VIAXES NO TEMPO E BURATOS DE VERMEAs viaxes no tempo foron considerados durante moito tempo como unhaherexía científica, p...
A idea é tan simple como imaxinar a conducción dun coche, podemosmovernos adiante e atrás, que sería unha dirección, pero ...
Esta propiedade matemática do universo de Gödel de que arredor do todopunto existen curvas temporais pechadas supón, físic...
Así, a formulación adecuada da preguna é: se o universo empeza sin o tipo decurvatura necesario para viaxar non tempo, ¿po...
espacio-tempo. Incluso unha suave bola de billar ten enrugas, pequenasgrietas e ocos. Por debaixo das mais pequeñas capas,...
Teóricamente, un túnel do tempo ou burato de verme podería facer algo maisque levarnos a outros planetas. Se ambos extremo...
unha regadeira por cabeza. Neste caso, imaxinemos un científico, tolo dabondocomo para probar a súa máquina do tempo e reg...
que o viaxeiro no tempo transfírese a un universo paralelo, mentras que a súaliña de tempo orixinal permanece sen cambiar....
distorsións do tempo cerca dos buratos negros, onde a gravidade é moiintensa.A 26000 anos-luz de nós, no centro da vía lác...
en dúas versións (falando dos coches digamos que serían diesel e gasolina):Especial e Xeral. Tanto a Relatividade Especial...
como velocidade da luz. Nada pode superar dita velocidade. É un dosprincipios mellor asentados en ciencia. Se viaxamos cun...
espacio. Ata o momento, o vehículo mais rápido da historia foi o Apolo X, quechegou ós 40000 km/h. Pero para viaxar no tem...
Claro que ademáis habería que resolver algún que outro problema técnico.William Edelstein, un físico da Universidade John ...
radiación ionizante, capaz de romper os enlaces químicos do noso ADN ecausar danos irreversible. Os átomos de hidróxeno so...
En 2006, o físico da Universidade de Connecticut, Ronald Mallet, publicou queen 10 anos estaría disponible un prototipo de...
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Asviaxesnotempo

444 visualizaciones

Publicado el

  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Asviaxesnotempo

  1. 1. VIAXES NO TEMPO E BURATOS DE VERMEAs viaxes no tempo foron considerados durante moito tempo como unhaherexía científica, pero o feito de que grandes científicos e grandesdivulgadores se teñan achegado ó tema dende o rigor da ciencia fai que sexainteresante aproximarnos a estas posibilidades. Futuras posibilidades a, o meuentender, moi longo prazo.Todos viaxamos no tempo. Dende o pasado ano, eu movinme cara adiante 19días, e vos tamén. Outra maneira de dicir eso é que viaxamos no tempo a unavelocidade de 1 hora por hora. Nin mais, nin menos. Pero o que supoño quequeredes saber e se é posible viaxar no tempo a maior ou menor velocidadeque “1 hora por hora”, ou se poderiamos viaxar cara atrás no temporetrocendendo, digamos 2 horas por hora ou 10 ou 100 anos por hora. Estopermitirianos poder repetir ese exame de Física que nos saíu mal, ou escoller onúmero de lotería premiado, ou coñecer a Aristóteles, a Platón, a…nonsigamos por aí. Aínda é moi pronto para preguntarse se queremos realmenteviaxar no tempo.Tanto nos seus libros (Brevísima historia do tempoi, Historia do tempoii) comonun artigo publicado no “Daily Mail” (How to build a time machineiii, Maio 2010),o científico Stephen Hawking reflexiona sobre as posibilidades de viaxar notempo e plantexa as vías que, segundo as teorías actualmente vixentes naFísica, poderían servirnos para viaxar no tempo.Para comprender mellor o que imos explicar tan só vos pido que consideremoso tempo como fan os físicos que estudian a relatividade, como unha novadimensión, similar á altura, ó grosor ou a lonxitude que todos vedes encalquera obxecto.Esta dimensión temporal é mais fácil de comprender se temos en conta que anosa vida media ronda os 80 anos, mentras que, por exemplo, as pirámides deExipto teñen unha vida de miles de anos. Todo ten unha dimensión en tempo eespacio. Por iso, viaxar no tempo significa viaxar a través desta cuartadimensión.
  2. 2. A idea é tan simple como imaxinar a conducción dun coche, podemosmovernos adiante e atrás, que sería unha dirección, pero tamén á dereita ou aesquerda que é outra dirección, e tamén poden subir ou baixar unha pendente.Pois ben, a cuarta dimensión na que avanzaría o coche sería o tempo. Pero,cómo podemos atopar unha camino a través desta cuarta dimensión?A DEFORMACIÓN DO ESPACIO-TEMPOA primeira indicación de que as leis da Física poderían permitir as viaxes notempo fíxose en 1949 cando o Kurt Gödel descubríu un novo espacio-tempopermitido pola teoría da Relatividade.Facendo un paréntese, Gödel foi un matemático (do campo da lóxica) que sefixo famoso ó demostrar, no seu “teorema da incompletitude”, que é imposibleprobar todalas afirmacións verdadeiras, incluso as dunha materia tan seguracomo a aritmética. Afirmaba que as matemáticas, en sí mesmas, sonincompletas. Os sistemas lóxicos non son completos para decidir se se podenusar como verdade ou falsidade para a demostración dun suceso.Por exemplo, a frase: “todos os cretenses son mentirosos”, enunciada por uncretense presenta este tipo de compllicacións lóxicas que levan a un verdadeirolío.O “teorema da incompletitude” de Gödel, o igual que o principio deindeterminación de Heisemberg, pode ser unha limitación para a nosacapacidade de comprender e predicir o Universo, pero polo de agora nonsupuxo un atranco na búsqueda dunha teoría unificada completa.Gödel aprendeu a teoría da Relatividade Xeral cando Einstein pasou os últimosanos da súa vida no Instituto de Estudios Avanzados de Princeton. O seuespacio-tempo poseía a curiosa propiedade de que o universo completo estabarotando. No espacio-tempo de Gödel, unha consecuencia do efecto de rotaciónera que se viaxáramos a gran distancia da Terra e despois regresáramos, seríaposible chegar á Terra antes de saír dela.
  3. 3. Esta propiedade matemática do universo de Gödel de que arredor do todopunto existen curvas temporais pechadas supón, físicamente, que unobservador pode viaxar cara o futuro e chegar a un punto do seu pasadorepetindo cíclicamente este movemento. A pesar de que esta solución éfísicamente pouco realista ou imposible, o sorprendente da solución é que, sepuidesemos dotar á materia que constitúe o universo da vorticidade que implicaa ecuación (debería ter a chamada materia “exótica”) teríamos un universo conesa estraña propiedade causal.Despois desta descrición mais ou menos comprensible podemos chegar áconclusión que sería posible viaxar no tempo e incluso viaxar ó futuro e acabarno pasado, pero esto condúcenos a un gran paradoxo que contradice oprincipio de que “un efecto nunca pode preceder á causa que o produce”. Algoque algúns autores denominan retrocausalidade.Este paradoxo do viaxe no tempo, ou paradoxo do abó, foi citado polo escritorfrancés René Bariavel do seguinte xeito: partindo do suposto de que realizadesun viaxe a través do tempo e matades ó voso abó antes de que coñeza acorrespondente aboa, entonces o voso pai ou nai nunca sería concebido, coque, obviamente, vós tampouco (O Abó pode ser Paterno ou materno,escollede vós. Se queredes matar o voso pai e cumprir co complexo freudianotamén podedes, pero nese caso tes que facelo antes de que coñeza a vosanai). Pero, entonces, se vós non estades para viaxar ó pasado e matar o vosoabó, este ten a ocasión de seguir coa historia ata chegar ó momento actual.Como vedes, é un auténtico galimatías.Sin embargo, dende entonces, os científicos que estudan as ecuacións deEinstein atoparon outros espacio-tempos permitidos pola relatividade xeral quepermiten viaxar ó pasado. Aínda así, as observacións do fondo de microondase a abundancia de elementos lixeiros no Universo primitivo non permite o tipode curvatura que estos modelos requiren para permitir viaxar no temo. Amesma conclusión pode seguirse das bases teóricas no caso de que ahipótese de ausencia de fronteiras sexa correcta.
  4. 4. Así, a formulación adecuada da preguna é: se o universo empeza sin o tipo decurvatura necesario para viaxar non tempo, ¿podemos, a posteriori, deformarsuficientemente rexións locais do espacio-tempo para que esto sexa posible?Deixemos mecernos nos brazos na ciencia-ficción por un intre. Nas películassobre viaxes no tempo aparecen con frecuencia máquinas que consumen unhaenorme cantidade de enerxía. A máquina crea unha ruta a través da cuartadimensión, un túnel a través do tempo. O bravo e temerario turista espacial,preparado para non se sabe moi ben qué, penetra no túnel do tempo e aparecequén sabe cando e quen sabe onde. O concepto pode ser esaxerado ouatrevido, e distar moito da realidade, pero, en esencia, a idea non é tanabsurda.Os físicos tamén teñen cavilado sobre os túneles no tempo, pero, obviamente,dende unha visión un pouco distinta. A cuestión que se plantexa é si as leis daFísica permitirían a existencia de portas ó pasado ou ó futuro. E a Física danoso seu O.K. Incluso teñen nome: buratos de gusano ( o nome deullo o físicoteórico americano John Wheeler en 1957 para simular o movemento dun vermeó atravesar unha mazá) (curioso este John Wheeler, que tamén “apadriñou” ós“buratos negros”, “escuma cuántica”…). En realidade, o nome polo que secoñecen “científicamente” é o de “pontes de Einstein – Rosen”.En realidade, un “burato de verme” é unha hipotética característica topolóxicado espacio-tempo, descrita polas ecuacións da Relatividade Especial, querepresenta, esencialmente “un atallo” a través do espacio-tempo. Un burato deverme ten polo menos dous extremos, conectados a unha única "gorxa",podendo desprazarse a materia dun extremo ó outro.Sabemos que estamos rodeados de “buratos de verme”, só que son demasiadopequenos para poder velos. Están nas fendas e rincóns do espacio-tempo, eaínda que resulta un concepto de difícil comprensión intentaremos explicarcómo funcionan.Nada é plano ou sólido. Botando unha ollada pormenorizada ás cousas seguroque atopades ocos e enrugas. Este principio básico pode aplicarse tamén ó
  5. 5. espacio-tempo. Incluso unha suave bola de billar ten enrugas, pequenasgrietas e ocos. Por debaixo das mais pequeñas capas, mais pequeno que asmoléculas ou os átomos, hai un lugar que chamamos “escuma cuántica”. É aíonde existen os “buratos de verme”. Pequenísmos túneles ou atallos a travésdo espacio-tempo que se están formando e desaparecendo continuamentedentro deste mundo cuántico. O que fan é separar dous lugares e dous temposdiferentes.Desafortunadamente (ou non), estes túneles temporais da vida real son deapenas 10-33 cm de longo. Demasiado estreitos para nós, os humanos, peroque nos levan á idea de crear máquinas de tempo de “buratos de verme”.Algúns científicos pensan que podería ser posible capturar un burato de vermee agrándalo unas cuantas (moitas) veces para facelo apropiado para que unser humano ou incluso unha nave espacial puidese entrar. Por outra parte, coatecnoloxía e enerxía apropiada (moita), quizás poderiamos construir un buratode verme espacial.Non se dice que poida facerse, xa que aínda non comprendemos moi ben asleis da gravidade cuántica e nin siquera a propia escuma cuánticaprobabilística, pero se se puidera, sería un dispositivo verdadeiramentenotable. Un extremo podería estar aquí, na Terra, e o outro lonxe, moi lonxe,cerca doutro planeta e noutro sistema solar.Hai outra estratexia, chamada clásica, que pasa por deformar e retorcer oespacio a escalas macroscópicas para facer un burato de verme onde antesnon había ningún. En 1966, Robert Geroch, en Princeton, utilizou métodostopolóxicos (matemática das desviacións) demostrou que se podería conseguir,pero só se durante a súa construcción tamén se retorce dende todos ossistemas de referencia. Debería ser posible viaxar atrás e adiante no tempo. Amaquinaria que faga esta construcción debe funcionar brevemente como unhamáquina do tempo, dende os momentos da construcción finais ata os iniciais.Vamos, reídevos das “megaconstruccións”. Pura entelequia.
  6. 6. Teóricamente, un túnel do tempo ou burato de verme podería facer algo maisque levarnos a outros planetas. Se ambos extremos estiveran no mesmo lugare separados no tempo en lugar da distancia, unha nave podería despegar eaparecer de novo nun pasado distante. Os dinasaurios poderían ver como unhanave procedente do futuro está aterrando.Aínda que vos estedes dando de conta que pensar en catro dimensión non édoado (para min tampouco é sinxelo, eu son moi “clásico”) e que os buratos deverme son un concepto difícil, vamos a tratar de seguir co tema con outro tipode exemplos para intentar descubrir se é posible viaxar no tempo a través dunburato de verme, agora ou no futuro.Imaxinemos que organizamos unha festa para dar a benvida a posiblesviaxeiros do tempo, pero non un “botellón” calquera dun Mércores-Xoves-Venres-Sábado de pola noite, non. Unha super-macro-megafesta. Algo queningún humano puidese resistir. Hawking escollería xogar unha partida depóker con Newton e Einstein. Esto é o que se recrea nunha escena de StarTrek (A nova xeración) (O que non sei e que pinta Dato nesa escea).Pero hai un pequeno truco. Non lle vamos dicir a ningúen nada ata que a festaremate. Fagamos unha invitación coas coordenadas exactas de tempo eespacio. As copias das invitacións estarán polo espacio-tempo adiante durantemiles de anos. Pode ser que un día, alguén do futuro, onde a tecnoloxía dosburatos de verme estará suficientemente avanzada e será como coller un busata Santiago, decida vir a nosa festa, probando así que esta maneira de viaxaré posible.Así, chega o momento da festa e agardamos con impaciencia ós nososinvitados… pero non aparece ninguén. Qué pena! Co que molaría coñecer axente “enrollada” do futuro. Pero, por qué non funciona o experimento?. ParaHawking, o problema pode estar no ben coñecido problema do tempo e opasado: os paradoxos.Un deles pode ser o paradoxo do abó, que nós chamaremos “paradoxo docientífico tolo”. Moitas das películas debuxan a imaxe dun científico que ten
  7. 7. unha regadeira por cabeza. Neste caso, imaxinemos un científico, tolo dabondocomo para probar a súa máquina do tempo e regresar xusto un minuto antespara matarse a sí mesmo. Pero, se agora está morto, quén fixo o disparo?.Esta máquina do tempo violaría a regra fundamental que goberna todo oUniverso: a causa está antes que o efecto e nunca ó revés. Non podemos facerque todo se convirta nun imposible, polo que haberá algo que impida aparadoxa. De algunha maneira ten que haber algunha razón que impida que ocientífico tolo se poida disparar a sí mesmo. Por iso, o burato de verme debeser o problema e por iso mesmo, non poden existir buratos deste tipo.A cuestión está na retroalimentación. Cando vamos a un concerto de rock, e seescoita un ruido desagradable e chirriante que sae do micrófono e que seespalla por todo o recinto. A explicación é sinxela, o son entra no micrófono,transmitese polo cables, amplifícase e chega ós altofalantes. Pero se o sonque entra no micrófono é excesivo crease un circuito retroalimentado que faique cada vez o son sexa mais e mais alto. Se esto non se para, o sistema poderomperse.O mesmo ocorre cun burato de verme, só que con radiación en vez de son. Amedida que o burato se expande, a radiación natural entraría nun ciclo deretroalimentación que fará que o burato de verme se destrua. Por iso, aíndaque os buratos de verme existan, e poidan ser agrandados algún día, nonparece posible que poidan ser usados como máquinas de tempo. Esta é arazón pola que ningún invitado do futuro virá a nosa festa.Hawking pensa que calqueira viaxe ó pasado a través de buratos de verme ououtro tipo de métodos é imposible, xa que permitirían a posibilidade dosparadoxos, e propuxo a hipótese da “conxetura da protección da cronoloxía” .É unha pena para os buscadores de aventuras no pasado e un alivio para oshistoriadores.Obviamente, hai outras hipóteses que permiten o viaxe ó pasado, peroprevindo os paradoxos temporais, como o “principio de autoconsistencia deNovikov”, que asegura que a liña temporal se mantería constante ou a idea de
  8. 8. que o viaxeiro no tempo transfírese a un universo paralelo, mentras que a súaliña de tempo orixinal permanece sen cambiar. O físico Li-Xin-Li postula encambio unha anti-conxetura de protección da cronoloxía: non hai leis físicasque impidan a aparición de curvas pechadas de tipo tempo.Pero se temos problemas para viaxar ó pasado, sí que pode ser mais factibleviaxar ó futuro. Cada un de nós está a viaxar sin descanso nunha corrente detempo. O tempo é, en certa medida, coma un río (o río de Heráclito), que flúe adiferentes velocidades en diferentes lugares. Aquí está a chave para viaxar ófuturo.Esta idea propuxoa Albert Einstein fai mais de 100 anos na sua RelatividadeEspecial. Decatouse que tiña que haber lugares onde o tempo fóra maisdespacio e outros onde o tempo fose mais rápido. A proba desto está encimadas nosas cabezas. No espacio.Todos sabedes o que é o GPS (global positioning system). A rede de satélitesque orbitan a Terra revelan que o tempo vai mais rápido no espacio que aquíabaixo, na Terra. Cada satélite leva un relóxio moi preciso. Pero, a pesar de sertan exactos, todos eles adiantan 1/3 de 109 s por día. Así, o sistema ten quecorrexir a deriva, pois doutra maneira o movemento dos satélites alteraríasecausando que cada equipo de GPS na Terra desviaríase entorno os 9 km pordía. É fácil de imaxinar o caos que eso podería provocar.O problema non está nos reloxios. Eles van mais rápido porque o tempomóvese mais rápido no espacio que aquí, n aterra. A razón de este efecto é amasa da Terra. Einstein deuse de conta que a materia arrastra ó tempo efrenao, como pasa na parte lenta dun río. Canto mais másico sexa o obxecto,mais tirará do tempo. Esta realidade é a que posibilita que poidamos abrir unhaporta cara a posibilidade de viaxar cara o futuro.Na teoría da Relatividade Xeral, Einstein predice que o tempo pasa maislentamente para os obxectos en campos gravitacionais (como aquí, na Terra),que para os obxectos alonxados destes campos. De modo que hai todo tipo de
  9. 9. distorsións do tempo cerca dos buratos negros, onde a gravidade é moiintensa.A 26000 anos-luz de nós, no centro da vía láctea atópase o obxecto máispesado de toda a galaxia. É un burato negro supermasivo que contén unhamasa equivalente a de 4 millóns de soles concentrada nun único punto porefecto da propia gravidade. Canto mais cerca nos atopemos do burato negro,mais forte será a atracción gravitatoria. Se nos achegamos moito, a gravidadeserá tan forte que nin siquera a luz poderá escapar. Un burato negro destascaracterísticas ten un efecto dramático sobre o tempo, ralentizandoo mais emais que calquera outra cousa na galaxia. Esta sí que é unha máquina dotempo natural.A cuestión está en saber como unha nave espacial podería beneficiarse destefenómeno. Se unha axencia espacial controlara unha misión dirixida a orbitar oburato negro, obxervarían que tardaría 16 min en dar unha volta completa.Pero para os tripulantes da nave, próxima a este obxecto masivo, o temporeduciríase case a metade. Por cada 16 min de viaxe orbital, para eles tan sórepresentarían 8 min.Dando voltas e mais voltas, nave e tripulación darían voltas na metade dotempo da que contaríamos dende a terra. Estarían viaxando a través do tempo.Imaxinemos que estivesen dando voltas entorno o burato negro durante 5anos. Cando regresasen á Terra terían 5 anos menos dos que teriamos nos.Así que un burato negro é unha máquina do tempo. Sin embargo, non resultarealmente práctico. Ten unha vantaxe respecto ós buratos de verme, xa quenon conduce a paradoxas “engorrosas”. Ademáis, non podería destruirse a símesmo por retroalimentación. Pero resulta bastante perigoso, está moi lonxe enon nos leva moi lonxe ó futuro.Afortunadamente hai outra forma de viaxar no tempo que representa a última emellor esperanza de construir unha máquina de tempo real.No século pasado (ollo, non é tan lonxe, todos os que estades aquí sodes doséculo pasado), Albert Einstein puxo un marcha a maquinaria da Relatividade,
  10. 10. en dúas versións (falando dos coches digamos que serían diesel e gasolina):Especial e Xeral. Tanto a Relatividade Especial como a Xeral son bastantedifíciles de imaxinar porque falan de cousas que habitualmente nonexperimentamos, pero que foron confirmadas polos científicos.A Relatividade Especial unifica espacio e tempo nun único sistema: o espacio-tempo. Tamén explica que hay un límite de velocidade de 300.000 km/s paracalquera obxecto que viaxe a través do espacio-tempo. A luz sempre viaxa ólimite desta velocidade.Tamén nos dice que ocurre algo moi interesante cando nos movemos noespacio-tempo, de maneira especial cando consideramos a nosa velocidaderelativa. O tempo pasa mais lentamente para ti que para as persoas que deixasatrás. Non observarás este efecto ata que retornes a atoparte con elas.Digamos que tiñas 15 anos de idade cando abandonaches a Terra nunha naveespacial viaxando a aproximadamente o 99.5% da velocidade da luz, que émoitos mais rápido do que podemos chegar a conseguir hoxe en día, ecelebras só 5 cumpleanos durante a túa viaxe espacial. Cando chegues acasas para celebrar o teu vixésimo animersario, ¡atoparás que todos os teuscompañeiros e compañeiras de clase teñen 65 anos de edade, están xubiladose disfrutanto dos seus netos e netas!, A ti aínda che quedarían 45 anos para axubilación e tempo dabondo para ver crecer os teus fillos. (Agora que openso,non sei se lle estaremos dando novos argumentos para aumentar aidade de xubilación.En certo sentido significa que estiveches viaxando no tempo. Mentras que tiexperimentas 5 anos, os teus compañeiros de clase experimentarán 50 anosenteiros. Esta é unha maneira de viaxar ó futuro a unha velocidade maior que 1hora por hora.Para conseguir este tipo de viaxe, simplemente teremos que viaxar moi, moirápido. Moito mais rápido que a velocidade requerida para evitar caer nunburato negro. Esto é debido a outro curioso fenómeno que acontece nouniverso. Hai un limite de velocidade cósmica de 300000 km/s tamén coñecida
  11. 11. como velocidade da luz. Nada pode superar dita velocidade. É un dosprincipios mellor asentados en ciencia. Se viaxamos cunha velocidade cercanaá velocidade da luz poderemos transportarnos ó futuro.Para explicar por qué, deixemos levar a nosa imaxinación e subamos ó nososistema de transporte: un tren ultra-rápido (o AVE do futuro) que nos levearredor da Terra. Usaremos este tren imaxinario para conseguir achegarnos ávelocidade da luz e ver así como se comporta unha máquina do tempo. Connós viaxan os pasaxeiros que levan un billete de ida cara o futuro. O trencomenza a acelerar mais e mais rápido, dando voltas arredor da Terra unha eoutra vez. Conseguir a velocidade da luz implica dar voltas mais e mais rápido:7 voltas cada segundo. Pero non importa a potencia do tren porque nuncaalcanzará a velocidade da luz. As leis da Física non o permiten. Digamos entónque nos aproximamos a esta velocidade límite. Entón ocurre algoextraordinario. O tempo comenza a fluir lentamente a bordo en relación ó restodo mundo, igual que pasaba cerca do burato negro só que aumentado. Todono tren móvese moito mais despacio.Esto ocurre para protexer á velocidade límite e non resulta complicadoentender por qué. Imaxinade unha nena correndo dentro dun tren. Cando correno mesmo sentido que o tren, a súa velocidade será a suma da que leva elamais a do tren. Podería romper o límite da velocidade da luz?. A resposta énegativa. As leis da natureza preveñen esa posibilidade ralentizando o tempo.Nunca poderá correr tan rápido como para superar esa velocidade límite, xaque o tempo sempre se ralentizará o necesario para protexer a velocidadelímite. Esta é a base para un posible viaxe ó futuro.Se o tren deixa a estación o 1 de Xaneiro de 2050 e dira voltas entorno á Terraa 99.99 % da velocidade da luz, hasta 100 anos despois. Cando chegue oprimeiro día do ano 2150, para os pasaxeiros tan só pasarían 4 meses, xa queo tempo ralentizouse moito dentro do tren. En 4 meses viaxarían 100 anos ófuturo. Seguro que atoparías as cousas algo cambiadas.É así de simple. Si queremos viaxar ó futuro necesitamos ir moi rápido.Realmente rápido. E pode que a única maneira de conseguilo é viaxando no
  12. 12. espacio. Ata o momento, o vehículo mais rápido da historia foi o Apolo X, quechegou ós 40000 km/h. Pero para viaxar no tempo deberemos conseguir algomáis que 2000 veces a velocidade do Apolo. E precisaríamos unha máquinarealmente considerable, cunha cantidade de combustible capaz de conseguiracelerarnos ata a velocidade da luz.Naturalmente, a construcción dun tren destas características é casi imposiblehoxe en día. Pero sí que hai algo bastante parecido a este tren: é o aceleradorde partículas que se atopa no CERN en Geneve, Suiza.No interior da terra, por un túnel circular de 27 km de largo circula un fluxo detrillóns de diminutas partículas que aceleran de 0 a casi 100000 km/h nunhafracción de 1 s. Se aumentamos a potencia, as partículas moveranse mais emais rápido, hasta xirar arredor do túnel 11000 voltas/s, que é casi avelocidade da luz. Pero igual que lle pasaba o tren, nunha serán capaces dealcanzar esa velocidade. Tan só chegan a un 99,99% da velocidade límite.Cando esto ocurre, comenzan a viaxar no tempo. Sabemos esto porquealgunha destas partículas de vida extremadamente curta (desintegransedespois de 1/25 .10-9s, os mesóns pi, (), aumentan a súa vida media 30veces.Imaxinemos agora que estamos en disposición de aplicar este prototipo ó novoviaxe polo espacio-tempo. A aceleración inicial sería suave, porque a navesería grande e pesada. Pero pouco a pouco iría collendo velocidade ecomenzaría a cubrir distancias enormes. Nunha semán chegaría ós planetasexteriores. O cabo de 2 anos acadaría a mitade da velocidade da luz e estaríafóra do sistema solar. Dous anos mais tarde chegaría ó 90% da velocidade daluz. Estaría 45.1012 km lonxe da terra e comenzaría a viaxar no tempo. Porcada hora de tempo na nave, pasarían 2 horas na Terra. Unha situación similara que ocurriría orbitando un burato negro.Despois de 2 anos de aceleración a tope, a nave alcanzaría o tope da súavelocidade, o 99% de velocidade da luz. A esta velocidade, un día a bordoequivaldría a un ano de tempo terrestre. A nosa nave estaría viaxando cara ofuturo.
  13. 13. Claro que ademáis habería que resolver algún que outro problema técnico.William Edelstein, un físico da Universidade John Hopkins School of Medicinede Baltimore fixo algún cálculo e obtivo resultados pouco estimulantes. Aseguraque se nos desplazásemos polo espacio a velocidades próximas á da luz,morreríamos ós poucos segundos. E non se trata dun problema orgánicocausado pola aceleración necesaria para conseguir esa velocidade (ese é outrotema). Simplemente nos atoparíamos co problema de que o que chamamos“espacio baleiro” dista moito de ser un verdadeiro “baleiro”. A atmósfera daTerra posúe, uns 30. 1018 átomos por cm3. No espacio baleiro, con algo desorte, tan só nos atoparíamos con un par de átomos de hidróxeno por cadacm3. Pero esa ridícula cantidade de materia sería suficiente para impedirnosviaxar no “Falcón Milenario” ou na nave de “Star Trek”.En efecto, si a ISS Enterprise fose de verdade, e respetase as leis da física,Kirk, o Sr Spock e o resto da tripulación morrerían ós poucos segundos depisar o acelerador. A culpa é deses 2 simples átomos de hidróxeno por cm 3 eda teoría da Relatividade. Esa cantidade de materia convirtiríase nun haz deradiación suficientemente internso como para matar os humanos da nave enpoucos segundos ou para destruir os instrumentos electrónicos da nave emesmo a propia nave. Para a tripulación da nave que acelera ata chegar aaproximarse á velocidade da luz o espacio interestelar parece moi comprimido,o que aumenta o número de átomos de hidróxeno que golpean a nave cadasegundo, convertíndoos nun auténtico raio mortal apuntando cara á proa.Dende o punto de vista dos viaxeiros, os átomos son acelerados cara eles, poloque a súa enerxía cinética aumenta. Se pretendesemos viaxar a 99.999998%da velocidade da luz, os átomos impactarían contra o noso vehículo cunhaenerxía da orde de 7 TeV (o dobre da enerxía que se espera conseguir cando oLHC funcione a pleno rendemento).Estar dentro do casco reforzado da nave non ofrece demasiada vantaxe. Aestrutura da nave ofrece pouca protección. Edelstein calcula que un tabiqueconstruido con 10 cm de aluminio lograría absorber menos do 1% da enerxíaque impacta contra o vehículo espacial. Dado que os átomos de hidróxenoteñen un protón no seu núcleo, o impacto fai que estemos expostos a unha
  14. 14. radiación ionizante, capaz de romper os enlaces químicos do noso ADN ecausar danos irreversible. Os átomos de hidróxeno son como minas espaciaisinevitables, sepultando as nosas gañas de percorrer a galaxia a altasvelocidades. A dose de radiación mortal para un ser humando é deaproximadamente 6 sievert. Os cálculos efectuados por Edelstein demostranque a tripulación recibiría unha dose superior ós 10000 sievert cada segundo. Aradiación sería tan intensa que incluso debilitaría a estrutura da nave espacial eestropearía os instrumentos electrónicos. Postos a especular, Edelstein pensaque esta pode ser unha das causas polas que aínda non teñamos recibido avisita de civilizacións mais avanzadas. Aínda que ET houbese conseguido atecnoloxía necesaria para construir unha nave interestelar, non pode viaxar avelocidades cercanas á da luz sen convertirse nun cadaleito a bordo unhadebilitada nave fantasma.Parece que o Universo opónse a que nos movamos rápido polo seu intre. Ospoucos átomos dispersos no espacio convírtense nunha verdadeira barreirapara os nosos desprazamentos. ¿Poderíase evitar?. Quizás. Seguramente noncoa tecnoloxía actual, pero se fosemos capaces de construir un poderosocampo magnético na proa da nave, poderíamos desviar o feixe de protónsantes do impacto. De feito, algo así e o que usamos para que os protónsacelerados dentro do LHC describan unha curva de 27 km de diámetro polointerior do túnel principal.A ralentización do tempo ten outro beneficio. Significaría que poderíamospercorrer distancias enormes durante a nosa vida. Un viaxe ós limites dagalaxia levarianos 80 anos. Pero o maravilloso deste viaxe e que nos revela oextraordinario que é o Universo. Un Universo onde o tempo corre de maneiradistinta en distintos lugares, onde hay diminutos buratos de verme entorno anós e onde, poderiamos utilizar os nosos coñecementos de física para chegar aser viaxeiros na cuarta dimensión.Como acabades de ver, as viaxes no tempo xa no parecen, polo menos dendeun punto de vista científico, un simple soño de ciencia-ficción.
  15. 15. En 2006, o físico da Universidade de Connecticut, Ronald Mallet, publicou queen 10 anos estaría disponible un prototipo de máquina do tempo queempregaba enerxía luminosa en forma de raios láser para curvar o tempo e asípoder desprazarse nel. Segundo este físico, con este método poderiamosconseguir viaxar no tempo o longo deste siglo.En 2007, o científico israelí Amos Ori e o seu equipo estableceron un modeloteórico para o viaxe no tempo (temblo só de pensar a qué época históricapretenderían viaxar) que podería permitir ás xeneracións futuras desprazarse ópasado. Os seus cálculos demostraban que se podía xerar un bucle espacio-temporal a partir de materia non exótica e densidade de enerxía positiva.Segundo o físico Paul Davies, a máquina do tempo é mais cuestión de cartosque de física, co que se houbera inversión para a investigación neste eidopoderianse superar os atrancos tecnolóxicos dun viaxe que, segundo as leis dafísica, é posible.i “Brevísma historia del tiempo”. Stephen W. Hawking, Leonard Mlodinow. EditorialCritica, 2005. Barcelona.ii “Historia del tiempo: Del big bang a los agujeros negros”. Hawking, Stephen (1988).Grijalbo, 1988. Barcelonaiii http://www.dailymail.co.uk/home/moslive/article-1269288/STEPHEN-HAWKING-How-build-time-machine.html#ixzz1AlghWSgd

×