Ana Iglesias     1º GIATRecursos Turísticos
Situación    
España
Galicia
Comarca do Sar
Casa-Museo Rosalía de Castro - A Matanza 15917 Padrón (A Coruña)
Rosalía de Castro de      Murguía             Un paseo por toda unha vida…
Rosalía de CastroNada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, é unha ...
Vida                       Nos seus primeiros anos Rosalía viviu unha infancia  leda nas vilas rurais de Ortoño e Padrón...
 Non se sabe exactamente cando nai e filla se trasladaron a  Compostela, pero si que en 1850 vivían nai e filla nesa  ci...
Manuel Murguía.En 1856 trasladouse a Madrid, ondeviviu cunha curmá. Comezou apublicar e, en 1858 casou conManuel Murguía, ...
 En 1859 regresaron a Galiza, onde naceu Alejandra, a súa  primeira filla; en 1861, de novo en Madrid. Logo duns  anos e...
De esquerda a dereita: Alejandra, Gala, Ovidio, Murguía,             Rosalía, Aura e Amara. (1884)
 Rosalía botou os derradeiros anos da súa vida en Padrón,  onde a familia alugara a casa da Matanza, que despois se  con...
Obra 
           En Galego                             En Castelán                                    Poesía Poesía           ...
Cantares Gallegos.Coa publicación de CantaresGalegos no ano 1863 acadouse ofito culmen do Rexurdimento dasletras galegas, ...
Follas NovasCon Follas Novas (1880) Rosalíacreou un universo novo eextremadamente persoal, no que opuro lirismo intimista ...
Lingua                        Non se pode afirmar que Rosalía de Castro escribise nun  dialecto determinado, aínda que o...
 Malia todo, a Rosalía interésalle máis a vivacidade cá  pureza da lingua galega que emprega para  expresarse, o que dei...
Día das letras galegas.              O 20 de marzo de 1963, tres membros numerarios da Real  Academia Galega, (concretam...
Recoñecementos                  Na actualidade, son varias as institucións, espazos públicos e bens  de consumo designad...
 Coa emisión do 23 de outubro de 1979  apareceu o último dos billetes de 500  pesetas, posto que este sería  substituído...
Casa Museo Rosalía de      Castro.                A casa da poesía
Fundación                          O Patronato Rosalía de Castro, que se fundara no Hotel Compostela de  Santiago o 15 d...
Historia                    No outono de 1947 créase o Patronato Rosalía de  Castro, co fin de arranxar a Casa da Matanz...
Distribución                   Na planta baixa, denominada “O perfil dunha  sombra”, o visitante pode apreciar a verdade...
Xardín  
Vista da Casa-Museo desde un recanto da Horta da Paz.             A árbore do fondo é un ombú.
Información     
Ligazóns.     De interese
Páxina WEB      www.rosaliadecastro.org
Correo               casamuseo@fundacionrosaliadecastro.es
Tlfn e Fax      T. 981 81 12 04  F. 981 811294
Reportaxe.               Imos visitar esta casa museo da poetisa máis  coñecida da nosa cultura, situada en Padrón.
“Adios rios, adios fontes,  Adios regatos pequenos, Adios vista dos meus ollosNon sei cando nos veremos.”
Casa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de Castro
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Casa Museo Rosalía de Castro

506 visualizaciones

Publicado el

Guía polo museo de Rosalía de Castro situado en Padrón.

Publicado en: Viajes
0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
506
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
106
Acciones
Compartido
0
Descargas
0
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Casa Museo Rosalía de Castro

  1. 1. Ana Iglesias 1º GIATRecursos Turísticos
  2. 2. Situación 
  3. 3. España
  4. 4. Galicia
  5. 5. Comarca do Sar
  6. 6. Casa-Museo Rosalía de Castro - A Matanza 15917 Padrón (A Coruña)
  7. 7. Rosalía de Castro de Murguía  Un paseo por toda unha vida…
  8. 8. Rosalía de CastroNada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, é unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas celébrase por motivo de ser a data de edición da súa obra “Cantares gallegos”.
  9. 9. Vida  Nos seus primeiros anos Rosalía viviu unha infancia leda nas vilas rurais de Ortoño e Padrón. Nunha das pasaxes bibliográficas dun dos seus poemas de Cantares Gallegos, Rosalía bota unha ollada nostálxica á casa de Arretén, casa de Iria Flavia. Unha infancia lembrada por cancións, risas e as badaladas das campás que contrasta co silencio desolado que agora predomina sobre o lugar.
  10. 10.  Non se sabe exactamente cando nai e filla se trasladaron a Compostela, pero si que en 1850 vivían nai e filla nesa cidade. Alí comeza a formarse en torno á Sociedad Económica de Amigos del País. En Santiago recibe formación musical, artística e literaria; participou nas actividades do Liceo de la Juventud, lugar de encontro dos intelectuais comprometidos co movemento provincialista. As súas correntes ideolóxicas, que impregnarán a obra de Rosalía, eran o socialismo e o republicanismo. No liceo coincidiría con Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre e Juan Manuel Paz Novoa.
  11. 11. Manuel Murguía.En 1856 trasladouse a Madrid, ondeviviu cunha curmá. Comezou apublicar e, en 1858 casou conManuel Murguía, investigador,cronista e xornalista. A vida domatrimonio fíxose itinerantedebido aos cargos funcionariais deMurguía.
  12. 12.  En 1859 regresaron a Galiza, onde naceu Alejandra, a súa primeira filla; en 1861, de novo en Madrid. Logo duns anos en Madrid, trasladáronse a Lugo, e despois voltaron a Madrid, onde naceu Aura; as actividades do seu home leváronos por diferentes lugares: Simancas, A Coruña Compostela, Lestrobe, Estremadura, Alacant... e mentres, foron nacendo máis fillos: Aura, nada en decembro de 1868 (morreu en 1942). Gala e Ovidio, xemelgos, naceron en xullo de 1871 (Gala morreu en 1964 e Ovidio en 1900), Amara, nada en xullo de 1873 (morreu en 1921), Adriano Honorato Alejandro, nado en marzo de 1875, (morreu en novembro de 1876 debido a unha caída) e Valentina, nada morta en febreiro de 1877.
  13. 13. De esquerda a dereita: Alejandra, Gala, Ovidio, Murguía, Rosalía, Aura e Amara. (1884)
  14. 14.  Rosalía botou os derradeiros anos da súa vida en Padrón, onde a familia alugara a casa da Matanza, que despois se convertería en casa-museo. A morte do seu fillo máis novo aos dous anos por mor dun accidente e a súa enfermidade amargáronlle os derradeiros anos. Morreu de cancro de útero en 1885, aos 48 anos na súa casa de Padrón. Rosalía foi soterrada no camposanto da Andina (Iria Flavia). Anos máis tarde, en 1891, os seus restos foron trasladados ó actual Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.
  15. 15. Obra 
  16. 16.  En Galego En Castelán Poesía Poesía   La Flor (1857)  A mi madre (1863)  En las orillas del Sar (1884)-Cantares gallegos (1863)  Prosa-Follas novas (1880)  La hija del mar (1859)  Flavio (1861)  El cadiceño (1863) Ruinas (1866) Prosa   Las literatas (1866)  El caballero de las botas azules (1867)  El primer loco (1881)  El domingo de Ramos (1881)-Contos da miña terra I(1864)  Padrón y las inundaciones (1881)
  17. 17. Cantares Gallegos.Coa publicación de CantaresGalegos no ano 1863 acadouse ofito culmen do Rexurdimento dasletras galegas, asemade marcouseun punto de inflexión na historiada literatura galega. Cun elevadoexercicio lingüístico e literario, aescritora prestixiou ao galego comolingua e reivindicou o seu uso.
  18. 18. Follas NovasCon Follas Novas (1880) Rosalíacreou un universo novo eextremadamente persoal, no que opuro lirismo intimista acada a máisalta realización artística, alén dasvivencias estéticas, nunha continuae angustiada pregunta sobre osentido da existencia humana.
  19. 19. Lingua  Non se pode afirmar que Rosalía de Castro escribise nun dialecto determinado, aínda que o seu elástico sistema de normas lingüísticas tiña como base xeográfica as falas das comarcas bañadas polo Sar e o Ulla, cunha clara tendencia ao seseo. Como consecuencia da precaria situación na que se atopaba a lingua galega escrita da época, Rosalía adoitaba empregar vulgarismos, hipergaleguismos e castelanismos. Tamén son habituais nas súas obras as vacilacións e morfolóxicas, adoptando diferentes solucións para a formación do plural das palabras agudas.
  20. 20.  Malia todo, a Rosalía interésalle máis a vivacidade cá pureza da lingua galega que emprega para expresarse, o que deixa patente no prólogo de Cantares gallegos. É alí onde se di que a pesar de carecer de gramáticas e de regras que propiciarán a aparición de erros ortográficos, a autora puxo o seu maior coidado en reproducir o verdadeiro espírito do pobo galego.
  21. 21. Día das letras galegas.  O 20 de marzo de 1963, tres membros numerarios da Real Academia Galega, (concretamente Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo), enviaron unha carta ao que por aquel entón ostentaba o cargo de presidente da institución, Sebastián Martínez Risco, na que se sometía a consideración da Xunta Xeral a proposta de celebrar o centenario da publicación da obra Cantares Galegos, de Rosalía de Castro. O 28 de abril, a consecuencia da proposta elevada ao presidente, ten lugar unha Xunta ordinaria nos salóns municipais que ten como resultado a declaración de Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano, quedando reflectido tal decisión na acta da sesión.
  22. 22. Recoñecementos  Na actualidade, son varias as institucións, espazos públicos e bens de consumo designados co nome de Rosalía de Castro, pondo isto de manifesto o arraigamento social que ten a figura da escritora. Deste xeito, é posible atopar centros de educación tanto en Galicia como no resto de rexións de España, en Rusia ou en Uruguai chamados igual cá escritora, ao que se debe engadir numerosos parques, prazas e rúas, asociacións culturais, premios outorgados a persoas intimamente vencelladas á lingua galega e castelá, bibliotecas, agrupacións folclóricas, coros musicais e mesmo un viño con Denominación de Orixe Rías Baixas. Con todo, resulta curioso que un avión da compañía Iberia, así como unha aeronave pertencente a Salvamento Marítimo, fosen bautizados igual cá escritora. Obviamente, tamén son varios os monumentos (placas conmemorativas e esculturas principalmente) dedicados á súa figura en diversos países do mundo.
  23. 23.  Coa emisión do 23 de outubro de 1979 apareceu o último dos billetes de 500 pesetas, posto que este sería substituído en 1987 por moedas de igual valor. O billete distinguíase por presentar no anverso o retrato de Rosalía de Castro, gravado por Pablo Sampedro Moledo, así como por mostrar no reverso casa-Museo de Rosalía sita en Padrón e uns versos coa caligrafía da súa autora, pertencentes á obra Follas Novas. Desta forma, Rosalía de Castro converteuse xunto con Isabel a Católica, no único personaxe feminino non alegórico retratado no anverso dun billete propiamente español
  24. 24. Casa Museo Rosalía de Castro.  A casa da poesía
  25. 25. Fundación  O Patronato Rosalía de Castro, que se fundara no Hotel Compostela de Santiago o 15 de novembro de 1947, tranformouse en Fundación Rosalía de Castro nun acto celebrado no Colexio de Fonseca da mesma cidade o 29 de decembro de 1995. Os seus estatutos foron legalizados pola Xunta de Galicia en decembro de 1997. É unha organización de interese galego que ten como finalidade fomentar e difundir o culto á memoria de Rosalía, de Manuel Murguía e dos seus fillos; conservar o conxunto da Casa-Museo de Rosalía; conservar e incrementar o patrimonio rosaliano dispoñéndoo do mellor xeito para que poida ser contemplado e estudado; coidar do Mausoleo de Rosalía sito San Domingos de Bonaval; e celebrar actos en conmemoración das datas rosalianas (24 de febreiro e 15 de xullo) así como o 25 de xullo en Santiago de Compostela. Ten a súa sé na Casa da Matanza, en Padrón (A Coruña).
  26. 26. Historia  No outono de 1947 créase o Patronato Rosalía de Castro, co fin de arranxar a Casa da Matanza, en Padrón, casa na que Rosalía de Castro viviu os derradeiros anos da súa vida. Restaurouse en 1971 e converteuse na Casa-Museo en 1972. A Fundación, que continúa a labor do Padronato, é a actual propietaria. Neste espazo, proponse un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e a obra de Rosalía.
  27. 27. Distribución  Na planta baixa, denominada “O perfil dunha sombra”, o visitante pode apreciar a verdadeira dimensión desta emblemática figura da cultura galega e universal: a súa vida, o entorno que a rodeou e a relación do pobo galego coa figura da escritora. Na primeira planta, denominada “O seu”, proponse unha recreación da casa rural da época, entre labrega e fidalga.
  28. 28. Xardín 
  29. 29. Vista da Casa-Museo desde un recanto da Horta da Paz. A árbore do fondo é un ombú.
  30. 30. Información 
  31. 31. Ligazóns.  De interese
  32. 32. Páxina WEB  www.rosaliadecastro.org
  33. 33. Correo  casamuseo@fundacionrosaliadecastro.es
  34. 34. Tlfn e Fax   T. 981 81 12 04  F. 981 811294
  35. 35. Reportaxe.  Imos visitar esta casa museo da poetisa máis coñecida da nosa cultura, situada en Padrón.
  36. 36. “Adios rios, adios fontes, Adios regatos pequenos, Adios vista dos meus ollosNon sei cando nos veremos.”

×