Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×

Dossier Residuos.pdf

Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Próximo SlideShare
Esquema unidad 3
Esquema unidad 3
Cargando en…3
×

Eche un vistazo a continuación

1 de 8 Anuncio

Dossier Residuos.pdf

Descargar para leer sin conexión

Este dossier é o resultado das nosas investigacións sobre os residuos, o seu tratamento e a búsqueda dun mundo máis sostible.

Este dossier é o resultado das nosas investigacións sobre os residuos, o seu tratamento e a búsqueda dun mundo máis sostible.

Anuncio
Anuncio

Más Contenido Relacionado

Más de Berta Campos (20)

Anuncio

Más reciente (20)

Dossier Residuos.pdf

  1. 1. OS RESIDUOS. Un dos elementos que podemos atopar nas paisaxes son os residuos. Un residuo é aquilo inservible que queda despois dunha acción biolóxica, física ou tecnolóxica. Os residuos, o lixo, os refugallos, a broza…son obxectos e restos de obxectos que se producen durante a obtención, preparación e consumo de outros produtos. Tamén son lixo os obxectos cando rompen ou se desgastan. Algúns residuos son biodegradábeis, é dicir, que poden ser aproveitados polo resto dos elementos naturais., outros non son biodegrábeis, sobretodo resultado das novas tecnoloxías. No Castelo e nas casas do seu arredor, non se facia moitos residuos, era doado ceibarse deles. Dende as súas orixes, o home empregou os recursos naturais para asegurarse dos seus, para sobrevivir e crear elementos que che axuden a prosperar nun ambiente difícil e hostil. Nos tempos antigos como no medioevo as persoas tiñan un comportamento semellante ao dos animais, e os poucos residuos que producían integrábanse no medio.
  2. 2. Entre estes recursos, os máis importantes foron a comida e a madeira que, nos primeiros tempos,xeraron restos que se integraron facilmente no ambiente sen afectalo. Os residuos redúcense a defecacións, das persoas que alí vivían, e as esterqueiras onde se amoreaba o esterco producido polos excremento ou feces dos animais: cabalos, ovellas, cabras, vacas, bois, porcos….etc misturada cos sobrantes dos alimentos do Castelo, que se empregaba de fertilizante para a terra. Os animais eran fundamentais para estrumar, para transporte de leña, tanto para cociñar como para o forno do pan, así mesmo para quecerse, para pequenos traballos nas veigas do señor, e dos colonos. Para ter leite. Os manuscritos e a documentación gardada non menciona isto, porén o castelo debía coidarse e mantelo limpo. Os residuos principalmente orgánicos eliminábanse no propio campo, pior o tiñan nas cidades e vilas pertencentes ao señorío de Soutomaior como Redondela, Tui, Baiona,Pontevedra, moitas delas poboadas e con pouca ou ningunha infraestrutura sanitaria, empregábanse os buracos negros. Co paso do tempo, a humanidade evolucionou exponencialmente. Houbo un gran crecemento de centros urbanos vinculados á extracción e transformación de elementos
  3. 3. naturais.Aparecen os gremios nas cidades: ferreiros, alfareiros, cesteiros., curtidos..... Como consecuencia, estas sociedades comezaron a ter dificultades para eliminar os residuos producidos, formando así os primeiros vertedoiros. Na Idade Media, a maioría destas verteduras depositáronse nas mesmas cidades, que causando problemas de roedores e pulgas, proliferando a transmisión da enfermidade como a peste bubónica Os veciños botaban o lixo e excrementos polas ventás das súas casas ás rúas, onde moitos animais se alimentaban delas. Isto, xunto coa presenza de ratas, chinches e pulgas, contribuíu á propagación de enfermidades moi graves. Esta situación moi frecuente a finais da Idade Media , deu paso a unha serie de ordenanzas arredor do século XIII, contra os malos cheiros do lixo que infectaban e corrompían o aire. O lixo empregaban fóra da cidade lugares onde deixalo, para logo queimalo ou enterralo. Logo comezou no S.XV a prohibirse o AUGA VAI!!!
  4. 4. A PROBLEMÁTICA ACTUAL DOS RESIDUOS:  De media, nun fogar xeramos de 1,2 a 1,65 kg de residuos por habitante e día ( entren 500 e 602,25 kg ao ano). A maior parte da nosa bolsa do lixo é materia orgánica porén hai unha alta porcentaxe doutros materiais como o papel e o cartón , envases plásticos, téxtiles, madeira, etc. tamén viaxan na bolsa. No mundo actual prodúcese diariamente máis de 6.000 millóns de quilos de lixo, 1kg. de lixo por persoa. Unha familia de catro persoas produce case 2000 Kg. de lixo ao ano.  O rápido crecemento demográfico, a concentración da poboación nos núcleos urbanos.  O uso de bens materiais de rápido deterioro e de colectores sen retorno, feitos de materiais non degradables. Unha persoa consume ao longo da súa vida 9000 Kg. de envases: 3200 Kg. de papel, 2100 Kg. de vidro, 1500 Kg. de plásticos, 630 Kg. de latas, 570 Kg de envases de materiais varios.
  5. 5.  Un vertido de residuos realizado sen ningún tipo de control presenta un grave risco de contaminación tanto das augas superficiais como subterráneas, co consecuente perigo para a saúde se se utilizan para abastecer de auga potable á poboación.  Os residuos orgánicos favorecen a existencia dun gran número de roedores e insectos portadores de enfermidades e de certa contaminación bacteriana.  Cada ano tíranse toneladas de comida ao lixo que se podían aproveitar.  Moitos residuos non se reciclan e unha cantidade moi grande deses plásticos van parar ao mar ou ao medio natural provocando a norte e destrucción da biodiversidade do lugar. No mar bótase cada ano máis de 175 millóns de quilos de envases, embalaxes e equipos de pesca, varios millóns de residuos industriais e 100 millóns de quilos de redes de pesca. QUE PODEMOS FACER: XOGA A RESPECTAR A NATUREZA  Antes de ir mercar no supermercado, ver os produtos que precisamos de verdade.
  6. 6.  Nunca ir mercar con fame no corpo, xa que mercamos innecesariamente, hai estudos que o corroboran, sempre é mellor mercar despois de xantarmos ben.  Mercar produtos de cercanías sen envases plásticos, a granel.  Levar ao mercado as nosas bolsas, tanto para a froita, legumes, produtos fríos...etc, para que non nos inzemos de máis plásticos innecesarios.  Aproveitar os restos de xantares anteriores para non desperdicialos.  Cada residuo ao colector que lle pertence, plásticos ao amarelo, o papel ao azul, o vidro no colector do vidro...etc  Emprego das tres erres reciclar, reutilizar, e sobretodo reducir, que é o máis importante.  Cada vez que reciclamos, reutilizamos e reducimos estamos aforrando enerxía, auga que é o ben máis preciado que temos ao igual que o aire, e axudamos a mellorar o medio ambiente e mitigar o cambio climático. Evite produtos non reciclables. ...  Non deixes desperdicios nos lugares que visitemos ( rúas, parques, xardíns, montes, praias...)  Controlar os produtos contaminantes. ...deposítaos en sitios seguros: medicamentos, tubos fluorescentes, aparellos electrónicos, electrodomésticos, produtos químicos...  Comportarse un pouco "á vella" .  Doa o que xa non empregamos. ...
  7. 7. NA ESCOLA que podemos facer: Empregar materiais reciclados, reutilizar materiais ( escribe polos dous lados), utiliza lápices e ceras antes que rotuladores, evita alimentos sobreempaquetados, alimentos frescos de proximidade, súmate a facer compost na escola, o lixo no colector correspondente, os aseos non son un caldeiro do lixo, para botar calquera cousa...

×