SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 41
Descargar para leer sin conexión
PROGRAMACION
BIOLOXIA E XEOLOXIA.
       3º ESO.




   RUTH FONTAO REY
INDICE:


1.  INTRODUCCIÓN
2.  RELACIÓN DA ÁREA COAS COMPETENCIAS BÁSICAS
3.  OBXECTIVOS
4.  CONTIDOS
5.  TEMPORALIZACIÓN
6.  CRITERIOS DE AVALIACIÓN
7.  MÍNIMOS EXIXIBLES
8.  CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN, PROCEDEMENTOS E
    INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN.
9. TRATAMENTO DO FOMENTO DA LECTURA
10. TRATAMENTO DO FOMENTO DAS TIC
11. PLANS DE TRABALLO PARA SUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES
12. METODOLOXÍA DIDÁCTICA
13. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
14. PROGRAMACIÓN DE TEMAS TRANSVERSAIS
15. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.
16. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
17. PROGRAMACIÓN DAS UNIDADES.




INTRODUCCIÓN:

       A materia de Bioloxía e Xeoloxía inclúese dentro da área das ciencias da
natureza e é impartida durante os cursos de 3º e 4º da ESO. No presente curso
consta de dúas horas semanais.
       A finalidade do ensino desta área céntrase no desenvolvemento de
habilidades e estratexias para recoller informacións de diferentes fontes,
analizalas e valoralas, formarse opinións fundamentadas, formular hipóteses,
contrastalas mediante a observación e experimentacións, e elaborar
conclusións e informes; en suma, resolver problemas e formar cidadáns e
cidadás críticos, con capacidade para elaborar opinións propias que lles
permitan participar democraticamente nas decisións políticas que toman os
representantes sociais sobre o ambiente, a saúde e as aplicacións dos
adiantos científicos e técnicos. Trátase de familiarizar o alumnado coa natureza
e as ideas básicas da ciencia co obxectivo de que poida comprender as
problemáticas de orixe científica que o afecten como persoa e cidadán, e así
poder xerar actitudes responsables que lle permitan participar na toma de
decisións cando se procura a súa solución.
       O desenvolvemento do currículo da área de ciencias debe ter en conta
as alumnas e os alumnos aos cales se dirixe, a diversidade nos niveis de
desenvolvemento das súas capacidades, os seus intereses e expectativas,
ofertando uns contidos que faciliten o achegamento á natureza e ás ideas
básicas da ciencia e que axuden á comprensión dos problemas a cuxa solución
poida contribuír o desenvolvemento científico e tecnolóxico, favorecendo
actitudes responsables dirixidas a sentar as bases dun desenvolvemento
sustentable.
       Na educación primaria, a área de coñecemento domedio integra
aspectos sociais, naturais e culturais desde unha perspectiva global e baseada
nas vivencias e coñecementos cotiáns dos estudantes, para chegar a
establecer relacións entre eles e unha formulación máis científica. Na
educación secundaria obrigatoria hai que partir dos coñecementos anteriores
para irse achegando progresivamente a interpretacións máis elaboradas sobre
o mundo que nos rodea. Nos dous primeiros cursos intégranse todas as
materias nunha visión máis global de área, coa finalidade de manter unha
aproximación de conxunto aos fenómenos naturais. Nos dous últimos cursos,
tendo en conta a madurez cognitiva do alumnado, diferéncianse en bioloxía e
xeoloxía e física e química, xa que se afonda máis en aspectos
epistemolóxicos de cada unha das materias.
       Os contidos están secuenciados en cursos e organizados en bloques
que inclúen un conxunto de saberes relacionados, e permiten a súa
organización arredor de eixes estruturantes de interese que sirvan de fío
condutor para a súa interrelación, o que facilita unha aprendizaxe integradora.
Os núcleos en que se organiza o currículo son os de materia, enerxía,
interacción, cambio, unidade e diversidade.

RELACIÓN DA MATERIA COAS COMPETENCIAS BÁSICAS.

      A contribución da Bioloxía e Xeoloxía á consecución das competencias
básicas da Educación Obrigatoria é esencial. Materialízase nos vínculos
concretos que mostramos a seguir.

Coñecemento e interacción co mundo físico. A maior parte dos contidos de
Bioloxía e Xeoloxía teñen unha incidencia directa na adquisición da
competencia que implica determinar relacións de causalidade ou influencia,
cualitativas ou cuantitativas, que require analizar sistemas complexos, onde
interveñen varios factores. A materia soporta a familiarización co traballo
científico para o tratamento de situacións de interese, a discusión acerca do
sentido das situacións propostas, a análise cualitativa, significativo das
mesmas, a formulación de conxecturas e inferencias fundamentadas, a
elaboración de estratexias para obter conclusións, incluíndo, se é o caso,
deseños experimentais, e a análise dos resultados.

       A competencia matemática está intimamente asociada ás
aprendizaxes que se abordarán. A utilización da linguaxe matemática para
cuantificar os fenómenos e expresar datos e ideas sobre a natureza
proporciona contextos numerosos e variados para pór en xogo os contidos
procedementos e formas de expresión acordes co contexto, coa precisión
requirida e coa finalidade que se persiga. No traballo científico preséntanse a
miúdo situacións de resolución de problemas de formulación e solución máis ou
menos abertas, que esixen pór en xogo estratexias asociadas a esta
competencia.

     Tratamento da información e competencia dixital e para aprender a
aprender.
Son competencias que se desenvolven por medio da utilización de
recursos como os esquemas, mapas conceptuais, a produción e presentación
de memorias, textos, etc. Na faceta da competencia dixital contribúese a través
da utilización das tecnoloxías da información e a comunicación na aprendizaxe
das ciencias para comunicarse, conseguir información, retroalimentala, simular
e visualizar situacións, obtención e tratamento de datos, etc. Trátase dun
recurso útil no campo das ciencias da natureza e que contribúe a mostrar unha
visión actualizada da actividade científica.

        Competencia social e cidadá está ligada ao papel da ciencia na
preparación de futuros cidadáns dunha sociedade democrática para a súa
participación na toma fundamentada de decisións. A alfabetización científica
constitúe unha dimensión sobranceira da cultura cidadá, garantía de aplicación
do principio de precaución, que se apoia nunha crecente sensibilidade social
fronte ás implicacións do desenvolvemento tecnocientífico que poidan
comportar riscos para as persoas ou o medio ambiente.

        Comunicación lingüística. A materia esixe a configuración e a
transmisión das ideas e informacións. O coidado na precisión dos termos
utilizados, no encadeamento adecuado das ideas ou na expresión verbal das
relacións fará efectiva esta contribución. O dominio da terminoloxía específica
permitirá, ademais, comprender suficientemente o que outros expresan sobre
ela.

        Autonomía e iniciativa persoal, competencia que se estimula a partir
da formación dun espírito crítico, capaz de cuestionar dogmas e desafiar
prexuízos, a partir da aventura que supón afrontar problemas abertos e
participar na construción tentativa de solucións; a partir da aventura que
constitúe facer ciencia.

OBXECTIVOS XERAIS

     O ensino das ciencias da natureza nesta etapa terá como obxectivo o
desenvolvemento das seguintes capacidades:

1. Comprender e utilizar as estratexias e os conceptos básicos das ciencias da
natureza para interpretar os fenómenos naturais, así como para analizar e
valorar as repercusións do desenvolvemento científico e das aplicacións
tecnolóxicas.

2. Aplicar, na resolución de problemas e en sinxelas investigacións, estratexias
coherentes cos procedementos das ciencias, tales como a discusión do
interese dos problemas propostos, a formulación de hipóteses, a elaboración
de estratexias de resolución e de deseños experimentais, a análise de
resultados, a consideración de aplicacións e repercusións do estudo realizado
e a busca de coherencia global.

3. Comprender e expresar mensaxes con contido científico utilizando diferentes
linguaxes como oral, escrita, gráfica, icónica, multimedia, etc. con propiedade,
así como comunicar a outros argumentacións e explicacións empregando os
coñecementos científicos.

4. Buscar e seleccionar información sobre temas científicos utilizando
diferentes fontes e medios e empregala, valorando o seu contido, para
fundamentar e orientar os traballos sobre temas científicos e o ambiente, así
como para contrastar as opinións persoais.

5. Desenvolver hábitos favorables á promoción da saúde persoal e comunitaria
en ámbitos como alimentación, hixiene e sexualidade, facilitando estratexias
que permitan facer fronte aos riscos da sociedade actual en aspectos
relacionados co consumo, coas drogodependencias e coa transmisión de
enfermidades.

6. Comprender a importancia de utilizar os coñecementos provenientes das
ciencias da natureza para satisfacer as necesidades humanas e participar na
necesaria toma de decisións verbo de problemas locais e globais aos cales nos
enfrontamos.

7. Adoptar actitudes críticas fundamentadas no coñecemento científico para
analizar, individualmente ou en grupo, cuestións relacionadas coa ciencia, a
tecnoloxía e a sociedade. Coñecer e valorar os problemas aos cales se
enfronta hoxe a humanidade en relación á sobreexplotación dos recursos, ás
diferenzas entre países desenvolvidos e non, e a necesidade de busca e
aplicación de medidas, para avanzar cara ao logro dun futuro sustentable.

8. Valorar o carácter tentativo e creativo das ciencias da natureza así como as
súas contribucións ao pensamento humano ao longo da historia, apreciando os
grandes debates superadores de dogmatismos e as revolucións científicas que
marcaron a evolución cultural da humanidade e as súas condicións de vida.

9. Ser quen de buscar e de utilizar o coñecemento científico propio,
planificando de forma autónoma a acción e posta en práctica das actividades
de aprendizaxe, e de utilizar uns criterios de avaliación para autocorrixirse no
caso en que sexa necesario.


CONTIDOS.

Bloque 1. Contidos comúns.

* Utilización de estratexias propias do traballo científico, mediante a proposta
de sinxelas investigacións para a resolución de situacións-problema, discusión
do seu interese, identificación de variables que interveñen, formulación
dalgunha hipótese de traballo, seguimento dunha planificación na posta en
práctica, recolla organizada dos datos, interpretación de resultados e
comunicación das conclusións.

* Busca, selección e valoración crítica de información de carácter científico
utilizando
as tecnoloxías da comunicación e da información e outras fontes.

* Interpretación de información de carácter científico coa axuda de modelos
axeitados e utilización desta información para formar unha opinión propia e
expresarse axeitadamente, coa axuda das tecnoloxías da comunicación e da
información e outras fontes.

* Valoración das achegas das ciencias da natureza ao longo da historia, para
lles dar resposta ás necesidades dos seres humanos e mellorar as condicións
da súa existencia, así como para apreciar e desfrutar da diversidade natural e
cultural, participando na súa conservación, protección e mellora.

* Asimilar as diferenzas sociais derivadas da desigual repartición da riqueza no
mundo, que provoca unhas condicións de enorme desvantaxe en aspectos de
saúde e ambiente dos países pobres con respecto aos ricos.

   •   Posta en práctica correcta dos procedementos experimentais e respecto
       polas normas de seguridade.
   •

Bloque 2. As persoas e a saúde.

A saúde e a enfermidade.

* Identificación dos niveis de organización do corpo humano: aparellos,
sistemas, órganos, tecidos e células.

* Valoración da saúde como un ben individual e colectivo. Identificación dos
factores que condicionan a saúde e a enfermidade. Importancia dos hábitos de
vida saudable e o coñecemento dos factores de risco.

* Coñecemento de varios tipos de enfermidades: conxénitas, hereditarias,
crónicas, deficitarias e infecciosas (tipos de seres vivos que as provocan).
Valoración do uso dos fármacos e problemáticas derivadas.

* Selección de información e crítica das diferenzas dos tipos de enfermidades
no mundo globalizado. Propostas de actuación.

* Recoñecemento da actuación do sistema inmunitario nun caso concreto (a
gripe, unha enfermidade bacteriana, as alerxias...). Valoración da aplicación
das vacinas, os transplantes, a doazón de órganos e as novas terapias con
células nai.

Sexualidade e reprodución humana.

* Aproximación a unha definición de sexualidade. Recoñecemento da
diversidade de sexo. Evolución dos hábitos sexuais ao longo da vida.
* Diferenciación entre sexualidade e reprodución. Valoración dos cambios
físicos e psíquicos na adolescencia. Breve referencia aos cambios hormonais.
Métodos anticonceptivos.

* Identificación do proceso de reprodución como un mecanismo de
perpetuación da especie. Caracterización dos aparellos reprodutores masculino
e feminino así como dos gametos, óvulo e espermatozoide.

* A preparación do útero para a fecundación: o ciclo menstrual. Identificación
da fecundación, embarazo e parto cunha breve aproximación ao embrión e ao
feto. Recoñecemento e valoración dos novos métodos de reprodución asistida.

* Procura e selección de información sobre as enfermidades de transmisión
sexual e valoración da saúde e hixiene sexual.

Alimentación e nutrición humanas.

* Realización de diagramas e esquemas que axuden a dar unha visión global e
integradora de todos os aparellos e procesos que interveñen na nutrición.

* Diferenciación entre alimento e nutriente recoñecendo os principios
inmediatos necesarios para o ser humano: proteínas, glícidos, graxas, sales
minerais, vitaminas e auga.

* Recoñecemento dos pasos que segue o alimento desde que se inxire ata que
se absorbe no aparello dixestivo.

* Coñecemento do papel que desempeñan os aparellos: o respiratorio e a
ventilación pulmonar; o circulatorio e a circulación; o excretor e a formación da
urina e a excreción no proceso xeral de nutrición.

* Análise de dietas e hábitos saudables na alimentación, destacando a
importancia dunha dieta equilibrada. Identificación das principais enfermidades
e trastornos da conduta alimentaria. Valoración da alimentación e a saúde.

* Procura, selección de información e análise de etiquetas identificando os
aditivos alimentarios e produtos transxénicos.

As funcións de relación: percepción, coordinación e movemento.

* Identificación dos mecanismos de resposta do ser humano ante un estímulo:
órganos dos sentidos, sistema nervioso e aparello locomotor.

* Coñecemento do papel do sistema endócrino e as hormonas. Identificación
da importancia das súas principais alteracións.

* Valoración da saúde mental e dunha actitude crítica e responsable ante as
condutas de risco e a influencia do medio social.
* Análise da súa relación co uso das substancias aditivas, alcol, tabaco,
estupefacientes.

Bloque 3. As persoas e o ambiente.

* Recoñecemento da dependencia humana dos recursos naturais e da
importancia fundamental da súa xestión sustentable. Análise e valoración do
uso cotián de recursos básicos (produción e consumo de enerxía, o uso da
auga e do aire) e a produción de residuos e o seu tratamento. Utilización de
técnicas sinxelas para coñecer o grao de contaminación e depuración do aire
e da auga.

* Procura de información verbo dalgúns dos problemas ambientais globais,
elaboración de informes e exposicións de resultados utilizando as tecnoloxías
da información e da comunicación. O Cumio da Terra en Río 1992 e o Tratado
de Quioto. Aproximación ao conceptode sustentabilidade.

* Planificación e posta en práctica dunha actuación para potenciar o
desenvolvemento sustentable no medio máis próximo. Valoración dos
resultados.

Bloque 4. Transformacións xeolóxicas debidas á enerxía externa.

A actividade xeolóxica externa do planeta.

* Análise da paisaxe como resultado da acción conxunta dos fenómenos
naturais e a intervención humana. Uso de mapas topográficos sinxelos para a
súa lectura e interpretación.

* Identificación mediante imaxes e/ou observacións de campo da acción dos
diferentes axentes xeolóxicos externos sobre as rochas e a paisaxe: a
meteorización, os torrentes, as augas subterráneas, os ríos, o mar, o xeo e o
vento. Identificación do papel dos axentes internos na formación do relevo.

* Recoñecemento da formación de sedimentos a partir dos fenómenos
descritos anteriormente e a súa posterior transformación en rochas
sedimentarias. A orixe do carbón, o petróleo e o gas natural, e valoración do
seu uso e esgotamento.


TEMPORALIZACIÓN

As unidades que inclúe a materia neste curso son as seguintes:

Tena 1: O ser humano como animal pluricelular.
Tema 2: Dieta e alimentos.
Tema 3 : Os nutrientes.
Tema 4: O sistema circulatorio.
Tema 5: Os sistemas de coordinación.
Tema 6: Estímulo e resposta. Receptores e efectores.
Tema 7: A reproducción.
Tema 8: A saúde e a enfermidade.
Tema 9: As persoas e o medio.
Tema 10: As augas modifican o relevo.
Tema 11: Os glaciares, o vento e o mar.
Tema 12: As rochas sedimentarias e a súa orixe.

      A materia impartirase o longo de tres avaliacións e será en principio do
seguinte xeito:

PRIMEIRA AVALIACIÓN: TEMAS DO 1 O 4.
SEGUNDA AVALIACIÓN: TEMAS DO 5 O 8.
TERCEIRA AVALIACIÓN: TEMAS DO 9 O 12.

O tempo estimado para cada tema será aproximadamente de tres semanas.



CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

1. Recoñecer que na saúde inflúen aspectos físicos, psicolóxicos, económicos
e sociais e valorar a importancia dos estilos de vida para previr enfermidades e
mellorar a calidade de vida, así como as continuas achegas das ciencias
biomédicas. Explicar os mecanismos de defensa que evitan ou loitan contra os
axentes causantes de enfermidades.

2. Coñecer os aspectos básicos da reprodución humana e describir os
acontecementos fundamentais da fecundación, o embarazo e o parto.
Comprender o funcionamento dos métodos de control da natalidade e valorar o
uso de métodos de prevención de enfermidades de transmisión sexual.
3. Explicar os cambios fundamentais que sofre o alimento ao longo de todo o
proceso de nutrición, utilizando esquemas ou ilustracións en cada unha das
etapas. Xustificar a necesidade de adquirir hábitos alimentarios saudables.

4. Coñecer os órganos dos sentidos e explicar a misión integradora dos
sistemas nervioso e endócrino. Relacionar as alteracións máis frecuentes cos
órganos e procesos implicados en cada caso; identificar os factores sociais que
repercuten negativamente na saúde como o estrés e o uso de substancias
adictivas.
5. Identificar as accións dos axentes xeolóxicos externos na orixe e modelado
do relevo terrestre, así como no proceso de formación das rochas
sedimentarias.
6. Valorar a capacidade para recompilar información procedente de distintas
fontes sobre a influencia das actuacións humanas no ambiente, analizar esta
información e formular propostas para promover unha xestión máis racional dos
recursos naturais.
7. Determinar os trazos distintivos do traballo científico analizando como se
chegou á formulación e/ou ás propostas de resolución dalgún problema
ambiental de
actualidade.
8. Valorar a situación mundial da distribución da riqueza e as súas repercusións
sobre a saúde e o ambiente, identificando interrelacións xeopolíticas, sociais,
económicas e culturais.



MÍNIMOS EXIXIBLES.

Existen uns mínimos básicos para todas as unidades, como son:

- Manter un bo orde e limpeza no caderno, realizar boa letra, traer o material
todos os días.
- Ter unha boa actitude na aula, manter as normas de comportamento.
- Realizar as tarefas diarias.
- Levar a materia o dia.
Ademáis de estos mínimos aplicables o longo de todo o curso, os obxectivos
básicos exixibles respecto os contidos serán os seguintes:

   Definir e relacionar os conceptos fundamentais de cada tema.
   Indicar nun gráfico os orgánulos da célula eucariota, relacionandoos coa
    súa función.
   Identificar nos gráficos as partes principais dos sistemas dixestivo,
    respiratorio, circulatorio, urinario e reproductor no organismo humano.
   Explicar a función dos sistemas do organismo humano así coma a función
    de cada órgano.
   Enumerar as enfermidades máis frecuentes asociadas a cada sistema de
    órganos no noso corpo.
   Explicar o dobre circuito sanguíneo a partir dun gráfico, indicando mediante
    frechas o percorrido do sangue e indicando os vasos sanguíneos principais.
   Relacionar a función de nutrición cos catro sistemas de órganos: o
    dixestivo, circulatorio, respiratorio e urinario.
   Debuxar a estructura da neurona, indicando a función de cada parte.
   Identificar a sinapse a patir dun gráfico e explicar como ten lugar o proceso.
   Diferenciar o acto reflexo do acto voluntario utilizando esquemas.
   Enumerar os diferentes métodos conceptivos, indicando as ventaxas e os
    inconvintes de cada un.
   Coñecer os efectos que causan no sistema nervioso os distintos tipos de
    drogas.
   Enumerar os tipos de enfermidades según a súa orixe.
   Explicar como se desenrrola a resposta local e resposta inmunitaria
   Identificar e explicar a acción dos diferentes axentes xeolóxicos a patir de
    fotografías.
   Recoñecer os problemas ambientais maís importantes que afectan o medio.
   Explicar a orixe e a clasificación das rochas sedimentarias.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN, PROCEDEMENTOS e INSTRUMENTOS
DE AVALIACIÓN


       A materia será repartida en tres avaliacións ó longo do curso. En cada
avaliación realizaranse dous exames nos que se preguntará a materia
traballada ata o momento,revisarase a libreta de traballo do alumno e se terá
en conta a entrega dos traballos solicitados: resumes, mapas
conceptuais….Asimesmo tamén se valorará o traballo diario realizado tanto na
aula coma na casa (realización de exercicios, atención, interese…).


       Tanto nos exames como na libreta do alumno terase en conta a
claridade e a orden utlizados á hora de desenrrolar os exercicios. Nos exames
a presentación do exame en xeral poderá chegar a ter unha valoración máxima
dun punto no caso de que esta sexa positiva sempre e cando a nota do exame
sexa igual ou superior a cinco puntos.
       Cando a presentación do exame sexa inadecuada poderá restar ata un
máximo dun punto independentemente da calificación obtida.

      Os exames puntuaranse de 0 a 10 puntos.
      Non se aprobará cunha nota inferior a 4.
      As calificacións entre 4 e 5 compensaranse coas notas de aula.

       Para a calificación final de cada avaliación se terá en conta a nota media
dos dous exames, a presentación da libreta e outros traballos solicitados, o
traballo diario e a actitude mostrada na aula, puntuando da seguinte maneira:

      Nota media dos exames……80%
      Traballos, libreta, actitude…..20%


Os alumnos que suspendan algunha avaliación terán un exame de
recuperación único onde preguntarase polas unidades correspondentes as
partes non superadas

     Os alumnos que non superen a materia en xuño poderán examinarse en
setembro a través dun único exame baseado nos contidos mínimos da materia.




TRATAMENTO DO FOMENTO DA LECTURA

       En cada unidade didáctica leeranse as seccións dedicadas a lectura que
figuran no libro de texto, co fin de despertar o interese e a curiosidade no
alumno.
        Asimesmo, leeranse artículos de prensa ou de revistas sempre que
teñan que ver con algunha parte da materia.
O longo do curso recomendaráselles a lectura de libros de interese
cinentífico (curiosidades, biografías...).



TRATAMENTO DO FOMENTO DAS TIC

      As actividades relacionadas co fomento das novas tecnoloxías serán as
seguintes:
 Búsqueda xeral de información en Internet a partir de conceptos, autores,
   ou cuestións relacionadas cos temas da materia.
 Emprego de direccións de páxinas web para ampliar os contidos dos temas.
 Proxectos específicos de investigación pautada en Internet: as WebQuests.
   Animarase o alumno a resolver algúnhas cuestións, como traballo para a
   casa, despois comentaranse os resultados na aula.
 Visualización de videos tanto en formato VHS coma extraídos de Internet .



PLANS DE TRABALLO PARA A SUPERACIÓN DE MATERIAS
PENDENTES

      Os alumnos con materia pendente do curso anterior realizaran tres
exames parciais o longo do curso procurando que as datas non coincidan coas
datas da avaliación do curso actual e no mes de Maio presentaranse a un
exame final.
      Facilitaraselles o material necesario para reforzar os contidos máis
importantes e nos que o alumno poida presentar dificultades.
De tódolos xeitos valorarase a evolución da materia no curso superior.

       Os alumnos que non superen algunha avaliación do presente curso,
terán a posibilidade de facer un exame de recuperación ( por cada avaliación) o
longo do curso.
 No caso de non haber entregado algún traballo, de non presenta-la libreta ou
non ter os exercicios feitos terán que ser presentados para considerar a
avaliación recuperada.
       Se no mes de xuño lles quedara algo pendente terían que presentarse
na convocatoria de Setembro para recuperala materia completa.



METODOLOXÍA DIDÁCTICA

A metodoloxía empregada será común para tódalas unidades e consistirá en :

         Explicación teórica dos contidos utilizando como soporte físico o libro
          de texto.
         Aclaración de dúbidas.
         Realización de exercicios prácticos e teóricos.
         Corrección dos exercicios na aula.
   Repaso.



MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS.

       O material básico será o libro de texto: Bioloxía e Xeoloxía. Editorial SM.
Dependendo das unidades poderanse ampliar os contidos utilizando outras
fontes bibilográficas, revistas, xornais...

       Cando sexa posible, utilizaranse materiais audiovisuais como a T.V, e o
vídeo, así como a sala de ordenadores para traballar a búsqueda de
información en Internet.


MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE

       Os alumnos con necesidades especificas ou que presenten dificultades
de aprendizaxe realizaráselles exames nos que se lles pedirá os contidos
mínimos.
Para atender axeitadamente as distintas necesidades educativas se fará en
coordinación co departamento de orientación, co cal traballaremos para a
realización de actividades de orientación educativa e profesional.

PROGRAMACIÓN DE TEMAS TRANSVERSAIS


       O longo de tódalas unidades da materia vanse tratando diferentes
contidos transversais. O fomento da lectura, o impulso á expresión oral e
escrita, as tecnoloxías da información e a comunicación e a educación en
valores, son obxectos de ensino-aprendizaxe a cuxo impulso deberemos
contribuír. Constitúen exemplos de iso os seguintes:

-Busca e selección de información de carácter científico empregando fontes
diversas, entre elas as tecnoloxías da información e comunicación.
-Interpretación de información de carácter científico para formarse unha opinión
propia, expresarse con precisión e argumentar sobre problemas relacionados
coa natureza.
-Valoración das achegas das Bioloxía e Xeoloxía para dar resposta ás
necesidades dos seres humanos e mellorar as condicións da súa existencia.
-Aprecio e goce da diversidade natural e cultural, participando na súa
conservación, protección e mellora.
-Utilización correcta das materiais, substancias e instrumentos básicos dun
laboratorio e respecto polas normas de seguridade no mesmo.
-Valoración das repercusións da fabricación e uso de materiais e substancias
frecuentes na vida cotiá.
-Sensibilidade para a racionalización no uso dos recursos naturais.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
• Saídas Didácticas (museos, exposicións...)
• Celebración de días sinalados: Día Mundial da Saúde, Paz, Día da Muller
  Traballadora, Día do Medio Ambiente...
• Cine educativo.
PROGRAMACIÓN DAS UNIDADES.


UNIDADE 1: O ser humano como animal pluricelular


INTRODUCIÓN
Todos os seres vivos están compostos por células, dende os máis diminutos
aos de maior tamaño. Estas estruturas microscópicas posúen unha gran
complexidade morfolóxica e funcional.
O nivel máis alto de organización alcánzase cando nos seres pluricelulares,
animais e vexetais, as células se organizan en tecidos, os tecidos en órganos e
os órganos en aparatos ou sistemas.
Os tecidos e órganos humanos posúen uns douscentos tipos de células
diferentes perfectamente coordinadas entre si. Esta complexa engrenaxe forma
parte dunha gran obra de arquitectura, o corpo humano, e, por suposto, fai
posible a vida.


OBXECTIVOS
Coñecer a estrutura e o funcionamento celular.
Coñecer os niveis de organización superiores ao celular no ser humano:
tecidos, órganos e aparatos ou sistemas.


CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Identificar os distintos tipos de células.
2. Recoñecer os orgánulos da célula e as funcións que estes desempeñan.
3. Explicar como se realiza o intercambio de materia e enerxía nas células.
4. Enumerar os distintos tipos de tecidos do ser humano e saber a función que
realizan.
5. Coñecer o concepto de órgano e aparato ou sistema e poñer exemplos de
cada un.


COMPETENCIAS BÁSICAS
- Coñecer as diferentes formas de organización celular dos seres vivos e
describir as características que diferencian os tipos celulares é unha maneira
de comprender a realidade a través da linguaxe escrita. (C1)
- Valorar o que significan os transplantes na nosa sociedade, para tratar
enfermidades que doutra forma serían incurables, supón asumir xuízos e
futuras decisións de forma activa como cidadáns. (C5)
CONTIDOS
Conceptos
COs organismos unicelulares e pluricelulares.
OElementos comúns celulares: membrana, citoplasma e material xenético.
EOs orgánulos da célula humana: estrutura e función.
OO núcleo celular.
OA célula eucariotas e procariotas.
AA célula animal e vexetal.
AOs intercambios de materia e enerxía a través da membrana. O metabolismo
celular.
c A organización do corpo humano: tecidos, órganos e aparatos ou sistemas.
• O transplante e doazón de órganos e células.




Procedementos

PIdentificación, a partir de debuxos, de células animais, vexetais e bacterias.
I Manexo do microscopio óptico.
MRealización de preparacións microscópicas.
RDiferenciación entre fotografías realizadas aos microscopios óptico e
electrónico.
e Identificación dos compoñentes celulares aos microscopios óptico e
electrónico.
e Elaboración de táboas coas funcións dos tecidos, sistemas e orgánulos
celulares.
c Recoñecemento de preparacións histolóxicas.
RInterpretación de escalas microscópicas.


Actitudes
AValoración da importancia da célula como unidade anatómica e funcional dos
seres vivos.
s Recoñecemento dos avances da ciencia no coñecemento da estrutura e
función celulares e no estudo de patoloxías tumorais.
f Actitude positiva fronte á importancia que teñen os transplantes de órganos e
sangue como forma de axudar a outras persoas para mellorar ou salvar as
súas vidas.
s Respecto polas normas de traballo no laboratorio, o material de estudo e o
traballo dos demais.
Valoración da doazón de órganos e células como medio para salvar outras
persoas ou mellorar a súa calidade de vida.




UNIDADE 2: Dieta e alimentos


INTRODUCIÓN
Para que os alimentos cheguen a nós en boas condicións existen unha serie de
técnicas que axudan á súa conservación.
Na actualidade tamén se empregan técnicas de enxeñaría xenética para obter
alimentos manipulados xeneticamente. A súa conveniencia ou non é un dos
grandes debates científicos da nosa época.
Dende o momento en que inxerimos os alimentos desenvólvese un complexo
proceso cuxo destino final serán as nosas células. Primeiro o sistema dixestivo
debe transformar os alimentos en nutrientes e, a partir de aquí, estes seguirán
o seu camiño ata as células, onde serán aproveitados e utilizados.
Coñecer a proporción dos nutrientes que necesitamos e alternar os distintos
alimentos para conseguir esta proporción é unha aprendizaxe que nos axudará
a ter uns bos hábitos alimentarios.


OBXECTIVOS
Coñecer como se realiza no sistema dixestivo a transformación dos alimentos
en nutrientes, sabendo cal é a función de cada nutriente e cales son as pautas
que se deben seguir para ter unha alimentación equilibrada.
Coñecer a roda dos alimentos, as técnicas de conservación de alimentos e en
que consisten os alimentos transxénicos.


CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Enumerar os distintos nutrientes que posúen os alimentos, coñecer as súas
funcións e describir algunhas das súas características.
2. Describir os órganos do sistema dixestivo e relacionalos coa súa función.
3. Coñecer os requisitos para manter uns bos hábitos alimentarios.
4. Coñecer as bases dunha dieta equilibrada.
5. Describir os métodos de conservación dos alimentos.
6. Coñecer a información que nos ofrecen as etiquetas dos alimentos.
7. Explicar en que consisten os alimentos transxénicos.
COMPETENCIAS BÁSICAS
- Coñecer os compoñentes dos alimentos, que cobren as nosas necesidades
nutritivas, así como a presenza e forma de conservación dos produtos que
consumimos, serve para desenvolverse con autonomía no ámbito da nosa
propia saúde. (C3)
- Valorar a calidade da dieta mediterránea significa aprender un trazo cultural
propio ligado á nosa alimentación. (C5)
- Considerar hábitos adecuados na alimentación, así como poder introducir na
mesma novos produtos, como os alimentos transxénicos, supón adquirir
capacidades para actuar e elixir cun criterio adecuado. (C3, C8)



CONTIDOS
Conceptos
COs compoñentes dos alimentos. Substancias inorgánicas e orgánicas.
OO sistema dixestivo: o tubo dixestivo e as glándulas asociadas.
OA dixestión mecánica e química.
OA absorción e a formación de feces.
OA función dos nutrientes dos alimentos.
OA roda dos alimentos e a dieta mediterránea. Alimentación e saúde.
OMétodos de conservación e aditivos alimentarios. Etiquetado dos alimentos.
EOs alimentos transxénicos


Procedementos

PDiferenciación entre as distintas funcións que teñen os órganos do sistema
dixestivo.
d Realización de prácticas de identificación dos distintos nutrientes en
alimentos variados.
a Elaboración dunha dieta equilibrada baseándose na roda dos alimentos.
a Aplicación duns hábitos de vida saudables.
a Identificación da información que nos ofrecen as etiquetas.
a Identificación das técnicas de conservación e manipulación xenética de
alimentos.
a Manexo de material e reactivos de laboratorio.


Actitudes

AValoración da importancia de manter uns bos hábitos de vida alimentarios e
de hixiene dental.
Actitude crítica fronte aos métodos de manipulación e conservación de
alimentos e fronte á información que ofrecen os fabricantes nas etiquetas.




UNIDADE 3: Os nutrientes


INTRODUCIÓN
A nutrición é un amplo e complexo proceso que inclúe a obtención dos
nutrientes que compoñen os alimentos no sistema dixestivo e o transporte
destes nutrientes ata as células. Ademais as células necesitan o osíxeno que
vén do sistema respiratorio para poder aproveitar os nutrientes, mentres que os
produtos de refugallo do metabolismo celular son eliminados polo sistema
excretor. Estudar paso a paso como funcionan todos estes aparatos e sistemas
é fundamental para coñecer o funcionamento do corpo humano.
Pola súa parte, coñecer a roda dos alimentos e estudar as necesidades
enerxéticas de cada persoa é imprescindible para elaborar dietas equilibradas
que preveñan alteracións e desordes alimentarias.
Así mesmo, manter uns hábitos de vida beneficiosos para os sistemas
respiratorio e urinario é unha das premisas necesarias para ter unha vida
saudable.


OBXECTIVOS
Saber elaborar unha dieta equilibrada baseándose en criterios obxectivos e
coñecer os problemas que causan as desordes alimentarias.
Coñecer a anatomía e funcionamento dos sistemas respiratorio e urinario así
como os trastornos máis frecuentes relacionados con estes sistemas.


CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Describir como se utilizan os nutrientes na célula e coñecer as enfermidades
causadas por unha mala alimentación.
2. Elaborar unha dieta equilibrada que estea de acordo cos criterios estudados
na unidade.
3. Coñecer e describir a anatomía e funcionamento do sistema respiratorio.
4. Coñecer e describir a anatomía e funcionamento do sistema urinario.
5. Identificar as principais enfermidades e alteracións que se poden producir
nos sistemas respiratorio e urinario e coñecer as súas causas.


COMPETENCIAS BÁSICAS
- Coñecer as nosas necesidades enerxéticas, o seu adecuado reparto na dieta,
e as consecuencias tanto da sobrealimentación, coma dunha alimentación
deficiente, supón incorporar coñecementos esenciais no ámbito da saúde, para
valorar e evitar riscos innecesarios. (C3, C8)
- Saber o papel do sistema respiratorio, responsable da captación do osíxeno
que chega ás nosas células, e coñecer diferentes patoloxías que poden
evitarse con hábitos adecuados, serve para valorar a importancia da saúde.
(C3, C8)
- Comprender a importancia do sistema de depuración dos residuos presentes
no sangue serve para tomar conciencia de que bebendo auga abundantemente
se restablecen as perdas deste compoñente esencial. (C3, C8)
- Manexar a información contida en táboas e gráficos e utilizala como base de
cálculos numéricos sobre os que interpretar estados fisiolóxicos, etc., significa
adquirir unha capacidade para situacións análogas da vida. (C2)


CONTIDOS
Conceptos

COs nutrientes como fonte de enerxía e materia.
OA dieta equilibrada.
AOs trastornos relacionados coa alimentación.
OA anatomía e fisioloxía do sistema respiratorio.
AAs enfermidades relacionadas co sistema respiratorio. O tabaquismo.
AA anatomía e fisioloxía do sistema urinario.
AAs enfermidades relacionadas co sistema urinario.


Procedementos
PManexo de táboas nas que se reflictan a composición e valor enerxético dos
alimentos.
a Elaboración de dietas equilibradas.
a Realización de diseccións de órganos.
a Diferenciación entre as distintas funcións que teñen os órganos dos sistemas
respiratorio e urinario.
r Elaboración de debuxos e esquemas sobre os compoñentes dos sistemas
respiratorio e urinario.
r Aplicación duns hábitos de vida saudables.
r Hábitos de hixiene e coidados do sistema respiratorio.


Actitudes
AValoración da importancia de manter uns bos hábitos de vida alimentarios.
Interese por coñecer o funcionamento do propio corpo.
I Actitude crítica fronte aos hábitos de vida nocivos como o consumo de alcol e
tabaco.
t Toma de conciencia da importancia que os procesos celulares teñen para o
mantemento da vida.
mRecoñecemento da importancia que teñen os transplantes de órganos en
medicina.
mRecoñecer a importancia e manifestar interese polos hábitos de hixiene e
coidados do sistema respiratorio.


UNIDADE 4: O sistema circulatorio


INTRODUCIÓN
O noso organismo require nutrientes e osíxeno para que as células poidan
obter enerxía e realizar a súa función. Grazas ao sistema circulatorio estas
substancias son transportadas no sangue a través dun complexo sistema de
vasos que, ademais, recolle os refugallos e distribúe a calor corporal.
Nesta función vital desenvolve un papel primordial o corazón, unha bomba que
impulsa o sangue polo noso corpo. Con frecuencia asociamos este órgano
tamén ao noso estado emocional, aínda que se cre que esta asociación se
orixinou na antigüidade, cando aínda non se sabía a súa verdadeira función.
Sexa como fose, xa antes de nacer o corazón xoga un papel fundamental no
noso desenvolvemento emocional pois, grazas á tranquilidade que nos
transmite o ritmo cardíaco da nosa nai, conseguimos durmir cando aínda
estamos dentro do útero materno.
Por todo isto, non cabe dúbida de que dependemos do corazón tanto polo seu
imprescindible protagonismo nas funcións orgánicas, como polo que sentimos
cos seus latexos.


OBXECTIVOS
Coñecer os principais trazos da anatomía e fisioloxía dos distintos elementos
do sistema circulatorio.
Coñecer algunhas enfermidades do sistema circulatorio e saber prevelas.


CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Diferenciar os compoñentes do sangue.
2. Distinguir as principais partes do corazón e os distintos tipos de vasos
sanguíneos.
3. Describir as diferentes fases do ciclo cardíaco.
4. Saber indicar o sentido de fluxo do sangue nun percorrido completo.
5. Enumerar as enfermidades máis comúns ligadas ao sistema circulatorio.
6. Identificar os factores de risco relacionados coas principais enfermidades
cardiovasculares.


COMPETENCIAS BÁSICAS
- Utilizar operacións numéricas básicas sobre datos de compoñentes do
sangue, relacionar parámetros fisiolóxicos e interpretar a información contida
en táboas favorecen o razoamento matemático. (C2)
- Coñecer os factores de risco na aparición de enfermidades cardiovasculares
pode servir para adquirir conciencia do perigo de determinados hábitos e ter así
un comportamento adecuado. (C8)
- Saber do valor das doazóns de sangue, como un acto insubstituíble para
salvar vidas, permite exercer o valor da solidariedade como cidadáns
comprometidos dentro da nosa sociedade. (C5)


CONTIDOS
Conceptos

COs compoñentes do sangue.
OAs funcións do sangue.
AAs enfermidades do sangue.
AOs vasos sanguíneos.
OO corazón e a súa anatomía. O ciclo cardíaco.
OA circulación cardíaca, pulmonar e periférica.
OAs enfermidades cardiovasculares.
OO proceso da nutrición e os diferentes sistemas que interveñen nela.


Procedementos
PRealización de mapas conceptuais cos compoñentes do sangue e a súa
función.
f Recoñecemento e análise de debuxos dos elementos do sistema circulatorio
e os tipos de circulación.
e Interpretación de táboas sinxelas, procedentes de análise de sangue.
I Interpretación de gráficas relativas a diferentes procesos do sistema
circulatorio (cambios na presión arterial, cantidade de osíxeno disolto…)
c Secuenciación de acontecementos no proceso de circulación e transporte de
substancias.
s Estilos de vida para unha saúde cardiovascular.
Actitudes
ARexeitamento de hábitos prexudiciais para a saúde cardiovascular: tabaco,
alcol, falta de exercicio físico, mala alimentación, etc.
a Valoración de actitudes solidarias como a doazón de sangue ou órganos.
VAnálise crítico das actitudes persoais respecto aos hábitos prexudiciais para o
sistema circulatorio.
s Respecto ás situacións persoais nas que se manifestan enfermidades
relacionadas con afeccións do sistema circulatorio.


UNIDADE 5: Os sistemas de coordinación


INTRODUCIÓN
O noso cerebro parece non ter límites en canto á súa capacidade de coñecer,
comprender e crear. Ningún ser vivo do planeta dispón das mesmas
capacidades ca nós para fabricar artefactos e máquinas cos que chegar ao
desenvolvemento tecnolóxico. Un exemplo deste é o ordenador, capaz de
almacenar información e dirixir procesos de control de sistemas.
Pero o cerebro segue sendo o órgano que mantén as nosas funcións vitais.
Necesita polo menos 10 anos para completar o seu desenvolvemento, e o seu
crecemento en tamaño marcou a nosa evolución.
Coñecer a separación física da nosa mente e a nosa conciencia, é o desafío
para os científicos do século XXI. Así mesmo, aspírase a poder resolver
múltiples patoloxías nerviosas, como o alzheimer ou o párkinson, grazas á
rexeneración de células nerviosas a través do cultivo de células nai. Estas
aspiracións alcanzan incluso a intentar lograr que os páncreas das persoas que
padecen diabetes volvan a xerar insulina correctamente.
Non cabe dúbida, por isto, de que os próximos tempos serán os da tecnoloxía e
o coñecemento de quen a controla: o noso cerebro.


OBXECTIVOS
Coñecer a organización anatómica e a fisioloxía do sistema nervioso.
Saber os efectos dos procesos dexenerativos, os factores ambientais e as
drogas sobre a saúde mental.
Coñecer a estrutura e funcionamento do sistema hormonal.


CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Localizar convenientemente os elementos anatómicos do sistema nervioso
central e do sistema nervioso periférico.
2. Describir a estrutura da neurona e o impulso nervioso.
3. Identificar os trastornos orgánicos e psíquicos que se dan no sistema
nervioso, así como os factores desencadeantes.
4. Coñecer as principais glándulas, as hormonas que segregan e as
actividades que estimulan no organismo.
5. Comprender o mecanismo de acción das hormonas, así como o equilibrio
hormonal.


COMPETENCIAS BÁSICAS
- Saber os efectos que exercen a publicidade e a presión de grupo sobre a
conduta permite ter capacidade para elixir con criterio propio. (C5, C8)
- Coñecer as alteracións do sistema nervioso, e as súas consecuencias, fai
posible comprender realidades próximas e actuar en consecuencia en
determinadas situacións. (C5)
- Valorar os efectos irreversibles das drogas sobre o organismo debe servir
para adquirir un control emocional co que demorar satisfaccións inmediatas,
polos graves riscos que poden derivarse. (C8)


CONTIDOS
Conceptos
CA coordinación nerviosa.
AA organización do sistema nervioso: o sistema nervioso central e o sistema
nervioso periférico.
n A neurona. A sinapse.
ATrastornos do sistema nervioso. O mal de Alzheimer.
T A saúde mental.
  
AA coordinación hormonal.
AO sistema endócrino. As glándulas.
AAs hormonas e o equilibrio hormonal.
AOs efectos das drogas sobre a saúde.


Procedementos
PRealización de esquemas estímulo (receptor) - centro nervioso - resposta
(efector) e mapas conceptuais.
( Análise da complexidade dos estímulos e das respostas elaboradas polos
órganos do sistema nervioso central.
ó Estudo, observación e ilustración de órganos e células nerviosas.
EIdentificación das causas e as consecuencias das enfermidades mentais.
I Interpretación de gráficas con variacións dos niveis dunha hormona.
Elaboración de listas con argumentos para o rexeitamento ao consumo de
drogas.


Actitudes
AValoración do papel do sistema nervioso como regulador dos principais
procesos do organismo responsables da nosa saúde.
p Asimilación dos riscos que supoñen actitudes negativas, como a inxestión de
drogas, para un estado adecuado do noso sistema nervioso.
d Comprensión e respecto cara ás persoas que sofren enfermidades do
sistema nervioso.
s Adoptar unha actitude crítica ante fenómenos como a publicidade e a presión
de grupo.



UNIDADE 6: Estímulo e resposta. Receptores e efectores


INTRODUCIÓN
A nosa capacidade sensorial repártese entre os cinco sentidos que perciben
dende cambios de temperatura, presión, substancias químicas volátiles e
disoltas, as ondas sonoras que se transmiten a través do aire, ata a luz que
reflicten os obxectos que vemos.
Funcionalmente ningún deles está especialmente dotado, en termos
comparativos, respecto do resto do mundo animal, pero grazas a eles
elabóranse complexas respostas, algunha das cales si nos diferencia do resto
dos organismos.
Algunhas patoloxías e deficiencias conxénitas do noso sistema sensorial
puideron corrixirse grazas ao desenvolvemento de técnicas quirúrxicas, de
rexeneración celular in vitro e de implantes. Desta forma, mantense unha
aceptable calidade de vida, ao non perder a capacidade de relación co mundo
exterior.
Algo tamén extraordinario en todo o reino animal é o noso andar bípedo,
posible grazas á compresión dorsoventral do tórax, a estrutura da pelve e a
nosa potente musculatura esquelética, anclada nos ósos.


OBXECTIVOS
Coñecer a anatomía e funcionamento dos órganos dos sentidos e os
mecanismos voluntarios e involuntarios implicados na resposta aos estímulos
sensoriais.
Coñecer a anatomía do sistema locomotor, as articulacións entre os ósos, os
músculos e os seus mecanismos de resposta.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Diferenciar os tipos de receptores.
2. Identificar os procesos e órganos implicados na recepción dos diferentes
estímulos.
3. Diferenciar entre as formas de respostas voluntarias e involuntarias do
sistema nervioso central.
4. Saber identificar os principais ósos e músculos do sistema locomotor.
5. Coñecer os diferentes tipos de articulacións e os elementos que presentan
entre os ósos.


COMPETENCIAS BÁSICAS
- Saber os mínimos fundamentos de técnicas de exploración comúns para
diagnosticar doenzas do sistema locomotor, así como formas coas que coñecer
deficiencias na nosa percepción, proporciona coñecemento tanto de aspectos
tecnolóxicos coma da saúde do noso organismo. (C3)
- O coñecemento das anomalías máis frecuentes dos nosos receptores
sensitivos, así como as medidas e coidados que debemos ter, axúdanos a
desenvolvernos adecuadamente no ámbito da saúde (C3)


CONTIDOS
Conceptos
CA percepción do medio.
COs receptores sensitivos.
OOs órganos dos sentidos.
OAs respostas voluntarias e os actos reflexos.
AO esqueleto e as articulacións.
OOs músculos e a súa acción.
OAnálise das lesións máis frecuentes e a súa prevención.


Procedementos
d Identificar e describir os fenómenos nerviosos asociados a situacións cotiás
de fotos.
d Facer debuxos esquemáticos de radiografías.
F Observar e interpretar figuras sobre fondos con diferentes cromados.
  
OComprender o fundamento básico de técnicas exploratorias do organismo.
CRotular debuxos de órganos relacionados co proceso estímulo-resposta.
RComparar e diferenciar os actos voluntarios dos actos reflexos.
CCoidado e hixiene dos órganos dos sentidos.
Actitudes
AValorar o papel e a importancia dos órganos dos sentidos, así como
identificar as situacións que poden danalos.
i Comprender a importancia de evitar riscos que poidan ocasionar lesións nas
áreas motoras do córtex cerebral e na medula espiñal.
á Identificar e evitar os comportamentos que poidan dar lugar a traumatismos
en elementos do esqueleto.
e Respectar a situación das persoas con deficiencias sensoriais como a
xordeira, o daltonismo, etc.
x Valorar o exercicio físico como un hábito de vida que favorece a saúde.




UNIDADE 7: A reprodución


INTRODUCIÓN
A reprodución na especie humana ten trazos moi peculiares, pois apártase en
moitos aspectos do sentido biolóxico desta función vital. A nosa especie
desenvolveu adaptacións singulares que van dende unha maduración dos
gametos distinta á doutros animais, ata o celo continuo dende a madurez
sexual, unha sexualidade ligada á afectividade e un lento crecemento do
embrión, que permite o complexo desenvolvemento do noso cerebro.
As formas de control e planificación familiar fóronse impoñendo, sobre todo no
mundo occidental, utilizándose métodos anticonceptivos que alteran a natural
fisioloxía hormonal do organismo feminino. Tamén foi posible superar as
dificultades para a reprodución grazas ao importante avance das técnicas de
reprodución asistida.
No século XXI, o reto científico é a posibilidade do uso de células obtidas de
embrións orixinados mediante reprodución artificial, e que non son viables, para
curar enfermidades que ata agora son de moi difícil ou imposible tratamento. O
contexto social e as consideracións éticas a este respecto van ser sempre
determinantes na investigación con células nai embrionarias.


OBXECTIVOS
Coñecer a anatomía e fisioloxía dos distintos elementos do sistema reprodutor.
Coñecer o mecanismo da reprodución, as técnicas de reprodución asistida e os
métodos anticonceptivos.
Identificar os cambios físicos e psicolóxicos que se producen na puberdade e
coñecer os hábitos imprescindibles de hixiene sexual
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Saber describir a anatomía dos aparatos reprodutores masculino e feminino.
2. Coñecer as diferenzas morfolóxicas entre os gametos masculino e feminino
e diferenciar as súas formas de maduración.
3. Coñecer os ciclos sexuais que se dan na muller.
4. Identificar os procesos de fecundación e implantación do cigoto no útero.
5. Coñecer as fases do parto.
6. Coñecer as técnicas de reprodución asistida.
7. Recoñecer a natureza dos diferentes métodos anticonceptivos.
8. Saber identificar os cambios físicos e de comportamento que se dan na
transición entre a infancia e a idade adulta.
9. Adquirir as nocións básicas imprescindibles sobre hixiene sexual.



COMPETENCIAS BÁSICAS
- Coñecerse a un mesmo na súa realidade sexual tanto dende o aspecto
anatómico, para adecuar a hixiene, coma no desenvolvemento dos cambios
que se dan na adolescencia, permite afrontar dende o ámbito da saúde e no
persoal tan significativo tránsito da vida. (C3, C8)
- Coñecer as novas técnicas para tratar enfermidades a partir da clonación de
embrións, así como outros fins que poden derivarse destas técnicas de
manipulación celular, é un habilidade necesaria para comprender as novas
posibilidade da ciencia. (C3, C5)
- Deseñar e elaborar un traballo de campo supón iniciarse nunha aprendizaxe
que permitirá continuar aprendendo de forma cada vez máis autónoma, de
acordo aos obxectivos e necesidades que se requiran. (C7)


CONTIDOS
Conceptos

CAnatomía dos sistemas reprodutores masculino e feminino.
AOs gametos masculino e feminino.
OO ciclo ovárico e o ciclo menstrual na muller.
OA fecundación e a implantación do óvulo.
OO embarazo e o parto.
OAs técnicas de reprodución asistida.
OOs métodos anticonceptivos.
OCambios físicos e psíquicos na adolescencia.
A resposta sexual humana, sexo e sexualidade.


Procedementos

PComparar os sistemas reprodutores masculino e feminino e diferenciar a
morfoloxía dos gametos.
mOrdenar a secuencia da maduración do óvulo.
OInterpretar, sobre debuxos, os cambios que se producen no útero durante o
ciclo menstrual.
c Interpretar gráficos da variación da temperatura durante o ciclo sexual da
muller.
mInterpretar gráficos sobre o crecemento dun feto.
I Seguir o proceso de xestación mediante ecografías.
SDiferenciar e coñecer os métodos anticonceptivos.




Actitudes
ARespectar as situacións persoais motivadas polos procesos fisiolóxicos da
puberdade.
p Integrar, no posible, os cambios emocionais dentro do desenvolvemento da
adolescencia.
a Valorar as posibilidades científicas das técnicas de manipulación de embrións
e o seu uso na clonación terapéutica, dentro do marco ético, legal e social.
e Responsabilidade fronte ao uso dos métodos anticonceptivos.
RRespecto cara ás persoas que contraeron unha enfermidade de transmisión
sexual, como a sida.
s Hábitos de hixiene relacionados co aparato reprodutor.


UNIDADE 8: A saúde e a enfermidade
INTRODUCIÓN
O home loitou dende sempre contra o inexorable final biolóxico que supón a
morte. Non só a esperanza de vida foi aumentando ao longo da historia da
humanidade, senón que chegamos a convivir con enfermidades ata hai pouco
mortais. Ademais, as nosas condicións de vida melloraron substancialmente, o
que contribúe a manter o noso organismo máis san, polo menos no aspecto
físico.
Porén, pese a este contexto tan favorable, á capacidade do noso sistema
inmunolóxico e ás posibilidades que hoxe nos ofrece a medicina preventiva e
curativa, seguimos sendo susceptibles de contraer novas enfermidades, cada
vez máis virulentas, e que desencadean a alarma de novas pandemias, como
en tempos pasados.
Por outro lado no mundo occidental, teoricamente máis preparado para afrontar
os retos que estas novas infeccións formulan, cada vez son máis as
enfermidades derivadas da nosa forma de vida. As mortes por enfermidades
cardiovasculares, consecuencia de malos hábitos na alimentación, a inxestión
continuada de substancias tóxicas, a falta de exercicio, o estrés, etc., están moi
por enriba das xeradas por axentes patóxenos.
Outras enfermidades non provocan a morte, pero porén invalidan o
desenvolvemento normal da nosa vida, como as enfermidades mentais ou o
alzheimer.


OBXECTIVOS
Coñecer o significado da saúde en sentido amplo, e dos factores que favorecen
un estado de benestar físico, mental, e social.
Coñecer as formas de transmisión das enfermidades infecciosas e a resposta
do organismo fronte a elas.


CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Discriminar entre os estados de saúde e enfermidade, que son causados por
diferentes axentes.
2. Identificar os factores determinantes da saúde e os hábitos de vida que a
favorecen.
3. Recoñecer as formas de transmisión e os efectos patóxenos dos
microorganismos e os virus.
4. Saber os mecanismos que se desencadean na resposta inmunolóxica.


COMPETENCIAS BÁSICAS
- Coñecer as vías de transmisión das enfermidades máis comúns permite
actuar na prevención da saúde e asumir hábitos para evitar contraer algunhas
destas enfermidades. (C3, C8)
- Saber actuar en situacións de emerxencia, fronte ás necesidades de auxilio
dos demais, é algo que un cidadán debe coñecer para poder reaccionar de
maneira adecuada en determinadas circunstancias. (C3, C5)
- Valorar os hábitos para manter un estado de saúde adecuado, supón adquirir
unha conciencia coa que aplicar comportamentos persoais adecuados. (C8)
- Utilizar as fontes existentes na rede, para realizar traballos nos que hai que
seleccionar información e adecuala aos fins que se perseguen, favorece a
comunicación e habilita no uso das tecnoloxías da información. (C4)


CONTIDOS
Conceptos

CSaúde e enfermidade.
STipos de enfermidades.
T As enfermidades infecciosas.
  
AAs enfermidades de transmisión sexual.
AA resposta inmunolóxica.
AA medicina preventiva e curativa.
AOs factores determinantes da saúde.


Procedementos
PInterpretar gráficas temporais de procesos de infección.
I Ordenar secuencias de acontecementos na resposta inmunolóxica.
OFacer debuxos sinxelos de axentes patóxenos.
F Interpretar ensaios experimentais de respostas inmunolóxicas.
  
I Relacionar factores determinantes da saúde con hábitos de vida saudable.
RBuscar información en internet.
BAnalizar medidas preventivas fronte a posibles infeccións.
ATécnicas de primeiros auxilios.




Actitudes

AValorar a situación persoal fronte a outras máis precarias en canto ao acceso
a medios sanitarios.
a Rexeitamento de hábitos de vida non saudables.
RSeguir as pautas de prevención fronte ás enfermidades infecciosas.
SAdquirir formas de vida adecuadas para conseguir un bo estado de saúde.


UNIDADE 9: As persoas e o medio


INTRODUCIÓN
Dende que o home apareceu na escena deste complicado teatro que é a
biosfera, deixou ben claro que o seu papel non ía pasar desapercibido. Durante
certo tempo mantivo unha sustentabilidade co medio no que se desenvolvía;
falamos da sociedade cazadora-recolectora ou da sociedade agrícola-gandeira,
sociedades nas que os impactos no contorno e os seus correspondentes
problemas ambientais eran potencialmente asimilados polo medio.
Porén, a entrada en escena da sociedade tecnolóxico-industrial produce
importantes impactos no medio, uns cambios que son difíciles de asimilar.
O crecemento e desenvolvemento da poboación humana, unido a unha
irresponsabilidade ambiental manifesta, xeran unha diminución dos recursos,
graves problemas en ambientes terrestres, acuáticos e aéreos, problemas que
incluso se manifestan lonxe dos seus puntos de orixe.
A solución integral a estes problemas pasa necesariamente por unha maior
concienciación persoal, pola aplicación dunha lexislación máis acorde cun
desenvolvemento sostible tanto a nivel ecolóxico, coma económico e social.
Pasa, en definitiva, por vivir, por desenvolverse no medio, pero non a custa do
medio.


OBXECTIVOS
Coñecer os problemas ambientais máis importantes que repercuten no medio,
determinando as causas que os xeran e evidenciando os efectos que producen
tanto a niveles locais, coma rexionais e globais.
Coñecer as potenciais solucións aos problemas ambientais, destacando o
importante papel que xoga un mesmo na consecución de ditas solucións.


CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Explicar correctamente os distintos problemas ambientais, evidenciando
perfectamente as súas causas e coñecendo claramente os seus efectos.
2. Recoñecer as relacións que se establecen entre os diferentes problemas
ambientais con todos os subsistemas do planeta e a súa potencial evolución no
tempo.
3. Describir claramente as potenciais solucións aos diferentes problemas
ambientais.
4. Identificar cal debería ser o noso papel activo no desenvolvemento duns
correctos hábitos medioambientais.


COMPETENCIAS BÁSICAS
- Saber o valor dos recursos naturais, os impactos que xeramos, e coñecer o
significado da pegada ecolóxica, posibilita comprender a repercusión das nosas
actividades, e asumir comportamentos para racionalizar todo consumo. (C3,
C8)
- Coñecer a intervención do home no clima, e o uso dun recurso esencial como

a auga, permite comprender mellor os sucesos xerados por acción humana, e a

predición das súas consecuencias. (C3)
- Interpretar e expresar con claridade informacións de gráficos, pictogramas e
datos permite ampliar o coñecemento sobre aspectos cuantitativos da
realidade. (C2)
- Adquirir comportamentos como a redución no consumo, a reutilización de

materiais e facilitar a reciclaxe dos residuos serve para ter unha actitude

responsable fronte ao noso planeta. (C8)

CONTIDOS
Conceptos
CImpacto ambiental e problema ambiental.
I A explosión demográfica humana.
AOs recursos.
OA contaminación.
AXestión, contaminación e tratamento da auga.
XContaminación transfronteiriza: chuvia ácida, efecto invernadoiro e diminución
da capa de ozono.
d Erosión e desertización do solo.
EA pegada ecolóxica.
AA defensa persoal do medio.
ADesenvolvemento sostible.


Procedementos
PDeterminación das causas que orixinan certos problemas ambientais.
D Recoñecemento dos efectos que producen no medio determinados
problemas ambientais.
p  Cálculo de datos que estimen o impacto ambiental.
  Elaboración de planos de interese medioambiental.
  Identificación duns correctos hábitos persoais medioambientais.
  Interpretación da información que nos ofrecen as fotografías, os esquemas,
as táboas, as gráficas e os diagramas.
a  Manexo de material e reactivos de laboratorio.


Actitudes
A Recoñecemento da crise ambiental actual.
  Actitude crítica fronte ás causas que orixinan os problemas ambientais.
  Actitude positiva cara ás solucións propostas a todos os niveis para defender
o medio.
Valoración da importancia de manter uns bos hábitos persoais
medioambientais como axuda importante para a solución dos problemas
ambientais.


UNIDADE 10: As augas modifican o relevo


INTRODUCIÓN
As augas superficiais e subterráneas, que son os axentes externos de maior
influencia nas zonas continentais con clima temperado húmido, son o obxecto
de estudo desta unidade xunto cos paisaxes que orixinan.
Comeza facendo unha breve explicación sobre os mapas topográficos que nos
permiten ver con claridade as paisaxes. Posteriormente analízanse as augas
superficiais, primeiro as salvaxes e os factores que condicionan a súa acción,
despois os torrentes e por fin os ríos explicando a forma de relevo que orixinan
e os procesos que producen: erosión, transporte e sedimentación. Ás veces
estes procesos non son lentos e continuos, senón rápidos e catastróficos,
provocando riadas ou coadas de barro.
Por último estúdanse as augas subterráneas, a infiltración, a súa circulación e a
formación de acuíferos, e a súa explotación.


OBXECTIVOS
Comprender a un nivel básico as representacións topográficas do relevo.
Coñecer a acción xeolóxica das distintas manifestacións da auga continental.
Coñecer as características propias das augas subterráneas e os seus usos
para o ser humano.


CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Realización de representacións topográficas de corpos xeométricos.
2. Explicar a acción das augas salvaxes e superficiais e recoñecer as súas
formas de modelado características.
3. Describir os procesos xeolóxicos que realizan os ríos.
4. Explicar a circulación e explotación das augas subterráneas.
5. Describir as características das augas subterráneas.


COMPETENCIAS BÁSICAS
- Interpretar as dimensións e realizar representacións derivadas dun mapa
topográfico, contribúe ao coñecemento do medio e a dispoñer de habilidades
para a aprendizaxe. (C3, C7)
- Comprobar hipótesese de forma experimental, deseñando experiencias nas
que se controlen variables, supón desenvolver estratexias para a aprendizaxe.
(C7)
- Coñecer e interpretar as paisaxes modeladas pola auga significa aplicar
conceptos básicos para a análise de fenómenos. (C3)


CONTIDOS
Conceptos
• Importancia e mecanismos de realización de mapas topográficos.
• Augas salvaxes. Factores que condicionan a súa actividade.
• Torrentes. Tramos e actividade.
• Os ríos. Erosión, transporte e sedimentación.
• Forma do val fluvial.
• Factores que inflúen na infiltración.
• Os acuíferos.
• Circulación das augas subterráneas.
• Explotación de acuíferos.


Procedementos
• Recoñecer nun mapa topográfico distintas formacións xeolóxicas.
• Identificación da capacidade erosiva das augas salvaxes nunha zona en
función das súas características.
• Coñecemento das distintas partes que presenta un torrente.
• Identificación dos tramos do leito dun río en función das súas características.
• Determinación da infiltración en función dos factores que inflúen nela nunha
  
determinada zona.
• Recoñecer as marcas características na paisaxe dos distintos tipos de augas
superficiais.



Actitudes
• Valoración da importancia dos mapas topográficos como ferramenta
imprescindible no coñecemento da paisaxe.
• Valoración da importancia da auga como factor do modelado do relevo na
nosa zona climática.
• Toma de conciencia da importancia das augas subterráneas como recursos
de maior magnitude e calidade que as augas superficiais.
• Estimación do papel das augas superficiais como recurso enerxético.



UNIDADE 11: Os glaciares, o vento e o mar


INTRODUCIÓN
Despois de ver a acción das augas superficiais e subterráneas, estúdanse
nesta unidade outros axentes “escultores”. Son axentes externos que
colaboran coas augas salvaxes, os ríos e as augas subterráneas no modelado
terrestre.
A unidade empeza co estudo dos glaciares, as súas características, os
procesos xeolóxicos que realizan e as formas de relevo que son o resultado da
súa acción. A continuación pásase a estudar o vento como axente xeolóxico:
os procesos erosivos que provoca, o transporte e a sedimentación resultado da
acción eólica.
Seguidamente estudaremos o mar, un axente xeolóxico fundamental nas zonas
costeiras; veremos as formas de relevo que orixina e como o fai e tamén
adicaremos un epígrafe para as intervencións humanas na costa.
Por último estúdanse as pegadas que deixan os axentes xeolóxicos no relevo e
que son as marcas que nos serven para identificalos.


OBXECTIVOS
Comprender os mecanismos de acción dos axentes do modelado externo do
planeta.
Relacionar os distintos tipos de axentes xeolóxicos cos seus relevos
característicos e comprender cal é a causa de ditos axentes.


CRITERIOS DE AVALIACIÓN
• Comprender como é a acción xeolóxica dos glaciares.
• Coñecer a acción realizada polo vento nas paisaxes.
• Describir os procesos típicos da acción do mar.
• Recoñecer algunhas das marcas características que cada axente deixa na
paisaxe.
• Recoñecer a importancia do Sol e a gravidade na acción dos axentes
xeolóxicos.


COMPETENCIAS BÁSICAS
- Comprender que as paisaxes actuais son resultado de procesos que se deron
en longos períodos de tempo, serve para valorar os mesmos e ter unha
actitude responsable fronte a posibles transformacións irreversibles. (C3, C8)
- Construír o coñecemento tratando de explicar os feitos, mediante respostas
contrastadas coa observación, experimentación ou simulación, supón dispoñer
de habilidades para aprender. (C7)


CONTIDOS
Conceptos
• Formación do xeo glaciar. Os glaciares alpinos.
• Erosión, transporte e sedimentación glaciares.
• O relevo glaciar.
• Erosión transporte e depósitos eólicos.
• As dunas e os seus movementos.
• Factores que inflúen na acción do vento.
• Movementos da auga do mar.
• Erosión transporte e sedimentación mariñas.
• Formas litorais. Intervencións nas costas.
• As pegadas dos axentes xeolóxicos.


Procedementos
• Identificación das principais formas do relevo glaciar.
• Determinación da selección que realiza o transporte eólico.
• Identificación das principais formas do relevo eólico e a influencia dos
factores climáticos.
• Determinación dos factores que condicionan as formas litorais.
• Recoñecemento de modificacións costeiras inducidas por acción humana.
• Identificación dos axentes que interviñeron no relevo nunha zona
determinada.


Actitudes
• Recoñecemento da importancia dos glaciares, o vento e o mar como axentes
xeolóxicos fundamentais en determinadas zonas xeográficas.
• Estimación dos riscos que implica a acción humana sobre as costas.
• Valoración da importancia da construción de teorías para o avance científico.
• Estimación do papel das mareas como recurso enerxético.
• Valoración dos combustibles fósiles como recursos enerxéticos e dos
impactos producidos pola súa utilización.
UNIDADE 12: As rochas sedimentarias e a súa orixe


INTRODUCIÓN
O obxectivo fundamental desta unidade é estudar as rochas sedimentarias se
ben con anterioridade se fai unha clasificación xeral de todas as rochas
segundo a súa orixe e se relaciona este coas características da súa textura e a
súa disposición no campo.
O estudo das rochas sedimentarias comeza pola súa orixe detallando os
procesos que as forman: meteorización, transporte, sedimentación e
diaxénese. As rochas sedimentarias están frecuentemente acompañadas de
fósiles, por iso se estuda o concepto de fósil, o proceso de fosilización e a
información que achegan os fósiles respecto á vida no pasado, o ambiente
sedimentario en que se formou a rocha que os contén e cando se formou dita
rocha. Na determinación desa información xoga un importante papel o principio
xeolóxico do actualismo, segundo o cal analizar os procesos actuais é a clave
para interpretar o que sucedeu no pasado.
Conclúe a unidade co estudo dos distintos tipos de rochas sedimentarias
detríticas e non detríticas, facendo fincapé na orixe do carbón e do petróleo.


OBXECTIVOS
Comprender os procesos que orixinan as rochas sedimentarias e coñecer a
información que achegan.
Identificar as principais rochas sedimentarias e coñecer a súa orixe.
Recoñecer as rochas como un recurso de gran importancia para o home.


CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Coñecer os       procesos   que    interveñen   na    formación   das   rochas
sedimentarias.
2. Diferenciar os distintos tipos de rochas sedimentarias.
3. Identificar as principais rochas sedimentarias e coñecer a súa orixe.
4. Coñecer a orixe dos carbóns naturais e do petróleo.
5. Comprender a importancia das rochas na actualidade.


COMPETENCIAS BÁSICAS
Saber as diferentes utilidades das rochas para o ser humano, supón un
coñecemento co que interpretar o propio contexto e ámbitos máis amplos. (C3)
Elaborar traballos científicos para utilizar a linguaxe como instrumento de
comunicación escrita, serve para a interpretación e comprensión da realidade.
(C1) Coñecer que as necesidades do ser humano repercuten sobre o medio
como impactos ambientais ás veces irreversibles, fai posible valorar unha
realidade da nosa sociedade. (C5)
CONTIDOS
Conceptos
•Orixe das rochas sedimentarias: meteorización, transporte, sedimentación e
diaxénese.
•Os fósiles. O proceso de fosilización. Información que achegan os fósiles.
Principio do actualismo.
•A estratificación. Principios de horizontalidade e superposición.
•Clasificación das rochas sedimentarias.
•Rochas detríticas. Tipos e características.
•Rochas non detríticas. Tipos e características. Orixe do carbón e do petróleo.


Procedementos
•Recoñecer tipos de rochas pola súa textura e xacementos e relacionar estes
datos coa súa orixe e identificar as principais rochas sedimentarias.
•Identificar os efectos dos procesos sedimentarios sobre os materiais aos que
lles afectan.
•Recoñecer diferentes tipos de fósiles.
  
•Aplicar o principio do actualismo para determinar o pasado de rochas e fósiles.
•Utilizar os principios de horizontalidade e de superposición para determinar a
antigüidade dos estratos.
•Fabricar rochas detríticas.


Actitudes
•Recoñecemento do valor das clasificacións para o estudo da natureza.
•Estimación da relación entre a orixe e a diversidade das rochas.
•Recoñecemento do valor das rochas e fósiles como arquivos do pasado da
Terra.
•Constatación da importancia dos principios e teorías para o avance científico.
•Valoración do principio do actualismo como ferramenta fundamental para a
reconstrución do pasado xeolóxico




UNIDADE 13: Os minerais e as rochas
INTRODUCCIÓN
A maior parte do planeta Terra está constituída por rochas, e á súa vez as
rochas están compostas por minerais. Nesta unidade abórdase o estudo dos
minerais e a súa utilidade.
Comeza coa caracterización do concepto de mineral e diferenciando a materia
amorfa da cristalina, e á súa vez esta dos cristais, dos que se describen os
procesos de formación. Para identificar os minerais é necesario coñecer as
súas propiedades características: a forma, a cor, o brillo, a densidade, a
dureza, a tenacidade, a exfoliación e a fractura. Tamén se aborda a súa
utilidade como minerais industriais, minerais metalíferos e pedras preciosas.
Os procesos que orixinan os minerais son os mesmos que están implicados na
orixe das rochas. Trátase da diaxénese, o magmatismo e o metamorfismo,
responsables da formación das rochas sedimentarias, ígneas e metamórficas,
respectivamente.


OBXECTIVOS
Recoñecer os minerais polas características esenciais da súa definición e
coñecer as súas principais propiedades.
Coñecer a clasificación dos minerais pola súa utilidade.
Diferenciar os procesos responsables da orixe dos minerais e as rochas.


CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Comprender o concepto de mineral, diferenciar a estrutura cristalina da
cristalizada e coñecer os procesos de cristalización.
2. Coñecer as propiedades características dos minerais.
3. Coñecer a clasificación dos minerais pola súa utilidade e identificar polas
súas propiedades os máis significativos de cada grupo.
4. Entender o concepto de magmatismo como o proceso que dá orixe ás
rochas magmáticas, coñecer a súa clasificación e identificar as principais
rochas ígneas.
5. Entender o concepto de metamorfismo como o proceso que orixina as
rochas metamórficas.


COMPETENCIAS BÁSICAS
- A lectura de textos científicos permítelle ao alumno enriquecer o seu
vocabulario e esíxelle distinguir a información relevante da accesoria. (C1)
- Entender as utilidades máis importantes que o ser humano lles dá aos
minerais como o resultado da aplicación dos coñecementos científicos e
tecnolóxicos, co fin de modificar o medio, en resposta ás necesidades
humanas.
- Traballar coa densidade dos minerais esixe a utilización de métodos básicos
de cálculo numérico e un entendemento de formas elementais das
matemáticas, como as fórmulas. (C2)



CONTIDOS
Conceptos
● Concepto de mineral. Materia cristalina e amorfa.
  
● Cristais e procesos de cristalización.
  
● Propiedades características dos minerais: forma, densidade, cor, brillo,
dureza, tenacidade, exfoliación e fractura.
● Clasificación dos minerais pola súa utilidade. Principais minerais de cada
grupo.
● Utilidade dos minerais: minerais industriais, minerais metalíferos e pedras
preciosas.
● Magmatismo. Principais rochas volcánicas e plutónicas.
● Metamorfismo. Principais rochas metamórficas.
● O ciclo das rochas.


Procedementos
● Obtención de cristais.
● Observación de diferentes propiedades dos minerais.
● Identificación de minerais polas súas propiedades características.
● Determinación e asignación de minerais a grupos de clasificación.
  
● Identificación da utilidade dalgúns minerais.
● Elaboración de claves de identificación.
● Elaboración de mapas conceptuais e análise de textos.
● Identificar as principais rochas volcánicas e plutónicas.


Actitudes
● Recoñecemento da importancia dos minerais como valiosas materias primas
  
dende os primeiros momentos da humanidade.
● Interese por      realizar   coa   máxima       exactitude   os   procedementos
experimentais.
● Curiosidade por coñecer diferentes minerais e a súa utilidade.
  
● Valoración dos minerais como recursos non renovables, e fomento da “regra
dos tres erres”: reducir (o consumo), reutilizar e reciclar.

Más contenido relacionado

Destacado

Un viaje por el paraíso
Un viaje por el paraísoUn viaje por el paraíso
Un viaje por el paraísoRomy
 
Naranjas, refrescantes y deliciosas
Naranjas, refrescantes y deliciosasNaranjas, refrescantes y deliciosas
Naranjas, refrescantes y deliciosastudespensa.com
 
Ponencia Luisenrique
Ponencia LuisenriquePonencia Luisenrique
Ponencia Luisenriqueguest2062b8
 
CWJuly2013 - Artikel ROC ohne Werbeseiten
CWJuly2013 - Artikel ROC ohne WerbeseitenCWJuly2013 - Artikel ROC ohne Werbeseiten
CWJuly2013 - Artikel ROC ohne WerbeseitenManfred H. Buechel
 
Tema 10: hardware y redes
Tema 10: hardware y redesTema 10: hardware y redes
Tema 10: hardware y redespabloyaitor
 
Office Services Dosarquitectos
Office Services DosarquitectosOffice Services Dosarquitectos
Office Services Dosarquitectosdosarquitectos
 
Evaluacion Del Aprendizaje Practicas Y Usos De Rec Tecnologicos
Evaluacion Del Aprendizaje Practicas Y Usos De Rec TecnologicosEvaluacion Del Aprendizaje Practicas Y Usos De Rec Tecnologicos
Evaluacion Del Aprendizaje Practicas Y Usos De Rec Tecnologicospsycom
 
Innovationen gestalten: Wie startet man mit LeanUX und Agile Experience Design?
Innovationen gestalten: Wie startet man mit LeanUX und Agile Experience Design?Innovationen gestalten: Wie startet man mit LeanUX und Agile Experience Design?
Innovationen gestalten: Wie startet man mit LeanUX und Agile Experience Design?Stephan Raimer
 
como crear un blog?
como crear un blog?como crear un blog?
como crear un blog?uib
 
La Ventafocs
La VentafocsLa Ventafocs
La Ventafocsliacirera
 
En Busca De Identidad Contador Auditor Ucsc Mayo 2009
En Busca De Identidad   Contador Auditor Ucsc Mayo 2009En Busca De Identidad   Contador Auditor Ucsc Mayo 2009
En Busca De Identidad Contador Auditor Ucsc Mayo 2009guest41ed9b8
 

Destacado (20)

Binder2
Binder2Binder2
Binder2
 
Rousseau - Guía de Esposición
Rousseau - Guía de EsposiciónRousseau - Guía de Esposición
Rousseau - Guía de Esposición
 
Un viaje por el paraíso
Un viaje por el paraísoUn viaje por el paraíso
Un viaje por el paraíso
 
Canicasrojas
CanicasrojasCanicasrojas
Canicasrojas
 
31 medicion calidad
31  medicion calidad31  medicion calidad
31 medicion calidad
 
Trabajo en grupo 5 16d ic
Trabajo  en grupo 5 16d icTrabajo  en grupo 5 16d ic
Trabajo en grupo 5 16d ic
 
Naranjas, refrescantes y deliciosas
Naranjas, refrescantes y deliciosasNaranjas, refrescantes y deliciosas
Naranjas, refrescantes y deliciosas
 
Ponencia Luisenrique
Ponencia LuisenriquePonencia Luisenrique
Ponencia Luisenrique
 
CWJuly2013 - Artikel ROC ohne Werbeseiten
CWJuly2013 - Artikel ROC ohne WerbeseitenCWJuly2013 - Artikel ROC ohne Werbeseiten
CWJuly2013 - Artikel ROC ohne Werbeseiten
 
SAS 2
SAS 2SAS 2
SAS 2
 
Tema 10: hardware y redes
Tema 10: hardware y redesTema 10: hardware y redes
Tema 10: hardware y redes
 
Binder2
Binder2Binder2
Binder2
 
Office Services Dosarquitectos
Office Services DosarquitectosOffice Services Dosarquitectos
Office Services Dosarquitectos
 
Evaluacion Del Aprendizaje Practicas Y Usos De Rec Tecnologicos
Evaluacion Del Aprendizaje Practicas Y Usos De Rec TecnologicosEvaluacion Del Aprendizaje Practicas Y Usos De Rec Tecnologicos
Evaluacion Del Aprendizaje Practicas Y Usos De Rec Tecnologicos
 
Innovationen gestalten: Wie startet man mit LeanUX und Agile Experience Design?
Innovationen gestalten: Wie startet man mit LeanUX und Agile Experience Design?Innovationen gestalten: Wie startet man mit LeanUX und Agile Experience Design?
Innovationen gestalten: Wie startet man mit LeanUX und Agile Experience Design?
 
como crear un blog?
como crear un blog?como crear un blog?
como crear un blog?
 
La Ventafocs
La VentafocsLa Ventafocs
La Ventafocs
 
En Busca De Identidad Contador Auditor Ucsc Mayo 2009
En Busca De Identidad   Contador Auditor Ucsc Mayo 2009En Busca De Identidad   Contador Auditor Ucsc Mayo 2009
En Busca De Identidad Contador Auditor Ucsc Mayo 2009
 
Fanny
FannyFanny
Fanny
 
Power a
Power aPower a
Power a
 

Similar a 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02xoserivas
 
Prog. ed. etico civica 4º
Prog. ed. etico civica  4ºProg. ed. etico civica  4º
Prog. ed. etico civica 4ºxoserivas
 
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundariaO traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundariaMaría Valbuena
 
As Competencias BáSicas Galicia
As Competencias BáSicas GaliciaAs Competencias BáSicas Galicia
As Competencias BáSicas Galiciaangelesares
 
Competencias Basicas Xunta
Competencias Basicas XuntaCompetencias Basicas Xunta
Competencias Basicas Xuntaceiparua
 
Competencias basicas
Competencias basicasCompetencias basicas
Competencias basicaslinguatics
 
COMPETENCIAS BÁSICAS
COMPETENCIAS BÁSICASCOMPETENCIAS BÁSICAS
COMPETENCIAS BÁSICASoleiros
 
Competencias Basicas
Competencias BasicasCompetencias Basicas
Competencias Basicasguest5795fb9
 
Competencias Básicas
Competencias BásicasCompetencias Básicas
Competencias Básicascontidos
 
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA Vigo
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA VigoProgramación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA Vigo
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA VigoPeregrina Pintos Testa
 
Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1María Valbuena
 
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01María Valbuena
 
Competenciasbasicas 1229192572616778-1
Competenciasbasicas 1229192572616778-1Competenciasbasicas 1229192572616778-1
Competenciasbasicas 1229192572616778-1María Valbuena
 
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01María Valbuena
 

Similar a 09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif (20)

Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
Programacincc ss2010-2011-110406061355-phpapp02
 
Prog. ed. etico civica 4º
Prog. ed. etico civica  4ºProg. ed. etico civica  4º
Prog. ed. etico civica 4º
 
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundariaO traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
 
As Competencias BáSicas Galicia
As Competencias BáSicas GaliciaAs Competencias BáSicas Galicia
As Competencias BáSicas Galicia
 
Competencias Basicas Xunta
Competencias Basicas XuntaCompetencias Basicas Xunta
Competencias Basicas Xunta
 
Competencias basicas
Competencias basicasCompetencias basicas
Competencias basicas
 
Competencias básicas
Competencias básicasCompetencias básicas
Competencias básicas
 
COMPETENCIAS BÁSICAS
COMPETENCIAS BÁSICASCOMPETENCIAS BÁSICAS
COMPETENCIAS BÁSICAS
 
Competencias Basicas
Competencias BasicasCompetencias Basicas
Competencias Basicas
 
Competencias Básicas
Competencias BásicasCompetencias Básicas
Competencias Básicas
 
Oie
OieOie
Oie
 
Oie
OieOie
Oie
 
I+D MEDIA
I+D MEDIAI+D MEDIA
I+D MEDIA
 
Descubrindo a Prehistoria
Descubrindo a PrehistoriaDescubrindo a Prehistoria
Descubrindo a Prehistoria
 
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA Vigo
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA VigoProgramación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA Vigo
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA Vigo
 
Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1
 
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
 
Competenciasbasicas 1229192572616778-1
Competenciasbasicas 1229192572616778-1Competenciasbasicas 1229192572616778-1
Competenciasbasicas 1229192572616778-1
 
Epadidactica
EpadidacticaEpadidactica
Epadidactica
 
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
 

Más de Cristina

Trabajo verano Colegio El Castro fyq 3º eso 2013
Trabajo verano Colegio El Castro fyq 3º eso 2013Trabajo verano Colegio El Castro fyq 3º eso 2013
Trabajo verano Colegio El Castro fyq 3º eso 2013Cristina
 
Trabajo verano Colegio El Castro mate 2º eso 2013
Trabajo verano Colegio El Castro  mate 2º eso 2013Trabajo verano Colegio El Castro  mate 2º eso 2013
Trabajo verano Colegio El Castro mate 2º eso 2013Cristina
 
Trabajo verano mate 1º eso2013
Trabajo verano mate 1º eso2013Trabajo verano mate 1º eso2013
Trabajo verano mate 1º eso2013Cristina
 
Ftq 4º eso trabajo verano curso 2012
Ftq 4º eso trabajo verano  curso 2012Ftq 4º eso trabajo verano  curso 2012
Ftq 4º eso trabajo verano curso 2012Cristina
 
Trabajo verano fyq 3º eso 2012
Trabajo verano fyq 3º eso 2012Trabajo verano fyq 3º eso 2012
Trabajo verano fyq 3º eso 2012Cristina
 
Trabajo verano fyq 3º eso 2012
Trabajo verano fyq 3º eso 2012Trabajo verano fyq 3º eso 2012
Trabajo verano fyq 3º eso 2012Cristina
 
Traballo de veran 2012 cn 1º
Traballo de veran  2012 cn 1ºTraballo de veran  2012 cn 1º
Traballo de veran 2012 cn 1ºCristina
 
Trabajo verano COLEGIO EL CASTRO mate 2º eso 2012
Trabajo verano COLEGIO EL CASTRO  mate 2º eso 2012Trabajo verano COLEGIO EL CASTRO  mate 2º eso 2012
Trabajo verano COLEGIO EL CASTRO mate 2º eso 2012Cristina
 
Trabajo verano mate 1º eso2012
Trabajo verano mate 1º eso2012Trabajo verano mate 1º eso2012
Trabajo verano mate 1º eso2012Cristina
 
Mimerais e rochas
Mimerais e rochasMimerais e rochas
Mimerais e rochasCristina
 
Formulación inorgánica y orgánica
Formulación inorgánica y orgánicaFormulación inorgánica y orgánica
Formulación inorgánica y orgánicaCristina
 
TRABAJO VERANO FISICA Y QUIMICA 4º ESO CASTRO
TRABAJO VERANO FISICA Y QUIMICA 4º ESO CASTROTRABAJO VERANO FISICA Y QUIMICA 4º ESO CASTRO
TRABAJO VERANO FISICA Y QUIMICA 4º ESO CASTROCristina
 
Trabajo verano matemáticas 1º eso CASTRO
Trabajo verano matemáticas 1º eso CASTROTrabajo verano matemáticas 1º eso CASTRO
Trabajo verano matemáticas 1º eso CASTROCristina
 
Os invertebrados
Os invertebrados Os invertebrados
Os invertebrados Cristina
 
Recuperacións Ciencias Natureza pendientes 1º 2º eso
Recuperacións Ciencias Natureza pendientes 1º 2º esoRecuperacións Ciencias Natureza pendientes 1º 2º eso
Recuperacións Ciencias Natureza pendientes 1º 2º esoCristina
 
Traballo verán física e química.3º eso
Traballo verán física e química.3º esoTraballo verán física e química.3º eso
Traballo verán física e química.3º esoCristina
 
Traballo bioloxía e xeoloxía3º eso
Traballo  bioloxía e xeoloxía3º esoTraballo  bioloxía e xeoloxía3º eso
Traballo bioloxía e xeoloxía3º esoCristina
 
Trabajo de verano 4º eso tecnoloxia
Trabajo de verano 4º eso tecnoloxiaTrabajo de verano 4º eso tecnoloxia
Trabajo de verano 4º eso tecnoloxiaCristina
 
Trabajo de verano 3 eso tecnoloxia
Trabajo de verano 3 eso tecnoloxiaTrabajo de verano 3 eso tecnoloxia
Trabajo de verano 3 eso tecnoloxiaCristina
 
Traballo de veran 4º eso
Traballo de veran 4º esoTraballo de veran 4º eso
Traballo de veran 4º esoCristina
 

Más de Cristina (20)

Trabajo verano Colegio El Castro fyq 3º eso 2013
Trabajo verano Colegio El Castro fyq 3º eso 2013Trabajo verano Colegio El Castro fyq 3º eso 2013
Trabajo verano Colegio El Castro fyq 3º eso 2013
 
Trabajo verano Colegio El Castro mate 2º eso 2013
Trabajo verano Colegio El Castro  mate 2º eso 2013Trabajo verano Colegio El Castro  mate 2º eso 2013
Trabajo verano Colegio El Castro mate 2º eso 2013
 
Trabajo verano mate 1º eso2013
Trabajo verano mate 1º eso2013Trabajo verano mate 1º eso2013
Trabajo verano mate 1º eso2013
 
Ftq 4º eso trabajo verano curso 2012
Ftq 4º eso trabajo verano  curso 2012Ftq 4º eso trabajo verano  curso 2012
Ftq 4º eso trabajo verano curso 2012
 
Trabajo verano fyq 3º eso 2012
Trabajo verano fyq 3º eso 2012Trabajo verano fyq 3º eso 2012
Trabajo verano fyq 3º eso 2012
 
Trabajo verano fyq 3º eso 2012
Trabajo verano fyq 3º eso 2012Trabajo verano fyq 3º eso 2012
Trabajo verano fyq 3º eso 2012
 
Traballo de veran 2012 cn 1º
Traballo de veran  2012 cn 1ºTraballo de veran  2012 cn 1º
Traballo de veran 2012 cn 1º
 
Trabajo verano COLEGIO EL CASTRO mate 2º eso 2012
Trabajo verano COLEGIO EL CASTRO  mate 2º eso 2012Trabajo verano COLEGIO EL CASTRO  mate 2º eso 2012
Trabajo verano COLEGIO EL CASTRO mate 2º eso 2012
 
Trabajo verano mate 1º eso2012
Trabajo verano mate 1º eso2012Trabajo verano mate 1º eso2012
Trabajo verano mate 1º eso2012
 
Mimerais e rochas
Mimerais e rochasMimerais e rochas
Mimerais e rochas
 
Formulación inorgánica y orgánica
Formulación inorgánica y orgánicaFormulación inorgánica y orgánica
Formulación inorgánica y orgánica
 
TRABAJO VERANO FISICA Y QUIMICA 4º ESO CASTRO
TRABAJO VERANO FISICA Y QUIMICA 4º ESO CASTROTRABAJO VERANO FISICA Y QUIMICA 4º ESO CASTRO
TRABAJO VERANO FISICA Y QUIMICA 4º ESO CASTRO
 
Trabajo verano matemáticas 1º eso CASTRO
Trabajo verano matemáticas 1º eso CASTROTrabajo verano matemáticas 1º eso CASTRO
Trabajo verano matemáticas 1º eso CASTRO
 
Os invertebrados
Os invertebrados Os invertebrados
Os invertebrados
 
Recuperacións Ciencias Natureza pendientes 1º 2º eso
Recuperacións Ciencias Natureza pendientes 1º 2º esoRecuperacións Ciencias Natureza pendientes 1º 2º eso
Recuperacións Ciencias Natureza pendientes 1º 2º eso
 
Traballo verán física e química.3º eso
Traballo verán física e química.3º esoTraballo verán física e química.3º eso
Traballo verán física e química.3º eso
 
Traballo bioloxía e xeoloxía3º eso
Traballo  bioloxía e xeoloxía3º esoTraballo  bioloxía e xeoloxía3º eso
Traballo bioloxía e xeoloxía3º eso
 
Trabajo de verano 4º eso tecnoloxia
Trabajo de verano 4º eso tecnoloxiaTrabajo de verano 4º eso tecnoloxia
Trabajo de verano 4º eso tecnoloxia
 
Trabajo de verano 3 eso tecnoloxia
Trabajo de verano 3 eso tecnoloxiaTrabajo de verano 3 eso tecnoloxia
Trabajo de verano 3 eso tecnoloxia
 
Traballo de veran 4º eso
Traballo de veran 4º esoTraballo de veran 4º eso
Traballo de veran 4º eso
 

09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif

  • 1. PROGRAMACION BIOLOXIA E XEOLOXIA. 3º ESO. RUTH FONTAO REY
  • 2. INDICE: 1. INTRODUCCIÓN 2. RELACIÓN DA ÁREA COAS COMPETENCIAS BÁSICAS 3. OBXECTIVOS 4. CONTIDOS 5. TEMPORALIZACIÓN 6. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 7. MÍNIMOS EXIXIBLES 8. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN, PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN. 9. TRATAMENTO DO FOMENTO DA LECTURA 10. TRATAMENTO DO FOMENTO DAS TIC 11. PLANS DE TRABALLO PARA SUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES 12. METODOLOXÍA DIDÁCTICA 13. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS 14. PROGRAMACIÓN DE TEMAS TRANSVERSAIS 15. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. 16. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES 17. PROGRAMACIÓN DAS UNIDADES. INTRODUCCIÓN: A materia de Bioloxía e Xeoloxía inclúese dentro da área das ciencias da natureza e é impartida durante os cursos de 3º e 4º da ESO. No presente curso consta de dúas horas semanais. A finalidade do ensino desta área céntrase no desenvolvemento de habilidades e estratexias para recoller informacións de diferentes fontes, analizalas e valoralas, formarse opinións fundamentadas, formular hipóteses, contrastalas mediante a observación e experimentacións, e elaborar conclusións e informes; en suma, resolver problemas e formar cidadáns e cidadás críticos, con capacidade para elaborar opinións propias que lles permitan participar democraticamente nas decisións políticas que toman os representantes sociais sobre o ambiente, a saúde e as aplicacións dos adiantos científicos e técnicos. Trátase de familiarizar o alumnado coa natureza e as ideas básicas da ciencia co obxectivo de que poida comprender as problemáticas de orixe científica que o afecten como persoa e cidadán, e así poder xerar actitudes responsables que lle permitan participar na toma de decisións cando se procura a súa solución. O desenvolvemento do currículo da área de ciencias debe ter en conta as alumnas e os alumnos aos cales se dirixe, a diversidade nos niveis de desenvolvemento das súas capacidades, os seus intereses e expectativas, ofertando uns contidos que faciliten o achegamento á natureza e ás ideas básicas da ciencia e que axuden á comprensión dos problemas a cuxa solución poida contribuír o desenvolvemento científico e tecnolóxico, favorecendo
  • 3. actitudes responsables dirixidas a sentar as bases dun desenvolvemento sustentable. Na educación primaria, a área de coñecemento domedio integra aspectos sociais, naturais e culturais desde unha perspectiva global e baseada nas vivencias e coñecementos cotiáns dos estudantes, para chegar a establecer relacións entre eles e unha formulación máis científica. Na educación secundaria obrigatoria hai que partir dos coñecementos anteriores para irse achegando progresivamente a interpretacións máis elaboradas sobre o mundo que nos rodea. Nos dous primeiros cursos intégranse todas as materias nunha visión máis global de área, coa finalidade de manter unha aproximación de conxunto aos fenómenos naturais. Nos dous últimos cursos, tendo en conta a madurez cognitiva do alumnado, diferéncianse en bioloxía e xeoloxía e física e química, xa que se afonda máis en aspectos epistemolóxicos de cada unha das materias. Os contidos están secuenciados en cursos e organizados en bloques que inclúen un conxunto de saberes relacionados, e permiten a súa organización arredor de eixes estruturantes de interese que sirvan de fío condutor para a súa interrelación, o que facilita unha aprendizaxe integradora. Os núcleos en que se organiza o currículo son os de materia, enerxía, interacción, cambio, unidade e diversidade. RELACIÓN DA MATERIA COAS COMPETENCIAS BÁSICAS. A contribución da Bioloxía e Xeoloxía á consecución das competencias básicas da Educación Obrigatoria é esencial. Materialízase nos vínculos concretos que mostramos a seguir. Coñecemento e interacción co mundo físico. A maior parte dos contidos de Bioloxía e Xeoloxía teñen unha incidencia directa na adquisición da competencia que implica determinar relacións de causalidade ou influencia, cualitativas ou cuantitativas, que require analizar sistemas complexos, onde interveñen varios factores. A materia soporta a familiarización co traballo científico para o tratamento de situacións de interese, a discusión acerca do sentido das situacións propostas, a análise cualitativa, significativo das mesmas, a formulación de conxecturas e inferencias fundamentadas, a elaboración de estratexias para obter conclusións, incluíndo, se é o caso, deseños experimentais, e a análise dos resultados. A competencia matemática está intimamente asociada ás aprendizaxes que se abordarán. A utilización da linguaxe matemática para cuantificar os fenómenos e expresar datos e ideas sobre a natureza proporciona contextos numerosos e variados para pór en xogo os contidos procedementos e formas de expresión acordes co contexto, coa precisión requirida e coa finalidade que se persiga. No traballo científico preséntanse a miúdo situacións de resolución de problemas de formulación e solución máis ou menos abertas, que esixen pór en xogo estratexias asociadas a esta competencia. Tratamento da información e competencia dixital e para aprender a aprender.
  • 4. Son competencias que se desenvolven por medio da utilización de recursos como os esquemas, mapas conceptuais, a produción e presentación de memorias, textos, etc. Na faceta da competencia dixital contribúese a través da utilización das tecnoloxías da información e a comunicación na aprendizaxe das ciencias para comunicarse, conseguir información, retroalimentala, simular e visualizar situacións, obtención e tratamento de datos, etc. Trátase dun recurso útil no campo das ciencias da natureza e que contribúe a mostrar unha visión actualizada da actividade científica. Competencia social e cidadá está ligada ao papel da ciencia na preparación de futuros cidadáns dunha sociedade democrática para a súa participación na toma fundamentada de decisións. A alfabetización científica constitúe unha dimensión sobranceira da cultura cidadá, garantía de aplicación do principio de precaución, que se apoia nunha crecente sensibilidade social fronte ás implicacións do desenvolvemento tecnocientífico que poidan comportar riscos para as persoas ou o medio ambiente. Comunicación lingüística. A materia esixe a configuración e a transmisión das ideas e informacións. O coidado na precisión dos termos utilizados, no encadeamento adecuado das ideas ou na expresión verbal das relacións fará efectiva esta contribución. O dominio da terminoloxía específica permitirá, ademais, comprender suficientemente o que outros expresan sobre ela. Autonomía e iniciativa persoal, competencia que se estimula a partir da formación dun espírito crítico, capaz de cuestionar dogmas e desafiar prexuízos, a partir da aventura que supón afrontar problemas abertos e participar na construción tentativa de solucións; a partir da aventura que constitúe facer ciencia. OBXECTIVOS XERAIS O ensino das ciencias da natureza nesta etapa terá como obxectivo o desenvolvemento das seguintes capacidades: 1. Comprender e utilizar as estratexias e os conceptos básicos das ciencias da natureza para interpretar os fenómenos naturais, así como para analizar e valorar as repercusións do desenvolvemento científico e das aplicacións tecnolóxicas. 2. Aplicar, na resolución de problemas e en sinxelas investigacións, estratexias coherentes cos procedementos das ciencias, tales como a discusión do interese dos problemas propostos, a formulación de hipóteses, a elaboración de estratexias de resolución e de deseños experimentais, a análise de resultados, a consideración de aplicacións e repercusións do estudo realizado e a busca de coherencia global. 3. Comprender e expresar mensaxes con contido científico utilizando diferentes linguaxes como oral, escrita, gráfica, icónica, multimedia, etc. con propiedade,
  • 5. así como comunicar a outros argumentacións e explicacións empregando os coñecementos científicos. 4. Buscar e seleccionar información sobre temas científicos utilizando diferentes fontes e medios e empregala, valorando o seu contido, para fundamentar e orientar os traballos sobre temas científicos e o ambiente, así como para contrastar as opinións persoais. 5. Desenvolver hábitos favorables á promoción da saúde persoal e comunitaria en ámbitos como alimentación, hixiene e sexualidade, facilitando estratexias que permitan facer fronte aos riscos da sociedade actual en aspectos relacionados co consumo, coas drogodependencias e coa transmisión de enfermidades. 6. Comprender a importancia de utilizar os coñecementos provenientes das ciencias da natureza para satisfacer as necesidades humanas e participar na necesaria toma de decisións verbo de problemas locais e globais aos cales nos enfrontamos. 7. Adoptar actitudes críticas fundamentadas no coñecemento científico para analizar, individualmente ou en grupo, cuestións relacionadas coa ciencia, a tecnoloxía e a sociedade. Coñecer e valorar os problemas aos cales se enfronta hoxe a humanidade en relación á sobreexplotación dos recursos, ás diferenzas entre países desenvolvidos e non, e a necesidade de busca e aplicación de medidas, para avanzar cara ao logro dun futuro sustentable. 8. Valorar o carácter tentativo e creativo das ciencias da natureza así como as súas contribucións ao pensamento humano ao longo da historia, apreciando os grandes debates superadores de dogmatismos e as revolucións científicas que marcaron a evolución cultural da humanidade e as súas condicións de vida. 9. Ser quen de buscar e de utilizar o coñecemento científico propio, planificando de forma autónoma a acción e posta en práctica das actividades de aprendizaxe, e de utilizar uns criterios de avaliación para autocorrixirse no caso en que sexa necesario. CONTIDOS. Bloque 1. Contidos comúns. * Utilización de estratexias propias do traballo científico, mediante a proposta de sinxelas investigacións para a resolución de situacións-problema, discusión do seu interese, identificación de variables que interveñen, formulación dalgunha hipótese de traballo, seguimento dunha planificación na posta en práctica, recolla organizada dos datos, interpretación de resultados e comunicación das conclusións. * Busca, selección e valoración crítica de información de carácter científico utilizando
  • 6. as tecnoloxías da comunicación e da información e outras fontes. * Interpretación de información de carácter científico coa axuda de modelos axeitados e utilización desta información para formar unha opinión propia e expresarse axeitadamente, coa axuda das tecnoloxías da comunicación e da información e outras fontes. * Valoración das achegas das ciencias da natureza ao longo da historia, para lles dar resposta ás necesidades dos seres humanos e mellorar as condicións da súa existencia, así como para apreciar e desfrutar da diversidade natural e cultural, participando na súa conservación, protección e mellora. * Asimilar as diferenzas sociais derivadas da desigual repartición da riqueza no mundo, que provoca unhas condicións de enorme desvantaxe en aspectos de saúde e ambiente dos países pobres con respecto aos ricos. • Posta en práctica correcta dos procedementos experimentais e respecto polas normas de seguridade. • Bloque 2. As persoas e a saúde. A saúde e a enfermidade. * Identificación dos niveis de organización do corpo humano: aparellos, sistemas, órganos, tecidos e células. * Valoración da saúde como un ben individual e colectivo. Identificación dos factores que condicionan a saúde e a enfermidade. Importancia dos hábitos de vida saudable e o coñecemento dos factores de risco. * Coñecemento de varios tipos de enfermidades: conxénitas, hereditarias, crónicas, deficitarias e infecciosas (tipos de seres vivos que as provocan). Valoración do uso dos fármacos e problemáticas derivadas. * Selección de información e crítica das diferenzas dos tipos de enfermidades no mundo globalizado. Propostas de actuación. * Recoñecemento da actuación do sistema inmunitario nun caso concreto (a gripe, unha enfermidade bacteriana, as alerxias...). Valoración da aplicación das vacinas, os transplantes, a doazón de órganos e as novas terapias con células nai. Sexualidade e reprodución humana. * Aproximación a unha definición de sexualidade. Recoñecemento da diversidade de sexo. Evolución dos hábitos sexuais ao longo da vida.
  • 7. * Diferenciación entre sexualidade e reprodución. Valoración dos cambios físicos e psíquicos na adolescencia. Breve referencia aos cambios hormonais. Métodos anticonceptivos. * Identificación do proceso de reprodución como un mecanismo de perpetuación da especie. Caracterización dos aparellos reprodutores masculino e feminino así como dos gametos, óvulo e espermatozoide. * A preparación do útero para a fecundación: o ciclo menstrual. Identificación da fecundación, embarazo e parto cunha breve aproximación ao embrión e ao feto. Recoñecemento e valoración dos novos métodos de reprodución asistida. * Procura e selección de información sobre as enfermidades de transmisión sexual e valoración da saúde e hixiene sexual. Alimentación e nutrición humanas. * Realización de diagramas e esquemas que axuden a dar unha visión global e integradora de todos os aparellos e procesos que interveñen na nutrición. * Diferenciación entre alimento e nutriente recoñecendo os principios inmediatos necesarios para o ser humano: proteínas, glícidos, graxas, sales minerais, vitaminas e auga. * Recoñecemento dos pasos que segue o alimento desde que se inxire ata que se absorbe no aparello dixestivo. * Coñecemento do papel que desempeñan os aparellos: o respiratorio e a ventilación pulmonar; o circulatorio e a circulación; o excretor e a formación da urina e a excreción no proceso xeral de nutrición. * Análise de dietas e hábitos saudables na alimentación, destacando a importancia dunha dieta equilibrada. Identificación das principais enfermidades e trastornos da conduta alimentaria. Valoración da alimentación e a saúde. * Procura, selección de información e análise de etiquetas identificando os aditivos alimentarios e produtos transxénicos. As funcións de relación: percepción, coordinación e movemento. * Identificación dos mecanismos de resposta do ser humano ante un estímulo: órganos dos sentidos, sistema nervioso e aparello locomotor. * Coñecemento do papel do sistema endócrino e as hormonas. Identificación da importancia das súas principais alteracións. * Valoración da saúde mental e dunha actitude crítica e responsable ante as condutas de risco e a influencia do medio social.
  • 8. * Análise da súa relación co uso das substancias aditivas, alcol, tabaco, estupefacientes. Bloque 3. As persoas e o ambiente. * Recoñecemento da dependencia humana dos recursos naturais e da importancia fundamental da súa xestión sustentable. Análise e valoración do uso cotián de recursos básicos (produción e consumo de enerxía, o uso da auga e do aire) e a produción de residuos e o seu tratamento. Utilización de técnicas sinxelas para coñecer o grao de contaminación e depuración do aire e da auga. * Procura de información verbo dalgúns dos problemas ambientais globais, elaboración de informes e exposicións de resultados utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación. O Cumio da Terra en Río 1992 e o Tratado de Quioto. Aproximación ao conceptode sustentabilidade. * Planificación e posta en práctica dunha actuación para potenciar o desenvolvemento sustentable no medio máis próximo. Valoración dos resultados. Bloque 4. Transformacións xeolóxicas debidas á enerxía externa. A actividade xeolóxica externa do planeta. * Análise da paisaxe como resultado da acción conxunta dos fenómenos naturais e a intervención humana. Uso de mapas topográficos sinxelos para a súa lectura e interpretación. * Identificación mediante imaxes e/ou observacións de campo da acción dos diferentes axentes xeolóxicos externos sobre as rochas e a paisaxe: a meteorización, os torrentes, as augas subterráneas, os ríos, o mar, o xeo e o vento. Identificación do papel dos axentes internos na formación do relevo. * Recoñecemento da formación de sedimentos a partir dos fenómenos descritos anteriormente e a súa posterior transformación en rochas sedimentarias. A orixe do carbón, o petróleo e o gas natural, e valoración do seu uso e esgotamento. TEMPORALIZACIÓN As unidades que inclúe a materia neste curso son as seguintes: Tena 1: O ser humano como animal pluricelular. Tema 2: Dieta e alimentos. Tema 3 : Os nutrientes. Tema 4: O sistema circulatorio. Tema 5: Os sistemas de coordinación. Tema 6: Estímulo e resposta. Receptores e efectores.
  • 9. Tema 7: A reproducción. Tema 8: A saúde e a enfermidade. Tema 9: As persoas e o medio. Tema 10: As augas modifican o relevo. Tema 11: Os glaciares, o vento e o mar. Tema 12: As rochas sedimentarias e a súa orixe. A materia impartirase o longo de tres avaliacións e será en principio do seguinte xeito: PRIMEIRA AVALIACIÓN: TEMAS DO 1 O 4. SEGUNDA AVALIACIÓN: TEMAS DO 5 O 8. TERCEIRA AVALIACIÓN: TEMAS DO 9 O 12. O tempo estimado para cada tema será aproximadamente de tres semanas. CRITERIOS DE AVALIACIÓN: 1. Recoñecer que na saúde inflúen aspectos físicos, psicolóxicos, económicos e sociais e valorar a importancia dos estilos de vida para previr enfermidades e mellorar a calidade de vida, así como as continuas achegas das ciencias biomédicas. Explicar os mecanismos de defensa que evitan ou loitan contra os axentes causantes de enfermidades. 2. Coñecer os aspectos básicos da reprodución humana e describir os acontecementos fundamentais da fecundación, o embarazo e o parto. Comprender o funcionamento dos métodos de control da natalidade e valorar o uso de métodos de prevención de enfermidades de transmisión sexual. 3. Explicar os cambios fundamentais que sofre o alimento ao longo de todo o proceso de nutrición, utilizando esquemas ou ilustracións en cada unha das etapas. Xustificar a necesidade de adquirir hábitos alimentarios saudables. 4. Coñecer os órganos dos sentidos e explicar a misión integradora dos sistemas nervioso e endócrino. Relacionar as alteracións máis frecuentes cos órganos e procesos implicados en cada caso; identificar os factores sociais que repercuten negativamente na saúde como o estrés e o uso de substancias adictivas. 5. Identificar as accións dos axentes xeolóxicos externos na orixe e modelado do relevo terrestre, así como no proceso de formación das rochas sedimentarias. 6. Valorar a capacidade para recompilar información procedente de distintas fontes sobre a influencia das actuacións humanas no ambiente, analizar esta información e formular propostas para promover unha xestión máis racional dos recursos naturais. 7. Determinar os trazos distintivos do traballo científico analizando como se chegou á formulación e/ou ás propostas de resolución dalgún problema ambiental de actualidade.
  • 10. 8. Valorar a situación mundial da distribución da riqueza e as súas repercusións sobre a saúde e o ambiente, identificando interrelacións xeopolíticas, sociais, económicas e culturais. MÍNIMOS EXIXIBLES. Existen uns mínimos básicos para todas as unidades, como son: - Manter un bo orde e limpeza no caderno, realizar boa letra, traer o material todos os días. - Ter unha boa actitude na aula, manter as normas de comportamento. - Realizar as tarefas diarias. - Levar a materia o dia. Ademáis de estos mínimos aplicables o longo de todo o curso, os obxectivos básicos exixibles respecto os contidos serán os seguintes:  Definir e relacionar os conceptos fundamentais de cada tema.  Indicar nun gráfico os orgánulos da célula eucariota, relacionandoos coa súa función.  Identificar nos gráficos as partes principais dos sistemas dixestivo, respiratorio, circulatorio, urinario e reproductor no organismo humano.  Explicar a función dos sistemas do organismo humano así coma a función de cada órgano.  Enumerar as enfermidades máis frecuentes asociadas a cada sistema de órganos no noso corpo.  Explicar o dobre circuito sanguíneo a partir dun gráfico, indicando mediante frechas o percorrido do sangue e indicando os vasos sanguíneos principais.  Relacionar a función de nutrición cos catro sistemas de órganos: o dixestivo, circulatorio, respiratorio e urinario.  Debuxar a estructura da neurona, indicando a función de cada parte.  Identificar a sinapse a patir dun gráfico e explicar como ten lugar o proceso.  Diferenciar o acto reflexo do acto voluntario utilizando esquemas.  Enumerar os diferentes métodos conceptivos, indicando as ventaxas e os inconvintes de cada un.  Coñecer os efectos que causan no sistema nervioso os distintos tipos de drogas.  Enumerar os tipos de enfermidades según a súa orixe.  Explicar como se desenrrola a resposta local e resposta inmunitaria  Identificar e explicar a acción dos diferentes axentes xeolóxicos a patir de fotografías.  Recoñecer os problemas ambientais maís importantes que afectan o medio.  Explicar a orixe e a clasificación das rochas sedimentarias.
  • 11. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN, PROCEDEMENTOS e INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN A materia será repartida en tres avaliacións ó longo do curso. En cada avaliación realizaranse dous exames nos que se preguntará a materia traballada ata o momento,revisarase a libreta de traballo do alumno e se terá en conta a entrega dos traballos solicitados: resumes, mapas conceptuais….Asimesmo tamén se valorará o traballo diario realizado tanto na aula coma na casa (realización de exercicios, atención, interese…). Tanto nos exames como na libreta do alumno terase en conta a claridade e a orden utlizados á hora de desenrrolar os exercicios. Nos exames a presentación do exame en xeral poderá chegar a ter unha valoración máxima dun punto no caso de que esta sexa positiva sempre e cando a nota do exame sexa igual ou superior a cinco puntos. Cando a presentación do exame sexa inadecuada poderá restar ata un máximo dun punto independentemente da calificación obtida. Os exames puntuaranse de 0 a 10 puntos. Non se aprobará cunha nota inferior a 4. As calificacións entre 4 e 5 compensaranse coas notas de aula. Para a calificación final de cada avaliación se terá en conta a nota media dos dous exames, a presentación da libreta e outros traballos solicitados, o traballo diario e a actitude mostrada na aula, puntuando da seguinte maneira: Nota media dos exames……80% Traballos, libreta, actitude…..20% Os alumnos que suspendan algunha avaliación terán un exame de recuperación único onde preguntarase polas unidades correspondentes as partes non superadas Os alumnos que non superen a materia en xuño poderán examinarse en setembro a través dun único exame baseado nos contidos mínimos da materia. TRATAMENTO DO FOMENTO DA LECTURA En cada unidade didáctica leeranse as seccións dedicadas a lectura que figuran no libro de texto, co fin de despertar o interese e a curiosidade no alumno. Asimesmo, leeranse artículos de prensa ou de revistas sempre que teñan que ver con algunha parte da materia.
  • 12. O longo do curso recomendaráselles a lectura de libros de interese cinentífico (curiosidades, biografías...). TRATAMENTO DO FOMENTO DAS TIC As actividades relacionadas co fomento das novas tecnoloxías serán as seguintes:  Búsqueda xeral de información en Internet a partir de conceptos, autores, ou cuestións relacionadas cos temas da materia.  Emprego de direccións de páxinas web para ampliar os contidos dos temas.  Proxectos específicos de investigación pautada en Internet: as WebQuests. Animarase o alumno a resolver algúnhas cuestións, como traballo para a casa, despois comentaranse os resultados na aula.  Visualización de videos tanto en formato VHS coma extraídos de Internet . PLANS DE TRABALLO PARA A SUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES Os alumnos con materia pendente do curso anterior realizaran tres exames parciais o longo do curso procurando que as datas non coincidan coas datas da avaliación do curso actual e no mes de Maio presentaranse a un exame final. Facilitaraselles o material necesario para reforzar os contidos máis importantes e nos que o alumno poida presentar dificultades. De tódolos xeitos valorarase a evolución da materia no curso superior. Os alumnos que non superen algunha avaliación do presente curso, terán a posibilidade de facer un exame de recuperación ( por cada avaliación) o longo do curso. No caso de non haber entregado algún traballo, de non presenta-la libreta ou non ter os exercicios feitos terán que ser presentados para considerar a avaliación recuperada. Se no mes de xuño lles quedara algo pendente terían que presentarse na convocatoria de Setembro para recuperala materia completa. METODOLOXÍA DIDÁCTICA A metodoloxía empregada será común para tódalas unidades e consistirá en :  Explicación teórica dos contidos utilizando como soporte físico o libro de texto.  Aclaración de dúbidas.  Realización de exercicios prácticos e teóricos.  Corrección dos exercicios na aula.
  • 13. Repaso. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS. O material básico será o libro de texto: Bioloxía e Xeoloxía. Editorial SM. Dependendo das unidades poderanse ampliar os contidos utilizando outras fontes bibilográficas, revistas, xornais... Cando sexa posible, utilizaranse materiais audiovisuais como a T.V, e o vídeo, así como a sala de ordenadores para traballar a búsqueda de información en Internet. MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE Os alumnos con necesidades especificas ou que presenten dificultades de aprendizaxe realizaráselles exames nos que se lles pedirá os contidos mínimos. Para atender axeitadamente as distintas necesidades educativas se fará en coordinación co departamento de orientación, co cal traballaremos para a realización de actividades de orientación educativa e profesional. PROGRAMACIÓN DE TEMAS TRANSVERSAIS O longo de tódalas unidades da materia vanse tratando diferentes contidos transversais. O fomento da lectura, o impulso á expresión oral e escrita, as tecnoloxías da información e a comunicación e a educación en valores, son obxectos de ensino-aprendizaxe a cuxo impulso deberemos contribuír. Constitúen exemplos de iso os seguintes: -Busca e selección de información de carácter científico empregando fontes diversas, entre elas as tecnoloxías da información e comunicación. -Interpretación de información de carácter científico para formarse unha opinión propia, expresarse con precisión e argumentar sobre problemas relacionados coa natureza. -Valoración das achegas das Bioloxía e Xeoloxía para dar resposta ás necesidades dos seres humanos e mellorar as condicións da súa existencia. -Aprecio e goce da diversidade natural e cultural, participando na súa conservación, protección e mellora. -Utilización correcta das materiais, substancias e instrumentos básicos dun laboratorio e respecto polas normas de seguridade no mesmo. -Valoración das repercusións da fabricación e uso de materiais e substancias frecuentes na vida cotiá. -Sensibilidade para a racionalización no uso dos recursos naturais. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
  • 14. • Saídas Didácticas (museos, exposicións...) • Celebración de días sinalados: Día Mundial da Saúde, Paz, Día da Muller Traballadora, Día do Medio Ambiente... • Cine educativo.
  • 15. PROGRAMACIÓN DAS UNIDADES. UNIDADE 1: O ser humano como animal pluricelular INTRODUCIÓN Todos os seres vivos están compostos por células, dende os máis diminutos aos de maior tamaño. Estas estruturas microscópicas posúen unha gran complexidade morfolóxica e funcional. O nivel máis alto de organización alcánzase cando nos seres pluricelulares, animais e vexetais, as células se organizan en tecidos, os tecidos en órganos e os órganos en aparatos ou sistemas. Os tecidos e órganos humanos posúen uns douscentos tipos de células diferentes perfectamente coordinadas entre si. Esta complexa engrenaxe forma parte dunha gran obra de arquitectura, o corpo humano, e, por suposto, fai posible a vida. OBXECTIVOS Coñecer a estrutura e o funcionamento celular. Coñecer os niveis de organización superiores ao celular no ser humano: tecidos, órganos e aparatos ou sistemas. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Identificar os distintos tipos de células. 2. Recoñecer os orgánulos da célula e as funcións que estes desempeñan. 3. Explicar como se realiza o intercambio de materia e enerxía nas células. 4. Enumerar os distintos tipos de tecidos do ser humano e saber a función que realizan. 5. Coñecer o concepto de órgano e aparato ou sistema e poñer exemplos de cada un. COMPETENCIAS BÁSICAS - Coñecer as diferentes formas de organización celular dos seres vivos e describir as características que diferencian os tipos celulares é unha maneira de comprender a realidade a través da linguaxe escrita. (C1) - Valorar o que significan os transplantes na nosa sociedade, para tratar enfermidades que doutra forma serían incurables, supón asumir xuízos e futuras decisións de forma activa como cidadáns. (C5)
  • 16. CONTIDOS Conceptos COs organismos unicelulares e pluricelulares. OElementos comúns celulares: membrana, citoplasma e material xenético. EOs orgánulos da célula humana: estrutura e función. OO núcleo celular. OA célula eucariotas e procariotas. AA célula animal e vexetal. AOs intercambios de materia e enerxía a través da membrana. O metabolismo celular. c A organización do corpo humano: tecidos, órganos e aparatos ou sistemas. • O transplante e doazón de órganos e células. Procedementos PIdentificación, a partir de debuxos, de células animais, vexetais e bacterias. I Manexo do microscopio óptico. MRealización de preparacións microscópicas. RDiferenciación entre fotografías realizadas aos microscopios óptico e electrónico. e Identificación dos compoñentes celulares aos microscopios óptico e electrónico. e Elaboración de táboas coas funcións dos tecidos, sistemas e orgánulos celulares. c Recoñecemento de preparacións histolóxicas. RInterpretación de escalas microscópicas. Actitudes AValoración da importancia da célula como unidade anatómica e funcional dos seres vivos. s Recoñecemento dos avances da ciencia no coñecemento da estrutura e función celulares e no estudo de patoloxías tumorais. f Actitude positiva fronte á importancia que teñen os transplantes de órganos e sangue como forma de axudar a outras persoas para mellorar ou salvar as súas vidas. s Respecto polas normas de traballo no laboratorio, o material de estudo e o traballo dos demais.
  • 17. Valoración da doazón de órganos e células como medio para salvar outras persoas ou mellorar a súa calidade de vida. UNIDADE 2: Dieta e alimentos INTRODUCIÓN Para que os alimentos cheguen a nós en boas condicións existen unha serie de técnicas que axudan á súa conservación. Na actualidade tamén se empregan técnicas de enxeñaría xenética para obter alimentos manipulados xeneticamente. A súa conveniencia ou non é un dos grandes debates científicos da nosa época. Dende o momento en que inxerimos os alimentos desenvólvese un complexo proceso cuxo destino final serán as nosas células. Primeiro o sistema dixestivo debe transformar os alimentos en nutrientes e, a partir de aquí, estes seguirán o seu camiño ata as células, onde serán aproveitados e utilizados. Coñecer a proporción dos nutrientes que necesitamos e alternar os distintos alimentos para conseguir esta proporción é unha aprendizaxe que nos axudará a ter uns bos hábitos alimentarios. OBXECTIVOS Coñecer como se realiza no sistema dixestivo a transformación dos alimentos en nutrientes, sabendo cal é a función de cada nutriente e cales son as pautas que se deben seguir para ter unha alimentación equilibrada. Coñecer a roda dos alimentos, as técnicas de conservación de alimentos e en que consisten os alimentos transxénicos. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Enumerar os distintos nutrientes que posúen os alimentos, coñecer as súas funcións e describir algunhas das súas características. 2. Describir os órganos do sistema dixestivo e relacionalos coa súa función. 3. Coñecer os requisitos para manter uns bos hábitos alimentarios. 4. Coñecer as bases dunha dieta equilibrada. 5. Describir os métodos de conservación dos alimentos. 6. Coñecer a información que nos ofrecen as etiquetas dos alimentos. 7. Explicar en que consisten os alimentos transxénicos.
  • 18. COMPETENCIAS BÁSICAS - Coñecer os compoñentes dos alimentos, que cobren as nosas necesidades nutritivas, así como a presenza e forma de conservación dos produtos que consumimos, serve para desenvolverse con autonomía no ámbito da nosa propia saúde. (C3) - Valorar a calidade da dieta mediterránea significa aprender un trazo cultural propio ligado á nosa alimentación. (C5) - Considerar hábitos adecuados na alimentación, así como poder introducir na mesma novos produtos, como os alimentos transxénicos, supón adquirir capacidades para actuar e elixir cun criterio adecuado. (C3, C8) CONTIDOS Conceptos COs compoñentes dos alimentos. Substancias inorgánicas e orgánicas. OO sistema dixestivo: o tubo dixestivo e as glándulas asociadas. OA dixestión mecánica e química. OA absorción e a formación de feces. OA función dos nutrientes dos alimentos. OA roda dos alimentos e a dieta mediterránea. Alimentación e saúde. OMétodos de conservación e aditivos alimentarios. Etiquetado dos alimentos. EOs alimentos transxénicos Procedementos PDiferenciación entre as distintas funcións que teñen os órganos do sistema dixestivo. d Realización de prácticas de identificación dos distintos nutrientes en alimentos variados. a Elaboración dunha dieta equilibrada baseándose na roda dos alimentos. a Aplicación duns hábitos de vida saudables. a Identificación da información que nos ofrecen as etiquetas. a Identificación das técnicas de conservación e manipulación xenética de alimentos. a Manexo de material e reactivos de laboratorio. Actitudes AValoración da importancia de manter uns bos hábitos de vida alimentarios e de hixiene dental.
  • 19. Actitude crítica fronte aos métodos de manipulación e conservación de alimentos e fronte á información que ofrecen os fabricantes nas etiquetas. UNIDADE 3: Os nutrientes INTRODUCIÓN A nutrición é un amplo e complexo proceso que inclúe a obtención dos nutrientes que compoñen os alimentos no sistema dixestivo e o transporte destes nutrientes ata as células. Ademais as células necesitan o osíxeno que vén do sistema respiratorio para poder aproveitar os nutrientes, mentres que os produtos de refugallo do metabolismo celular son eliminados polo sistema excretor. Estudar paso a paso como funcionan todos estes aparatos e sistemas é fundamental para coñecer o funcionamento do corpo humano. Pola súa parte, coñecer a roda dos alimentos e estudar as necesidades enerxéticas de cada persoa é imprescindible para elaborar dietas equilibradas que preveñan alteracións e desordes alimentarias. Así mesmo, manter uns hábitos de vida beneficiosos para os sistemas respiratorio e urinario é unha das premisas necesarias para ter unha vida saudable. OBXECTIVOS Saber elaborar unha dieta equilibrada baseándose en criterios obxectivos e coñecer os problemas que causan as desordes alimentarias. Coñecer a anatomía e funcionamento dos sistemas respiratorio e urinario así como os trastornos máis frecuentes relacionados con estes sistemas. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Describir como se utilizan os nutrientes na célula e coñecer as enfermidades causadas por unha mala alimentación. 2. Elaborar unha dieta equilibrada que estea de acordo cos criterios estudados na unidade. 3. Coñecer e describir a anatomía e funcionamento do sistema respiratorio. 4. Coñecer e describir a anatomía e funcionamento do sistema urinario. 5. Identificar as principais enfermidades e alteracións que se poden producir nos sistemas respiratorio e urinario e coñecer as súas causas. COMPETENCIAS BÁSICAS
  • 20. - Coñecer as nosas necesidades enerxéticas, o seu adecuado reparto na dieta, e as consecuencias tanto da sobrealimentación, coma dunha alimentación deficiente, supón incorporar coñecementos esenciais no ámbito da saúde, para valorar e evitar riscos innecesarios. (C3, C8) - Saber o papel do sistema respiratorio, responsable da captación do osíxeno que chega ás nosas células, e coñecer diferentes patoloxías que poden evitarse con hábitos adecuados, serve para valorar a importancia da saúde. (C3, C8) - Comprender a importancia do sistema de depuración dos residuos presentes no sangue serve para tomar conciencia de que bebendo auga abundantemente se restablecen as perdas deste compoñente esencial. (C3, C8) - Manexar a información contida en táboas e gráficos e utilizala como base de cálculos numéricos sobre os que interpretar estados fisiolóxicos, etc., significa adquirir unha capacidade para situacións análogas da vida. (C2) CONTIDOS Conceptos COs nutrientes como fonte de enerxía e materia. OA dieta equilibrada. AOs trastornos relacionados coa alimentación. OA anatomía e fisioloxía do sistema respiratorio. AAs enfermidades relacionadas co sistema respiratorio. O tabaquismo. AA anatomía e fisioloxía do sistema urinario. AAs enfermidades relacionadas co sistema urinario. Procedementos PManexo de táboas nas que se reflictan a composición e valor enerxético dos alimentos. a Elaboración de dietas equilibradas. a Realización de diseccións de órganos. a Diferenciación entre as distintas funcións que teñen os órganos dos sistemas respiratorio e urinario. r Elaboración de debuxos e esquemas sobre os compoñentes dos sistemas respiratorio e urinario. r Aplicación duns hábitos de vida saudables. r Hábitos de hixiene e coidados do sistema respiratorio. Actitudes AValoración da importancia de manter uns bos hábitos de vida alimentarios.
  • 21. Interese por coñecer o funcionamento do propio corpo. I Actitude crítica fronte aos hábitos de vida nocivos como o consumo de alcol e tabaco. t Toma de conciencia da importancia que os procesos celulares teñen para o mantemento da vida. mRecoñecemento da importancia que teñen os transplantes de órganos en medicina. mRecoñecer a importancia e manifestar interese polos hábitos de hixiene e coidados do sistema respiratorio. UNIDADE 4: O sistema circulatorio INTRODUCIÓN O noso organismo require nutrientes e osíxeno para que as células poidan obter enerxía e realizar a súa función. Grazas ao sistema circulatorio estas substancias son transportadas no sangue a través dun complexo sistema de vasos que, ademais, recolle os refugallos e distribúe a calor corporal. Nesta función vital desenvolve un papel primordial o corazón, unha bomba que impulsa o sangue polo noso corpo. Con frecuencia asociamos este órgano tamén ao noso estado emocional, aínda que se cre que esta asociación se orixinou na antigüidade, cando aínda non se sabía a súa verdadeira función. Sexa como fose, xa antes de nacer o corazón xoga un papel fundamental no noso desenvolvemento emocional pois, grazas á tranquilidade que nos transmite o ritmo cardíaco da nosa nai, conseguimos durmir cando aínda estamos dentro do útero materno. Por todo isto, non cabe dúbida de que dependemos do corazón tanto polo seu imprescindible protagonismo nas funcións orgánicas, como polo que sentimos cos seus latexos. OBXECTIVOS Coñecer os principais trazos da anatomía e fisioloxía dos distintos elementos do sistema circulatorio. Coñecer algunhas enfermidades do sistema circulatorio e saber prevelas. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Diferenciar os compoñentes do sangue. 2. Distinguir as principais partes do corazón e os distintos tipos de vasos sanguíneos. 3. Describir as diferentes fases do ciclo cardíaco. 4. Saber indicar o sentido de fluxo do sangue nun percorrido completo.
  • 22. 5. Enumerar as enfermidades máis comúns ligadas ao sistema circulatorio. 6. Identificar os factores de risco relacionados coas principais enfermidades cardiovasculares. COMPETENCIAS BÁSICAS - Utilizar operacións numéricas básicas sobre datos de compoñentes do sangue, relacionar parámetros fisiolóxicos e interpretar a información contida en táboas favorecen o razoamento matemático. (C2) - Coñecer os factores de risco na aparición de enfermidades cardiovasculares pode servir para adquirir conciencia do perigo de determinados hábitos e ter así un comportamento adecuado. (C8) - Saber do valor das doazóns de sangue, como un acto insubstituíble para salvar vidas, permite exercer o valor da solidariedade como cidadáns comprometidos dentro da nosa sociedade. (C5) CONTIDOS Conceptos COs compoñentes do sangue. OAs funcións do sangue. AAs enfermidades do sangue. AOs vasos sanguíneos. OO corazón e a súa anatomía. O ciclo cardíaco. OA circulación cardíaca, pulmonar e periférica. OAs enfermidades cardiovasculares. OO proceso da nutrición e os diferentes sistemas que interveñen nela. Procedementos PRealización de mapas conceptuais cos compoñentes do sangue e a súa función. f Recoñecemento e análise de debuxos dos elementos do sistema circulatorio e os tipos de circulación. e Interpretación de táboas sinxelas, procedentes de análise de sangue. I Interpretación de gráficas relativas a diferentes procesos do sistema circulatorio (cambios na presión arterial, cantidade de osíxeno disolto…) c Secuenciación de acontecementos no proceso de circulación e transporte de substancias. s Estilos de vida para unha saúde cardiovascular.
  • 23. Actitudes ARexeitamento de hábitos prexudiciais para a saúde cardiovascular: tabaco, alcol, falta de exercicio físico, mala alimentación, etc. a Valoración de actitudes solidarias como a doazón de sangue ou órganos. VAnálise crítico das actitudes persoais respecto aos hábitos prexudiciais para o sistema circulatorio. s Respecto ás situacións persoais nas que se manifestan enfermidades relacionadas con afeccións do sistema circulatorio. UNIDADE 5: Os sistemas de coordinación INTRODUCIÓN O noso cerebro parece non ter límites en canto á súa capacidade de coñecer, comprender e crear. Ningún ser vivo do planeta dispón das mesmas capacidades ca nós para fabricar artefactos e máquinas cos que chegar ao desenvolvemento tecnolóxico. Un exemplo deste é o ordenador, capaz de almacenar información e dirixir procesos de control de sistemas. Pero o cerebro segue sendo o órgano que mantén as nosas funcións vitais. Necesita polo menos 10 anos para completar o seu desenvolvemento, e o seu crecemento en tamaño marcou a nosa evolución. Coñecer a separación física da nosa mente e a nosa conciencia, é o desafío para os científicos do século XXI. Así mesmo, aspírase a poder resolver múltiples patoloxías nerviosas, como o alzheimer ou o párkinson, grazas á rexeneración de células nerviosas a través do cultivo de células nai. Estas aspiracións alcanzan incluso a intentar lograr que os páncreas das persoas que padecen diabetes volvan a xerar insulina correctamente. Non cabe dúbida, por isto, de que os próximos tempos serán os da tecnoloxía e o coñecemento de quen a controla: o noso cerebro. OBXECTIVOS Coñecer a organización anatómica e a fisioloxía do sistema nervioso. Saber os efectos dos procesos dexenerativos, os factores ambientais e as drogas sobre a saúde mental. Coñecer a estrutura e funcionamento do sistema hormonal. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Localizar convenientemente os elementos anatómicos do sistema nervioso central e do sistema nervioso periférico. 2. Describir a estrutura da neurona e o impulso nervioso.
  • 24. 3. Identificar os trastornos orgánicos e psíquicos que se dan no sistema nervioso, así como os factores desencadeantes. 4. Coñecer as principais glándulas, as hormonas que segregan e as actividades que estimulan no organismo. 5. Comprender o mecanismo de acción das hormonas, así como o equilibrio hormonal. COMPETENCIAS BÁSICAS - Saber os efectos que exercen a publicidade e a presión de grupo sobre a conduta permite ter capacidade para elixir con criterio propio. (C5, C8) - Coñecer as alteracións do sistema nervioso, e as súas consecuencias, fai posible comprender realidades próximas e actuar en consecuencia en determinadas situacións. (C5) - Valorar os efectos irreversibles das drogas sobre o organismo debe servir para adquirir un control emocional co que demorar satisfaccións inmediatas, polos graves riscos que poden derivarse. (C8) CONTIDOS Conceptos CA coordinación nerviosa. AA organización do sistema nervioso: o sistema nervioso central e o sistema nervioso periférico. n A neurona. A sinapse. ATrastornos do sistema nervioso. O mal de Alzheimer. T A saúde mental.  AA coordinación hormonal. AO sistema endócrino. As glándulas. AAs hormonas e o equilibrio hormonal. AOs efectos das drogas sobre a saúde. Procedementos PRealización de esquemas estímulo (receptor) - centro nervioso - resposta (efector) e mapas conceptuais. ( Análise da complexidade dos estímulos e das respostas elaboradas polos órganos do sistema nervioso central. ó Estudo, observación e ilustración de órganos e células nerviosas. EIdentificación das causas e as consecuencias das enfermidades mentais. I Interpretación de gráficas con variacións dos niveis dunha hormona.
  • 25. Elaboración de listas con argumentos para o rexeitamento ao consumo de drogas. Actitudes AValoración do papel do sistema nervioso como regulador dos principais procesos do organismo responsables da nosa saúde. p Asimilación dos riscos que supoñen actitudes negativas, como a inxestión de drogas, para un estado adecuado do noso sistema nervioso. d Comprensión e respecto cara ás persoas que sofren enfermidades do sistema nervioso. s Adoptar unha actitude crítica ante fenómenos como a publicidade e a presión de grupo. UNIDADE 6: Estímulo e resposta. Receptores e efectores INTRODUCIÓN A nosa capacidade sensorial repártese entre os cinco sentidos que perciben dende cambios de temperatura, presión, substancias químicas volátiles e disoltas, as ondas sonoras que se transmiten a través do aire, ata a luz que reflicten os obxectos que vemos. Funcionalmente ningún deles está especialmente dotado, en termos comparativos, respecto do resto do mundo animal, pero grazas a eles elabóranse complexas respostas, algunha das cales si nos diferencia do resto dos organismos. Algunhas patoloxías e deficiencias conxénitas do noso sistema sensorial puideron corrixirse grazas ao desenvolvemento de técnicas quirúrxicas, de rexeneración celular in vitro e de implantes. Desta forma, mantense unha aceptable calidade de vida, ao non perder a capacidade de relación co mundo exterior. Algo tamén extraordinario en todo o reino animal é o noso andar bípedo, posible grazas á compresión dorsoventral do tórax, a estrutura da pelve e a nosa potente musculatura esquelética, anclada nos ósos. OBXECTIVOS Coñecer a anatomía e funcionamento dos órganos dos sentidos e os mecanismos voluntarios e involuntarios implicados na resposta aos estímulos sensoriais. Coñecer a anatomía do sistema locomotor, as articulacións entre os ósos, os músculos e os seus mecanismos de resposta.
  • 26. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Diferenciar os tipos de receptores. 2. Identificar os procesos e órganos implicados na recepción dos diferentes estímulos. 3. Diferenciar entre as formas de respostas voluntarias e involuntarias do sistema nervioso central. 4. Saber identificar os principais ósos e músculos do sistema locomotor. 5. Coñecer os diferentes tipos de articulacións e os elementos que presentan entre os ósos. COMPETENCIAS BÁSICAS - Saber os mínimos fundamentos de técnicas de exploración comúns para diagnosticar doenzas do sistema locomotor, así como formas coas que coñecer deficiencias na nosa percepción, proporciona coñecemento tanto de aspectos tecnolóxicos coma da saúde do noso organismo. (C3) - O coñecemento das anomalías máis frecuentes dos nosos receptores sensitivos, así como as medidas e coidados que debemos ter, axúdanos a desenvolvernos adecuadamente no ámbito da saúde (C3) CONTIDOS Conceptos CA percepción do medio. COs receptores sensitivos. OOs órganos dos sentidos. OAs respostas voluntarias e os actos reflexos. AO esqueleto e as articulacións. OOs músculos e a súa acción. OAnálise das lesións máis frecuentes e a súa prevención. Procedementos d Identificar e describir os fenómenos nerviosos asociados a situacións cotiás de fotos. d Facer debuxos esquemáticos de radiografías. F Observar e interpretar figuras sobre fondos con diferentes cromados.  OComprender o fundamento básico de técnicas exploratorias do organismo. CRotular debuxos de órganos relacionados co proceso estímulo-resposta. RComparar e diferenciar os actos voluntarios dos actos reflexos. CCoidado e hixiene dos órganos dos sentidos.
  • 27. Actitudes AValorar o papel e a importancia dos órganos dos sentidos, así como identificar as situacións que poden danalos. i Comprender a importancia de evitar riscos que poidan ocasionar lesións nas áreas motoras do córtex cerebral e na medula espiñal. á Identificar e evitar os comportamentos que poidan dar lugar a traumatismos en elementos do esqueleto. e Respectar a situación das persoas con deficiencias sensoriais como a xordeira, o daltonismo, etc. x Valorar o exercicio físico como un hábito de vida que favorece a saúde. UNIDADE 7: A reprodución INTRODUCIÓN A reprodución na especie humana ten trazos moi peculiares, pois apártase en moitos aspectos do sentido biolóxico desta función vital. A nosa especie desenvolveu adaptacións singulares que van dende unha maduración dos gametos distinta á doutros animais, ata o celo continuo dende a madurez sexual, unha sexualidade ligada á afectividade e un lento crecemento do embrión, que permite o complexo desenvolvemento do noso cerebro. As formas de control e planificación familiar fóronse impoñendo, sobre todo no mundo occidental, utilizándose métodos anticonceptivos que alteran a natural fisioloxía hormonal do organismo feminino. Tamén foi posible superar as dificultades para a reprodución grazas ao importante avance das técnicas de reprodución asistida. No século XXI, o reto científico é a posibilidade do uso de células obtidas de embrións orixinados mediante reprodución artificial, e que non son viables, para curar enfermidades que ata agora son de moi difícil ou imposible tratamento. O contexto social e as consideracións éticas a este respecto van ser sempre determinantes na investigación con células nai embrionarias. OBXECTIVOS Coñecer a anatomía e fisioloxía dos distintos elementos do sistema reprodutor. Coñecer o mecanismo da reprodución, as técnicas de reprodución asistida e os métodos anticonceptivos. Identificar os cambios físicos e psicolóxicos que se producen na puberdade e coñecer os hábitos imprescindibles de hixiene sexual
  • 28. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Saber describir a anatomía dos aparatos reprodutores masculino e feminino. 2. Coñecer as diferenzas morfolóxicas entre os gametos masculino e feminino e diferenciar as súas formas de maduración. 3. Coñecer os ciclos sexuais que se dan na muller. 4. Identificar os procesos de fecundación e implantación do cigoto no útero. 5. Coñecer as fases do parto. 6. Coñecer as técnicas de reprodución asistida. 7. Recoñecer a natureza dos diferentes métodos anticonceptivos. 8. Saber identificar os cambios físicos e de comportamento que se dan na transición entre a infancia e a idade adulta. 9. Adquirir as nocións básicas imprescindibles sobre hixiene sexual. COMPETENCIAS BÁSICAS - Coñecerse a un mesmo na súa realidade sexual tanto dende o aspecto anatómico, para adecuar a hixiene, coma no desenvolvemento dos cambios que se dan na adolescencia, permite afrontar dende o ámbito da saúde e no persoal tan significativo tránsito da vida. (C3, C8) - Coñecer as novas técnicas para tratar enfermidades a partir da clonación de embrións, así como outros fins que poden derivarse destas técnicas de manipulación celular, é un habilidade necesaria para comprender as novas posibilidade da ciencia. (C3, C5) - Deseñar e elaborar un traballo de campo supón iniciarse nunha aprendizaxe que permitirá continuar aprendendo de forma cada vez máis autónoma, de acordo aos obxectivos e necesidades que se requiran. (C7) CONTIDOS Conceptos CAnatomía dos sistemas reprodutores masculino e feminino. AOs gametos masculino e feminino. OO ciclo ovárico e o ciclo menstrual na muller. OA fecundación e a implantación do óvulo. OO embarazo e o parto. OAs técnicas de reprodución asistida. OOs métodos anticonceptivos. OCambios físicos e psíquicos na adolescencia.
  • 29. A resposta sexual humana, sexo e sexualidade. Procedementos PComparar os sistemas reprodutores masculino e feminino e diferenciar a morfoloxía dos gametos. mOrdenar a secuencia da maduración do óvulo. OInterpretar, sobre debuxos, os cambios que se producen no útero durante o ciclo menstrual. c Interpretar gráficos da variación da temperatura durante o ciclo sexual da muller. mInterpretar gráficos sobre o crecemento dun feto. I Seguir o proceso de xestación mediante ecografías. SDiferenciar e coñecer os métodos anticonceptivos. Actitudes ARespectar as situacións persoais motivadas polos procesos fisiolóxicos da puberdade. p Integrar, no posible, os cambios emocionais dentro do desenvolvemento da adolescencia. a Valorar as posibilidades científicas das técnicas de manipulación de embrións e o seu uso na clonación terapéutica, dentro do marco ético, legal e social. e Responsabilidade fronte ao uso dos métodos anticonceptivos. RRespecto cara ás persoas que contraeron unha enfermidade de transmisión sexual, como a sida. s Hábitos de hixiene relacionados co aparato reprodutor. UNIDADE 8: A saúde e a enfermidade INTRODUCIÓN O home loitou dende sempre contra o inexorable final biolóxico que supón a morte. Non só a esperanza de vida foi aumentando ao longo da historia da humanidade, senón que chegamos a convivir con enfermidades ata hai pouco mortais. Ademais, as nosas condicións de vida melloraron substancialmente, o que contribúe a manter o noso organismo máis san, polo menos no aspecto físico. Porén, pese a este contexto tan favorable, á capacidade do noso sistema inmunolóxico e ás posibilidades que hoxe nos ofrece a medicina preventiva e curativa, seguimos sendo susceptibles de contraer novas enfermidades, cada
  • 30. vez máis virulentas, e que desencadean a alarma de novas pandemias, como en tempos pasados. Por outro lado no mundo occidental, teoricamente máis preparado para afrontar os retos que estas novas infeccións formulan, cada vez son máis as enfermidades derivadas da nosa forma de vida. As mortes por enfermidades cardiovasculares, consecuencia de malos hábitos na alimentación, a inxestión continuada de substancias tóxicas, a falta de exercicio, o estrés, etc., están moi por enriba das xeradas por axentes patóxenos. Outras enfermidades non provocan a morte, pero porén invalidan o desenvolvemento normal da nosa vida, como as enfermidades mentais ou o alzheimer. OBXECTIVOS Coñecer o significado da saúde en sentido amplo, e dos factores que favorecen un estado de benestar físico, mental, e social. Coñecer as formas de transmisión das enfermidades infecciosas e a resposta do organismo fronte a elas. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Discriminar entre os estados de saúde e enfermidade, que son causados por diferentes axentes. 2. Identificar os factores determinantes da saúde e os hábitos de vida que a favorecen. 3. Recoñecer as formas de transmisión e os efectos patóxenos dos microorganismos e os virus. 4. Saber os mecanismos que se desencadean na resposta inmunolóxica. COMPETENCIAS BÁSICAS - Coñecer as vías de transmisión das enfermidades máis comúns permite actuar na prevención da saúde e asumir hábitos para evitar contraer algunhas destas enfermidades. (C3, C8) - Saber actuar en situacións de emerxencia, fronte ás necesidades de auxilio dos demais, é algo que un cidadán debe coñecer para poder reaccionar de maneira adecuada en determinadas circunstancias. (C3, C5) - Valorar os hábitos para manter un estado de saúde adecuado, supón adquirir unha conciencia coa que aplicar comportamentos persoais adecuados. (C8) - Utilizar as fontes existentes na rede, para realizar traballos nos que hai que seleccionar información e adecuala aos fins que se perseguen, favorece a comunicación e habilita no uso das tecnoloxías da información. (C4) CONTIDOS
  • 31. Conceptos CSaúde e enfermidade. STipos de enfermidades. T As enfermidades infecciosas.  AAs enfermidades de transmisión sexual. AA resposta inmunolóxica. AA medicina preventiva e curativa. AOs factores determinantes da saúde. Procedementos PInterpretar gráficas temporais de procesos de infección. I Ordenar secuencias de acontecementos na resposta inmunolóxica. OFacer debuxos sinxelos de axentes patóxenos. F Interpretar ensaios experimentais de respostas inmunolóxicas.  I Relacionar factores determinantes da saúde con hábitos de vida saudable. RBuscar información en internet. BAnalizar medidas preventivas fronte a posibles infeccións. ATécnicas de primeiros auxilios. Actitudes AValorar a situación persoal fronte a outras máis precarias en canto ao acceso a medios sanitarios. a Rexeitamento de hábitos de vida non saudables. RSeguir as pautas de prevención fronte ás enfermidades infecciosas. SAdquirir formas de vida adecuadas para conseguir un bo estado de saúde. UNIDADE 9: As persoas e o medio INTRODUCIÓN Dende que o home apareceu na escena deste complicado teatro que é a biosfera, deixou ben claro que o seu papel non ía pasar desapercibido. Durante certo tempo mantivo unha sustentabilidade co medio no que se desenvolvía; falamos da sociedade cazadora-recolectora ou da sociedade agrícola-gandeira, sociedades nas que os impactos no contorno e os seus correspondentes problemas ambientais eran potencialmente asimilados polo medio.
  • 32. Porén, a entrada en escena da sociedade tecnolóxico-industrial produce importantes impactos no medio, uns cambios que son difíciles de asimilar. O crecemento e desenvolvemento da poboación humana, unido a unha irresponsabilidade ambiental manifesta, xeran unha diminución dos recursos, graves problemas en ambientes terrestres, acuáticos e aéreos, problemas que incluso se manifestan lonxe dos seus puntos de orixe. A solución integral a estes problemas pasa necesariamente por unha maior concienciación persoal, pola aplicación dunha lexislación máis acorde cun desenvolvemento sostible tanto a nivel ecolóxico, coma económico e social. Pasa, en definitiva, por vivir, por desenvolverse no medio, pero non a custa do medio. OBXECTIVOS Coñecer os problemas ambientais máis importantes que repercuten no medio, determinando as causas que os xeran e evidenciando os efectos que producen tanto a niveles locais, coma rexionais e globais. Coñecer as potenciais solucións aos problemas ambientais, destacando o importante papel que xoga un mesmo na consecución de ditas solucións. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Explicar correctamente os distintos problemas ambientais, evidenciando perfectamente as súas causas e coñecendo claramente os seus efectos. 2. Recoñecer as relacións que se establecen entre os diferentes problemas ambientais con todos os subsistemas do planeta e a súa potencial evolución no tempo. 3. Describir claramente as potenciais solucións aos diferentes problemas ambientais. 4. Identificar cal debería ser o noso papel activo no desenvolvemento duns correctos hábitos medioambientais. COMPETENCIAS BÁSICAS - Saber o valor dos recursos naturais, os impactos que xeramos, e coñecer o significado da pegada ecolóxica, posibilita comprender a repercusión das nosas actividades, e asumir comportamentos para racionalizar todo consumo. (C3, C8) - Coñecer a intervención do home no clima, e o uso dun recurso esencial como a auga, permite comprender mellor os sucesos xerados por acción humana, e a predición das súas consecuencias. (C3)
  • 33. - Interpretar e expresar con claridade informacións de gráficos, pictogramas e datos permite ampliar o coñecemento sobre aspectos cuantitativos da realidade. (C2) - Adquirir comportamentos como a redución no consumo, a reutilización de materiais e facilitar a reciclaxe dos residuos serve para ter unha actitude responsable fronte ao noso planeta. (C8) CONTIDOS Conceptos CImpacto ambiental e problema ambiental. I A explosión demográfica humana. AOs recursos. OA contaminación. AXestión, contaminación e tratamento da auga. XContaminación transfronteiriza: chuvia ácida, efecto invernadoiro e diminución da capa de ozono. d Erosión e desertización do solo. EA pegada ecolóxica. AA defensa persoal do medio. ADesenvolvemento sostible. Procedementos PDeterminación das causas que orixinan certos problemas ambientais. D Recoñecemento dos efectos que producen no medio determinados problemas ambientais. p  Cálculo de datos que estimen o impacto ambiental.  Elaboración de planos de interese medioambiental.  Identificación duns correctos hábitos persoais medioambientais.  Interpretación da información que nos ofrecen as fotografías, os esquemas, as táboas, as gráficas e os diagramas. a  Manexo de material e reactivos de laboratorio. Actitudes A Recoñecemento da crise ambiental actual.  Actitude crítica fronte ás causas que orixinan os problemas ambientais. Actitude positiva cara ás solucións propostas a todos os niveis para defender o medio.
  • 34. Valoración da importancia de manter uns bos hábitos persoais medioambientais como axuda importante para a solución dos problemas ambientais. UNIDADE 10: As augas modifican o relevo INTRODUCIÓN As augas superficiais e subterráneas, que son os axentes externos de maior influencia nas zonas continentais con clima temperado húmido, son o obxecto de estudo desta unidade xunto cos paisaxes que orixinan. Comeza facendo unha breve explicación sobre os mapas topográficos que nos permiten ver con claridade as paisaxes. Posteriormente analízanse as augas superficiais, primeiro as salvaxes e os factores que condicionan a súa acción, despois os torrentes e por fin os ríos explicando a forma de relevo que orixinan e os procesos que producen: erosión, transporte e sedimentación. Ás veces estes procesos non son lentos e continuos, senón rápidos e catastróficos, provocando riadas ou coadas de barro. Por último estúdanse as augas subterráneas, a infiltración, a súa circulación e a formación de acuíferos, e a súa explotación. OBXECTIVOS Comprender a un nivel básico as representacións topográficas do relevo. Coñecer a acción xeolóxica das distintas manifestacións da auga continental. Coñecer as características propias das augas subterráneas e os seus usos para o ser humano. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Realización de representacións topográficas de corpos xeométricos. 2. Explicar a acción das augas salvaxes e superficiais e recoñecer as súas formas de modelado características. 3. Describir os procesos xeolóxicos que realizan os ríos. 4. Explicar a circulación e explotación das augas subterráneas. 5. Describir as características das augas subterráneas. COMPETENCIAS BÁSICAS - Interpretar as dimensións e realizar representacións derivadas dun mapa topográfico, contribúe ao coñecemento do medio e a dispoñer de habilidades para a aprendizaxe. (C3, C7)
  • 35. - Comprobar hipótesese de forma experimental, deseñando experiencias nas que se controlen variables, supón desenvolver estratexias para a aprendizaxe. (C7) - Coñecer e interpretar as paisaxes modeladas pola auga significa aplicar conceptos básicos para a análise de fenómenos. (C3) CONTIDOS Conceptos • Importancia e mecanismos de realización de mapas topográficos. • Augas salvaxes. Factores que condicionan a súa actividade. • Torrentes. Tramos e actividade. • Os ríos. Erosión, transporte e sedimentación. • Forma do val fluvial. • Factores que inflúen na infiltración. • Os acuíferos. • Circulación das augas subterráneas. • Explotación de acuíferos. Procedementos • Recoñecer nun mapa topográfico distintas formacións xeolóxicas. • Identificación da capacidade erosiva das augas salvaxes nunha zona en función das súas características. • Coñecemento das distintas partes que presenta un torrente. • Identificación dos tramos do leito dun río en función das súas características. • Determinación da infiltración en función dos factores que inflúen nela nunha  determinada zona. • Recoñecer as marcas características na paisaxe dos distintos tipos de augas superficiais. Actitudes • Valoración da importancia dos mapas topográficos como ferramenta imprescindible no coñecemento da paisaxe. • Valoración da importancia da auga como factor do modelado do relevo na nosa zona climática. • Toma de conciencia da importancia das augas subterráneas como recursos de maior magnitude e calidade que as augas superficiais.
  • 36. • Estimación do papel das augas superficiais como recurso enerxético. UNIDADE 11: Os glaciares, o vento e o mar INTRODUCIÓN Despois de ver a acción das augas superficiais e subterráneas, estúdanse nesta unidade outros axentes “escultores”. Son axentes externos que colaboran coas augas salvaxes, os ríos e as augas subterráneas no modelado terrestre. A unidade empeza co estudo dos glaciares, as súas características, os procesos xeolóxicos que realizan e as formas de relevo que son o resultado da súa acción. A continuación pásase a estudar o vento como axente xeolóxico: os procesos erosivos que provoca, o transporte e a sedimentación resultado da acción eólica. Seguidamente estudaremos o mar, un axente xeolóxico fundamental nas zonas costeiras; veremos as formas de relevo que orixina e como o fai e tamén adicaremos un epígrafe para as intervencións humanas na costa. Por último estúdanse as pegadas que deixan os axentes xeolóxicos no relevo e que son as marcas que nos serven para identificalos. OBXECTIVOS Comprender os mecanismos de acción dos axentes do modelado externo do planeta. Relacionar os distintos tipos de axentes xeolóxicos cos seus relevos característicos e comprender cal é a causa de ditos axentes. CRITERIOS DE AVALIACIÓN • Comprender como é a acción xeolóxica dos glaciares. • Coñecer a acción realizada polo vento nas paisaxes. • Describir os procesos típicos da acción do mar. • Recoñecer algunhas das marcas características que cada axente deixa na paisaxe. • Recoñecer a importancia do Sol e a gravidade na acción dos axentes xeolóxicos. COMPETENCIAS BÁSICAS - Comprender que as paisaxes actuais son resultado de procesos que se deron en longos períodos de tempo, serve para valorar os mesmos e ter unha actitude responsable fronte a posibles transformacións irreversibles. (C3, C8)
  • 37. - Construír o coñecemento tratando de explicar os feitos, mediante respostas contrastadas coa observación, experimentación ou simulación, supón dispoñer de habilidades para aprender. (C7) CONTIDOS Conceptos • Formación do xeo glaciar. Os glaciares alpinos. • Erosión, transporte e sedimentación glaciares. • O relevo glaciar. • Erosión transporte e depósitos eólicos. • As dunas e os seus movementos. • Factores que inflúen na acción do vento. • Movementos da auga do mar. • Erosión transporte e sedimentación mariñas. • Formas litorais. Intervencións nas costas. • As pegadas dos axentes xeolóxicos. Procedementos • Identificación das principais formas do relevo glaciar. • Determinación da selección que realiza o transporte eólico. • Identificación das principais formas do relevo eólico e a influencia dos factores climáticos. • Determinación dos factores que condicionan as formas litorais. • Recoñecemento de modificacións costeiras inducidas por acción humana. • Identificación dos axentes que interviñeron no relevo nunha zona determinada. Actitudes • Recoñecemento da importancia dos glaciares, o vento e o mar como axentes xeolóxicos fundamentais en determinadas zonas xeográficas. • Estimación dos riscos que implica a acción humana sobre as costas. • Valoración da importancia da construción de teorías para o avance científico. • Estimación do papel das mareas como recurso enerxético. • Valoración dos combustibles fósiles como recursos enerxéticos e dos impactos producidos pola súa utilización.
  • 38. UNIDADE 12: As rochas sedimentarias e a súa orixe INTRODUCIÓN O obxectivo fundamental desta unidade é estudar as rochas sedimentarias se ben con anterioridade se fai unha clasificación xeral de todas as rochas segundo a súa orixe e se relaciona este coas características da súa textura e a súa disposición no campo. O estudo das rochas sedimentarias comeza pola súa orixe detallando os procesos que as forman: meteorización, transporte, sedimentación e diaxénese. As rochas sedimentarias están frecuentemente acompañadas de fósiles, por iso se estuda o concepto de fósil, o proceso de fosilización e a información que achegan os fósiles respecto á vida no pasado, o ambiente sedimentario en que se formou a rocha que os contén e cando se formou dita rocha. Na determinación desa información xoga un importante papel o principio xeolóxico do actualismo, segundo o cal analizar os procesos actuais é a clave para interpretar o que sucedeu no pasado. Conclúe a unidade co estudo dos distintos tipos de rochas sedimentarias detríticas e non detríticas, facendo fincapé na orixe do carbón e do petróleo. OBXECTIVOS Comprender os procesos que orixinan as rochas sedimentarias e coñecer a información que achegan. Identificar as principais rochas sedimentarias e coñecer a súa orixe. Recoñecer as rochas como un recurso de gran importancia para o home. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Coñecer os procesos que interveñen na formación das rochas sedimentarias. 2. Diferenciar os distintos tipos de rochas sedimentarias. 3. Identificar as principais rochas sedimentarias e coñecer a súa orixe. 4. Coñecer a orixe dos carbóns naturais e do petróleo. 5. Comprender a importancia das rochas na actualidade. COMPETENCIAS BÁSICAS Saber as diferentes utilidades das rochas para o ser humano, supón un coñecemento co que interpretar o propio contexto e ámbitos máis amplos. (C3) Elaborar traballos científicos para utilizar a linguaxe como instrumento de comunicación escrita, serve para a interpretación e comprensión da realidade. (C1) Coñecer que as necesidades do ser humano repercuten sobre o medio como impactos ambientais ás veces irreversibles, fai posible valorar unha realidade da nosa sociedade. (C5)
  • 39. CONTIDOS Conceptos •Orixe das rochas sedimentarias: meteorización, transporte, sedimentación e diaxénese. •Os fósiles. O proceso de fosilización. Información que achegan os fósiles. Principio do actualismo. •A estratificación. Principios de horizontalidade e superposición. •Clasificación das rochas sedimentarias. •Rochas detríticas. Tipos e características. •Rochas non detríticas. Tipos e características. Orixe do carbón e do petróleo. Procedementos •Recoñecer tipos de rochas pola súa textura e xacementos e relacionar estes datos coa súa orixe e identificar as principais rochas sedimentarias. •Identificar os efectos dos procesos sedimentarios sobre os materiais aos que lles afectan. •Recoñecer diferentes tipos de fósiles.  •Aplicar o principio do actualismo para determinar o pasado de rochas e fósiles. •Utilizar os principios de horizontalidade e de superposición para determinar a antigüidade dos estratos. •Fabricar rochas detríticas. Actitudes •Recoñecemento do valor das clasificacións para o estudo da natureza. •Estimación da relación entre a orixe e a diversidade das rochas. •Recoñecemento do valor das rochas e fósiles como arquivos do pasado da Terra. •Constatación da importancia dos principios e teorías para o avance científico. •Valoración do principio do actualismo como ferramenta fundamental para a reconstrución do pasado xeolóxico UNIDADE 13: Os minerais e as rochas
  • 40. INTRODUCCIÓN A maior parte do planeta Terra está constituída por rochas, e á súa vez as rochas están compostas por minerais. Nesta unidade abórdase o estudo dos minerais e a súa utilidade. Comeza coa caracterización do concepto de mineral e diferenciando a materia amorfa da cristalina, e á súa vez esta dos cristais, dos que se describen os procesos de formación. Para identificar os minerais é necesario coñecer as súas propiedades características: a forma, a cor, o brillo, a densidade, a dureza, a tenacidade, a exfoliación e a fractura. Tamén se aborda a súa utilidade como minerais industriais, minerais metalíferos e pedras preciosas. Os procesos que orixinan os minerais son os mesmos que están implicados na orixe das rochas. Trátase da diaxénese, o magmatismo e o metamorfismo, responsables da formación das rochas sedimentarias, ígneas e metamórficas, respectivamente. OBXECTIVOS Recoñecer os minerais polas características esenciais da súa definición e coñecer as súas principais propiedades. Coñecer a clasificación dos minerais pola súa utilidade. Diferenciar os procesos responsables da orixe dos minerais e as rochas. CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Comprender o concepto de mineral, diferenciar a estrutura cristalina da cristalizada e coñecer os procesos de cristalización. 2. Coñecer as propiedades características dos minerais. 3. Coñecer a clasificación dos minerais pola súa utilidade e identificar polas súas propiedades os máis significativos de cada grupo. 4. Entender o concepto de magmatismo como o proceso que dá orixe ás rochas magmáticas, coñecer a súa clasificación e identificar as principais rochas ígneas. 5. Entender o concepto de metamorfismo como o proceso que orixina as rochas metamórficas. COMPETENCIAS BÁSICAS - A lectura de textos científicos permítelle ao alumno enriquecer o seu vocabulario e esíxelle distinguir a información relevante da accesoria. (C1) - Entender as utilidades máis importantes que o ser humano lles dá aos minerais como o resultado da aplicación dos coñecementos científicos e tecnolóxicos, co fin de modificar o medio, en resposta ás necesidades humanas.
  • 41. - Traballar coa densidade dos minerais esixe a utilización de métodos básicos de cálculo numérico e un entendemento de formas elementais das matemáticas, como as fórmulas. (C2) CONTIDOS Conceptos ● Concepto de mineral. Materia cristalina e amorfa.  ● Cristais e procesos de cristalización.  ● Propiedades características dos minerais: forma, densidade, cor, brillo, dureza, tenacidade, exfoliación e fractura. ● Clasificación dos minerais pola súa utilidade. Principais minerais de cada grupo. ● Utilidade dos minerais: minerais industriais, minerais metalíferos e pedras preciosas. ● Magmatismo. Principais rochas volcánicas e plutónicas. ● Metamorfismo. Principais rochas metamórficas. ● O ciclo das rochas. Procedementos ● Obtención de cristais. ● Observación de diferentes propiedades dos minerais. ● Identificación de minerais polas súas propiedades características. ● Determinación e asignación de minerais a grupos de clasificación.  ● Identificación da utilidade dalgúns minerais. ● Elaboración de claves de identificación. ● Elaboración de mapas conceptuais e análise de textos. ● Identificar as principais rochas volcánicas e plutónicas. Actitudes ● Recoñecemento da importancia dos minerais como valiosas materias primas  dende os primeiros momentos da humanidade. ● Interese por realizar coa máxima exactitude os procedementos experimentais. ● Curiosidade por coñecer diferentes minerais e a súa utilidade.  ● Valoración dos minerais como recursos non renovables, e fomento da “regra dos tres erres”: reducir (o consumo), reutilizar e reciclar.