Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
CEIP de Randufe Nº 51 xaneiro de 2015
Mentira 9: “É ilegal e...
REGALAR AGASALLOS e AGASALLAR CON
Agora, que acabamos de pasar un tempo no que os Reis Magos, o Papá Noel (que en
galego s...
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Nº 51 xaneiro 2015 en galego,.

488 visualizaciones

Publicado el

Boletín do ENDL do CEIP de Randufe. Nº 51, xaneiro 2015.

Publicado en: Educación
  • Sé el primero en comentar

Nº 51 xaneiro 2015 en galego,.

  1. 1. Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 51 xaneiro de 2015 Mentira 9: “É ilegal e atenta contra os dereitos dos falantes de castelán o feito de que toda a sinaléctica e a documenta- ción oficial (toponimia, relación coa administración, escolas, hospitais, etc.) estean case sempre en galego”.
  2. 2. REGALAR AGASALLOS e AGASALLAR CON Agora, que acabamos de pasar un tempo no que os Reis Magos, o Papá Noel (que en galego soaría mellor se lle chamarmos Papá Nadal) ou o Apalpador trouxeron os seus rega- los, resultan moi oportunas unhas consideracións recollidas do blogue Galego na Rede (https://galegonarede.wordpress.com/) mantido pola escritora e profesora Helena Villar Janei- ro. REGALAR, AGASALLAR e OBSEQUIAR son verbos sinónimos. Porén á hora de construír oracións con estes verbos, AGASALLAR e OBSEQUIAR levan sempre a preposi- ción CON “Regaláronme unha guitarra”. “Agasalláronme CUNHA guitarra”. “Obsequiáronme CUNHA guitarra”. A razón é que o agasallado, ou obsequiado, son eu, non a guitarra. Mais o regalado si é a guitarra. Do mesmo xeito que os verbos anteriores son sinónimos, igual acontece cos nomes REGALO, AGASALLO, OBSEQUIO, GALANO, PRESENTE. Cando nos referimos aos agasallos propios para os cativos e cativas, e máis nestas datas natalicias, podemos estar a falar de XOGO, XOGUETE, BRINQUEDO ou tamén de GARRIDO. Segundo nos explica a profesora Villar Janeiro a palabra GARRIDO “é unha desviación semántica do adxectivo “garrido/a” (bonito/a).” pa- ra a continuación engadir “Non a podemos deixar morrer. Hoxe segui- mos dándolle á infancia garridos, pero son doutro tipo. Polo tanto, serán garridos os xogos e xogue- tes electrónicos, por moi sofisticados que sexan. Serán garridos os libros... Será un garrido todo o que a esa idade gusta recibir e que cumpre un papel fundamentalmente lúdico.” Para rematar di: “ A salvación do idioma tamén consiste en contextualizar estas palabras traéndoas á nosa memoria e ao noso tempo. A salvación do idioma está ta- mén en conservar o vocabulario patrimonial evitando unha lingua lampa, pobre, sen xenio propio.” Fagamos caso a tan atinadas palabras.

×