Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

Competencia Galego N3 - Competencia clave

103 visualizaciones

Publicado el

Primer capítulo gratis do manual de Competencias Clave "Competencia Galego N3".

Lograr un bo nivel no uso dunha lingua require esforzo e traballo. Adquirir unha lingua diferente á materna pode ser sinxelo xa que, simplemente coa imitación, somos capaces de comunicarnos. Sen embargo, a linguaxe e o seu emprego van moito máis alá.
Na linguaxe oral axuda a imitación, pero tamén é necesario adquirir coñecementos sobre aspectos que non se aprenden copiando, como por exemplo as normas de interacción ou os rexistros ós que se debe aplicar unha mensaxe.
Por outro lado, a lingua escrita require dun aprendizaxe máis profundo que implica máis traballo, xa que non é o mesmo escribir un Whatsapp que elaborar un texto a partires dunha noticia e que, posteriormente, exporás diante dun público.
Neste manual vas aprender a realizar exposicións orais, coa súa planificación previa, e vas a adquirir os coñecementos necesarios para poder intervir en calquera situación comunicativa, non importa cal sexa o rexistro, porque tamén os estudarás. Ademais, e en referencia á lingua escrita, analizarás textos que empregas na túa vida cotiá (como pode ser o teu currículo) ou textos que terás que redactar (por exemplo, un texto expositivo). Neste caso, aprenderemos tamén que é a cohesión e cales son os sistemas empregados para que os teus textos sexan cohesionados e coherentes.

Consegue o manual completo "Competencia Galego N3" na tenda online de Certia Editorial: http://ow.ly/9q2V30oJqt9

Publicado en: Educación
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Competencia Galego N3 - Competencia clave

  1. 1. 2 Competencia Clave - Galego N3. 2019 Certia Editorial, Pontevedra Tel. 986869606 www.certiaeditorial.com Impreso en España - Printed in Spain Dereitos Reservados 2019, respeto á primeira edición en galego, por Certia Editorial. Certia Editorial incorporou na elaboración deste material didáctico citas e referencias de obras de divulgación e cumpliu todolos requisitos establecidos pola Lei de Propiedade Intelectual. Polos posibles erros e omisións, escusase previamente e está disposta a introducir as correccións pertinentes en próximas edicións e reimpresións. ISBN: 978-84-17328-27-6 Depósito legal: PO 295-2019 Autor: Eva Alcaide Gómez Editor: Cenepo Consult Formato: 170 x 240 mm, 144 páxinas. Non se permite a reprodución total ou parcial deste libro, nin o seu tratamento informático, nin a transmisión de ningunha forma ou por calquera medio, sexa electrónico, mecánico, por fotocopia, por rexistro ou outros métodos, sen o permiso previo e por escrito dos titulares do Copyright. Fonte da fotografía portada: Pixabay, autoriza a copiar, distribuir, comunicar publicamente a obra e adaptar o traballo.
  2. 2. 3 INTRODUCCIÓN............................................................................................................7 1. OS DIFERENTES REXISTROS DA LINGUA..............................................................9 1.1. Identificación das variedades sociais da lingua (estándar, coloquial, culta, vulgar) e diferenciación das características fundamentais da lingua usada nos contextos familiar e profesional............................................................................................................... 12 1.2. Uso, nas producións orais e escritas, do rexistro adecuado da lingua, de acordo co contexto social e coa situación de comunicación en que se empreguen, evitando os vulgarismos e as expresións que denoten algún tipo de discriminación..................... 14 1.3. Recoñecemento e uso dos elementos paraverbais (entoación, pausas, énfase...) e non verbais (expresión verbal, facial, xestos...) adecuados a cada situación comunicativa.17 1.4. Resumo................................................................................................................... 21 1.5. Actividades.............................................................................................................. 23 2. COMPRENSIÓN E SÍNTESE DE TEXTOS ESCRITOS...........................................25 2.1. Análise e interpretación de textos procedentes dos medios de comunicación estritos (reportaxe, editorial, columna...) sinalando os puntos fundamentais tratados e as súas relacións, e o carácter destes textos (expositivo, argumentativo...)............................. 28 2.2. Análise e interpretación de textos da vida cidadá e profesional como disposicións legais, contratos, folletos informativos, correspondencia institucional e comercial, solicitudes, currículos, recoñecendo os elementos de contido e estruturais que lles son propios.. 32 2.3. Identificación de distintos procedementos de conexión nos textos, con especial atención aos conectadores de causa, consecuencia, condición e hipótese, e dos mecanismos gramaticais e léxicos de referencia interna................................................................ 39 2.4. Expresión do contido fundamental dos textos estudados mediante os procedementos adecuados: esquemas, mapas conceptuais, resumo escrito........................................ 41 Índice
  3. 3. 4 2.5. Consulta e interpretación adecuada das informacións lingüísticas que proporcionan os dicionarios da lingua (gramaticais, semánticas, rexistro e normativa)........................ 47 2.6. Resumo................................................................................................................... 49 2.7. Actividades.............................................................................................................. 51 3. A PALABRA FALADA .................................................................................................55 3.1. Intervención en situacións de comunicación propias do ámbito profesional ou da vida cotiá, respectando as normas da interacción oral...................................................... 57 3.2. Exposición oral da información tomada de varios medios de comunicación e doutras fontes de información sobre un mesmo tema de actualidade, comparando as diferentes opinións e puntos de vista, respectando as normas que rexen a interacción oral....... 59 3.3. Presentacións orais ben estruturadas sobre temas relacionados coa vida profesional e coa actualidade, dos que existan puntos de vista diferentes, con apoio das tecnoloxías da información e da comunicación............................................................................... 60 3.4. Resumo................................................................................................................... 65 3.5. Actividades.............................................................................................................. 67 4. A EXPOSICIÓN E A ARGUMENTACIÓN................................................................69 4.1. Recoñecemento en exemplos reais das características estruturais e formais dos textos expositivos, explicativos e argumentativos................................................................ 72 4.2. Identificación e uso adecuado dos conectadores textuais de causa, consecuencia, condición................................................................................................................ 75 4.3. Recoñecemento e uso adecuados dos mecanismos gramaticais (pronomes persoais, demostrativos, posesivos) e léxicos (repeticións, sinónimos, hiperónimos, elipse) de referencia interna textual.......................................................................................... 76 4.4. Recoñecemento e uso de formas de expresión da subxectividade en textos expositivos e argumentativos...................................................................................................... 78 4.5. Utilización da biblioteca (dicionarios, enciclopedias) e das tecnoloxías da información de da comunicación para localizar, seleccionar e organizar información................... 79
  4. 4. 5 4.6. Uso de procedementos para compoñer os enunciados cun estilo dotado de cohesión (uso de aposición, oracións de relativo, construcións de xerundio e participio, oracións coordinadas e subordinadas)...................................................................... 80 4.7. Resumo................................................................................................................... 85 4.8. Actividades.............................................................................................................. 87 5. OS TEXTOS ESCRITOS NOS ÁMBITOS PROFESIONAL E PERSOAL.................91 5.1. Comprensión de textos da vida cotiá como disposicións legais, contratos, folletos informativos, correspondencia institucional e comercial, recoñecendo os elementos de contido e estruturais que lles son propios................................................................. 93 5.2. Utilización da biblioteca (dicionarios, enciclopedias) e das tecnoloxías da información de da comunicación para localizar, seleccionar e organizar información................... 95 5.3. Composición de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais como solicitudes, reclamacións, currículum vitae, cartas, utilizando adecuadamente as características formais que lles son propias..................................................................................... 95 5.4. Uso de procedementos para compoñer os enunciados cun estilo dotado de cohesión (uso de aposicións, oracións de relativo, construcións de xerundio e participio, oracións coordinadas e subordinadas).................................................................... 100 5.5. Recoñecemento e uso adecuados dos mecanismos gramaticais (pronomes persoais, demostrativos, posesivos) e léxicos (repeticións, sinónimos, hiperónimos, elipse) de referencia interna textual........................................................................................ 101 5.6. Resumo................................................................................................................. 103 5.7. Actividades............................................................................................................ 105 6. RESUMO FINAL.......................................................................................................107 7. AVALIACIÓN POR TEMAS......................................................................................109 8. AVALIACIÓN FINAL................................................................................................111 9. SOLUCIÓNS.............................................................................................................113
  5. 5. Competencia Clave - Galego N36 9.1. Actividades............................................................................................................ 113 9.2. Avaliación por temas.............................................................................................. 121 9.3. Avaliación final...................................................................................................... 124 10. BIBLIOGRAFÍA......................................................................................................125 11. ANEXO GRAMATICAL..........................................................................................127
  6. 6. 7 Lograr un bo nivel no uso dunha lingua require esforzo e traballo. Adquirir unha lingua diferente á materna pode ser sinxelo xa que, simplemente coa imitación, somos capaces de comunicarnos. Sen embargo, a linguaxe e o seu emprego van moito máis alá. Na linguaxe oral axuda a imitación, pero tamén é necesario adquirir coñecementos sobre aspectos que non se aprenden copiando, como por exemplo as normas de interacción ou os rexistros ós que se debe aplicar unha mensaxe. Por outro lado, a lingua escrita require dun aprendizaxe máis profundo que implica máis traballo, xa que non é o mesmo escribir un Whatsapp que elaborar un texto a partires dunha noticia e que, posteriormente, exporás diante dun público. Neste manual vas aprender a realizar exposicións orais, coa súa planificación previa, e vas a adquirir os coñecementos necesarios para poder intervir en calquera situación comunicativa, non importa cal sexa o rexistro, porque tamén os estudarás. Ademais, e en referencia á lingua escrita, analizarás textos que empregas na túa vida cotiá (como pode ser o teu currículo) ou textos que terás que redactar (por exemplo, un texto expositivo). Neste caso, aprenderemos tamén que é a cohesión e cales son os sistemas empregados para que os teus textos sexan cohesionados e coherentes. Finalmente, tamén aprenderás como moverte nunha biblioteca e na ampla rede de Internet para cando precises realizar una procura de información para documentarte sobre o que estás a escribir. Comezamos! Introducción
  7. 7. debido al contacto con otros dialectos y lenguas propias. La antigua colonia inglesa de la India es un caso peculiar con muchas lenguas reconocidas y numerosos dialectos, según las regiones el inglés es o no cooficial con el hindi o con las lenguas propias de esa zona del país. Este breve recorrido por el inglés en el mundo nos muestra las múltiples culturas e influencias que se mezclan con la lengua inglesa dotándola de vocabulario y estructuras diferentes y, en suma, enriqueciéndola como lengua viva que es. Dentro de este apartado debemos hacer referencia a la utilización de los diferentes registros adecuados al contexto, formal o informal en el que nos encontremos, al interlocutor y la intención comunicativa, al canal de comunicación y al soporte, es decir, adecuar el registro a los diferentes elementos de la comunicación. Volveremos sobre ello en otros apartados. Un contexto laboral, profesional, personal, social, etc. requerirá un registro formal o informal según en cúal de ellos nos encontremos. Quien sea nuestro interlocutor o interlocutores nos exigirá modificar nuestro registro para adaptarnos a ellos, tal y como ocurre con la intención comunicativa, claramente no será lo mismo una comunicación con intención de convencer a un posible cliente que a un conocido, o que nos encontremos en una conversación de carácter más familiar o afectivo. En lo relativo a los canales de comunicación o soportes por los que se transmite la información nos encontramos con claras diferencias si son medios de comunicación interpersonales como radio, televisión, etc. que se dirigen a receptores genéricos y muy amplios, o canales personales más directos como el teléfono o cualquier comunicación dirécta como videollamada, en persona, etc. Actualmente la comunicación cuenta con canales interactivos en los que las partes pueden interactuar durante el proceso comunicativo, de forma muy ágil y próxima, el ejemplo más claro son las redes sociales. En todos los casos adaptaremos los registros para que la comunicación se produzca de forma adecuada para todas las partes. 1.5. Profundización en los elementos culturales más relevantes: similitudes y diferencias significativas entre costumbres, comportamientos, actitudes, valores o creencias que prevalecen entre hablantes de la lengua inglesa y de la propia Las diferentes culturas de habla inglesa tienen costumbres, valores, creencias y comportamientos que pueden coincidir o diferenciarse mucho de los nuestros. Es Competencia Clave - Galego N3 9 - Os diferentes rexistros da lingua - 1
  8. 8. Competencia Clave - Galego N3 11 Unha das características que temos os seres humanos é a capacidade de comunicarnos. Podemos facelo de diferentes xeitos (empregando xestos, signos, etc.), pero un dos máis importantes é a linguaxe. Esta presenta diferentes variedades, entre as cales podemos distinguir a seguintes: • Históricas: diferenzas que presenta unha lingua ó longo da evolución da historia (por exemplo, ti non falas igual que o facían os teus avós). • Xeográficas: diferenzas que presenta unha lingua en función da zona xeográfica onde se empregue (por exemplo, non se fala o mesmo galego en Vigo que en Ourense). • Sociais: diferenzas que presenta unha lingua en función do nivel cultural do falante (por exemplo, non fala igual un académico que un rapaz). • Situacionais: diferenzas que presenta unha lingua en función da situación na que se atope o falante (por exemplo, ti non falas igual cun neno que cun descoñecido). Dentro desta última variedade, podemos distinguir o que se coñece como rexistros lingüísticos, que son as distintas maneiras que ten unha persoa para expresarse dependendo do contexto ou situación. Este rexistros son: • Formal: é a linguaxe que empregamos cando temos que coidar o que dicimos, como o dicimos, etc. Adoptariamos un rexistro formal nunha entrevista de traballo. • Informal: é o rexistro máis empregado na lingua oral, xa que é unha linguaxe relaxada e sen adaptarse demasiado á norma. Empregariamos este rexistro nunha conversa con amigos. Polo tanto, esta variedade ten en conta factores coma o contexto, a situación, os falantes, etc.
  9. 9. Competencia Clave - Galego N312 1.1. IDENTIFICACIÓN DAS VARIEDADES SOCIAIS DA LINGUA (ESTÁNDAR, COLOQUIAL, CULTA, VULGAR) E DIFERENCIACIÓN DAS CARACTERÍSTICAS FUNDAMENTAIS DA LINGUA USADA NOS CONTEXTOS FAMILIAR E PROFESIONAL Tal e como estudamos no apartado introdutorio, a variedade social é a que se encarga de estudar as diferenzas lingüísticas que suceden tendo en conta o nivel sociocultural dos seu falantes. Deste xeito, terá en conta factores como a profesión, o lugar de residencia, o nivel cultural, etc. Dentro desta variedade lingüística podemos distinguir varios niveis: • Culto: presenta unha total corrección, xa que segue todos os modelos normativos da lingua. Este nivel é propio das persoas con formación e caracterízase por ter unha gran corrección gramatical, exactitude e precisión léxicas e emprego de estruturas complexas (por exemplo: Don Federico Pérez, alias «O Rapazolo» foi sancionado cunha pena de prisión despois de que fora acusado polas autoridades pertinentes a causa do movemento ilícito de sustancias estupefacientes). • Estándar: presenta o nivel medio da lingua. É o que empregan os medios de comunicación, xa que respecta a normativa lingüística vixente (por exemplo: Federico Pérez, «O Rapazolo», foi encarcerado tras o xuízo por todas as penas de tráfico de drogas coñecidas). • Popular: é o nivel que empregamos no día a día as persoas cun grao de formación máis ou menos alto. Neste caso, non se respectan ó 100% as normas da lingua pero tampouco descoidase a linguaxe. É un nivel moi subxectivo, con frases que non sempre se rematan (por exemplo: meteron no cárcere ó Rapazolo polo tema das drogas que comentaron... non sei... hai uns días na tele). • Vulgar: é o nivel máis baixo, propio de persoas cun grao moi baixo e que non teñen amplitude de léxico, empregando palabras malsoantes e vulgarismos (por exemplo: ei! Seica enchironaron ó Rapazolo tío. Non sei que movida pasou que pilláronno trapicheando). Por outro lado, podemos distinguir entre a linguaxe familiar e a linguaxe profesional, que se corresponderían co nivel popular e o estándar, respectivamente. Son moi distintos entre si, polo que imos a realizar un cadro comparativo:
  10. 10. Competencia Clave - Galego N3 13 Familiar Profesional Nivel popular (Dixéronme que a profe ti- vera que cambiar o exame por non sei que do embarazo ou algo así). Nivel estándar (Na circular informouse de que a docente tivo que modificar a data do exame por problemas de xestación). Rexistro informal, xa que estás nun am- biente familiar (Xoán e un tío que mola moitísimo e traballa a saco). Rexistro formal que propicia o ambiente laboral (O Sr. Rodríguez e unha excelente persoa e un traballador moi cualificado). Espontaneidade. A mensaxe emítese de xeito espontáneo e sen preparar (E entón díxenlle...oe, espera que acabo de lembrarme de que teño que...ou non, xa o fixen onte, sigo contándote). Elaboración previa da mensaxe xa que existe tempo para redactar o texto (O mo- mento de preguntas terá lugar ó final da ex- posición para evitares calquera interrupción molesta). Improvisación, o que implica que moitas veces falemos sen pensar (Dixéronme que andaba a dicir cousas sobre min. Como a teña diante voulle dar unha tunda...non sei, e que non o entendo). Precisión léxica. Como consecuencia do tempo de elaboración, os textos non son improvisados (Os problemas que acontece- ron ca traballadora deberán ser tratados co debido respecto e a profesionalidade que ca- racteriza a esta empresa). Trato de ti (Tes que facer o traballo dun- ha vez, home, que se non vaste quedar sen tempo). Trato de vostede (Vostede debería comezar a facer o traballo para que non se esgote o tempo de entrega, se non pode que non llo admitan). Oración incompletas e sen rematar (E que o que fixo...eu non entendo como pode...terei que chamala). Orde e coherencia nas mensaxes, o que lle outorga unha maior calidade (Para poder chegar a un acordo deberanse realizar as re- unións pertinentes e necesarias). Como podes comprobar, non teñen nada en común, polo que deberás saber adaptarte ás circunstancias que te rodean para saberes como cambiar dun tipo de fala ó outro.
  11. 11. Competencia Clave - Galego N314 1.2. USO, NAS PRODUCIÓNS ORAIS E ESCRITAS, DO REXISTRO ADECUADO DA LINGUA, DE ACORDO CO CONTEXTO SOCIAL E COA SITUACIÓN DE COMUNICACIÓN EN QUE SE EMPREGUEN, EVITANDO OS VULGARISMOS E AS EXPRESIÓNS QUE DENOTEN ALGÚN TIPO DE DISCRIMINACIÓN Como xa vimos nun apartado anterior, a lingua é usada de xeito diferente por cada individuo. Ademais, cada individuo fala de xeito diferente tendo en conta diversos factores (isto é o que definimos como rexistro). Deste xeito, non falamos igual co noso xefe que ca nosa parella. Polo tanto, este cambio de rexistro faise de xeito automático, é dicir, non temos que pensar en facelo porque xa é algo inherente a nós mesmos. Sen embargo, podemos facer unha lista dos aspectos que fan que este cambio de rexistro se produza: • O medio: hai que ter en conta o medio que empregamos para emitir as mensaxes (por exemplo, non nos comunicamos igual por carta que falando). • O tema: hai modificacións de rexistro cando varía o tema (non falas igual sobre economía que sobre deportes). • A intención: dependendo do obxectivo que temos, cambiamos o rexistro (por exemplo, se queres vender algo non empregas a mesma linguaxe que cando vas saudar a alguén pola rúa). • As relacións: a relación entre emisor e receptor fai que varíe o rexistro empregado (tal e como dixemos, non é o mesmo falarlle ó xefe que a un fillo). Imos ver un exemplo de como levamos a cabo, as veces de xeito inconsciente, este cambio de rexistro: Exemplos de conversación oral Cun xefe (formal) Cun amigo (informal) - Bos días, señor Gómez. Quería falar con vostede sobre a reunión que teremos o xoves. - Si, claro. Dígame. - Resulta que o xoves teño unha reunión cos xefes do choio. - Non ías levar a nena o médico? - Si, tranquilo. Xa falei con el e díxenlle que non podía ir.
  12. 12. Competencia Clave - Galego N3 15 - Verá, xa sei que acordaramos de facela as 12 da mañá, pero resúltame imposible chegares a tempo porque teño que levar a miña filla ó médico. - Entón, cal é o cambio que temos que facer? - Pois eu pensara en facela a primeira hora ou deixala para a tarde. Realmente penso que é mellor facela pola mañá cedo. - Paréceme ben. Manda un correo ós asistentes para que coñezan o cambio. - Moitas grazas, señor. - E que dixo? - Bah, sen problema. Sempre que falo con el consigo o que quero. Xa lle dixen que a podiamos facer o mesmo día pero pola mañá cedo, as 9. - Pois moi ben. - Si, porque así dáme tempo a todo e non ando con présas por todas partes. Exemplos de conversación escrita Cun xefe (formal). Un correo solicitando un día. Cun amigo (informal). Un correo. Estimado señor Gómez: Son Pedro Ramírez, do departamento de I+D. Póñome en contacto con vostede xa que gustaríame pedirlle o favor de poder ausentarme o xoves sobre as 11:30. O mo- tivo é que ás 12 teño que levar á miña filla ó médico e non teño a ninguén que poida levala. Non podo dicirlle canto tempo estarei au- sente pero, se é necesario, farei máis horas á tarde para compensar a miña ausencia. Quedo á espera da súa resposta. Reciba un saúdo. Redro Ramírez. Ei! Que mañá teño que levar á nena ó mé- dico e non teño con quen deixar ó peque- no. Que fas ti as 12? Podes quedar con el, non? Eu non sei a que hora volverei, pero se quedas con el ata que chegue, o sábado invítote a cear. Veña, non sexas mala per- soa e axúdame por esta vez. Unha aperta! Como podes comprobar, o ton, a linguaxe, o léxico, etc. son completamente diferentes nun caso e noutro. É por iso que resulta necesario saber cando e como debemos cambiar de rexistro. Non sería apropiado que fales co teu xefe coma se falases con un amigo. Lembra que na linguaxe formal botamos man da persoa de cortesía (vostede/vostedes) para recalcar o respecto que le debemos á persoa a cal lle estamos a falar. Tamén na linguaxe formal empregamos un léxico máis correcto e elaborado, de acordo ca situación e o contexto. Pola contra, o rexistro formal permite o emprego
  13. 13. Competencia Clave - Galego N316 dunha linguaxe máis relaxada sen necesidade de ser tan cordiais, pero sen seres nunca irrespetuosos. A pesares do cambio de rexistro, non deberiamos introducir na fala palabras malsoantes ou termos que puideran ofender a outros ou resultar discriminatorios. Ten en conta que a fala ten que ser empregada para comunicarse, chegar a acordos ou discutir, pero sempre dende o respecto. A pesares de que tratemos de ser politicamente correctos, hai moitas expresións que empregamos, pode que de xeito inconsciente, pero que non son todo o inocentes que pensamos. Por exemplo, existen expresións que fan referencia ó racismo (nesa empresa fannos traballar coma negros), ó machismo (pega coma se fose unha nenaza), á homofobia (o proxecto que está a facer é unha mariconada) ou incluso á discriminación laboral (ese traballo ten que facelo unha muller). Así pois, debes coidar a túa expresión lingüística é evitar este tipo de expresións que poden ofender á persoa que está a escoitar as túas palabras. Por outro lado, existen unha serie de elementos chamados desviacións da lingua que tamén deben ser evitados. Unha destas desviacións son os vulgarismos, termo que refírese a alteracións da lingua, normalmente oral, pero que frecuentemente trasládase á lingua escrita. Por exemplo, dicir *perfeuto en lugar de perfecto. A continuación tes unha lista dos vulgarismos máis común cando se fala galego: Vulgarismo Palabra correcta Caridá Caridade Verdá Verdade Probe Pobre Melro Merlo Derde Desde Coluna Columna Repunante Repugnante Arrodear Rodear Aldeia Aldea Garavata Gravata Mullere Muller Ninguién Ninguén Tar Estar
  14. 14. Competencia Clave - Galego N3 17 Direito Dereito Anduriña Andoriña Fuciño Fociño 1.3. RECOÑECEMENTO E USO DOS ELEMENTOS PARAVERBAIS (ENTOACIÓN, PAUSAS, ÉNFASE...) E NON VERBAIS (EXPRESIÓN VERBAL, FACIAL, XESTOS...) ADECUADOS A CADA SITUACIÓN COMUNICATIVA Dentro do proceso comunicativo hai moitos elementos aparte dos verbais, xa que non todo limítase á transmisión dunha mensaxe de xeito oral ou escrita. Así pois, podemos falar de elementos paraverbais e elementos non verbais. Imos estudalos máis a fondo. A linguaxe paraverbal e os seus elementos serven como apoio da comunicación, xa que axudan na expresión de emocións e na comprensión da mensaxe. Polo tanto, empréganse para complementar a comunicación a través de cambios no ton e no volume da voz, o ritmo, os silencios, etc. Por exemplo: se queremos que alguén participe nunha conversa na que estamos a falar, tendemos a baixar o volume ó rematar a derradeira oración para que así o receptor saiba que estamos a esperar a súa resposta e sexa quen de sentir a invitación a falar. Ou se estamos a discutir con alguén, e non queremos interrupcións, subimos o volume da nosa voz. A entoación é tamén un elemento paraverbal. Cando falamos non empregamos sempre o mesmo ton, neutro, que non permitiría identificar o tipo de oracións que estamos a reproducir, por exemplo: imaxina a oración «teño cuartos» e fíxate como a entoación cambia: Enunciativa afirmativa Interrogativa
  15. 15. Competencia Clave - Galego N318 Deste xeito, a oración enunciativa mantén o ton, mentres que a interrogativa, elévao ó principio para volver baixalo ó final. Sen embargo, cando a oración interrogativa ten un pronome que a encabeza, a entoación, unha vez máis, vese modificada: Quen o ten que chamar? Así pois, a entoación comeza sendo alta e baixa a medida que remata a pregunta. Ten en conta que o acento tamén inflúe, así como o tipo de voz ou o momento no que se emitan as oracións. Estas representacións son só un exemplo de como, en situacións normais cun acento máis ou menos común, podemos establecer unha entoación para todos os galego falantes. Outro aspecto moi importante é o emprego das pausas. Fíxate nos seguintes exemplos: Sen pausa Con pausa Non vou xogar o martes. Non, vou xogar o martes. Imos comer nenos Imos comer, nenos. Se te fixas, o emprego da coma pode variar considerablemente o significado da oración. No primeiro caso, no exemplo sen pausa, enténdese que o emisor non vai ir xogar o martes. Sen embargo, no exemplo oposto, o significado da oración con comas, o emisor está negando unha afirmación anterior (por exemplo, unha pregunta tipo: hoxe tes partido?) e comunica que vai xogar o martes. A información que se transmite nas dúas oracións é completamente distinto. O mesmo ocorre no segundo exemplo. Neste caso, a primeira oración (sen coma) incita ó canibalismo, namentres que a segunda é unha chamada para que os nenos acudan á mesa. Isto non só ocorre na lingua escrita, se non que na lingua falada pasa exactamente o mesmo. É por iso que resulta moi importante facer as pausas no lugar correcto. O énfase é tamén moi importante á hora de comunicarse oralmente. Na lingua escrita empregamos recursos coma o subliñado ou a negriña para resaltar unha palabra
  16. 16. Competencia Clave - Galego N3 19 ou grupo de palabras. Na lingua oral ocorre o mesmo: empregamos determinados recursos para que os receptores presten máis atención ás palabras que nos interesan. Por exemplo, poñemos énfase elevando a voz nun momento determinado, acompañando con xestos (por exemplo, o xesto que habitualmente faise para expresar que algo va entre comiñas), facendo unha pausa antes ou despois de algo moi importante, etc. Por outra banda, temos os elementos non verbais, que refírense a xestos ou mímica que facemos para complementar a nosa mensaxe. Por exemplo: sinalar un banco mentres digo «imos sentarnos alí» sería un elemento non verbal. Agora imos esquematizar estes aspectos e re agrupalos segundo a actitude comunicativa: Actitude Elementos paraverbais Elementos non verbais Imaxe Enfado Elevar o volume da voz Ton firme e seguro Cellas enrrugadas Brazos cruzados Beizos apertados Xestos ameazantes Alegría Volume elevado Musicalidade nas palabras Sorrisos Abrazos Lixeiro peche dos ollos polo sorriso Tristeza Ton neutro Volume baixo Bágoas Mirada baixa Lamentos Suspiros Aburrimento Ton neutro Prolongación das palabras Corpo relaxado Ombros caídos Xesto neutro na cara
  17. 17. Competencia Clave - Galego N320 Sorpresa Ton irregular Volume elevado Oracións sen finalizar Ollos e boca abertos Movementos dos brazos Relaxación da mandí- bula Así pois, dependendo da situación comunicativa, case inconscientemente, levaremos a cabo unha serie de elementos paraverbais e non verbais que farán que a emisión da mensaxe sexa moito máis clara.
  18. 18. Competencia Clave - Galego N3 21 Ó longo desta unidade aprendemos todo o relacionado cos rexistros e as variedades lingüísticas. Agora xa sabes cal é o que debes escoller tendo en conta o contexto (formal, informal, culto, estándar, etc.). Ademais, tamén puidemos repasar os elementos paraverbais e non verbais que axudan a que as nosas mensaxe cheguen ós receptores dun xeito moito máis accesible. Resumo
  19. 19. Competencia Clave - Galego N3 23 1. Identifica o nivel ó que pertence cada unha destas oracións: - No conflito armado non faleceu ningún civil. - Menos mal que non morreu ninguén na guerra. - Non hai que lamentar ningunha morte na guerra. - Oes, seica non morreu ninguién na guerra esa. 2. Indica se as seguintes palabras son, ou non, vulgarismos: perfeuto, pobre, direito, múseca, interés. 3. Nos seguintes textos, indica cal pertence ó ámbito profesional e cal ó ámbito familiar. a. Só temos que buscar o mellor xeito de facer o encargo sen que aparezan problemas ou, se aparecen, que sexan sinxelos de arranxar. b. Hai que argallar o que sexa ata atopar a maneira de facer iso sen que . problemas porque se os temos...pois habería que facer algo. 4. Indica o rexistro que empregarías en cada un dos seguintes contextos. a. Nunha reunión familiar. b. Fronte a máquina de café do traballo falando cun compañeiro. c. Nunha videochamada cun familiar. d. Falando co servizo técnico do teu ordenador. Actividades

×