6º DE PRIMARIA
“A BACHATA PIRATA”
O mar está morto pero por outros lados está cristalino,
pero estamos aquí para deixar todo como o principio.
Fixeches dano, por todos lados
aos peixes, bechos e ás algas tamén.
Hai que limpalo,
É complicado,
O que fixeches
Está todo moi mal
ANDO NAVEGANDO POLOS MARES QUE ME ENSINACHES
ENTRE TODO O LIXO QUE POR AÍ DEIXACHES
DIRÍACHE QUE LIMPASES
PERO ISO É MOI DIFÍCIL
MELLOR NON CONTAMINES OS MARES
(BIS)
O Entroido chega e todo segue así
Plásticos, lixo e de todo vin.
Oxalá te arrepintas e penses coma min.
Vou a ensinarche toda a beleza
Para que os mares limpos aparezan
Ohh…
Eramos piratas sen unha condición
E agora temos unha gran misión
Protexer as Illas da contaminación
Ohhhh…
RETROUSO
Música: La Bachata, Manuel Turizo
COPLAS
ENTROIDO
2023
CEIP QUINTELA — MOAÑA
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
INFANTIL: “UNHA DE PIRATAS”
PIRATAS VEÑEN, PIRATAS VEÑEN,
PIRATAS VEÑEN E VAN.
NON TE VAIAS DE QUINTELA,
QUE ESTAMOS DE CARNAVAL.
(BIS)
NO NOSO BARCO PIRATA
CRUZAMOS OS SETE MARES.
NO NOSO BARCO PIRATA
CRUZAMOS OS SETE MARES.
ATRÁCAMOLO NO PORTO
PARA VIR AQUÍ CANTARE.
ATRÁCAMOLO NO PORTO
PARA VIR AQUÍ CANTARE.
PIRATAS VEÑEN, PIRATAS VEÑEN,
PIRATAS VEÑEN E VAN.
NON TE VAIAS DE QUINTELA,
QUE ESTAMOS DE CARNAVAL.
(BIS)
IMOS BUSCANDO TESOUROS
CANDO A ALGÚN SITIO CHEGAMOS.
IMOS BUSCANDO TESOUROS
CANDO A ALGÚN SITIO CHEGAMOS.
FILLOAS, ROSCAS E ORELLAS
FOI O QUE AQUÍ ATOPAMOS.
FILLOAS, ROSCAS E ORELLAS
FOI O QUE AQUÍ ATOPAMOS.
PIRATAS VEÑEN, PIRATAS VEÑEN,
PIRATAS VEÑEN E VAN.
NON TE VAIAS DE QUINTELA,
QUE ESTAMOS DE CARNAVAL.
(BIS)
MÚSICA: A RIANXEIRA (POPULAR)
5º DE PRIMARIA
“O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ”
En Quintela !!
Festa,festa!!
(Bis)
Chegou o Entroido, vimos das Cíes
Somos piratas, parche no ollo, non te confíes.
Chulas, filloas, quero xantar.
Esquece os deberes é o Entroido, pensa en bailar.
Sorrisos de alegría, hoxe é un gran día.
Agora cantamos todos, desfrutando da festa.
Tsamina mina zangalewa
O Entroido xa está aquí.
Tsamina mina eh, eh
Waka waka eh, eh
Tsamina mina zangalewa
O Entroido xa está aquí.
(BIS)
Somos feroces, somos atroces.
Somos piratas que navegamos ata Moaña.
Amamos as illas, amamos a ría.
Queremos coidala para que dure
É a nosa vida.
RETROUSO (tres veces)
Música: “Waka Waka”, Shakira
“PIRATAS DE 2º”
Estamos en Quintela,
chegou o Entroido.
Somos uns piratas
graciosos e moi bos.
Piratas, piratas,
que somos uns piratas.
Piratas, piratas
e lisca xa de aquí.
Temos nós un parche
que tapa o ollo,
un chaleco quente
e un pano tamén.
RETROUSO
Cando chega o Entroido
comemos filloas,
roscas deliciosas
e orellas tamén.
RETROUSO
Estamos neste cole
buscando tesouros.
Levamos un mapa
e de mascota un loro.
RETROUSO
Nun barco pirata
deixamos Moaña.
Grazas pola escoita,
ata a vista, adeus.
RETROUSO
Música: “Watussi”, Susa Herrera
Aquí estamos os de 3º
de piratas trangalleiros.
Mirádenos que ben lucimos
nesta copla pa cantar.
Puxémonos un chalequiño
como leva o rato Paco
e estámosche preparadiños
pa empezar a troulear.
Moita festa e alegría,
piratiñas por un día.
En Quintela, que non pare
este Entroido vintetrés.
(Bis)
Montadiños nunha gamela
xa chegamos a Quintela
e agora imos navegar
por San Simón sen parar.
Pasarmos debaixo de Rande
aínda que ti non nos mandes
Chegaremos ás Illas Cíes
para un tesouro atopar.
Retrouso
E agora que non nos falte
unha boa lambonada
viríachenos moi ben
un bandullo moañés.
Preparados os de 4º
que tamén quedaron fartos,
con tanta filloase orella
xa non van poder cantar.
Retrouso
Música: “A vaca marela”, A banda da Balbina
3º: PIRATIÑAS POR UN DÍA
4º:”QUINTELA ESTÁ DE FESTA”
O Entroido está aquí
invadindo o noso cole.
Cantaremos todo o día,
paparemos moito doce.
(Bis)
Quintela, está de festa,
Quintela xa está de Entroido.
Estamos ben disfrazados
de piratas empachados.
(Bis)
Este ano no Nadal
saiu voando o tellado.
Quedounos o pavillón
co chan todo enchoupado.
(Bis)
Retrouso
(Bis)
Imos comer as filloas
coas nosas profesoras.
Despois temos orelliñas
para encher as barriguiñas.
(Bis)
Retrouso
(Bis)
Este curso a nosa pista
anda un pouco abandonada.
Necesita unha rede
dos seus postes ben colgada.
(Bis)
Retrouso
(Bis)
Música: “Se chove, deixa chover”, Treixadura
“SON UN PIRATA”
Son un pirata
Un bucaneiro
Busco tesouros acó e aló.
Levo un pano,
levo un parche
e no meu peito, o medallón.
Levo unha blusa,
levo un chaleco
e na cintura un cinturón.
Visto de negro,
e de vermello,
de cor branca é o meu blusón.
RETROUSO
Por grandes mares
vamos barco,
facemos quendas pra ir no timón.
No noso mapa
buscamos cruces,
coa nosa pala imos cavar.
RETROUSO
Música: “Soy una taza”, CantaJuego
1º DE PRIMARIA