Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
1. Páxina 1 de 2
BASES PARA O XXX FESTIVAL
XOVES 30 DE MARZO DE 2023. AUDITORIO DE FERROL
1. Obxectivos do Festival.
• Fomentar a acción social de promoción da nosa lingua .
• Desenvolver liñas de dinamización sociocultural do colectivo xuvenil ligadas á
presenza e uso do noso idioma.
• Sensibilizar á mocidade ferrolá na importancia de manter a nosa lingua como
vehículo de expresión cultural
• Promover e dar a coñecer entre a nosa mocidade a aqueles grupos e persoas que
están a desenvolver a súa actividade cultural tendo como referencia a nosa lingua.
2. Grupos que poden participar.
• Poden participar todos aqueles grupos nos que, polo menos, un dos compoñentes
estea vencellado a un centro de secundaria, bacharelato ou ciclos formativos da
comarca de Ferrolterra.
• grupo musical só poderá presentarse representando a un centro de secundaria,
bacharelato ou ciclos.
• Só pode presentarse un grupo por centro.
3. Forma de participar.
Cumprimentando o formulario online que acompaña estas bases e que tamén se pode
atopar na páxina web da Coordenadora en https://mocidade.coordenadora.gal/
O prazo para apuntarse este ano remata o 17 de febreiro.
4. Aspectos técnicos e aportes por parte de organización.
Os aspectos técnicos precisos para o desenvolvemento da actuación deberá
especificalos cada grupo no formulario nomeado anteriormente.
5. Requisitos.
Cada grupo de compoñer dous temas:
• A composición musical deberá ser orixinal en ambos temas.
As letras dos temas:
• Un é de tema libre e deberá ser de autoría propia.
• outro tema deberá ser de autor ou autora recoñecidos e deberá indicarse.
As letras das cancións deberán ser en lingua galega
2. 2
6. Agasallo por ter participado.
Cada grupo recibirá:
• Un ou varios discos gravados do seu paso polo escenario
• último traballo do grupo profesional convidado
• No caso de, por forza maior, suspenderse o festival o disco gravarase igual pero
en estudo de gravación.
7. Asistir como público.
Nunha segunda fase, unha vez seleccionados os grupos profesional e noveis,
contactaremos de novo con todos os centros da comarca que desexen asistir como
público ao Festival.
Tendo en conta que o número de prazas é limitado, a CNLCA procurará que haxa
presenza de todos os centros.
Os centros tamén recibirán agasallo en formato físico de audio.
1000 PRIMAVERAS MÁIS PARA A NOSA LINGUA!
COORDENADORA DE EQUIPAS DE NORMALIZACIÓN
LINGÜÍSTICA DE FERROLTERRA.
cequipnormalizacion@gmail.com
coordenadora.gal