck naceu na localidade de Bazentin-le-Petit,
situada a uns 150 km. ó norte de París, o 1 de agosto do
ano 1744. Foi o máis novo de once írmáns nunha familia
cunha tradición de varios séculos de servicio militar. Pero,
por vontade do seu pai, Lamarck entrou no seminario dos
xesítas de Amiens, ó redor do ano 1756, saíndo ós 17 anos ,
pouco despois da morte do seu pai, para unirse ó exército
francés. Xa na súa primeira batalla foi promovido a oficial
pola súa valente actuación. Permaneceu no exército
durante sete anos, ata 1768, cando unha ferida accidental
lle obrigou a dexialo. Despois desto, desprazouse a Paris,     Arriba, vista actual da pequena localidade de
onde traballou como empregado nun banco e empezous a           Bazentin le Petit. Abaixo, imaxe da casa natal
estudar mediciña e botánica, disciplina esta última na qu e                     de Lamarck.
rapidamente se convertíu en experto, publicando con
notable éxito Flora Francesa, no ano 1778, na cal por
primeira vez se clasificaba a flora mediante un criterio
dicotómico (de dous compoñentes).
Tras o éxito desta obra conseguíu un emprego como
botánico no Jardin des Plantes, un xardín botánico no que
tamén se facía investigación en bioloxía. Con este traballo
apenas malvivía e en varias ocasións estivo a punto de
perdelo polos recortes de gastos do goberno.
VIDA.-
Coa Revolución Francesa, o Jardin des Plantes convertíuse no
Museo Nacional de Historia Natural, e Lamarck foi nomeado
director do Departamente de Insectos e Vermes, un tema
sobre o que parece que el non tiña nin idea. Posteriormente
Lamarck cambiaríalle o nome, pasando a ser o Departamento
de Animais Invertebrados. En realidade este departamento
tiña moi pouco prestixo e consideración (incluso a palabara
“invertebrado” non existía, sendo acuñada polo propio
Lamarck). Pero este biólogo conseguíu , co seu traballo, darlle
respeto e prestixo, creando un novo campo na bioloxía. Así,
fixo a primeira división deste grupo de animais en outros catro
grupos: arácnidos, insectos, crustáceos e equinodermos.
Pero a pesar deste traballo, de        acuñar a expresión          Vistas actuais exterior (arriba) e dunha das
“invertebrados” ou “bioloxía”, as obras de Lamarck non            salas (abaixo) do Museo Nacional de Historia
chegaron a ser realmente populares e non acadou o prestixo                 Natural de Francia, en París.
de colegas seus como Cuvier, que o respetou pola súa labor
cos invertebrados pero que o desacreditou polas súas ideas
evolucionistas. Boa parte da vida de Lamarck foi unha loita
contra a pobreza. Para colmo, en 1818 empezou a perder
vista, e pasou os seus últimos anos pobre e cego, coidado
polas súas fillas, que tivera fruto dalgún dos seus catro
matrimonios.
Lamarck morreu o 28 de decembro de 1829. Tivo un funeral
pobre e foi enterrado nunha tumba de aluguer, da que o
retiraron ó cabo de cinco anos. Hoxe en día ninguén sabe ónde
están os seus restos, se é que se conservan.
OBRA. PENSAMENTO CIENTÍFICO.-
                                Lamarck fixo importantes aportacións á bioloxía, tanto no campo da
                                organizacións dos seres vivos, como na división clara que fixo do mundo
                                orgánico e inorgánico, como na clasificación que levou a cabo dos animais
                                atendendo á súa complexidade, pero, sobre todo e polo que é máis
                                coñecido é porque formulou a primeira teoría da evolución biolóxica, 50
                                anos antes que Darwin.
                                ¿Cal era o mecanismos desa evolución? O “lamarckismo utilizase hoxe en
                                día máis ben en sentido peiorativo para referirse á teoría dos “caracteres
                                adquiridos”, que acabou de forma simplista en que os cambios que
                                experimenta un individuo pasan ós seus fillos. Pero o que Lamarck
                                realmente expuxo era máis complexo e non tan directo. Segundo el, non é
                                que os organismos se alteran pasivamente polo medio, senón que os
Lamarck afirma que o uso
                                cambios no medio provócanlles ós individuos novas necesidades, polo que
intensivo e continuado dun
órgano, por exemplo o pescozo   teñen que desenvolver novos hábitos. Estos hábitos alterados e mantidos
das xirafas, conleva o seu      no tempo levan a un maoir ou menor uso dun órgano ou estructura, o que
desenvolvemento, igual que o    conleva o seu desenvolvemento e crecemento ou, polo contrario a súa
desuso leva á súa atrofia ou    atrofia ou desaparición. Lamarck di que este proceso é lento, ó longo de
desaparición                    xeracións, e que o individuo non o percibe na súa vida. Esta é a primeira lei
                                que Lamarck expón na súa obra Filosofía Zoolóxica, de 1809, onde expón a
                                súa teoría da evolución: o uso ou desuso conleva o desenvolvemento ou a
                                desaparición do órgano afectado a través das xeracións.
OBRA. PENSAMENTO CIENTÍFICO.-
A segunda teoría que expón Lamarck indica que os        O das xirafas é o exemplo
cambios ou caracteres adquiridos para adaptarse ó       máis usado para explicar
medio son herdables, é dicir, transmítense por          as teorias evolutivas de
herdanza biolóxica ós seus descendentes .               Lamarck. Arriba, vese que
O resultado da acción de ambas teorías é que os         unha das xirafas se
                                                        enfrenta       á      nova
individuos se van volvendo máis complexos ó irse        necesidade de acadar a
adaptando ó entorno, por tanto, as necesidades de       comida a máis altura, polo
adaptación dos individuos explican a evolución para     que ten que erquerse
Lamarck.                                                sobre as patas dianteiras e
En consecuencia con esta visión de cambios lentos e     estirar o pescozo. No
graduais, a Terra para Lamarck é inmensamente           medio, ilústrase que ese
                                                        novo uso mantido das
vella, e afirma que as especies non se extinguen,       patas dianteiras e do
senón que evolucionan a outras diferentes. En todo      pescozo conleva o seu
caso, a s teorías científicas de Lamarck son sobre a    desenvolvemento.
evolución da vida, xa que, en canto á orixe desta,      Ademáis,      ese     novo
cría que se debía á xeración espontánea de              carácter adquirido , ó
organismos simples que logo se perfeccionaban ó         manterse no tempo,
                                                        herédase             polos
irse adaptando.                                         descendentes. Tal cambio
As teorias evolutivas de Lamarck foron                  non se tería producido se,
menospreciadas e atacadas durante a súa vida, se        como lle pasa á xirafa da
ben foi o primeiro en falar de cambios ou evolución     esquerda, non tivera que
nos seres vivos, e de amosar a posibilidade de que      desenvolver o novo hábito
tales cambios foran debidos a leis concretas, e non a   para poder acadar o
                                                        alimento a máis altura.
feitos miragrosos.
OBRA. PUBLICACIÓNS.-
A primeira obra de Lamarck, que tivo unha boa
acollida e lle facilitou a entrada como botánico no
Jardin des Plantes foi “Flora Francesa”, publicada no
ano 1778.

A súa obra máis coñecida , e que supuxo a exposición
das súas teorías evolutivas, foi publicada no ano
1809, chamándose “Filosofía Zoolóxica”.

Outra das grandes obras de Lamarck, de feito ocupa
varios tomos e foi sendo publicada ó longo de 7 anos,
entre 1815 e 1822, foi “Historia Natural dos animais
invertebrados”, onde fixo un grande avance sobre a
clasificación dos mesmos ata entón existente, ó
dividilos en catro novos grupos: insectos, arácnidos,
crustáceos e equinodermos.

A parte destos e de publicar tamén investigacións
sobre a organización dos seres vivos, Lamarck aínda
tivo tempo de escribir e publicar sobre outros moitos    Á esquerda, imaxe da primeira edición (1809) da obra na que
temas, como a Física ou a Meteoroloxía, publicando,     Lamarck expuxo as súas teorías evolutivas, Filosofía Zoolóxica. Á
por exemplo, “Investigacións sobre as causas              dereita, unha das primeiras edicións de Flora Francesa, que
principais dos fenómenos físicos”, do ano 1794, ou                             publicou en 1778.
“Hidroloxía”, do ano 1802.
LEGADO.-
As teorías evolutivas de Lamarck no foron apenas consideradas no seu tempo. É certo que houbo quen as apoiou, como
por exemplo Erasmus Darwin, avó de Charles Darwin , que enunciou teorías moi similares. Pero a pesar de que a
Filosofía Zoolóxica circulou por Francia e Gran Bretaña, non tivo adeptos e Lamarck, falto de “éxito” pasou boa parte da
súa vida loitanto contra a penuria, ata que finalmente morreu pobre, cego e sen apenas recoñecemento.
Pero, co paso do tempo, as súas teorías foron rescatadas e recobraron algo do mérito que se lles negara antes. O propio
Charles Darwin, que refutou a idea evolutiva xeral de Lamarck, acabou considerando a posibilidade de que quizás o
efecto hereditario do uso e desuso tivese a súa importancia na evolución. Tempo despois, xa no século XX volveuse a
plantexar o feito de que quizás a evolución biolóxica podería seleccionar xens favorables a un novo comportamento
dos organismos para adaptarse ó medio, de modo que favorecería ós individuos que dispuxeran desos xens
relacionados co comportamento, adquiridos eso sí, por unha variación xenética (é dicir, é unha ventaxa nacer con algo
xa aprendido, debido a unha variación xenética, de cara a sobrevivir entre o resto dos individuos).
En definitiva, Lamarck fracasou en vida frente a creacionistas como Cuvier, pero a súa intuición xeral de que as especies
evolucionaban resultou ser a correcta, polo que parece que a derrota non foi tan grande. É mais, grandes figuras da
bioloxía actual, como a recentemente falecida bióloga americana Lynn Margulis, afirmaron que o lamarckismo non
debe ser abandonado nin descartado, senón “refinado coidadosamente” e que na evolución non hai azar, como dixo
Darwin, senón máis ben adaptación ó medio.



                                          Co tempo, a figura e a obra de Lamarck
                                          conseguiron algo do recoñecemento
                                          que non tivo en vida. Á esquerda, Lynn
                                          Margulis, defensora da idea de que
                                          quizás     Lamarck     non      ía  tan
                                          desencamiñado como se dixo. Á dereita,
                                          medalla que reciben os premiados pola
                                          Unión Europea das Ciencias da Terra,
                                          coa figura de Jean Baptiste de Lamarck.
BIBLIOGRAFÍA.-

En Internet:
-http://aportes.educ.ar/biología/núcleo-teórico/recorrido-historico
-www.educarm.es/paleontología/lamarck.htm
-www.ucmp.berkeley.edu/history/lamarck.html
-www.biografiasyvidas.com/biografia/I/lamarck.htm
-http://es.wikipedia.org/wiki/Jean-Baptiste_Lamarck
-http://es.wikipedia.org/wiki/Lamarckismo

-En papel:
-La Enciclopedia del Estudiante.Tomo 09 Ciencias de la Vida. Editorial Santillana
Educación, S.L.. Madrid, 2005.

Más contenido relacionado

La actualidad más candente (7)

Dar22
Dar22Dar22
Dar22
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura final
 
Evolucion
EvolucionEvolucion
Evolucion
 
Traballo biográfico
Traballo biográficoTraballo biográfico
Traballo biográfico
 
Actividade sobre evolucin ud3 alumnos
Actividade sobre evolucin ud3 alumnosActividade sobre evolucin ud3 alumnos
Actividade sobre evolucin ud3 alumnos
 
2013 14 orixe da vida
2013 14 orixe da vida2013 14 orixe da vida
2013 14 orixe da vida
 
Orixe e evolución
Orixe e evoluciónOrixe e evolución
Orixe e evolución
 

Destacado

Where doyoustand!(1)
Where doyoustand!(1)Where doyoustand!(1)
Where doyoustand!(1)Chandan Dubey
 
Indici attività solare 1
Indici attività solare 1Indici attività solare 1
Indici attività solare 1ik7jwy
 
Monopsony market structure
Monopsony market structureMonopsony market structure
Monopsony market structureTravis Klein
 
El cas del... oriol, oriol i nil
El cas del... oriol, oriol i nilEl cas del... oriol, oriol i nil
El cas del... oriol, oriol i nilmgonellgomez
 
Occupational therapy
Occupational therapyOccupational therapy
Occupational therapyLaurel Blond
 
Black plague wed thur
Black plague wed thurBlack plague wed thur
Black plague wed thurTravis Klein
 
International trade
International tradeInternational trade
International tradeTravis Klein
 
Metabolic syndrome and dementia
Metabolic syndrome and dementiaMetabolic syndrome and dementia
Metabolic syndrome and dementiaRavi Soni
 
Flash Implications in Enterprise Storage Array Designs
Flash Implications in Enterprise Storage Array DesignsFlash Implications in Enterprise Storage Array Designs
Flash Implications in Enterprise Storage Array DesignsEMC
 
White Paper: The Essential Guide to Exchange and the Private Cloud
White Paper: The Essential Guide to Exchange and the Private CloudWhite Paper: The Essential Guide to Exchange and the Private Cloud
White Paper: The Essential Guide to Exchange and the Private CloudEMC
 
ECM as a Service in Government
ECM as a Service in GovernmentECM as a Service in Government
ECM as a Service in GovernmentEMC
 
1 comprensión de oraciones
1 comprensión de oraciones1 comprensión de oraciones
1 comprensión de oracionesIsabel Abanto
 
Forbidden fruits of Active Directory – Cloning, snapshotting, virtualization
Forbidden fruits of Active Directory  –  Cloning, snapshotting, virtualization Forbidden fruits of Active Directory  –  Cloning, snapshotting, virtualization
Forbidden fruits of Active Directory – Cloning, snapshotting, virtualization Microsoft TechNet - Belgium and Luxembourg
 

Destacado (20)

Where doyoustand!(1)
Where doyoustand!(1)Where doyoustand!(1)
Where doyoustand!(1)
 
Antarctica music
Antarctica musicAntarctica music
Antarctica music
 
Indici attività solare 1
Indici attività solare 1Indici attività solare 1
Indici attività solare 1
 
Monopsony market structure
Monopsony market structureMonopsony market structure
Monopsony market structure
 
Teamwork
TeamworkTeamwork
Teamwork
 
El cas del... oriol, oriol i nil
El cas del... oriol, oriol i nilEl cas del... oriol, oriol i nil
El cas del... oriol, oriol i nil
 
Occupational therapy
Occupational therapyOccupational therapy
Occupational therapy
 
Black plague wed thur
Black plague wed thurBlack plague wed thur
Black plague wed thur
 
International trade
International tradeInternational trade
International trade
 
Metabolic syndrome and dementia
Metabolic syndrome and dementiaMetabolic syndrome and dementia
Metabolic syndrome and dementia
 
Flash Implications in Enterprise Storage Array Designs
Flash Implications in Enterprise Storage Array DesignsFlash Implications in Enterprise Storage Array Designs
Flash Implications in Enterprise Storage Array Designs
 
Eq price monday
Eq price mondayEq price monday
Eq price monday
 
White Paper: The Essential Guide to Exchange and the Private Cloud
White Paper: The Essential Guide to Exchange and the Private CloudWhite Paper: The Essential Guide to Exchange and the Private Cloud
White Paper: The Essential Guide to Exchange and the Private Cloud
 
ECM as a Service in Government
ECM as a Service in GovernmentECM as a Service in Government
ECM as a Service in Government
 
Xachqar1
Xachqar1Xachqar1
Xachqar1
 
1 comprensión de oraciones
1 comprensión de oraciones1 comprensión de oraciones
1 comprensión de oraciones
 
Boletim i.p. em marambaia - 15.01.12
Boletim   i.p. em marambaia - 15.01.12Boletim   i.p. em marambaia - 15.01.12
Boletim i.p. em marambaia - 15.01.12
 
Forbidden fruits of Active Directory – Cloning, snapshotting, virtualization
Forbidden fruits of Active Directory  –  Cloning, snapshotting, virtualization Forbidden fruits of Active Directory  –  Cloning, snapshotting, virtualization
Forbidden fruits of Active Directory – Cloning, snapshotting, virtualization
 
Map of empathy
Map of empathyMap of empathy
Map of empathy
 
Jurnal
JurnalJurnal
Jurnal
 

Similar a Jean baptiste de lamarck (acr) (20)

Unid4 evolución2016
Unid4 evolución2016Unid4 evolución2016
Unid4 evolución2016
 
Biologos
BiologosBiologos
Biologos
 
Bio 4º eso tema 4
Bio 4º eso tema 4Bio 4º eso tema 4
Bio 4º eso tema 4
 
Biólogos
BiólogosBiólogos
Biólogos
 
Trabajo biólogos
Trabajo biólogosTrabajo biólogos
Trabajo biólogos
 
Tema 2 cmc
Tema 2 cmcTema 2 cmc
Tema 2 cmc
 
Unid8 evolución2017
Unid8 evolución2017Unid8 evolución2017
Unid8 evolución2017
 
Tema 5 4_eso_evoluc_biolxca
Tema 5 4_eso_evoluc_biolxcaTema 5 4_eso_evoluc_biolxca
Tema 5 4_eso_evoluc_biolxca
 
George Cuvier (Noelia e Nuria)
George Cuvier (Noelia e Nuria)George Cuvier (Noelia e Nuria)
George Cuvier (Noelia e Nuria)
 
Clasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivosClasificación dos seres vivos
Clasificación dos seres vivos
 
Cmc tema 2
Cmc tema 2Cmc tema 2
Cmc tema 2
 
Teorías da evolución
Teorías da evoluciónTeorías da evolución
Teorías da evolución
 
Que cousas
Que cousasQue cousas
Que cousas
 
Evolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboaciónsEvolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboacións
 
U3 A Terra en evolución
U3   A Terra en evoluciónU3   A Terra en evolución
U3 A Terra en evolución
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura final
 
Unidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura finalUnidade 5 natureza e cultura final
Unidade 5 natureza e cultura final
 
Orixe e evolución das especies.
Orixe e evolución das especies.Orixe e evolución das especies.
Orixe e evolución das especies.
 
Exame cmc. 2º trimestre. 1º b
Exame cmc. 2º trimestre. 1º bExame cmc. 2º trimestre. 1º b
Exame cmc. 2º trimestre. 1º b
 
Amalur
AmalurAmalur
Amalur
 

Jean baptiste de lamarck (acr)

  • 1. JEAN-BAPTISTE DE LAMARCK (1744-1829) AITOR CAMPOS RAMOS. 1ºC BACHARELATO. FEBREIRO DE 2012
  • 2. INDICE.-  VIDA  OBRA  PESAMENTO CIENTÍFICO  PUBLICACIÓNS  LEGADO  BIBLIOGRAFÍA
  • 3. VIDA.- O biólogo francés Jean Baptiste Pierre Antoine de Monet de Lamarck naceu na localidade de Bazentin-le-Petit, situada a uns 150 km. ó norte de París, o 1 de agosto do ano 1744. Foi o máis novo de once írmáns nunha familia cunha tradición de varios séculos de servicio militar. Pero, por vontade do seu pai, Lamarck entrou no seminario dos xesítas de Amiens, ó redor do ano 1756, saíndo ós 17 anos , pouco despois da morte do seu pai, para unirse ó exército francés. Xa na súa primeira batalla foi promovido a oficial pola súa valente actuación. Permaneceu no exército durante sete anos, ata 1768, cando unha ferida accidental lle obrigou a dexialo. Despois desto, desprazouse a Paris, Arriba, vista actual da pequena localidade de onde traballou como empregado nun banco e empezous a Bazentin le Petit. Abaixo, imaxe da casa natal estudar mediciña e botánica, disciplina esta última na qu e de Lamarck. rapidamente se convertíu en experto, publicando con notable éxito Flora Francesa, no ano 1778, na cal por primeira vez se clasificaba a flora mediante un criterio dicotómico (de dous compoñentes). Tras o éxito desta obra conseguíu un emprego como botánico no Jardin des Plantes, un xardín botánico no que tamén se facía investigación en bioloxía. Con este traballo apenas malvivía e en varias ocasións estivo a punto de perdelo polos recortes de gastos do goberno.
  • 4. VIDA.- Coa Revolución Francesa, o Jardin des Plantes convertíuse no Museo Nacional de Historia Natural, e Lamarck foi nomeado director do Departamente de Insectos e Vermes, un tema sobre o que parece que el non tiña nin idea. Posteriormente Lamarck cambiaríalle o nome, pasando a ser o Departamento de Animais Invertebrados. En realidade este departamento tiña moi pouco prestixo e consideración (incluso a palabara “invertebrado” non existía, sendo acuñada polo propio Lamarck). Pero este biólogo conseguíu , co seu traballo, darlle respeto e prestixo, creando un novo campo na bioloxía. Así, fixo a primeira división deste grupo de animais en outros catro grupos: arácnidos, insectos, crustáceos e equinodermos. Pero a pesar deste traballo, de acuñar a expresión Vistas actuais exterior (arriba) e dunha das “invertebrados” ou “bioloxía”, as obras de Lamarck non salas (abaixo) do Museo Nacional de Historia chegaron a ser realmente populares e non acadou o prestixo Natural de Francia, en París. de colegas seus como Cuvier, que o respetou pola súa labor cos invertebrados pero que o desacreditou polas súas ideas evolucionistas. Boa parte da vida de Lamarck foi unha loita contra a pobreza. Para colmo, en 1818 empezou a perder vista, e pasou os seus últimos anos pobre e cego, coidado polas súas fillas, que tivera fruto dalgún dos seus catro matrimonios. Lamarck morreu o 28 de decembro de 1829. Tivo un funeral pobre e foi enterrado nunha tumba de aluguer, da que o retiraron ó cabo de cinco anos. Hoxe en día ninguén sabe ónde están os seus restos, se é que se conservan.
  • 5. OBRA. PENSAMENTO CIENTÍFICO.- Lamarck fixo importantes aportacións á bioloxía, tanto no campo da organizacións dos seres vivos, como na división clara que fixo do mundo orgánico e inorgánico, como na clasificación que levou a cabo dos animais atendendo á súa complexidade, pero, sobre todo e polo que é máis coñecido é porque formulou a primeira teoría da evolución biolóxica, 50 anos antes que Darwin. ¿Cal era o mecanismos desa evolución? O “lamarckismo utilizase hoxe en día máis ben en sentido peiorativo para referirse á teoría dos “caracteres adquiridos”, que acabou de forma simplista en que os cambios que experimenta un individuo pasan ós seus fillos. Pero o que Lamarck realmente expuxo era máis complexo e non tan directo. Segundo el, non é que os organismos se alteran pasivamente polo medio, senón que os Lamarck afirma que o uso cambios no medio provócanlles ós individuos novas necesidades, polo que intensivo e continuado dun órgano, por exemplo o pescozo teñen que desenvolver novos hábitos. Estos hábitos alterados e mantidos das xirafas, conleva o seu no tempo levan a un maoir ou menor uso dun órgano ou estructura, o que desenvolvemento, igual que o conleva o seu desenvolvemento e crecemento ou, polo contrario a súa desuso leva á súa atrofia ou atrofia ou desaparición. Lamarck di que este proceso é lento, ó longo de desaparición xeracións, e que o individuo non o percibe na súa vida. Esta é a primeira lei que Lamarck expón na súa obra Filosofía Zoolóxica, de 1809, onde expón a súa teoría da evolución: o uso ou desuso conleva o desenvolvemento ou a desaparición do órgano afectado a través das xeracións.
  • 6. OBRA. PENSAMENTO CIENTÍFICO.- A segunda teoría que expón Lamarck indica que os O das xirafas é o exemplo cambios ou caracteres adquiridos para adaptarse ó máis usado para explicar medio son herdables, é dicir, transmítense por as teorias evolutivas de herdanza biolóxica ós seus descendentes . Lamarck. Arriba, vese que O resultado da acción de ambas teorías é que os unha das xirafas se enfrenta á nova individuos se van volvendo máis complexos ó irse necesidade de acadar a adaptando ó entorno, por tanto, as necesidades de comida a máis altura, polo adaptación dos individuos explican a evolución para que ten que erquerse Lamarck. sobre as patas dianteiras e En consecuencia con esta visión de cambios lentos e estirar o pescozo. No graduais, a Terra para Lamarck é inmensamente medio, ilústrase que ese novo uso mantido das vella, e afirma que as especies non se extinguen, patas dianteiras e do senón que evolucionan a outras diferentes. En todo pescozo conleva o seu caso, a s teorías científicas de Lamarck son sobre a desenvolvemento. evolución da vida, xa que, en canto á orixe desta, Ademáis, ese novo cría que se debía á xeración espontánea de carácter adquirido , ó organismos simples que logo se perfeccionaban ó manterse no tempo, herédase polos irse adaptando. descendentes. Tal cambio As teorias evolutivas de Lamarck foron non se tería producido se, menospreciadas e atacadas durante a súa vida, se como lle pasa á xirafa da ben foi o primeiro en falar de cambios ou evolución esquerda, non tivera que nos seres vivos, e de amosar a posibilidade de que desenvolver o novo hábito tales cambios foran debidos a leis concretas, e non a para poder acadar o alimento a máis altura. feitos miragrosos.
  • 7. OBRA. PUBLICACIÓNS.- A primeira obra de Lamarck, que tivo unha boa acollida e lle facilitou a entrada como botánico no Jardin des Plantes foi “Flora Francesa”, publicada no ano 1778. A súa obra máis coñecida , e que supuxo a exposición das súas teorías evolutivas, foi publicada no ano 1809, chamándose “Filosofía Zoolóxica”. Outra das grandes obras de Lamarck, de feito ocupa varios tomos e foi sendo publicada ó longo de 7 anos, entre 1815 e 1822, foi “Historia Natural dos animais invertebrados”, onde fixo un grande avance sobre a clasificación dos mesmos ata entón existente, ó dividilos en catro novos grupos: insectos, arácnidos, crustáceos e equinodermos. A parte destos e de publicar tamén investigacións sobre a organización dos seres vivos, Lamarck aínda tivo tempo de escribir e publicar sobre outros moitos Á esquerda, imaxe da primeira edición (1809) da obra na que temas, como a Física ou a Meteoroloxía, publicando, Lamarck expuxo as súas teorías evolutivas, Filosofía Zoolóxica. Á por exemplo, “Investigacións sobre as causas dereita, unha das primeiras edicións de Flora Francesa, que principais dos fenómenos físicos”, do ano 1794, ou publicou en 1778. “Hidroloxía”, do ano 1802.
  • 8. LEGADO.- As teorías evolutivas de Lamarck no foron apenas consideradas no seu tempo. É certo que houbo quen as apoiou, como por exemplo Erasmus Darwin, avó de Charles Darwin , que enunciou teorías moi similares. Pero a pesar de que a Filosofía Zoolóxica circulou por Francia e Gran Bretaña, non tivo adeptos e Lamarck, falto de “éxito” pasou boa parte da súa vida loitanto contra a penuria, ata que finalmente morreu pobre, cego e sen apenas recoñecemento. Pero, co paso do tempo, as súas teorías foron rescatadas e recobraron algo do mérito que se lles negara antes. O propio Charles Darwin, que refutou a idea evolutiva xeral de Lamarck, acabou considerando a posibilidade de que quizás o efecto hereditario do uso e desuso tivese a súa importancia na evolución. Tempo despois, xa no século XX volveuse a plantexar o feito de que quizás a evolución biolóxica podería seleccionar xens favorables a un novo comportamento dos organismos para adaptarse ó medio, de modo que favorecería ós individuos que dispuxeran desos xens relacionados co comportamento, adquiridos eso sí, por unha variación xenética (é dicir, é unha ventaxa nacer con algo xa aprendido, debido a unha variación xenética, de cara a sobrevivir entre o resto dos individuos). En definitiva, Lamarck fracasou en vida frente a creacionistas como Cuvier, pero a súa intuición xeral de que as especies evolucionaban resultou ser a correcta, polo que parece que a derrota non foi tan grande. É mais, grandes figuras da bioloxía actual, como a recentemente falecida bióloga americana Lynn Margulis, afirmaron que o lamarckismo non debe ser abandonado nin descartado, senón “refinado coidadosamente” e que na evolución non hai azar, como dixo Darwin, senón máis ben adaptación ó medio. Co tempo, a figura e a obra de Lamarck conseguiron algo do recoñecemento que non tivo en vida. Á esquerda, Lynn Margulis, defensora da idea de que quizás Lamarck non ía tan desencamiñado como se dixo. Á dereita, medalla que reciben os premiados pola Unión Europea das Ciencias da Terra, coa figura de Jean Baptiste de Lamarck.