Naquel mércores de finais de outubro na casa deAntía e Xaquín, todo o mundo andaba bastanteaxitado. Había mochilas, roupa ...
-Non, non o fagades-dixo o home con vozameazante- Repítovos que por aquí andan os mortos.Non fixeron caso daquel home que ...
pouca distancia e intentaron despistalo, pero nonhabía maneira, o can sempre voltaba. Xa estabanmoi lonxe de onde o atopar...
A porta principal estaba aberta, así que entraron.Dentro, todo estaba escuro e en silencio. Fixeron usoda candea que lles ...
do golpe recibido escoitou unha voz de ultratumba quedicía:-Quedan dous días para a morte de Antía. Se queredeschegar a te...
dentro dela. Por iso, todas as noites o espírito de Urcopasea pola nova vila, buscando ao seu dono.A familia, moi asustada...
Cando se achegaron ao carballo, viron a seguinteinscrición na súa cortiza:Voltaron ao camiño e viron que Pedriño xa retorn...
Xa era de día e andiveron preguntándolle as xentesde Palas de Rei pola torre. Cando a atoparon viron queestaba abandonada ...
-Benquerida familia, alí non vaiades – dixo o vellosen ollo – sinala en dirección a un bosque que hai enArzúa, un lugar es...
preguntarlle a un ancián que camiñaba arrimado aun bastón onde se atopaba o bosque.- Perdoe, poderíanos indicar onde se at...
cara a ela. Entrou con moito medo e alí estaba a súafamilia a punto de coller a flor.- Onde estabades? Tiña moito medo –di...
A familia estaba moi cansa e empapada por mor dachoiva, pero sentiron un gran alivio cando, dezminutos antes de que remata...
corrían cara el comezaron a soar as doce badaladasque marcaban o final da vida de Antía.O pai conseguiu deixar a papoula n...
.
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA

1.348 visualizaciones

Publicado el

Conto encadeado de Samaín realizado polos alumnos/as de 5º e 6º do CEIP Ramón Otero Pedraio da Laracha

0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
1.348
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
1.021
Acciones
Compartido
0
Descargas
6
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA

  1. 1. Naquel mércores de finais de outubro na casa deAntía e Xaquín, todo o mundo andaba bastanteaxitado. Había mochilas, roupa de montaña e bicicletasesparexidas por toda a casa.Os pais dos rapaces para a ponte de Santosorganizaran unha viaxe: unha viaxe moi especial, xaque ían percorrer o Camiño de Santiago desdePedrafita do Cebreiro ata a capital de Galicia.Mañá,1 de novembro, uns amigos da familia vanoslevar no seu coche todoterreo ata o punto de partida edesde aquí comezará a aventura: aventura que elesnon sospeitan o aterradora que chegará a ser.Ao día seguinte puxéronse en marcha. Deixáronos enPedrafita e comezaron a andaina coas súas bicis.Cando xa levaban un anaco andado atoparon unhaigrexa abandonada no medio do monte. Decidironentrar. Estaba chea de teas de araña e po. Un ruídoaterrador fixo que se volvesen. Alí de pé había unhome con barba longa, camisa a cadros vermellos egrises, pantalón vaqueiro rachado e zapatos dos anossesenta; o que indicaba que, posiblemente, non saísedaquel lugar en anos e se volvese tolo. O homedíxolles:-Non sigades porque por estes camiños andan osmortos.- Si, seguro- contestou o pai.
  2. 2. -Non, non o fagades-dixo o home con vozameazante- Repítovos que por aquí andan os mortos.Non fixeron caso daquel home que parecía estar tolo econtinuaron o seu camiño. Pasou un anaco candoXaquín se dou conta de que súa irmá desaparecera.Non podía ser! Volveron cara onde estaba o vello,pensando que puidera ser el o que levara a rapaza,pero xa non estaba na igrexa. Saíron de alí eatoparon a Antía tirada no chan. Correron cara ondaela e esquivounos:-Quen son? Quen sodes vós? Que fago aquí?- dixo anena.Antía perdera a memoria. De repente unha fila demortos chamada a Santa Compaña apareceu polomedio das árbores. Pararon diante deles eentregándolle unha candea ao pai e dixéronlle:-Tomade esta candea. Seravos moi útil na vosaaventura. Se queredes que Antía recupere a memoria ese salve da morte tendes que atopar a papoula negra,a flor que devolve a vida. Tedes tres días. Ide á igrexade Sarria, alí o seu cura daravos a primeira daspistas para atopar a flor.Puxéronse en camiño, e cando levaban un bo anacopedaleando, atoparon un can mugrento, de cor canela,con longas orellas e cara de pena. Este seguíaos a
  3. 3. pouca distancia e intentaron despistalo, pero nonhabía maneira, o can sempre voltaba. Xa estabanmoi lonxe de onde o atoparan, e decatáronse doteimudo que era e decidiron poñerlle un nome:Pedriño.Viron un bo sitio para xantar, xa que a pesares dosproblemas, tiñan moita fame. Descansaron un pouco evoltaron ó camiño. Pasados uns kilómetros uníusellesun que parecía outro peregrino. Fixeron boas migas efalaron dun montón de cousas, así que acabaron porcontarlle cal era a misión que tiñan que cumprir.O home quedouse moi pensativo e con expresión demedo na cara, explicoulles que aquel non era uncamiño seguro porque ás veces aparecía por alí aSanta Compaña.De súpeto o peregrino desapareceu e cubriunos unhamesta néboa, case non podían verse uns a outros, epara máis sorpresa, foise formando un túnel polo quese sentiron atraídos e alí se dirixiron sen pensalomoito.A o cabo dun tempo, que a eles se lles fixo unhaeternidade, foron dar a un cemiterio moi antigo efermoso, detrás del albiscábase un impoñentemosteiro que os pais recoñeceron como o Mosteiro deSarria.
  4. 4. A porta principal estaba aberta, así que entraron.Dentro, todo estaba escuro e en silencio. Fixeron usoda candea que lles dera a Santa Compaña epercorreron uns corredores que os levaban a outrosata que viron luz que saía dunha porta entreaberta.Petaron e unha voz amable mandoulles pasar.Detrás dunha mesa enorme estaba un frade que sepresentou como o abade do mosteiro.Eles explicáronlle cal era a súa misión. E el moiamablemente deulles varias pistas que lles pareceronmoi misteriosas:-Voltade ao cemiterio e buscade unha pedra que estásobre unha pedra e esta sobre outra, e alí atoparedes aclave - dixo o frade.No cemiterio buscaron entre as lápidas e atoparon ungrupo de rochas dunha cor distinta ás demais, o quelles pareceu moi sospeitoso.Erguer a morea levoulles moito tempo, pero pronto sedecataron que escondía unha mensaxe segreda:Dispuxéronse a saír do cemiterio, pero xa estaba aescurecer, por iso Xaquín non viu unha tumba queestaba aberta e caeu dentro dela. Cando se recuperou
  5. 5. do golpe recibido escoitou unha voz de ultratumba quedicía:-Quedan dous días para a morte de Antía. Se queredeschegar a tempo para salvala debedes atravesar oportal.Xaquín contoulle o sucedido a súa familia. Despois depercorrer o camposanto viron un arco de ferrocuberto de enredadeiras no medio dunha leira.Cando o atravesaron todo se volveu escuro. Ao cabodun tempo, saíu a lúa entre as nubes e viron queestaban camiñando polas rúas empedradas dunhavila. Era noite pechada e facía moito frío.Atopáronse cun home que resultou ser o dono dunhapousada de Portomarín, que así se chamaba a vila. Ohome ofreceulles pasar a noite alí:-Fariades ben- dixo o home- Non é seguro andar denoite por aquí.-E logo por que?- preguntou a nai.- Conta a lenda -dixo, con voz moi baixa -que naantiga vila de Portomarín vivía un home moiteimudo co seu can Urco. A vila foi inundada polaconstrución do encoro, polo que se trasladou a todosos habitantes á vila nova. Mais o dono de Urconegouse a marchar da súa casa e morreu afogado
  6. 6. dentro dela. Por iso, todas as noites o espírito de Urcopasea pola nova vila, buscando ao seu dono.A familia, moi asustada, rexeitou a oferta porquetiñan pouco tempo para salvar a Antía, así queseguiron ata o encoro.Polo camiño atopáronse con Pedriño. Xaquín foicorrendo onda el, pero decatouse de que ao can llepasaba algo raro. Tiña os ollos en branco e xa nontiña unha expresión triste, se non chea de rabia.Tentou trabar a Xaquín, pero o pai conseguiu reducilo.O can estaba posuído polo espírito de Urco, polo quedecidiron atalo nunha árbore para evitar un novoataque.Chegaron á beira do encoro e estiveron buscando unbo anaco, mais non atoparon ningún carballo.Cando xa ían desistir Antía viu unha botella queflotaba preto da beira. O pai recolleuna cun trueiro.Dentro había un papel coa seguinte mensaxe:Ao pronunciar estas palabras apareceu un carballodiante deles que desprendía unha luz cegadoradeslumbrándoos a todos.
  7. 7. Cando se achegaron ao carballo, viron a seguinteinscrición na súa cortiza:Voltaron ao camiño e viron que Pedriño xa retornaraa ser o can afable que coñeceran, coa súa cara de penae non de rabia como posuída polo espírito de Urco.Desataron ao can e decidiron empregar seu o olfactopara atopar o camiño cara Palas de Rei.Pedalearon toda a noite guiados polo instinto doanimal, o cal os levou a Igrexa de Vilar de Dona xa enPalas de Rei. A carón do cruceiro estaba a horta dascabazas.Buscaron a cabaza máis grande, aínda que lles levouun anaco decidir cal era, e tras varias rifas entre elesdispuxéronse a baleirala. Despois empregaron acandea que lles dera a Santa Compaña para poder vera mensaxe xusto antes de saír o primeiro raio de sol.E como por arte de maxia, coa luz da candea,reflectiuse aos pés do cruceiro unha nova mensaxe:
  8. 8. Xa era de día e andiveron preguntándolle as xentesde Palas de Rei pola torre. Cando a atoparon viron queestaba abandonada e que poñía medo so de mirarpara ela, pero debían entrar nela se querían que Antíanon morrera.Nada máis abrir a porta apareceu de súpeto un vellocoas roupas rachadas e sen un ollo. Díxolles que el erao guía e que con moito agrado lles ensinaría ointerior da torre. Aínda que era algo sospeitoso afamilia tiña moita presa como para buscar a forma desubir ao alto, entón o pai dixo:-Moi amable señor, pero só nos interesa visitar o altoda torre. Pódenos guiar vostede ata alí?O vello puxo mala cara e rañou os dentes, parecíaalgo impaciente, pero aceptou guiar a familia.No alto da torre viron a bandeira, estaba algo rachadae non se adiviñaba ben cara onde sinalaba.-Señor guía, cara onde apunta a bandeira? –preguntou a nai.
  9. 9. -Benquerida familia, alí non vaiades – dixo o vellosen ollo – sinala en dirección a un bosque que hai enArzúa, un lugar escuro e maldito, pois nel as árboresestán vivas e posuídas polo mesmo demo, pois o queentra nel, non sae vivo, as árbores comezan aenraizárseche nos pes e aprémante ata romperche osósos do corpo.- Tanto nos ten!!! – dixo o pai – debemos ir cara alíaxiña.- Veña papá, temos moita presa – dixo Xaquín – tansó nos queda un día para salvar a Antía.O vello non paraba de insistir en que quedaran unanaco máis con el, polo menos a xantar, pois sentíasemoi só. Pero a familia negáballe a invitación unha eoutra vez.Entón o vello púxose coma un tolo e collendo unhadas lanzar das armaduras que había na torre quixomatar a familia a cal tivo que escaparestrepitosamente escaleiras abaixo e saír pitando datorre para salvar a súa vida e poñerse en direccióncara o bosque das árbores malditas de Arzúa, ondemedraba a papoula negra.Proseguiron a súa andaina pedaleandoapresuradamente ata chegar a Arzúa. Alí conseguiron
  10. 10. preguntarlle a un ancián que camiñaba arrimado aun bastón onde se atopaba o bosque.- Perdoe, poderíanos indicar onde se atopa o Bosquedas Árbores Malditas? Precisamos a topar a papoulanegra de inmediato –dixo o pai con voz firme.- Seguide todo este sendeiro e ao lado da fonte xiradeá esquerda, alí se atopa o voso destino. En canto vosadentredes no monte veredes unha pequena e vellacabana que é onde medra a flor, pero tede moitocoidado, xa que ninguén logrou saír vivo de alí.- Moitas grazas bo home.A familia deixou as bicis aparcadas fóra e adentrouseno bosque. Cubriuse todo de súpeto por unha néboaespesa. Xaquín ía camiñando diante cando dixo:- Mamá, teño moita fame.Pero non houbo resposta algunha. Cando volveu acabeza non había ninguén, so o acompañaba Pedriño.O neno comezou a sentir moito medo e empezou acorrer para atopar aos seus pais canto antes.Cando xa levaban un anaco recorrido Xaquíntropezou na pola dunha árbore e caeu ao chan. O canpúxose moi nervioso e comezou a ladrar.O rapazergueuse e viu a cabana da papoula e botou a correr
  11. 11. cara a ela. Entrou con moito medo e alí estaba a súafamilia a punto de coller a flor.- Onde estabades? Tiña moito medo –dixo Xaquín.Nese momento a nai estaba a coller a Papoula Negra etoda a cabana comezou a tremer. A familia botou acorrer e conseguiu saír de aquel Bosque das ÁrboresMalditas.Aínda que estaban moi cansos e tiñan moita fame, ámedia noite remataría o tempo para salvar a Antía,así que montaron de novo nas súas bicicletas eseguiron o camiño porque xa empezaba a anoitecer.Cando pasaron por diante da fonte que lles dixera oancián do bastón , viron unha luz que sinalaba caraao que parecía un cartel dentro da auga que dicía:Así, emprenderon de novo a súa viaxe apurando omáximo posible para que Antía saíra con vida deaquela aterradora experiencia.Cando xa non quedaba moito percorrido para chegara Santiago púxose a chover con moita forza ecomezou a tronar dun xeito estrepitoso que alumabatodo o ceo no medio da escuridade da noite.
  12. 12. A familia estaba moi cansa e empapada por mor dachoiva, pero sentiron un gran alivio cando, dezminutos antes de que rematara o prazo para salvar aAntía, viron ante eles a grandiosa Catedral deSantiago.-Vamos, rápido –dixo o pequeno Xaquín.Todos tiraron as bicicletas no chan e botaron a corrercara a Catedral.Como era xa de noite non podía entrar por ningures,intentárono primeiro pola fachada do Obradoiro, peroestaba pechada, despois correron á porta norte, perotampouco tiveron sorte. Mentres estaban dando voltasrodeando o edificio, a nai decatouse de que unha daspequenas portas laterais, na que estaba representadoo xuízo final estaba entreaberta.-É por aquí – dixo cun fío de vos a nai.Todos correron cara aquela porta. Cando entraron áscarreiras as súas pisadas resoaban en todo o edificio.- EH!!!, non podedes estar aquí – dixo o que parecía serun garda de seguridade.Pero a familia non desistiu do seu empeño e foi entóncando viron o sepulcro do Santiago Apóstolo. Mentres
  13. 13. corrían cara el comezaron a soar as doce badaladasque marcaban o final da vida de Antía.O pai conseguiu deixar a papoula negra sobre osepulcro antes de que soara a derradeira badalada,pero foi en vano, a nena caeu desplomada no chan.A familia correu xunto o corpo de Antía, todoschoraban desconsolados e o pobre Pedriño non facíamáis que lamberlle a cara.O garda de seguridade acercouse e preguntou queacontecía. De súpeto, Antía ergueuse, estaba ben, unpouco aturdida pero non se lembraba do que ocorreranaquel terrorífico percorrido.A familia estaba moi contenta por recuperar a súafilla e tamén lle colleran moito cariño a Pedriño poloque decidiron quedar co can.Di unha lenda que todas as noites de 31 de outubro,noite de bruxas, meiga e mortos viventes a SantaCompaña acode a aterrar a familia e o espírito de Urcoposúe a Pedriño e este torna os ollos en branco e tratade morder a calquera que se lle poña por diante. Así éque a familia nunca poderá esquecer aquelaaterradora viaxe.
  14. 14. .

×