SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
A UNIÓN EUROPEA
Historia
A Unión Europea (UE) é a unión política e económica de 28 Estados
europeos.
Trala Segunda Guerra Mundial, Europa quedou devastada. Os produtos de
Francia e Alemaña no podían competir en prezo cos dos EE.UU e Xapón.
O primeiro intento de unir mercados tivo lugar en 1948, cando Bélxica, Holanda
e Luxemburgo decidiron eliminar as súas fronteiras e aranceis para crear o
BENELUX.
Dous anos despois (maio de 1950), o ministro de Asuntos Exteriores francés,
Robert Schuman, respaldado por Jean Monnet (Alto Comisionado para
Europa do Plan Marshall), fixeron unha declaración na que animaban aos
países europeos a poñer en común a produción das súas industrias pesadas.
Ámbolos dous son considerados os pais fundadores da actual UE.
O Tratado de París (1952) supuxo o nacemento da Comunidade Europea do
Carbón e o Aceiro (CECA). Os Estados membros fundadores foron: Bélxica,
Francia, Holanda, Italia, Luxemburgo e Alemaña (entón, a República
Federal Alemaña).
En 1957, estes seis Estados asinaron os Tratados de Roma, que ampliaban a
cooperación inicial a outros ámbitos. Xorden así, a Comunidade Económica
Europea (CEE) e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica (CEEA ou
EURATOM).
Ampliacións
Dende a súa creación, a UE viu incrementado o seu número en varias
ocasións. En 1973, ingresaron Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido. Noruega
rexeitou ser membro a través dun referendo.
Grecia uniuse ao grupo en 1981, e Portugal e España o fixeron en 1986.
En 1990, trala caída do muro de Berlín, a República Democrática Alemaña
quedou integrada dentro da nova Alemaña.
A cuarta ampliación tivo lugar en 1995. Foi a quenda de Austria, Finlandia e
Suecia.
No 2004, a UE sufriu a ampliación máis grande coa chegada de 10 novos
Estados: Chipre, Malta, Lituania, Letonia, Estonia, Rep. Checa,
Eslovaquia, Hungría, Polonia e Eslovenia.
En 2007, Bulgaria e Romanía elevaron o número de membros a 27.
Finalmente, Croacia converteríase no Estado 28 en xullo do 2013.
Países candidatos son Serbia, Albania, Macedonia, Montenegro e Turquía.
Para converterse en Estado membro da UE, os Estados deben cumprir cos
chamados “Criterios de Copenhagen” (1993). Para iso, requírese ter unha
democracia estable que respecte os dereitos humanos, as minorías e o imperio
da lei; unha economía de mercado e a aceptación das obrigas propias de cada
membro. O Consello Europeo é o responsable de avaliar estes criterios.
Tratados
Os tratados fundadores: o Tratado de París (1952) que estableceu a CECA, e
os Tratados de Roma (1957), responsables da CEE e a EURATOM
A Acta Única Europea (Luxemburgo 1985). Estableceu o mercado interior, que
posibilitou a partires de 1993 a liberdade de movementos de persoas, capitais,
bens e servizos.
O Tratado de Maastricht (1992). Creou a Unión Europea e estableceu os
pasos a seguir para a unión monetaria.
O Tratado de Niza (2001). Reformou as institucións da UE para adaptarse a
futuras ampliacións.
O Tratado de Lisboa (2009). Cambiou a estrutura legal da UE, creou a figura
do Presidente do Consello Europeo, concedeu personalidade xurídica a UE e
reformou moitos outros aspectos da UE.
Todos estes tratados, así como outros acordos e reformas, seguen
actualmente en vigor.
Os símbolos da UE
A bandeira: 12 estrelas amarelas formando un círculo sobre un fondo azul.
Simboliza os ideais de unidade, solidariedade e harmonía entre os europeos.
Foi adoptada en 1986.
O himno: A melodía utilizada é unha parte da 9ª sinfonía de Beethoven, en
concreto, “A Oda a Alegría”.
A data de Europa: o 9 de maio, día da presentación en 1950 do Plan
Schuman.
O lema: “Unidos na diversidade”. Significa o traballo conxunto en paz e
prosperidade dos europeos, a pesares de ter tradicións, linguas e culturas
diferentes.
As linguas
A UE ten 24 linguas oficiais de traballo, aínda que as máis empregadas son o
inglés, o francés e o alemán.
Os documentos importantes son traducidos a todas as linguas. O catalán, o
galego, o vasco e o galés teñen un status de semi-oficial, polo que os seus
cidadáns poden dirixirse á UE utilizándoas.
As linguas oficiais son as seguintes: inglés (falado polo 51% da poboación
comunitaria), alemán (tamén para Austria), francés (tamén para Luxemburgo e
parte de Bélxica), italiano, español, polaco, holandés (tamén en Bélxica), grego
(tamén en Chipre), checo, sueco, húngaro, portugués, búlgaro, romano,
eslovaco, danés, finés, lituano, esloveno, estonio, croata, irlandés, letón e
maltés.
Institucións
O Consello Europeo. É a autoridade política suprema da UE. Os seus
encontros chámanse “cumios”, nos que se marcan as prioridades e as
estratexias políticas e se abordan asuntos complexos que no poden
solucionarse en niveis inferiores: reforma de tratados, novas ampliacións,
crises políticas, disputas entre Estados membros. En todo caso, non teñen
poder para aprobar as leis comunitarias.
O Consello Europeo está composto por un Presidente permanente (o polaco
Donald Tusk), elixido cada dous anos e medio; os Xefes de Estado ou de
Goberno de cada Estado membro; o Presidente da Comisión, e a Alta
Representante para Asuntos Exteriores (actualmente, a italiana Federica
Mogherini). O Consello reúnese dous veces por semestre en Bruxelas
A Comisión Europea. Representa os intereses da UE no seu conxunto.
Trátase dun órgano executivo que ten como funcións principais, propoñer as
leis e procurar que se cumpran unha vez aprobadas, xestionar o orzamento
comunitario e representar a UE a nivel internacional.
Está formado por 28 comisarios (un por cada Estado membro), elixidos para
un mandato de 5 anos. Cada un ten asignada unha tarefa específica
(transporte, medio ambiente, enerxía, agricultura, etc).
O actual Presidente é o luxemburgués Jean Claude Juncker. O comisario
español é Miguel Arias Cañete, que se encarga dos asuntos Acción polo Clima
e Enerxía.
A sede da Comisión está en Bruxelas.
O Parlamento Europeo. Representa os intereses dos cidadáns europeos. É
xunto co Consello da UE, o órgano lexislativo. Está formado por 751
deputados elixidos cada 5 anos directamente polos cidadáns europeos (a
España correspóndenlle 54). No Parlamento, os euro deputados séntanse por
afiliación política, non por nacionalidade.
O seu actual Presidente é o italiano Antonio Tajani (xaneiro 2017).
As principais funcións do Parlamento son: debater e aprobar as leis
comunitarias (regulamentos, directivas e decisións), aprobar o orzamento da
UE e supervisar á Comisión, sobre a cal pode impoñer unha moción de
censura.
O Parlamento ten tres lugares de traballo: Estrasburgo (o Pleno), Bruxelas
(os comités) e Luxemburgo (a Secretaría).
O Consello da UE. Representa os intereses dos Estados membros. Xunto
co Parlamento, é o órgano lexislativo, polo que tamén lle toca aprobar as leis
e o orzamento comunitarios. Asemade, coordina as políticas económicas dos
Estados da UE, asina os acordos con outros países e desenvolve as políticas
exterior e de defensa da UE. As decisións adóptanse, como norma xeral, por
maioría cualificada, en función da poboación de cada Estado.
O Consello da UE tamén é coñecido como “Consello de ministros”, xa que as
reunións se fan a nivel ministerial en función do tema que se deba tratar
(economía, pesca, finanzas, etc). A Presidencia do Consello é rotatoria cada
6 meses, sendo o ministro do país que ostenta a presidencia o encargado de
establecer a orde do día nas reunións. De xaneiro a xullo de 2018, a quenda é
para Bulgaria. No segundo semestre, tocaralle a Austria.
O Consello da UE reúnese normalmente en Bruxelas.
O Tribunal de Xustiza. É o órgano xudicial da UE e se encarga de interpretar
a lexislación comunitaria e a súa correcta aplicación nos Estados membros.
Non é un tribunal civil nin penal.
Está composto por 28 xuíces (un por Estado membro). O seu Presidente é o
belga Koen Lenaerts. A sede do Tribunal atópase en Luxemburgo.
O Tribunal de Contas. Supervisa as finanzas da UE e comproba que o diñeiro
comunitario se gaste correctamente. Está formado por 28 persoas, que se
reúnen en Luxemburgo. O seu Presidente é o alemán Klaus Heiner e Lehne.
O Banco Central Europeo. É a institución que supervisa a política monetaria
dos 17 países que teñen o Euro. A sede está en Frankfurt e o seu Presidente
é o italiano Mario Draghi.
A súa principal función é manter a estabilidade dos prezos dentro da Euro
zona. É o único autorizado para emitir os billetes de Euro. As moedas tamén
poden emitilas os Estados.
Aparte das institucións xa vistas, hai outras moitas que teñen un papel
secundario: o Comité Económico e Social, o Comité das Rexións, o Banco de
Investimento Europeo, O Valedor Europeo, a Axencia Europea de Pesca (en
Vigo), o Centro de Satélites da UE (en Madrid), etc.
Economía
Os dous principais obxectivos da UE son o mercado interior e a unión
aduaneira. O primeiro implica a libre circulación de bens, servizos, capitais
e xente dentro do territorio da UE. Pola súa banda, a unión aduaneira implica o
establecemento dun arancel común para os produtos que veñan de fóra, de tal
forma que paguen o mesmo na aduana, independentemente do Estado polo
que entren.
Por outra parte, dende 1999 funciona a unión monetaria, na que actualmente
están 19 Estados, que teñen como moeda común o Euro: Francia, Italia,
Alemaña, Bélxica, Luxemburgo, os Países Baixos, Irlanda, Grecia, Portugal,
España, Austria, Finlandia, Malta, Chipre, Eslovenia, Eslovaquia, Estonia,
Lituania e Letonia
Para entrar no Euro, os Estados membros deben cumplir os seguintes
requisitos:
Taxas baixas de inflación e de xuros
Déficit público por debaixo do 3% do PIB
Débeda pública por debaixo do 60% do PIB.
O Euro é a segunda moeda de reserva do mundo tralo dólar. Físicamente foi
introducido no ano 2002.
Todos os países da UE achegan fondos ao orzamento común, a través de
aportacións directas, en función da poboación de cada Estado, e a través
dunha porcentaxe do IVE. Cada 6 anos, o Consello Europeo establece unhas
perspectivas de gastos e ingresos, que despois aproba anualmente o
Parlamento e o Consello da UE. Actualmente estamos no período 2014-2020.
A política agraria e as políticas de solidariedade son as que máis diñeiro
reciben.
Política rexional
O Tratado de Maastricht puxo en marcha unha política para reducir as
diferencias entre os países e as rexións comunitarias que tiña como obxectivo
primordial unha integración europea efectiva. Para conseguir isto, máis dun
terzo do orzamento comunitario adícase a eliminar as diferencias económicas e
sociais e a recuperar zonas industriais deprimidas. No actual marco financeiro,
os tres obxectivos básicos son: Converxencia rexional, competitividade e
emprego e cooperación territorial. Estes obxectivos financianse a través dos
chamados “ fondos estruturais”
Os fondos estruturais están destinados ás rexións máis pobres, cunha renda
per capita por debaixo do 75% da media europea. Trátase do Fondo
Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), Fondo Social Europeo
(FSE), Fondo Europeo Agrícola para o Desenvolvemento Rural (FEADER) e
Fondo Europeo de Pesca (FEP).
Ademais, existen os fondos de cohesión empréganse naqueles países cun
PIB por debaixo do 90% da media europea. Úsanse para financiar proxectos
medioambientais, mellorar as infraestruturas do transporte, etc. España xa
superou esa porcentaxe, polo que xa deixou de percibir estes fondos.
Política interior
Dende o Tratado de Maastricht, os Estados membros da UE estableceron
como prioridade a construción da chamada Europa dos cidadáns. Para
conseguilo impulsaron as seguintes iniciativas:
A cidadanía europea, que permite unha serie de dereitos como: votar nas
eleccións locais e nas do Parlamento europeo; circular libremente e residir en
calquera parte da UE; recibir protección diplomática e consular das autoridades
de calquera Estado membro en calquera parte do mundo.
A seguridade común, que implica un achegamento e máis coordinación entre
os servizos policiais e xudiciais de todos os Estados da UE. Neste sentido xa
traballan na cidade holandesa de A Haya, as oficinas de Europol e Eurojust.
O Acordo de Schengen, é dicir, unha Europa sen fronteiras interiores, pero
con fortes controis exteriores iguais en todos os Estados membros. Tan só
Irlanda e o Reino Unido están fóra dese acordo.
Finalmente, o Plan Bologna, que trata de adaptar os diferentes sistemas
educativos da UE para permitir un intercambio académico entre os Estados
membros. O plan está apoiado mediante axudas que se financian a través do
programa Erasmus +

More Related Content

What's hot

Zona euro ou eurozona
Zona euro ou eurozonaZona euro ou eurozona
Zona euro ou eurozonaticmarinha
 
España e Galicia na Unión Europea
España e Galicia na Unión EuropeaEspaña e Galicia na Unión Europea
España e Galicia na Unión EuropeaRosacidgalante
 
Presentación unión europea final
Presentación unión europea finalPresentación unión europea final
Presentación unión europea finalhiker1212
 
Tema 6 Organización política e territorial de España
Tema 6 Organización política e territorial de EspañaTema 6 Organización política e territorial de España
Tema 6 Organización política e territorial de Españarubempaul
 
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02pindusa
 
What's hot (11)

Unioneuropea
UnioneuropeaUnioneuropea
Unioneuropea
 
Zona euro ou eurozona
Zona euro ou eurozonaZona euro ou eurozona
Zona euro ou eurozona
 
Fontes de documentacion europea
Fontes de documentacion europeaFontes de documentacion europea
Fontes de documentacion europea
 
Tema 5- Xeografía.
Tema 5- Xeografía.Tema 5- Xeografía.
Tema 5- Xeografía.
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
España e Galicia na Unión Europea
España e Galicia na Unión EuropeaEspaña e Galicia na Unión Europea
España e Galicia na Unión Europea
 
Presentación unión europea final
Presentación unión europea finalPresentación unión europea final
Presentación unión europea final
 
Tema 6 Organización política e territorial de España
Tema 6 Organización política e territorial de EspañaTema 6 Organización política e territorial de España
Tema 6 Organización política e territorial de España
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02
 
Similar to A unión europea

A UNIÓN EUROPEA.pdf
A UNIÓN EUROPEA.pdfA UNIÓN EUROPEA.pdf
A UNIÓN EUROPEA.pdfBerta Campos
 
A UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdf
A UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdfA UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdf
A UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdfVanessa Felípez
 
R4 sociais 6
R4 sociais 6R4 sociais 6
R4 sociais 6Fiz
 
UnióN Europea
UnióN EuropeaUnióN Europea
UnióN Europeaelvinha
 
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02-120224110204-phpapp01
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02-120224110204-phpapp01Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02-120224110204-phpapp01
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02-120224110204-phpapp01pindusa
 
UE. Organización Política e Territorial
UE. Organización Política e TerritorialUE. Organización Política e Territorial
UE. Organización Política e TerritorialDudas-Historia
 
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02pindusa
 
Aue 120218172836-phpapp01
Aue 120218172836-phpapp01Aue 120218172836-phpapp01
Aue 120218172836-phpapp01alfredocp2003
 
Aue 120218172836-phpapp01
Aue 120218172836-phpapp01Aue 120218172836-phpapp01
Aue 120218172836-phpapp01alfredocp2003
 
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...rubempaul
 
A Organizacion Politica
A Organizacion PoliticaA Organizacion Politica
A Organizacion PoliticaMANEIRO
 
A necesidade dun bloque comercial europeo
A necesidade dun bloque comercial europeoA necesidade dun bloque comercial europeo
A necesidade dun bloque comercial europeopindusa
 
A Unión Europea
A Unión EuropeaA Unión Europea
A Unión Europeaemilioag
 
Europa
EuropaEuropa
EuropaMarlou
 
A Unión Europea, España e Galicia
A Unión Europea, España e GaliciaA Unión Europea, España e Galicia
A Unión Europea, España e GaliciaRosacidgalante
 
Similar to A unión europea (20)

A UNIÓN EUROPEA.pdf
A UNIÓN EUROPEA.pdfA UNIÓN EUROPEA.pdf
A UNIÓN EUROPEA.pdf
 
A UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdf
A UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdfA UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdf
A UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdf
 
UNIÓN EUROPEA
UNIÓN EUROPEAUNIÓN EUROPEA
UNIÓN EUROPEA
 
R4 sociais 6
R4 sociais 6R4 sociais 6
R4 sociais 6
 
Caderno que seagochatrasaue
Caderno que seagochatrasaueCaderno que seagochatrasaue
Caderno que seagochatrasaue
 
Unión europea
Unión europeaUnión europea
Unión europea
 
UnióN Europea
UnióN EuropeaUnióN Europea
UnióN Europea
 
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02-120224110204-phpapp01
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02-120224110204-phpapp01Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02-120224110204-phpapp01
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02-120224110204-phpapp01
 
UE. Organización Política e Territorial
UE. Organización Política e TerritorialUE. Organización Política e Territorial
UE. Organización Política e Territorial
 
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02
Anecesidadedunbloquecomercialeuropeo 120224053155-phpapp02
 
Aue 120218172836-phpapp01
Aue 120218172836-phpapp01Aue 120218172836-phpapp01
Aue 120218172836-phpapp01
 
Aue 120218172836-phpapp01
Aue 120218172836-phpapp01Aue 120218172836-phpapp01
Aue 120218172836-phpapp01
 
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
A organización política das sociedades. A organización política e territorial...
 
A Organizacion Politica
A Organizacion PoliticaA Organizacion Politica
A Organizacion Politica
 
A unión europea
A unión europeaA unión europea
A unión europea
 
A necesidade dun bloque comercial europeo
A necesidade dun bloque comercial europeoA necesidade dun bloque comercial europeo
A necesidade dun bloque comercial europeo
 
A Unión Europea
A Unión EuropeaA Unión Europea
A Unión Europea
 
Europa
EuropaEuropa
Europa
 
A Unión Europea, España e Galicia
A Unión Europea, España e GaliciaA Unión Europea, España e Galicia
A Unión Europea, España e Galicia
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
More from Ana Santos Solla

More from Ana Santos Solla (8)

Tallinn travail power point
Tallinn travail power pointTallinn travail power point
Tallinn travail power point
 
La Sanidad en La UE por Carlos Crespo
La Sanidad en La UE por Carlos CrespoLa Sanidad en La UE por Carlos Crespo
La Sanidad en La UE por Carlos Crespo
 
Treasure hunt quiz version 2018
Treasure hunt quiz version 2018Treasure hunt quiz version 2018
Treasure hunt quiz version 2018
 
Eepe ies-valle-inclan
Eepe ies-valle-inclan Eepe ies-valle-inclan
Eepe ies-valle-inclan
 
Estados de la unión europea 2018
Estados de la unión europea 2018Estados de la unión europea 2018
Estados de la unión europea 2018
 
Ana Miranda Paz
Ana Miranda PazAna Miranda Paz
Ana Miranda Paz
 
Charla UE
Charla UECharla UE
Charla UE
 
Conferencia Brexit
Conferencia BrexitConferencia Brexit
Conferencia Brexit
 
Recently uploaded

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Recently uploaded (11)

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
A unión europea

  • 1. A UNIÓN EUROPEA Historia A Unión Europea (UE) é a unión política e económica de 28 Estados europeos. Trala Segunda Guerra Mundial, Europa quedou devastada. Os produtos de Francia e Alemaña no podían competir en prezo cos dos EE.UU e Xapón. O primeiro intento de unir mercados tivo lugar en 1948, cando Bélxica, Holanda e Luxemburgo decidiron eliminar as súas fronteiras e aranceis para crear o BENELUX. Dous anos despois (maio de 1950), o ministro de Asuntos Exteriores francés, Robert Schuman, respaldado por Jean Monnet (Alto Comisionado para Europa do Plan Marshall), fixeron unha declaración na que animaban aos países europeos a poñer en común a produción das súas industrias pesadas. Ámbolos dous son considerados os pais fundadores da actual UE. O Tratado de París (1952) supuxo o nacemento da Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro (CECA). Os Estados membros fundadores foron: Bélxica, Francia, Holanda, Italia, Luxemburgo e Alemaña (entón, a República Federal Alemaña). En 1957, estes seis Estados asinaron os Tratados de Roma, que ampliaban a cooperación inicial a outros ámbitos. Xorden así, a Comunidade Económica Europea (CEE) e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica (CEEA ou EURATOM). Ampliacións Dende a súa creación, a UE viu incrementado o seu número en varias ocasións. En 1973, ingresaron Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido. Noruega rexeitou ser membro a través dun referendo. Grecia uniuse ao grupo en 1981, e Portugal e España o fixeron en 1986. En 1990, trala caída do muro de Berlín, a República Democrática Alemaña quedou integrada dentro da nova Alemaña. A cuarta ampliación tivo lugar en 1995. Foi a quenda de Austria, Finlandia e Suecia. No 2004, a UE sufriu a ampliación máis grande coa chegada de 10 novos Estados: Chipre, Malta, Lituania, Letonia, Estonia, Rep. Checa, Eslovaquia, Hungría, Polonia e Eslovenia. En 2007, Bulgaria e Romanía elevaron o número de membros a 27. Finalmente, Croacia converteríase no Estado 28 en xullo do 2013. Países candidatos son Serbia, Albania, Macedonia, Montenegro e Turquía. Para converterse en Estado membro da UE, os Estados deben cumprir cos chamados “Criterios de Copenhagen” (1993). Para iso, requírese ter unha democracia estable que respecte os dereitos humanos, as minorías e o imperio da lei; unha economía de mercado e a aceptación das obrigas propias de cada membro. O Consello Europeo é o responsable de avaliar estes criterios.
  • 2. Tratados Os tratados fundadores: o Tratado de París (1952) que estableceu a CECA, e os Tratados de Roma (1957), responsables da CEE e a EURATOM A Acta Única Europea (Luxemburgo 1985). Estableceu o mercado interior, que posibilitou a partires de 1993 a liberdade de movementos de persoas, capitais, bens e servizos. O Tratado de Maastricht (1992). Creou a Unión Europea e estableceu os pasos a seguir para a unión monetaria. O Tratado de Niza (2001). Reformou as institucións da UE para adaptarse a futuras ampliacións. O Tratado de Lisboa (2009). Cambiou a estrutura legal da UE, creou a figura do Presidente do Consello Europeo, concedeu personalidade xurídica a UE e reformou moitos outros aspectos da UE. Todos estes tratados, así como outros acordos e reformas, seguen actualmente en vigor. Os símbolos da UE A bandeira: 12 estrelas amarelas formando un círculo sobre un fondo azul. Simboliza os ideais de unidade, solidariedade e harmonía entre os europeos. Foi adoptada en 1986. O himno: A melodía utilizada é unha parte da 9ª sinfonía de Beethoven, en concreto, “A Oda a Alegría”. A data de Europa: o 9 de maio, día da presentación en 1950 do Plan Schuman. O lema: “Unidos na diversidade”. Significa o traballo conxunto en paz e prosperidade dos europeos, a pesares de ter tradicións, linguas e culturas diferentes. As linguas A UE ten 24 linguas oficiais de traballo, aínda que as máis empregadas son o inglés, o francés e o alemán. Os documentos importantes son traducidos a todas as linguas. O catalán, o galego, o vasco e o galés teñen un status de semi-oficial, polo que os seus cidadáns poden dirixirse á UE utilizándoas. As linguas oficiais son as seguintes: inglés (falado polo 51% da poboación comunitaria), alemán (tamén para Austria), francés (tamén para Luxemburgo e parte de Bélxica), italiano, español, polaco, holandés (tamén en Bélxica), grego (tamén en Chipre), checo, sueco, húngaro, portugués, búlgaro, romano, eslovaco, danés, finés, lituano, esloveno, estonio, croata, irlandés, letón e maltés.
  • 3. Institucións O Consello Europeo. É a autoridade política suprema da UE. Os seus encontros chámanse “cumios”, nos que se marcan as prioridades e as estratexias políticas e se abordan asuntos complexos que no poden solucionarse en niveis inferiores: reforma de tratados, novas ampliacións, crises políticas, disputas entre Estados membros. En todo caso, non teñen poder para aprobar as leis comunitarias. O Consello Europeo está composto por un Presidente permanente (o polaco Donald Tusk), elixido cada dous anos e medio; os Xefes de Estado ou de Goberno de cada Estado membro; o Presidente da Comisión, e a Alta Representante para Asuntos Exteriores (actualmente, a italiana Federica Mogherini). O Consello reúnese dous veces por semestre en Bruxelas A Comisión Europea. Representa os intereses da UE no seu conxunto. Trátase dun órgano executivo que ten como funcións principais, propoñer as leis e procurar que se cumpran unha vez aprobadas, xestionar o orzamento comunitario e representar a UE a nivel internacional. Está formado por 28 comisarios (un por cada Estado membro), elixidos para un mandato de 5 anos. Cada un ten asignada unha tarefa específica (transporte, medio ambiente, enerxía, agricultura, etc). O actual Presidente é o luxemburgués Jean Claude Juncker. O comisario español é Miguel Arias Cañete, que se encarga dos asuntos Acción polo Clima e Enerxía. A sede da Comisión está en Bruxelas. O Parlamento Europeo. Representa os intereses dos cidadáns europeos. É xunto co Consello da UE, o órgano lexislativo. Está formado por 751 deputados elixidos cada 5 anos directamente polos cidadáns europeos (a España correspóndenlle 54). No Parlamento, os euro deputados séntanse por afiliación política, non por nacionalidade. O seu actual Presidente é o italiano Antonio Tajani (xaneiro 2017). As principais funcións do Parlamento son: debater e aprobar as leis comunitarias (regulamentos, directivas e decisións), aprobar o orzamento da UE e supervisar á Comisión, sobre a cal pode impoñer unha moción de censura. O Parlamento ten tres lugares de traballo: Estrasburgo (o Pleno), Bruxelas (os comités) e Luxemburgo (a Secretaría). O Consello da UE. Representa os intereses dos Estados membros. Xunto co Parlamento, é o órgano lexislativo, polo que tamén lle toca aprobar as leis e o orzamento comunitarios. Asemade, coordina as políticas económicas dos Estados da UE, asina os acordos con outros países e desenvolve as políticas exterior e de defensa da UE. As decisións adóptanse, como norma xeral, por maioría cualificada, en función da poboación de cada Estado. O Consello da UE tamén é coñecido como “Consello de ministros”, xa que as reunións se fan a nivel ministerial en función do tema que se deba tratar (economía, pesca, finanzas, etc). A Presidencia do Consello é rotatoria cada 6 meses, sendo o ministro do país que ostenta a presidencia o encargado de
  • 4. establecer a orde do día nas reunións. De xaneiro a xullo de 2018, a quenda é para Bulgaria. No segundo semestre, tocaralle a Austria. O Consello da UE reúnese normalmente en Bruxelas. O Tribunal de Xustiza. É o órgano xudicial da UE e se encarga de interpretar a lexislación comunitaria e a súa correcta aplicación nos Estados membros. Non é un tribunal civil nin penal. Está composto por 28 xuíces (un por Estado membro). O seu Presidente é o belga Koen Lenaerts. A sede do Tribunal atópase en Luxemburgo. O Tribunal de Contas. Supervisa as finanzas da UE e comproba que o diñeiro comunitario se gaste correctamente. Está formado por 28 persoas, que se reúnen en Luxemburgo. O seu Presidente é o alemán Klaus Heiner e Lehne. O Banco Central Europeo. É a institución que supervisa a política monetaria dos 17 países que teñen o Euro. A sede está en Frankfurt e o seu Presidente é o italiano Mario Draghi. A súa principal función é manter a estabilidade dos prezos dentro da Euro zona. É o único autorizado para emitir os billetes de Euro. As moedas tamén poden emitilas os Estados. Aparte das institucións xa vistas, hai outras moitas que teñen un papel secundario: o Comité Económico e Social, o Comité das Rexións, o Banco de Investimento Europeo, O Valedor Europeo, a Axencia Europea de Pesca (en Vigo), o Centro de Satélites da UE (en Madrid), etc. Economía Os dous principais obxectivos da UE son o mercado interior e a unión aduaneira. O primeiro implica a libre circulación de bens, servizos, capitais e xente dentro do territorio da UE. Pola súa banda, a unión aduaneira implica o establecemento dun arancel común para os produtos que veñan de fóra, de tal forma que paguen o mesmo na aduana, independentemente do Estado polo que entren. Por outra parte, dende 1999 funciona a unión monetaria, na que actualmente están 19 Estados, que teñen como moeda común o Euro: Francia, Italia, Alemaña, Bélxica, Luxemburgo, os Países Baixos, Irlanda, Grecia, Portugal, España, Austria, Finlandia, Malta, Chipre, Eslovenia, Eslovaquia, Estonia, Lituania e Letonia Para entrar no Euro, os Estados membros deben cumplir os seguintes requisitos: Taxas baixas de inflación e de xuros Déficit público por debaixo do 3% do PIB Débeda pública por debaixo do 60% do PIB. O Euro é a segunda moeda de reserva do mundo tralo dólar. Físicamente foi introducido no ano 2002. Todos os países da UE achegan fondos ao orzamento común, a través de aportacións directas, en función da poboación de cada Estado, e a través
  • 5. dunha porcentaxe do IVE. Cada 6 anos, o Consello Europeo establece unhas perspectivas de gastos e ingresos, que despois aproba anualmente o Parlamento e o Consello da UE. Actualmente estamos no período 2014-2020. A política agraria e as políticas de solidariedade son as que máis diñeiro reciben. Política rexional O Tratado de Maastricht puxo en marcha unha política para reducir as diferencias entre os países e as rexións comunitarias que tiña como obxectivo primordial unha integración europea efectiva. Para conseguir isto, máis dun terzo do orzamento comunitario adícase a eliminar as diferencias económicas e sociais e a recuperar zonas industriais deprimidas. No actual marco financeiro, os tres obxectivos básicos son: Converxencia rexional, competitividade e emprego e cooperación territorial. Estes obxectivos financianse a través dos chamados “ fondos estruturais” Os fondos estruturais están destinados ás rexións máis pobres, cunha renda per capita por debaixo do 75% da media europea. Trátase do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), Fondo Social Europeo (FSE), Fondo Europeo Agrícola para o Desenvolvemento Rural (FEADER) e Fondo Europeo de Pesca (FEP). Ademais, existen os fondos de cohesión empréganse naqueles países cun PIB por debaixo do 90% da media europea. Úsanse para financiar proxectos medioambientais, mellorar as infraestruturas do transporte, etc. España xa superou esa porcentaxe, polo que xa deixou de percibir estes fondos. Política interior Dende o Tratado de Maastricht, os Estados membros da UE estableceron como prioridade a construción da chamada Europa dos cidadáns. Para conseguilo impulsaron as seguintes iniciativas: A cidadanía europea, que permite unha serie de dereitos como: votar nas eleccións locais e nas do Parlamento europeo; circular libremente e residir en calquera parte da UE; recibir protección diplomática e consular das autoridades de calquera Estado membro en calquera parte do mundo. A seguridade común, que implica un achegamento e máis coordinación entre os servizos policiais e xudiciais de todos os Estados da UE. Neste sentido xa traballan na cidade holandesa de A Haya, as oficinas de Europol e Eurojust. O Acordo de Schengen, é dicir, unha Europa sen fronteiras interiores, pero con fortes controis exteriores iguais en todos os Estados membros. Tan só Irlanda e o Reino Unido están fóra dese acordo. Finalmente, o Plan Bologna, que trata de adaptar os diferentes sistemas educativos da UE para permitir un intercambio académico entre os Estados membros. O plan está apoiado mediante axudas que se financian a través do programa Erasmus +
  • 6. dunha porcentaxe do IVE. Cada 6 anos, o Consello Europeo establece unhas perspectivas de gastos e ingresos, que despois aproba anualmente o Parlamento e o Consello da UE. Actualmente estamos no período 2014-2020. A política agraria e as políticas de solidariedade son as que máis diñeiro reciben. Política rexional O Tratado de Maastricht puxo en marcha unha política para reducir as diferencias entre os países e as rexións comunitarias que tiña como obxectivo primordial unha integración europea efectiva. Para conseguir isto, máis dun terzo do orzamento comunitario adícase a eliminar as diferencias económicas e sociais e a recuperar zonas industriais deprimidas. No actual marco financeiro, os tres obxectivos básicos son: Converxencia rexional, competitividade e emprego e cooperación territorial. Estes obxectivos financianse a través dos chamados “ fondos estruturais” Os fondos estruturais están destinados ás rexións máis pobres, cunha renda per capita por debaixo do 75% da media europea. Trátase do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), Fondo Social Europeo (FSE), Fondo Europeo Agrícola para o Desenvolvemento Rural (FEADER) e Fondo Europeo de Pesca (FEP). Ademais, existen os fondos de cohesión empréganse naqueles países cun PIB por debaixo do 90% da media europea. Úsanse para financiar proxectos medioambientais, mellorar as infraestruturas do transporte, etc. España xa superou esa porcentaxe, polo que xa deixou de percibir estes fondos. Política interior Dende o Tratado de Maastricht, os Estados membros da UE estableceron como prioridade a construción da chamada Europa dos cidadáns. Para conseguilo impulsaron as seguintes iniciativas: A cidadanía europea, que permite unha serie de dereitos como: votar nas eleccións locais e nas do Parlamento europeo; circular libremente e residir en calquera parte da UE; recibir protección diplomática e consular das autoridades de calquera Estado membro en calquera parte do mundo. A seguridade común, que implica un achegamento e máis coordinación entre os servizos policiais e xudiciais de todos os Estados da UE. Neste sentido xa traballan na cidade holandesa de A Haya, as oficinas de Europol e Eurojust. O Acordo de Schengen, é dicir, unha Europa sen fronteiras interiores, pero con fortes controis exteriores iguais en todos os Estados membros. Tan só Irlanda e o Reino Unido están fóra dese acordo. Finalmente, o Plan Bologna, que trata de adaptar os diferentes sistemas educativos da UE para permitir un intercambio académico entre os Estados membros. O plan está apoiado mediante axudas que se financian a través do programa Erasmus +