SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 18
Igualdade de xénero
Xóvenes
Vanesa Búa
Noelia Fiuza
Tania Filgueira
María Arboleda
Educación: Desigualdade nas
aulas
Múltiples estudos deixan
claro que, a pesar da
igualdade legal,as mulleres
non disfrutan das mesmas
oportunidades cos homes
no mundo laboral, na
administración...
Tampouco nas aulas.
Hai máis de tres décadas que os nenos e
nenas estudan xuntos e estudan o
mesmo, pero na escola non se lles trata
por igual nin se concede a mesma
importancia ao saber deles que delas ; é
sexista.
Coma sempre que se
xeneraliza, esta
afirmación, tomada ao pe
da letra, non é certa.
Hai escolas que ensinan os nomes de
tantos trobadores como de trobadoras,
que explican a xeometría a través da
costura, que impiden que o fútbol
acapare o espazo de xogo no patio o que
inclúen as tarefas domésticas e o coidado
das persoas no seu currículo para ensinar
a superar estereotipos sobre o papel dos
homes e mulleres.
Aínda así, a maioría das escolas teñen
unha educación cun claro predominio
masculino e pouca presenza das
mulleres, tanto nos contidos
académicos como nas conversacións,
o uso dos espazos, a linguaxe...
Estereotipo de beleza feminino.
Consecuencias?
No caso das mulleres novas, son os trastornos da alimentación os que
máis preocupan. Os máis comúns son a anorexia e a bulimia e detrás
deles escóndense as consecuencias da tiranía exercida polos
estereotipos de mulleres belas, esveltas e delgadas.
O que fai que nos preguntemos sobre o peso da imaxe nas mozas de hoxe
e o papel dos medios de comunicación ao respecto.
En ambos casos, estase ante dous trastornos
alimenticios de xénero, que afectan
maioritariamente a rapazas novas, nas que
cala fondamente a imaxe estereotipada da
muller extremadamente delgada.
A excesiva utilización do
corpo feminino en
televisión, internet ou a
prensa, que mostra á
muller sempre guapa,
asociada á delgadeza,
así como a aparición de
"top-models" que
manteñen o
estereotipo, contribuíu
a disparar a incidencia
de
estes trastornos entre
as mozas.
Un mundo deportivo masculino
No deporte son máis visibles as
desigualdades de xénero, aínda que
están algo máis atenuadas polo aumento
do número de mulleres
mozas que realiza actividades físicas, a
súa maior participación nos
deportes tradicionais e a súa presenza,
como espectadoras, en encontros,
competicións e torneos.
A forza física é o principal
argumento esgrimido polos mozos para
facer diferenzas entre
deportes de rapaces e de rapazas.
Esta xustificación de carácter biolóxico
perde peso cando se recoñece
a existencia de deportes que non precisan
dunha maior resistencia,
motivo ante o que compre aludir ao
compoñente cultural.
Establécese entón unha segmentación das
actividades deportivas dende unha perspectiva
de xénero, ás que se alude en función das
variables sociais ou culturais. Isto significa que o
mantemento das diferenzas non está asociado
ao biolóxico senón ao cultural.
Baixo esa aparencia agochanse algunhas
situacións discriminatorias na práctica das
actividades deportivas:
■ As rapazas adoitan abandonar na adolescencia a
práctica de actividades deportivas pola falta de
apoio que
reciben da familia, a escola e a sociedade.
■ Poucas mozas practican deportes de elite.
■ Escasean as mozas deportistas con impacto
na sociedade e nos medios de comunicación.
■ Os mozos dominan os espazos dedicados ao
deporte, como os polideportivos, ximnasios e
pistas de atletismo.
Para os rapaces e as rapazas, a
forte masculinización do mundo deportivo ten
unha causa biolóxica, porque consideran que o
corpo é o principal potencial a desenvolver con
este tipo de actividades e as diferenzas entre
ambos os dous son obvias.
Isto pode axudar a comprender por que
escollen deportes distintos
e considérase que o corpo das rapazas
está en desvantaxe.
Pero, por exemplo, o condicionante da
forza física desínchase cando se trata de
actividades como o automobilismo, onde
prima máis a destreza e os
reflexos.
Entón, a abafadora presenza masculina
xustifícase dende
unha perspectiva cultural e educativa.
ANEXO
EN QUE NOS DIFERENCIAMOS DOUTROS XÓVENES
EUROPEOS ?
COMO VIMOS OS XÓVENES FRANCESES?
Imaxe xeral dos xóvenes
franceses
■ Maior aceptación da diversidade étnica:
Variedade étnica e respecto cara ela:
persoas de diferentes orixes en postos de
importancia como policías, funcionarios...
■ Máis educados.
■ Máis tolerantes.
■ Máis recatados e introvertidos. Menos
efusivos.
■ Máis humildes.
En Galicia hai moita desigualdade
entre rapazas e rapaces. Pero isto no
é irreversible, e, entre todos,
podemos ir mellorando esta
situación.
GRAZAS

Más contenido relacionado

Similar a Igualdade de xénero entre xóvenes.ppt (1)

Repaso tema 1
Repaso tema 1Repaso tema 1
Repaso tema 1marcendon
 
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Manual perspectiva de xénero docentes 2
Manual perspectiva de xénero docentes 2Manual perspectiva de xénero docentes 2
Manual perspectiva de xénero docentes 2educacionenigualdade
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Escola de Familias: Sexualidade e adolescencia (Quérote +)
Escola de Familias: Sexualidade e adolescencia (Quérote +)Escola de Familias: Sexualidade e adolescencia (Quérote +)
Escola de Familias: Sexualidade e adolescencia (Quérote +)lunas_lunas
 

Similar a Igualdade de xénero entre xóvenes.ppt (1) (7)

Actividades secundaria
Actividades secundariaActividades secundaria
Actividades secundaria
 
Repaso tema 1
Repaso tema 1Repaso tema 1
Repaso tema 1
 
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Papel da muller
Papel da mullerPapel da muller
Papel da muller
 
Manual perspectiva de xénero docentes 2
Manual perspectiva de xénero docentes 2Manual perspectiva de xénero docentes 2
Manual perspectiva de xénero docentes 2
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Escola de Familias: Sexualidade e adolescencia (Quérote +)
Escola de Familias: Sexualidade e adolescencia (Quérote +)Escola de Familias: Sexualidade e adolescencia (Quérote +)
Escola de Familias: Sexualidade e adolescencia (Quérote +)
 

Más de Luisa Márquez Rodríguez

Más de Luisa Márquez Rodríguez (20)

Ciudadanía global. Curso 20-21
Ciudadanía global. Curso 20-21Ciudadanía global. Curso 20-21
Ciudadanía global. Curso 20-21
 
20 21 propuesta_trabajo_ruta_del_olivo
20 21 propuesta_trabajo_ruta_del_olivo20 21 propuesta_trabajo_ruta_del_olivo
20 21 propuesta_trabajo_ruta_del_olivo
 
Propuestas eds (1)
Propuestas eds (1)Propuestas eds (1)
Propuestas eds (1)
 
Propuesta ecm (1)
Propuesta ecm (1)Propuesta ecm (1)
Propuesta ecm (1)
 
Los futuros de la educación x red pea final (3)
Los futuros de la educación x red pea  final (3)Los futuros de la educación x red pea  final (3)
Los futuros de la educación x red pea final (3)
 
Muller con i de igualdade
Muller con i de igualdadeMuller con i de igualdade
Muller con i de igualdade
 
Montes comunales
Montes comunalesMontes comunales
Montes comunales
 
Obxectivo igualdadepazo
Obxectivo igualdadepazoObxectivo igualdadepazo
Obxectivo igualdadepazo
 
Proyecto Atlántico 2
Proyecto Atlántico 2Proyecto Atlántico 2
Proyecto Atlántico 2
 
Comité unesco
Comité unescoComité unesco
Comité unesco
 
Fatima mernissi
Fatima mernissiFatima mernissi
Fatima mernissi
 
Proyecto atlántico
Proyecto atlánticoProyecto atlántico
Proyecto atlántico
 
Objetivo igualdad
Objetivo igualdadObjetivo igualdad
Objetivo igualdad
 
Familias Maestras
Familias MaestrasFamilias Maestras
Familias Maestras
 
Ods 2 hambre cero presentación gallego.pptx (1)
Ods 2 hambre cero presentación gallego.pptx (1)Ods 2 hambre cero presentación gallego.pptx (1)
Ods 2 hambre cero presentación gallego.pptx (1)
 
Cooperación internacional2
Cooperación internacional2Cooperación internacional2
Cooperación internacional2
 
Ods 15, iria, mateo, juliany y paola
Ods 15, iria, mateo, juliany y paolaOds 15, iria, mateo, juliany y paola
Ods 15, iria, mateo, juliany y paola
 
Repensando
RepensandoRepensando
Repensando
 
Dnip16maternidadesocial (3)
Dnip16maternidadesocial (3)Dnip16maternidadesocial (3)
Dnip16maternidadesocial (3)
 
Patroas
PatroasPatroas
Patroas
 

Igualdade de xénero entre xóvenes.ppt (1)

  • 1. Igualdade de xénero Xóvenes Vanesa Búa Noelia Fiuza Tania Filgueira María Arboleda
  • 2. Educación: Desigualdade nas aulas Múltiples estudos deixan claro que, a pesar da igualdade legal,as mulleres non disfrutan das mesmas oportunidades cos homes no mundo laboral, na administración... Tampouco nas aulas.
  • 3. Hai máis de tres décadas que os nenos e nenas estudan xuntos e estudan o mesmo, pero na escola non se lles trata por igual nin se concede a mesma importancia ao saber deles que delas ; é sexista.
  • 4. Coma sempre que se xeneraliza, esta afirmación, tomada ao pe da letra, non é certa.
  • 5. Hai escolas que ensinan os nomes de tantos trobadores como de trobadoras, que explican a xeometría a través da costura, que impiden que o fútbol acapare o espazo de xogo no patio o que inclúen as tarefas domésticas e o coidado das persoas no seu currículo para ensinar a superar estereotipos sobre o papel dos homes e mulleres.
  • 6. Aínda así, a maioría das escolas teñen unha educación cun claro predominio masculino e pouca presenza das mulleres, tanto nos contidos académicos como nas conversacións, o uso dos espazos, a linguaxe...
  • 7. Estereotipo de beleza feminino. Consecuencias? No caso das mulleres novas, son os trastornos da alimentación os que máis preocupan. Os máis comúns son a anorexia e a bulimia e detrás deles escóndense as consecuencias da tiranía exercida polos estereotipos de mulleres belas, esveltas e delgadas. O que fai que nos preguntemos sobre o peso da imaxe nas mozas de hoxe e o papel dos medios de comunicación ao respecto.
  • 8. En ambos casos, estase ante dous trastornos alimenticios de xénero, que afectan maioritariamente a rapazas novas, nas que cala fondamente a imaxe estereotipada da muller extremadamente delgada.
  • 9. A excesiva utilización do corpo feminino en televisión, internet ou a prensa, que mostra á muller sempre guapa, asociada á delgadeza, así como a aparición de "top-models" que manteñen o estereotipo, contribuíu a disparar a incidencia de estes trastornos entre as mozas.
  • 10. Un mundo deportivo masculino No deporte son máis visibles as desigualdades de xénero, aínda que están algo máis atenuadas polo aumento do número de mulleres mozas que realiza actividades físicas, a súa maior participación nos deportes tradicionais e a súa presenza, como espectadoras, en encontros, competicións e torneos.
  • 11. A forza física é o principal argumento esgrimido polos mozos para facer diferenzas entre deportes de rapaces e de rapazas. Esta xustificación de carácter biolóxico perde peso cando se recoñece a existencia de deportes que non precisan dunha maior resistencia, motivo ante o que compre aludir ao compoñente cultural.
  • 12. Establécese entón unha segmentación das actividades deportivas dende unha perspectiva de xénero, ás que se alude en función das variables sociais ou culturais. Isto significa que o mantemento das diferenzas non está asociado ao biolóxico senón ao cultural. Baixo esa aparencia agochanse algunhas situacións discriminatorias na práctica das actividades deportivas:
  • 13. ■ As rapazas adoitan abandonar na adolescencia a práctica de actividades deportivas pola falta de apoio que reciben da familia, a escola e a sociedade. ■ Poucas mozas practican deportes de elite. ■ Escasean as mozas deportistas con impacto na sociedade e nos medios de comunicación. ■ Os mozos dominan os espazos dedicados ao deporte, como os polideportivos, ximnasios e pistas de atletismo.
  • 14. Para os rapaces e as rapazas, a forte masculinización do mundo deportivo ten unha causa biolóxica, porque consideran que o corpo é o principal potencial a desenvolver con este tipo de actividades e as diferenzas entre ambos os dous son obvias.
  • 15. Isto pode axudar a comprender por que escollen deportes distintos e considérase que o corpo das rapazas está en desvantaxe. Pero, por exemplo, o condicionante da forza física desínchase cando se trata de actividades como o automobilismo, onde prima máis a destreza e os reflexos. Entón, a abafadora presenza masculina xustifícase dende unha perspectiva cultural e educativa.
  • 16. ANEXO EN QUE NOS DIFERENCIAMOS DOUTROS XÓVENES EUROPEOS ? COMO VIMOS OS XÓVENES FRANCESES?
  • 17. Imaxe xeral dos xóvenes franceses ■ Maior aceptación da diversidade étnica: Variedade étnica e respecto cara ela: persoas de diferentes orixes en postos de importancia como policías, funcionarios... ■ Máis educados. ■ Máis tolerantes. ■ Máis recatados e introvertidos. Menos efusivos. ■ Máis humildes.
  • 18. En Galicia hai moita desigualdade entre rapazas e rapaces. Pero isto no é irreversible, e, entre todos, podemos ir mellorando esta situación. GRAZAS