SlideShare a Scribd company logo
1 of 56
Download to read offline
fiadeiro
fiadeiro
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
LETRAS GALEGAS 2023
LETRAS GALEGAS 2023
BELUSO
BELUSO
NÚMERO
29
S
EGUNDAÉPOCA
S
EGUNDAÉPOCA
I
l
u
stración de Pepe Carreiro (2023). "Os Bolechas. Francisco Fernández del Riego". Edició
n
s
B
o
l
a
n
d
a
.
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
ÍNDICE
FIADEIRO
FIADEIRO
Editorial: Letras Galegas 2023.
Os pequenos do cole.
Pintando o mundo.
Picasso.
Arte Prehistórico.
Os nosos comezos en Primaria.
Sargadelos.
Debuxamos coma Miró.
Os nosos poemas.
As cores da natureza.
Un curso cheo de Arte.
Detectives da arte.
Somos artistas!
O Estaleiro de Purro.
Maruja Mallo.
Avella ou avespa?
Por unha sociedade feminista.
Wolfgang Amadeus Mozart.
Actividades Xogade.
As nosas obras de arte.
Biblioteca: Lectura e familias.
Camiño Saudable Montemogos.
Visita de Daniel, exalumno do centro.
Círculo de diálogo.
Pasatempos: Have fun in English!
ANPA.
CONTIDOS
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
6º EDUCACIÓN PRIMARIA
1
FIADEIRO
FIADEIRO
Francisco naceu no seo dunha familia acomodada, que fixera
fortuna en Cuba, o que lle permitiu estudar e licenciarse
posteriormente en Dereito e Filosofía e Letras. Xa na Universidade
comezou a participar en diferentes revistas, e tamén a publicar
artigos en algúns dos xornais máis importantes da época en Galicia,
como El Pueblo Gallego. Nos anos previos á Guerra Civil entrou de
cheo na política, formando parte do Seminario de Estudos Galegos
e do Partido Galeguista, e tamén conseguiu unha cátedra na
facultade de Dereito en Santiago, que lle quitarían na ditadura.
Como cada ano, este 17 de maio celebramos en Galicia o día da nosa
lingua e da nosa literatura, o Día das Letras Galegas. Chegamos no 2023
ao 60 aniversario desta festividade institucionalizada pola Real
Academia Galega (RAG), e o homenaxeado foi Francisco Fernández del
Riego (Lourenzá, Lugo, 1913 - Vigo, 2010), escritor, intelectual e político
que realizou un gran traballo en prol da lingua e da cultura galegas,
tanto a través da súa obra literaria como nas súas labores de editor,
director de revista e militante galeguista.
A festa da nosa lingua homenaxea este ano a Francisco Fernández del
Riego, prolífico escritor, intelectual e político lugués.
A Guerra Civil e os primeiros anos da ditadura acabaron tamén coa súa actividade política e literaria, e ata superou
un consello de guerra. As vivencias destes anos inspiraron a súa novela O cego de Pumardedón (1992). Coa chegada dos
anos 50, o galeguismo foi recuperando a súa actividade, e Fernández del Riego foi un dos principais impulsores da
Editorial Galaxia, así como codirector da Revista Grial. Ingresou na Real Academia Galega en 1960, institución que
máis tarde presidiría (entre 1997 e 2001), e tamén naqueles anos integrouse no Partido Socialista Galego. Tamén foi
membro de institucións como o Consello da Cultura Galega, o Consello de Bibliotecas de Galicia, da Fundación
Laxeiro, da Fundación Rosalía de Castro, etc. Como se pode apreciar, foi un home moi activo na vida política e
institucional de Galicia, e tamén un gran impulsor das letras galegas desde outros papeis diferentes aos de creador.
LETRAS GALEGAS 2023
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
6º EDUCACIÓN PRIMARIA
2
FIADEIRO
FIADEIRO
Pero se algo fai que se homenaxee a Fernández del Riego na festa das nosas letras
é a súa extensísima obra como escritor, principalmente como ensaísta, adicados
moitos deles á cultura e á literatura galegas. Publicou máis de 40 libros de ensaio,
e neles recolleu moitísimas mostras de cultura e literatura galegas que se cadra
estaban algo esquecidas ou perdidas. Esta labor foi moi importante, sobre todo
despois daqueles anos nos que a cultura galega foi totalmente silenciada desde as
insitucións. Algúns títulos destacados son Historia de la literatura gallega (1951),
Galicia no espello (1954) ou A xeración Galaxia (1996).
LETRAS GALEGAS 2023
Fernández del Riego cultivou tamén a novela. Ademais do título
xa citado, publicou San Andrés de Teixido (1993) e Na espera do amigo
(1994). Tamén destacou a súa produción de antoloxías, nalgúns
casos centradas nun autor en concreto (Ramón Cabanillas,
Vicente Risco ou Blanco Amor), e tamén en moitos casos
recompilando poesías de diferentes autores, publicando até 12
títulos deste carácter. Ademais, tamén colaborou traducindo
algunhas obras internacionais ao galego, e produciu algunha tamén
en castelán.
Por último, podemos destacar tamén a súa participación en diferentes obras
colectivas, aumentando así a súa contribución ao rexistro de tanta literatura
galega.
Como vemos, Francisco Fernández del Riego foi unha persoa moi activa en
todo o relacionado coas letras e coa cultura de Galicia, A súa labor de análise,
reflexión, estudo e recompilación, pero tamén as de editor, xornalista e
académico, fan deste autor, se cadra algo descoñecido ata agora para o gran
público, alguén chave para a nosa cultura e agardamos que este recoñecemento
que se lle concede no Día das Letras Galegas 2023 o sitúe no lugar que merece
dentro da nosa Historia.
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
4º EDUCACIÓN INFANTIL
3
FIADEIRO
FIADEIRO
OS PEQUENOS DO COLE
SOMOS AS NENAS E NENOS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL QUE
COMEZAMOS A NOSA ETAPA EDUCATIVA NO CEIP PLURILINGÜE
MONTEMOGOS
DYLAN
TIAGO
ENZO
ANXO MARÍA JESÚS
SOFÍA XIANA
AINE IVÁN
NAHUEL XAVI
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
4º EDUCACIÓN INFANTIL
4
FIADEIRO
FIADEIRO
AO LONGO DO CURSO VIVIMOS MOMENTOS MOI BONITOS NOS QUE
APRENDEMOS E DESFRUTAMOS MOITO
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
4º EDUCACIÓN INFANTIL
5
FIADEIRO
FIADEIRO
CELEBRAMOS O SAMAÍN
O ENTROIDO FOI XENIAL
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
4º EDUCACIÓN INFANTIL
6
FIADEIRO
FIADEIRO
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
5º EDUCACIÓN INFANTIL
7
FIADEIRO
FIADEIRO
Ao longo de todo o curso os nenos e nenas de 5º de E.I. plasmaron a
súa creatividade en cadros e murais nos que usaron diferentes
técnicas.
Obras deseñadas e levadas a cabo polo alumnado de xeito colaborativo.
Técnicas mixtas de collage,
estampado e témpera sobre papel.
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
5º EDUCACIÓN INFANTIL
8
FIADEIRO
FIADEIRO
A reprodución de modelos permite coñecer a arte pictórica de momentos históricos e
a obra de grandes artistas coma Van Gogh ou Picasso.
"A noite estrelada". Vicent Van Gogh.
Témpera sobre cartolina
"Muller nun sillón". Pablo Picasso.
Collage e témpera sobre cartolina
Carbón vexetal sobre cartón. Figuras
humanas, trazos e liñas.
Estampado.
Pinturas feitas na
aula sobre papel
Trazos. Carbón
vexetal sobre
cartón.
Obras levadas a cabo de xeito colaborativo partindo de pequenos proxectos de aula.
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
5º EDUCACIÓN INFANTIL
9
FIADEIRO
FIADEIRO
Partindo de fotos e espello cada alumno e alumna fai o seu propio retrato.
Témpera sobre papel.
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
5º EDUCACIÓN INFANTIL
10
FIADEIRO
FIADEIRO
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
6º EDUCACIÓN INFANTIL
11
FIADEIRO
FIADEIRO
PICASSO
BIOGRAFÍA E OBRA DO PINTOR. TRABALLO DE INVESTIGACIÓN. PDI.
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
6º EDUCACIÓN INFANTIL
12
FIADEIRO
FIADEIRO
NO ENTROIDO DISFRAZÁMONOS
DE CADROS DE PICASSO
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
6º EDUCACIÓN INFANTIL
13
FIADEIRO
FIADEIRO
UNS ARTISTAS
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
6º EDUCACIÓN INFANTIL
14
FIADEIRO
FIADEIRO
ARTE PREHISTÓRICO
OUTRO TRABALLO DE INVESTIGACIÓN RELTIVO AO PDI.
PREPARAMOS UNHA CAVERNA
BUSCAMOS INFORMACIÓN
EXPERIMENTAMOS CON MATERIAIS COMO CORTIZA DE ÁRBORE, CARBÓN,
FOLLAS E FROITOS MACHACADOS
O RESULTADO
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
1º EDUCACIÓN PRIMARIA
15
FIADEIRO
FIADEIRO
OS NOSOS COMEZOS EN PRIMARIA
Dende primeiro de Educación Primaria queremos presentarvos
algunhas das actividades que realizamos neste curso.
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
1º EDUCACIÓN PRIMARIA
16
FIADEIRO
FIADEIRO
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
1º E 2º EDUCACIÓN PRIMARIA
FIADEIRO
FIADEIRO
Foi fundada no ano 1806 por Antonio Raimundo Ibáñez e José Losada, os cales decidiron facer unha fábrica que
elaborase cousas de moita calidade. O nome da fábrica vén do lugar onde se atopaba. Sargadelos é unha parroquia do
concello de Cervo, na provincia de Lugo.
Fan pratos e tazas moi bonitas, pero tamén fabrican outras cousas como reloxos, candeeiros e incluso instrumentos
musicais! Pero todos eles caracterízanse por ter unha estética moi parecida, cas cores branca e azul predominando.
Pero a historia de Sargadelos tamén tivo momentos difíciles. A fábrica tivo que pechar varias veces, pero sempre se
abría de novo grazas á xente que traballaba alí e que quería manter a tradición. Grazas ao traballo de persoas coma
Isaac Díaz Pardo, a fábrica de Sargadelos segue a funcionar na actualidade.
17
SARGADELOS
Sargadelos é unha fábrica onde fan pratos, cuncas, vasos e moitos outros obxectos de cerámica (arte de fabricar
obxectos de arxila cocéndoos mediante calor). Non é unha fábrica calquera, é moi antiga e ten moita historia detrás.
Aproveitamos o que coñeciamos sobre a escultura para aprender e
caracterizarnos coma as obras da famosa fábrica galega de cerámica.
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
1º E 2º EDUCACIÓN PRIMARIA
18
FIADEIRO
FIADEIRO
Aprendemos moito sobre ela e, no entroido, disfrazámonos coma as súas creacións!
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
1º E 2º EDUCACIÓN PRIMARIA
19
FIADEIRO
FIADEIRO
Somos 1º e 2ºcun disfraz de Sargadelos
prestádenos atención, imos contarvos segredos.
Imos contarvos segredos, imos contarvos segredos.
Somos 1º e 2º cun disfraz de Sargadelos. (BIS)
Este colexio é un conxelador
non chega a calor da calefacción,
da calefacción, da calefacción,
hai que aforrar pra mercar un radiador.
(BIS)
De porcelana, con este disfraz
así non hai quen se poida agachar,
se poida agachar, se poida agachar,
non nos gusta a idea, temos que aguantar.
(BIS)
Gústanos protestar por traballar
nós no colexio só queremos xogar
só queremos xogar, só queremos xogar
e os mestres nin caso nos fan!
E no entroido, tamén realizamos unha copla coa canción de
Maruxiña, veredes que divertida!
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
2º EDUCACIÓN PRIMARIA
20
FIADEIRO
FIADEIRO
DEBUXAMOS COMA MIRÓ
Gustounos tanto Miró que realizamos unha das súas obras.
Pasámolo xenial!
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
2º EDUCACIÓN PRIMARIA
21
FIADEIRO
FIADEIRO
OS NOSOS POEMAS
Os nenos e nenas de 2º somos poetas, aquí algunhas das
poesías que fixemos do mundo animal.
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
2º EDUCACIÓN PRIMARIA
22
FIADEIRO
FIADEIRO
O 30 de xuño celebramos o Día da Paz e fixemos un mural coas nosas mans.
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
3º EDUCACIÓN PRIMARIA
23
FIADEIRO
FIADEIRO
AS CORES DA NATUREZA
A súa misión foi encontrar seis plantas, flores, herbas... de
distintas cores e tamaños. Despois tiveron que facer mesturas de
pinturas para que na súa planilla de rexistro aparecesen os tons o
máis semellantes á realidade. Aprendemos que na natureza non
atopamos unha soa cor, senón que está repleta de mesturas e
beleza.
Se nun recuncho tan pequeno como a zona verde achamos tanto,
cantas máis haberá na nosa contorna?
Para afondar no PDI do cole deste curso "ImaxinARTE", os nenos e
nenas de terceiro de Primaria tiveron unha misión especial, atopar a
maior cantidade posible de cores que nos ofrece a natureza.
Para iso, tiveron que saír á súa zona favortita do patio, a "zona verde"
para investigar a gran cantidade de cores que podemos atopar.
O alumnado de 3º de Primaria investiga as cores que podemos atopar
na natureza
Xa de volta na clase, cada grupo expuxo o seu traballo: as
dificultades que atoparon para mesturar as cores ou para
encontrar herbas diferentes e o que lles pareceu esta actividade
dispar.
Por último, algún grupo incluso se animou a buscar o nome da
planta ou flor que escolleu.
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
3º EDUCACIÓN PRIMARIA
24
FIADEIRO
FIADEIRO
UN CURSO CHEO DE ARTE
No segundo trimestre dispuxémonos a afondar no mundo da escultura e
aprendimos que ata os homes e as mulleres da prehistoria realizaban
esculturas! Esta técnica artística cambiou moitísimo ao longo dos anos,
foi moi interesante descubrilo xunto con algúns dos autores máis
recoñecidos, como Miguel Anxo ou Louise de Bourgeois.
Igual que no trimestre anterior despois de tanto aprender, puxémonos
mans á obra para crear unhas incribles esculturas con forma de tótem e
unha fermosa balea. O tótem do grupo de 1º é máis alto que os nosos
mestres!
Este novo curso atopámonos cunha gran novidade, tivemos a
oportunidade de traballar por proxectos na materia de proxecto
competencial, polo que o alumnado de 1º, 3º e 5º de Primaria
convertímonos en pequenos e pequenas artistas e investigadores.
No primeiro trimestre procuramos información sobre o collage e os seus
autores máis recoñecidos, como o español Pablo Picasso ou a alemana
Hannah Hoch, as técnicas que empregaban e os distintos materiais.
Despois de investigar e xogar, tivemos ocasión de crear os nosos propios
collages, gústanvos?
"Todo o que poidas imaxinar é real", con esta frase de Picasso comezou
un curso cargadiño de arte
No último trimestre metímonos de cheo no mundo da pintura da man
de personaxes tan coñecidos como Van Gogh ou Frida Kahlo.
Coñecimos un pouco da súa vida e as características das súas obras.
Nesta ocasión non creamos ningún cadro, senón que pintamos os rostros
dos autores coas súas producións saíndo das súas creativas mentes, a que
é chulo?
Para poder pintalo tivemos que facer moitas mesturas de cores para
buscar novos tons, foi unha experiencia moi interesante.
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
3º EDUCACIÓN PRIMARIA
25
FIADEIRO
FIADEIRO
DETECTIVES DA ARTE
O pasado 14 de abril, os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria convertíronse, por unhas horas, en detectives da
arte, xa que un famoso cadro do museo de Pontevedra foi roubado e os responsables do lugar pedíronlles a súa
colaboración para atopalo.
Tiveron que investigar quen foi o ousado que decidiu levar ese lenzo dun lugar tan protexido como un museo.
Despois de seguir moitas pistas, recorrer varias salas, ver moitos cadros baixo lupa a ver se había pegadas,
descubriron que o autor do crime foi un traballador do museo. Este, ao coñecer os detalles do lugar, puido
facerse co cadro sen que ninguén se decatase.
O alumnado de 3º e 4º de Primaria visita o museo de Pontevedra en
busca dun cadro roubado
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
4º EDUCACIÓN PRIMARIA
26
FIADEIRO
FIADEIRO
FOMOS AO FIC
DE BUEU
DISFRAZÁMONOS
POLO SAMAÍN
FOMOS DE
EXCURSIÓN A
PONTEVEDRA!
SOMOS ARTISTAS!
Estas son algunhas das imaxes máis sinaladas do curso 2022/2023.
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
4º EDUCACIÓN PRIMARIA
27
FIADEIRO
FIADEIRO
COMPARTIMOS
MOMENTOS
ESPECIAIS
CELEBRAMOS O
NADAL!
DISFRAZÁMONOS DE
ARLEQUÍNS POLO
ENTROIDO!
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
4º EDUCACIÓN PRIMARIA
28
FIADEIRO
FIADEIRO
REINTERPRETAMOS
O ARLEQUÍN DE
PICASSO
REPRODUCIMOS A
PAULO VESTIDO DE
ARLEQUÍN
CONVERTÉMONOS
EN ARLEQUÍNS
Seguindo o fío condutor do PDI do curso, afondamos na obra de Picasso.
SOMOS ARTISTAS!
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
4º EDUCACIÓN PRIMARIA
29
FIADEIRO
FIADEIRO
DUAS
MULLERES
LENDO
A
HABITACIÓN
ESTUDO DE CORES. CADRADOS CON CÍRCULOS CONCÉNTRICOS
Traballamos obras de Picasso, Van Gogh, Kandinsky...
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
5º EDUCACIÓN PRIMARIA
30
FIADEIRO
FIADEIRO
O ESTALEIRO DE PURRO
O estaleiro de Purro ou estaleiro da Banda do Río en Bueu, o seu peculiar aspecto forma parte da paisaxe urbana de
Bueu. A súa imaxe é lazo de unión entre o pobo de Bueu e o seu pasado, sempre vinculado aos barcos e o mar.
Foi a última carpintería de ribeira en activo, nela traballaron e se formaron moitos profesionais e veciños da zona, e
construíronse infinidade de embarcacións, algunhas aínda hoxe en activo.
A súa principal actividade era a construción de grandes embarcacións, ademais das pequenas que se viñan elaborando,
dando paso á construción de bateas dende mediados o século XX. No ano 2003 cesou a súa actividade e dende entón
conservouse grazas aos esforzos da Asociación Os Galos. Na actualidade centro museístico da cultura mariñeira de
Bueu é o único que conserva unha carpintería de ribeira na ría de Pontevedra.
Manuel González Ferradás (Purro), de aí o nome do estaleiro, foi o último propietario, cando comezou a traballar as
ferramentas eran manuais, non había por exemplo brocas. Comezou sendo un alpendre que foi medrando ao mesmo
tempo que medraban as edificacións.
A carpintería orixinal era moi pequena, practicamente un pequeno despacho e un tellado para cubrir a serra de cinta,
a partir de aí foi aumentando de tamaño conforme foron medrando os barcos e as necesidades.
Esta carpintería é a lembranza dun oficio do pasado que se transmitía de pais a fillos e que temos que conservar,
protexer e transmitir ás xeracións futuras. O carpinteiro de ribeira aprendía co seu pai e ensináballe ó seu fillo. A
praia non era para desfrutar, era para traballar.
O orgullo de conservar e ensinar o noso patrimonio
O alumnado de 5º de EP fixemos unha visita
didáctica ao estaleiro de Purro en Bueu, onde
descubrimos por que se chama Purro e por que
é unha carpintería de ribeira.
As instalacións onde se constrúen os barcos
reciben o nome en xeral de estaleiros, aínda que
as que unicamente fan embarcacións de madeira
seguindo os métodos tradicionais reciben o
nome de carpinterías de ribeira, porque sempre
estiveron instaladas preto da liña da auga, na
ribeira, de aí o seu nome.
O estaleiro de Purro, a satisfacción de aprender do noso pasado. Centro museístico da cultura mariñeira de Bueu.
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
5º EDUCACIÓN PRIMARIA
31
FIADEIRO
FIADEIRO
MARUJA MALLO
Ana María Gómez González, nace en Viveiro (Lugo) o 5 de xaneiro de 1902, é a cuarta de 14 irmáns. Contou cuns pais
adiantados a súa época que apostaron por educar a todos os seus fillos na igualdade. Así Maruja de pequena puido
desfrutar dunha liberdade que poucas nenas tiñan e dunha infancia na que lle era permitido montar na bicicleta dos
seus irmáns e unirse en todos os xogos como unha máis.
No ano 1926 adopta o nome artístico de Maruja Mallo utilizando o segundo apelido do seu pai.
Aos 11 anos trasládase coa familia a Avilés, Asturias. O seu pai que observara o interese crecente que a xoven tiña pola
arte, aproveitou para matriculala na escola de Artes e oficios de Avilés, onde comeza a carreira dunha das pintoras
máis influíntes e importantes do século XIX.
Case unha década despois, en 1922, a familia muda a Madrid. Apaixonada pola pintura e decidida a dedicar a súa vida
a esta arte, ingresou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Foi a primeira muller en aprobar os exames
para Belas Artes e a primeira en ser admitida na academia.
Alí coñeceu a un dos amigos máis importantes da súa vida, Salvador Dalí. Este introduciuna no ambiente do
surrealismo e da xeración do 27 e presentoulle, entre outros, a Federico García Lorca ou Buñuel. En Madrid tamén se
uníu a Concha Méndez, Margarita Manso e Mª Zambrano, amigas e compañeiras.
Icona da arte surrealista
A pintora descoñecida da xeración do 27
Maruja Mallo foi unha das maiores expoñentes do cubismo e o surrealismo en España, formou parte do grupo de
mulleres artistas chamado “As sinsombreiro” e desenvolveu a súa obra xunto a outros creadores como Lorca, Dalí,
Neruda, Zambrano e Alberti.
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
5º EDUCACIÓN PRIMARIA
FIADEIRO
FIADEIRO
Ademais de asistir á Real Academia de Belas Artes, traballou en publicacións de carácter literario como “A Gaceta
Literaria”, “Almanaque literario” ou “A Revista de Occidente” fundada por Ortega y Gasset”. O filósofo
impresionado polas ilustracións que Mallo facía na a revista, decide montar unha exposición adiada á obra da
pintora na sede da revista en Madrid. Tivo gran éxito e a partir de entón comeza a ser recoñecida como artista.
Maruja Mallo desfrutou de estar no centro neurálxico do movemento intelectual. Codeándose dos xóvenes Lorca,
Dalí e Manso. Protagonizou varias anécdotas dignas de mención: gañou un concurso de blasfemias no café madrileño
de San Millán no que derrotou a Buñuel e perdeu o seu traballo como docente por darse un paseo en bicicleta por
unha igrexa durante a celebración dunha misa.
Nunha ocasión este grupo de amigos e artistas foron visitar o mosteiro de Silos para escoitar música gregoriana.
Prohibíronlles a entrada ás dúas mulleres por levar saia, ao que elas responderon con ironía e inxenio: pedíronlle aos
seus acompañantes as chaquetas e enfundáronas como pantalóns, así conseguiron entrar os catro.
Con Buñuel non tivo as mellores das relacións pero, formou parte da “Cofradía para fundar a 1ª “Escola de Ballecas”.
Fundadora das Sinsombreiro, nome que se lle dou ao grupo de mulleres e intelectuais, o nome foi debido a que un
día xunto a Manso, Lorca e Dalí, na Porta do Sol de Madrid, os amigos decidiron sacar os sombreiros para
“desconxestionar ideas”. Ao velos, os transeúntes empezaron a gritarlles e insultarlles. Neste grupo inclúense: Concha
Méndez, María Zambrano, Ernestina de Champourcín, Mª Teresa León, Josefina de la Torre, Rosa Chacel,
Margarita Gil Rösset, Margarita Manso e Maruja Mallo, entre outras.
Estas reclamaron a súa autonomía e independencia, ao igual unha formación intelectual igualitaria con respecto aos
homes. Adicáronse á pintura, á novela, á escultura, á poesía, á ilustración e ao pensamento, reflexando nas súas obras
os novos conceptos de modernidade cunha actitude rompedora e aberta.
Na década dos 20 e 30, tamén se codeou con Rafael Alberti, Miguel Hernández e Pablo Naruda, cos que mantivo
unha relación creativa e intelectual, e con algún varios romances.
Colaborou con Alberti nos decorados das súas obras “Santa Casilda” e “A paxara Pinta”, así como na edición dos
libros “Yo era un tonto y lo que he escrito me ha hecho dos tontos” e “Sermones y moradas”. O poeta adicoulle os
versos da súa composición “La primeira ascensión de Maruja Mallo al subsuelo”.
Pola súa banda, Miguel Hernández inspirouse nela para os poemas de “Imagen de tu huella”. Pero ela sempre
rechazou a idea de unirse a un home, quería preservar a súa autonomía por riba de todo e negábase a ser unha mera
extensión da vida e obra dalgún dos compañeiros.
1932 consegue unha beca para ir a estudiar a París. Alí coñeceu a Miró, Magritte, Picasso, De Chirico e Bretón e
mergullou de cheo no movemento surrealista. Aquel ano organizou unha exposición na Galería Pere Loeb, na que
Bretón, impulsor do manifesto Surrealista, quedou prendido da súa obra ”Espantapájaros” que mercou e definiu
como “unha das grandes obras do surrealismo.
32
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
5º EDUCACIÓN PRIMARIA
33
FIADEIRO
FIADEIRO
Ao pouco tempo, Mallo regresa a Madrid e empeza a colaborar coa Sociedade de Artistas Ibéricos e participou
como mestra nas Misións Pedagóxicas, sendo unha fiel defensora da República. Tamén deu clases de debuxo no
Instituto Escola de Madrid, Instituto Arévalo e na Escola de Cerámica, onde creou unha serie de pratos de cerámica
desaparecidos na actualidade. Entre 1934 e 1935 segue facendo exposicións en diversos museos de Londres e
Barcelona.
No verán de 1936 trasládase ata Bueu, onde creará o “Caderno de Bueu” e coincidirá con José Suárez (fotográfo),
Johan Carballeira (xornalista, poeta e alcalde de Bueu nesa época) e Federico Ribas (ilustrador).
Cando estalla a guerra civil española atópase en Bueu (Galiza), logra fuxir a Lisboa onde a recibiu a poeta e Premio
Novel Gabriela Mistral e embaixadora de Chile en Portugal. Ela consegue que os Amigos da Arte enviaran á súa
amiga unha invitación para ir dar unhas conferencias sobre plástica española, permitindo que se trasladase a Bos
Aires e deixar a guerra atrás.
Asentada en Arxentina, pronto se incorporou aos ambientes intelectuais de Latinoamericana, deu conferencias,
organizou exposicións e colaborou coa revista de vangarda “Sur”.
Viaxa a Arxentina, Chile e Uruguai e fixo varias exposicións en Brasil, París e Nova York. Explorou as praias de
Punta do Leste e Punta Balea coas súas exuberantes naturezas. En 1945 viaxa con Pablo Neruda a Viña do Mar e a
illa de Pascua, buscando inspiración para un mural que lle encargaron para un cine de Bos Aires.
En 1934 pinta a súa obra mais importante “O canto da espiga” e pouco despois publicou o libro “Lo popular en la
plástica española a través de mi obra”. En marzo de 1947 viaxa a Nova York onde coñece e faise amiga de Andy
Warhol e en 1948 a súa “Cabeza de Negra” gañou o I Premio Pictórico da II Exposición Neoyorkina. Ao ano
seguinte expuxo na Carrol Gallery Carstairs “La Gran Manzana”.
Regresa a España en 1962, tras 25 anos de exilio, instalándose definitivamente en Madrid a partir de 1965, as súas
obras non eran acollidas como deberían.
En 1974 a galería Ruíz Castillo de Madrid, organízalle unha pequena mostra antolóxica e a partir de aquí empezaron
a xurdir iniciativas individuais e institucións de recuperación e valoración da súa obra.
En 1992 Guillermo de Osma de Madrid e de Pardo Bazán da Coruña realizan exposicións sobre Maruja Mallo, nesta
última amósase a obra gráfica completa, case toda realizada a finais dos 70. Pero será particularmente importante a
exposición antolóxica que en 1993 organiza a Xunta de Galiza no Centro de Arte Contemporánea.
Obterá varios recoñecementos a Medalla de Oro do Ministerio de Cultura (1982), a da Comunidade de Madrid
(1990) e da Xunta de Galicia en 1991.
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
6º EDUCACIÓN PRIMARIA
34
FIADEIRO
FIADEIRO
ABELLA OU AVESPA?
Cales pican e cales morden? Morren ao picar?
Cales viven en colmeas?
Como é o seu corpo?
Picadura/mordedura: as avespas poden morder coa súa forte mandíbula, e tamén picar co agullón. As abellas
poden picar co agullón, pero pérdenno ao facelo e por tanto morren no acto.
O corpo: as abellas teñen un corpo de forma máis redondeada e cuberto de pelo, dun ton xeralmente tirando a
marrón escuro; mentres que as avespas teñen un corpo máis fino e alongado, cunha marcada cintura (de aí o de
"cintura de avespa") con raias horizontais amarelas e negras.
Onde viven: as abellas viven en colmeas, cunha organización social xerárquica, producen mel e encárganse da
polinización das flores; mentres que as avespas viven xeralmente en niños.
sacarnos de dúbidas e chegar a un acordo. Había moitas dúbidas ao respecto, xa que o que algúns dicían que era
propio das abellas outros o asociaban ás avespas, e viceversa. Foi así que o profesor propuxo que cada equipo se
encargara de investigar sobre as principais dúbidas que xurdiron do debate, que foron as seguintes:
Os equipos buscaron a información que lles correspondía e puxérona en común cos demais, e foi entón cando cada
un deles tivo que preparar unha presentación para amosar ao resto de colexio ditas diferenzas.
Así foi que agora sabemos que as principais diferenzas entre ambos insectos himenópteros son:
Deste xeito, aplicamos os diferentes pasos a seguir segundo o Método Científico, plantexando hipóteses nun primeiro
momento para logo tratar de confirmalas e desmentilas, e finalmente compartir ese coñecemento cos demais
compañeiros do colexio.
Estabamos en clase nun deses calorosos días do inicio de curso, en
setembro, cando de súpeto un insecto voador, que non era unha mosca,
entrou pola ventá. Ademais de berros de medo, risa e algunha que outra
carreira, isto deu lugar a unha discusión, xa que algúns afirmaban que se
trataba dunha abella mentres que outros aseguraban que era unha
avespa. Houbo incluso quen declarou que "tiña cara de abella".
Así pois, organizouse un debate, e recollimos no encerado as
características que críamos que tiña cada unha destas especies, co fin de
A principios de curso investigamos para coñecer as diferenzas entre as
abellas e as avespas logo dunha discusión na clase.
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
6º EDUCACIÓN PRIMARIA
35
FIADEIRO
FIADEIRO
POR UNHA SOCIEDADE FEMINISTA
O 25 de novembro o centro organizou un acto coa veciñanza no que se
fixo unha marcha desde o colexio ata a Parque Novas, onde tivo lugar
unha performance que consistiu en nomear en voz alta ás mulleres
asasinadas no ano 2022, buscando así poñerlle nome aos datos, así como
impactar á audiencia, para posteriormente ler un pequeno manifesto en
recordo das vítimas e condenando a violencia, e finalmente gardar
xuntos un minuto de silencio moi emotivo. A escena completábase coa
vestimenta do alumnado, xa que todos vestían de negro. Foi un acto moi
emotivo, impactante e cargado de simbolismo.
Ao longo deste curso a clase de sexto seguiu moi de preto a actualidade,
facendo debates na aula sobre os temas que máis preocupan á nosa
sociedade, e entre eles están a violencia de xénero e o feminismo, sendo
este último moi recorrente, posto que dentro da clase temos un grupo
de alumnas cunha gran conciencia feminista que procura involucrar a
todos. En base a isto, a clase levou a cabo dúas grandes iniciativas este
curso para concienciar á comunidade educativa neste eido, aproveitando
as conmemoracións do 25 de novembro, Día Internacional contra a
Violencia de Xénero, e o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
A clase de sexto levou o peso das conmemoracións do 25-N e do 8-M a
través de diferentes accións para concienciar á Comunidade Educativa.
Para a conmemoración do 8 de marzo non se organizou un acto como
tal no centro, e por iso os alumnos e alumnas de sexto quixeron mandar
unha mensaxe a toda a comunidade educativa. Así, pegaron por todo o
colexio unha serie de carteis que deseñaron tres compañeiras, e entre
todos fixeron un mural para colocar na porta do centro co lema
"TODOS DEBEMOS SER FEMINISTAS". A iniciativa, totalmente
impulsada polo alumnado, buscaba involucrar a todas as persoas na loita
pola igualdade, que debe ser un obxectivo de toda a sociedade.
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
MÚSICA
FIADEIRO
FIADEIRO
WOLFGANG AMADEUS MOZART
O seu nome completo é Johannes Chrysostomus Wolfgangus Theofilus Mozart, aínda que é
máis coñecido como Wolfgang Amadeus Mozart. Naceu o 27 de xaneiro do 1756 en
Salzburgo, Austria.
Perteneceu a unha familia bastante acomodada, vivía cos seus pais Leopoldo e Anna María
Pertl. Non foi fillo único, tivo sete irmáns, entre eles a súa irmá maior María Anna, a cal
tamén demostrou grandes dotes musicais. Mozart e a súa irmá medraron rodeados de música,
o seu pai Leopoldo era músico da corte arzobispal de Salzburgo e non tardou en darse conta
de que tiña un pequeno xenio na casa.
O pequeno Amadeus era un neno prodixio que aos catro anos xa era capaz de tocar instrumentos e compoñer obras musicais.
Con tan só catro anos podía ler á perfección as notas musicais nun pentagrama. Aos seis anos sabía tocar varios instrumentos,
como o violín e o teclado, un clavecín. Tiña unha gran memoria, era capaz de escoitar unha obra musical unha soa vez e tocala
ao día seguinte de memoria con gran precisión. Unhas habilidades alucinantes que fixeron que a fama do pequeno Mozart se
estendese rapidamente por toda a cidade e arredores, deixando a xente impresionada alí onde actuaba. Ademais de tocar o
clavecín, Mozart quixo compoñer as súas propias pezas, sempre con axuda do seu pai; mentres Mozart tocaba o teclado cos
seus pequenos dedos, o seu pai apuntaba as notas nun caderno. Esta afección levoulle a compoñer a súa primeira sinfonía aos
oito anos e unha ópera aos doce.
Vendo a xenialidade do seu fillo, o pai de Mozart decidiu levar de xira aos seus dous fillos por varios países, actuando en
palacios diante dos reis e dos gobernantes máis importantes de Europa, quen quedaban admirados do pequeno compositor e
músico. Visitou cidades como Munich, Viena, París, Londres, e Amsterdam. Tivo un enorme éxito. A xente quedaba abraiada
cando vían a un neno de poucos palmos de altura tocar como un virtuoso. Non foi a súa única viaxe, Leopoldo levou ao mozo
Amadeus ata Italia para que aprendese a arte de escribir óperas, visitando cidades como Verona e Milán e máis tarde Bolonia
e Roma.
O pequeno Amadeus e a súa irmá estaban sempre de viaxe de aquí cara alá, polo que non puideron ir a ningunha escola como
o resto de nenos. O seu pai Leopoldo encargábase persoalmente da educación dos seus dous fillos. Nas súas viaxes cargaban
cunha gran cantidade de libros, non só de música, tamén de xeografía, gramática, inglés, francés, latín…
A súa etapa adulta comezou en 1781 cando o mozo Amadeus mudouse a Viena, a unha pequena habitación alugada pola
familia Weber. Mozart estivera encaprichado dunha das fillas os Weber no pasado, Aloysia Weber, pero cando se decatou que
se casou, iniciou a súa relación con Constanze, a súa irmá menor. O seu pai Leopoldo non estaba de acordo con esa relación,
pero o amor triunfou e casaron o 4 de agosto de 1782. En nove anos tiveron seis fillos, aínda que só dous chegaron á idade
adulta.
36
A Pequena Serenata Nocturna, a Sinfonía nº 40.
As Vodas de Fígaro.
A Marcha Turca da sonata para piano nº11 KV 331.
Algún fragmento da ópera A Frauta Máxica. «Der Hölle Rache kocht in meinem Herzen» e «Pa-Pa-Pa-Papagena»
12 variacións de «Ah! Vous dirai-je, mamam»
Réquiem, K.626
Un dos seus primeiros traballos de Mozart foi co arcebispo Colloredo en Salzburgo, pero o mozo non durou moito tempo alí,
o arcebispo limitaba a súa creatividade e sentíase como un simple servente. Tras moitas discusións (coméntase que chegaron
mesmo ás mans) decidiu dimitir do seu posto e “emprender” en solitario, converténdose nun dos primeiros músicos
independentes da época. Destacar que Wolfgang tamén foi un magnífico pianista, violinista, organista e director. Mentres
seguía buscando patrocinadores traballou como compositor da Cámara Imperial, aínda que tamén daba clases particulares aos
aristócratas da época. Tamén sacaba algo de diñeiro vendendo as súas obras e dando concertos.
A inesperada e misteriosa morte de Mozart foi de gran interese desde o principio. Chegáronse a dicir case 100 causas polas
que Mozart puido morrer. O único que sabemos con certeza é que Wolfgang Amadeus Mozart morreu o 5 de Decembro de
1791, con 35 anos de idade. Foi enterrado nunha fosa común, sen que ao seu enterro acudise ninguén.
Morreu moi novo, con tan so 35 anos, mentres traballaba na súa última obra, o Réquiem, a cal non puido finalizar. Os
últimos días de vida sufría de moita febre e estaba moi inchado, non podía moverse polas dores e durmía con dificultade.
En total, Wolfang compuxo máis de seiscentas obras marabillosas, máis de 200 horas de música. Produciu o equivalente a seis
discos ao ano durante toda a súa vida musical! Imaxínate a un compositor actual sacando 6 discos ao ano, durante 30 anos e
todos obras mestras. Así de xenial era Mozart!.
Destacámosvos as seguintes obras que seguro vos soan:
Este trimestre traballamos no Terceiro Ciclo a biografía e A Marcha Turca deste fantástico compositor. Deixámosvos un
código QR para poder escoitala.
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
MÚSICA
FIADEIRO
FIADEIRO
37
WOLFGANG AMADEUS MOZART
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
EDUCACIÓN FÍSICA
FIADEIRO
FIADEIRO
ACTIVIDADES XOGADE
Este curso participamos novamente no programa XOGADE. Este ten a finalidade de que a actividade física chegue a ser un
hábito na nosa poboación escolar, orientando a súa práctica non soamente cara ó deporte competitivo, senón cara á saúde.
Algunhas das actividades realizadas para que o alumnado tomara contacto con diferentes deportes foron:
BALONMÁN: estiveron no cole dous técnicos desta
modalidade e impartiron un total de 4 sesións para que o
alumnado de 3º e 4º de primaria coñecera este deporte.
CICLISMO NA ESCOLA: na que o alumnado de 5º de primaria
tivo a oportunidade de realizar un circuíto de habilidade
cronometrado nas pistas polideportivas.
ENCONTRO CO CEIP A TORRE-CELA: fomos
centro anfitrión dunha xornada na que o alumnado de
5º de primaria xogou 4 partidos contra o cole de Cela.
As modalidades deportivas foron: Datchball, Colpbol,
Fútbol e Balonmán.
TAEKWONDO: finalmente contamos
coa presencia da campioa Belén Asensio
que impartiu unha sesión durante o
horario de Educación Física aos seguintes
cursos: 1º, 2º, 3º e 4º de Educación
Primaria.
VOLEIVOL: o alumnado de 6º participou nun encontro con outros centros educativos do Morrazo no IFEVI.
38
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
ARTS & CRAFTS
FIADEIRO
FIADEIRO
39
AS NOSAS OBRAS DE ARTE
Pintamos as distintas estacións do ano
Traballamos o Cubismo e as formas xeométricas
"A arte é unha liña ao redor dos teus pensamentos" Gustav Klimt
Fomos deseñadores de moda Colaboramos en proxectos de aula
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
ARTS & CRAFTS
FIADEIRO
FIADEIRO
Colaboramos no festival solidario "Art for Change"
Traballamos a diferentes artistas (Miró, Kandinsky, Van Gogh, Picasso...)
40
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
BIBLIOTECA
FIADEIRO
FIADEIRO
A Biblioteca Escolar é un recurso imprescindible para facilitar e favorecer o acceso de todos e todas á educación
e á cultura, formando o pensamento crítico.
Neste proceso no que as Bibliotecas tentan evolucionar cara a espazos e usos que van máis alá dos roles
tradicionais de préstamo e consulta de fondos, a implicación da comunidade e, sobre todo, das familias é
fundamental.
Co Programa Lectura e Familias de Bibliotecas Escolares de Galicia pretendemos sistematizar todas estas
colaboracións así como amplialas ao tempo de lecer.
Intentamos favorecer a vinculación das familias coa lectura creando un efecto motivador nos seus fillos e fillas
para dinamizar a actividade lectora.
BIBLIOTECA: LECTURA E FAMILIAS
Na biblioteca do noso centro as familias teñen unha implicación importante desde sempre que se concreta en
diferentes actividades ao longo do curso: “Ciencia con…” , “As familias contan” e outras variadas colaboracións.
41
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
BIBLIOTECA
FIADEIRO
FIADEIRO
Desde a Biblioteca ofertamos servizos personalizados, orientacións bibliográficas, materiais adaptados, maletas
temáticas a disposición da comunidade no apartado Bibliofamilias. E ademais, contacontos e obradoiros de
lectura expresiva e narración oral.
Visita o blog da biblioteca escaneando o código QR
Con estas actividades buscamos fomentar que a biblioteca sexa un espazo de encontro e de lecer para a
comunidade fóra do horario lectivo, actuando de elemento vertebrador dos distintos colectivos da localidade:
asociacións veciñais, biblioteca pública, Taller de memoria organizado polo Concello de Bueu e outros centros
da contorna e asociacións.
42
BIBLIOTECA: LECTURA E FAMILIAS
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
EDUSAÚDE
FIADEIRO
FIADEIRO
O CAMIÑO SAUDABLE MONTEMOGOS
Este curso iniciamos no cole unha actividade que esperamos que veña para quedarse.
Comezamos co "Camiño Saudable Montemogos".
Cada día realizamos unha andaina ou carreira saudable nos exteriores do recinto escolar e rexistramos tanto
o noso número de pasos como a distancia percorrida.
Para iso levamos con nós uns podómetros que rexistran toda a nosa actividade.
43
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
5º EDUCACIÓN PRIMARIA
FIADEIRO
FIADEIRO
VISITA DE DANIEL, EXALUMNO DO CENTRO.
2.Cales son as túas afeccións? Gústanme moitas cousas, aínda que as miñas afeccións varían moito de acordo co que podo
facer, por exemplo adoitaba tocar o saxofón pero agora non podo. Actualmente entre as miñas actividades favoritas
atópase xogar aos videoxogos, crear algún tipo de arte 3D, editar fotos e ver series e películas.
3. Cando eras pequeno, que querías ser de maior? Desde sempre me encantan os animais e cando era pequeno quería ser
veterinario para poder coidalos e saber que facer en cada momento polo seu benestar, por cousas da vida non puido ser,
pero o plan inicial era ese.
4. Que recordos tes do cole e como te sentías nel? Teño bos recordos en xeral, aínda que tamén hai algún amargo. Por
exemplo no colexio foi un dos meus primeiros lugares nos que fun consciente de que me pasaba algo, non podía facer
cousas que os meus compañeiros si podían. Sentíame ben porque era un máis e podía interactuar con outros nenos e nenas
da miña idade, ademais, como persoa curiosa que son podía aprender algunhas cousas interesantes.
5. Que síntomas tiñas cando comezaches a darte conta de que tiñas a túa enfermidade? O primeiro que notei foi que me
costaba moito facer algunhas cousas que os demais facían sen ningún problema, ademais caía moi facilmente e cansábame
en menos tempo que os meus compañeiros.
A inclusión da discapacidade é condición esencial para o respecto aos dereitos humanos, o desenvolvemento sostible, a paz
e a seguridade. Tamén é unha cuestión clave para cumprir coa promesa de "non deixar a ninguén atrás" da Axenda 2030
para o Desenvolvemento Sostible. O 3 de decembro celébrase a nivel Mundial o Día da Diversidade Funcional Con motivo
desta celebración convidamos ao colexio a Daniel Piñeiro e accedeu a que as alumnas e alumnos de 5º e 6º de Educación
Primaria o entrevistáramos. Fixémoslle as seguintes preguntas.
1.Que fas no teu día a día? O meu día
a día é bastante ordinario, levántome,
aséome e almorzo. Unha vez feito isto
voume para o ordenador, este me da
bastante liberdade e nel podo facer
case o que sexa de forma
independente. Despois de comer
acostumo charlar cos amigos mentres
fago algunha cousa no PC. Eu adoito
cear cedo e despois na cama vexo
algunha película ou vídeo antes de
poñerme a durmir.
44
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
5º EDUCACIÓN PRIMARIA
FIADEIRO
FIADEIRO
6. Como reaccionaches cando descubriches a enfermidade que tes? Era bastante pequeno e o proceso foi bastante
gradual, a miña enfermidade avanza continuamente pero moi pouco a pouco, entón non é que houbese un momento
concreto no que o descubrise, posiblemente para os meus pais fose un golpe máis duro saber exactamente o que me
pasaba e foi un proceso relativamente longo desde que notaron algo en min ata que tivo lugar o diagnóstico definitivo.
7. Metéronse contigo de pequeno pola túa enfermidade? Considero que tiven bastante sorte nese sentido, poucas veces
atopeime con comentarios negativos cara min e en xeneral todos me trataban con respecto, como a un máis, moitas
veces intentando todo o posible para que puidese facer o máis posible co grupo.
8. Se queres facer una compra, viaxar en tren, que barreiras atopas? Están adaptados os medios de transporte?
Depende moito do sitio no que te atopes, por desgracia polo pobo hai bastantes barreiras arquitectónicas, beiravías,
escaleiras nas entradas dos establecementos e beirarrúas nun estado bastante malo. Pouco a pouco van mellorando as
cousas, os transportes son cada vez máis accesibles aínda que viaxar nas miñas condicións require bastante máis
planificación.
9. Desde que eras pequeno ata agora, xa notaches avances na mellora das barreiras arquitectónicas? Si, hai avances,
aínda así queda moito camiño por recorrer. Por poñer algún exemplo no propio colexio desde o meu paso por el hai
varias melloras, ramplas nas entradas, o ascensor para acceder a la planta superior, un baño adaptado.
10. Pensaches algunha vez en mudarte pola accesibilidade? Algunha vez considerei que estaría ben probar lugares
novos, pero me gusta moito onde vivo, a cidade normalmente é mais accesible, pero me gusta vivir rodeado de verde,
aínda que nunca se sabe que pasará no futuro.
11. Se che gusta ler ou o cine, que xénero prefires? Son bastante versátil nese sentido e como son moi curioso sempre
me gusta ver calquera xénero e podo gozar de calquera deles. Podo recomendar por exemplo “La teoría del todo” unha
película que relata a vida de Stephen Hawking.
12. Teríache gustado practicar algún deporte? É certo que actualmente non practico ningún deporte, pero no seu día
practicaba o tenis e gustábame bastante, con todo en certo punto tiven que deixalo porque xa non dispoñía da forza
suficiente.
13. Como manexas o ordenador? Dáseme bastante ben, a verdade é que me aporta moita liberdade, algo do que me
falta en moitos outros aspectos da vida, ata agora manexeino normal, con teclado e rato, aínda que é certo que
ultimamente estou explorando outras formas de utilizalo como o control por voz. Realmente é imprescindible para
min no meu día a día.
14. Hai algún espazo ou espazos do colexio que che gustaría visitar? Estaría ben visitar a miña clase de cando eu
estudiaba aquí, gran parte do tempo foi na mesma aula, tamén sería interesante visitar a parte superior xa que será a
primeira vez que poderei subir coa miña cadeira de rodas e unha voltiña xeral non estaría mal.
45
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
FIADEIRO
FIADEIRO
CÍRCULO DE DIÁLOGO POLA CONVIVENCIA
Un banco da amizade que pode ser utilizado para a resolución de conflitos no patio.
Unha caixa de correos na que deixar por escrito o que lle pode estar pasando a alguén que teña algún problema no
colexio para poder axudarlle.
Un espazo nas aulas para a resolución de conflitos.
Un recuncho con cadeiras para escoitar e falar.
Un espazo para a relaxación.
E outras propostas com0: compartir, ser amables, axudar, apoiarnos, estar atentas ás inxustizas, respectar as diferenzas,
xogar coas nenas e cos nenos que estean sos...
Que fixemos? Con motivo do Día contra o acoso escolar, o primeiro que se fixo foi traballar en cada titoría con diferentes
recursos (vídeos, libros...) relacionados coa convivencia, a empatía, a aceptación das diferenzas, o acoso escolar... e
acordáronse propostas para a mellora da convivencia e a prevención do acoso escolar.
En segundo lugar, decidiuse que alumnado representante de cada aula participaría no Círculo de Diálogo.
Unha vez constituído o Círculo de Diálogo na biblioteca, o alumnado e o profesorado participante presentouse e, a
continuación, expuso as conclusións ás que chegaran en cada unha das aulas, facendo especial fincapé na proposta de
diferentes solucións dirixidas a previr e solucionar a aparición de casos de acoso escolar no centro.
Entre as moitas propostas recollidas atópanse as seguintes:
Moitas destas propostas xa as levamos a cabo e outras, como a caixa de correos ou o banco, poñeranse en marcha.
Os Círculos de Diálogo consisten nunha práctica restaurativa que
busca fortalecer as relacións entre os membros do grupo, valorar a
diversidade, establecer relacións de coidado mutuo e promover o
sentimento de pertenza ao grupo.
Nun círculo de diálogo cada membro do mesmo realiza as súas
achegas, sen sentirse xulgado e sentíndose escoitado polas demais
persoas que forman parte do círculo que practican a escoita activa.
Esta foi a nosa primeira experiencia de Círculo de Diálogo colectivo,
con representantes das diferentes clases e resultou moi satisfactoria.
Con motivo da conmemoración do Día contra o acoso escolar, todas as
aulas fan achegas para a mellora da convivencia na escola.
46
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
ENGLISH
FIADEIRO
FIADEIRO
1. P S A T I G T E H __ __ __ __ __ __ __ __ __
2. Q T E T S C R E O U __ __ __ __ __ __ __ __ __ __
3.I E P __ __ __
4.C R I E __ __ __ __
5.G E G __ __ __
6. H F I S __ __ __ __
7. P E A P L __ __ __ __ __
8. O K C I S E O__ __ __ __ __ __ __
9. P T A O T E S O __ __ __ __ __ __ __ __
10. C E N H C I K __ __ __ __ __ __ __ __
SCRAMBLE WORDS
Order the following words
Have fun in
English!
W I T H T H E S E C R O S S W O R D S
47
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
ENGLISH
FIADEIRO
FIADEIRO
CROSSWORD
MATCH THE NUMBERS
48
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
ENGLISH
FIADEIRO
FIADEIRO
ANIMAL WORDSEARCH
cat elephant
dog fish flamingo
giraffe horse lion
panther rabbit
49
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
ENGLISH
FIADEIRO
FIADEIRO
CROSSWORD
50
OLA FAMILIAS !
A directiva da ANPA Cabo Udra do
CEIP Plurilingüe Montemogos
quere compartir coas persoas
lectoras desta nova edición de “O
Fiadeiro” todas as actividades que
levamos a cabo ao longo deste
curso escolar 2022/2023.
Este curso por fin se puideron
retomar moitas das actividades
que por motivo da pandemia
sanitaria Covid-19 tiveramos que
anular en anos pasados.
E con moito agarimo, traballo e
ilusión puxémonos mans á obra en:
PLAN MADRUGA:
contar no noso colexio con este
servizo é fundamental debido á
importancia que ten para a
conciliación familiar e laboral,
ademais doutras consideracións
sociais, e a ANPA xestiona de xeito
íntegro o seu funcionamento
EXCURSIÓN SEXTO DE PRIMARIA:
colaboración activa coa organización da
excursión de fin de curso na venta de
produtos para acadar fondos, na procura
de itinerarios...
AGASALLO DE
NADAL:
todos os nenos e
nenas do centro
escolar recibiron
un pequeno
agasallo da man
das súas
“Maxestades os
Magos de Oriente”,
que entregaron en
man o último día
de clase do
primeiro trimestre
e que adquiriron
no comercio local.
COMEDOR
ESCOLAR:
presentamos o
noso apoio ás
familias
usuarias deste
servizo que
reclamaban
melloras na
calidade dos
menús
presentando
unha
reclamación
conxunta ante
o órgano
competente.
PARTICIPACIÓN
NON II FESTIVAL
ART FOR CHANGE:
colaboración no
decorado que
luciu o noso
colexio no festival
e na
montaxe/desmon
taxe do stand.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES:
presentamos ás familias un total de once
actividades ao comezo do curso escolar das
que finalmente se levaron a cabo nove:
balonmán, ximnasia rítmica, xadrez, teatro,
manualidades, zumba, música en
movemento, taekwondo e debuxo de cómic.
ANPA
CABO
UDRA
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
1
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
ANPA
FIADEIRO
FIADEIRO
51
OLA FAMILIAS !
A directiva da ANPA Cabo Udra do
CEIP Plurilingüe Montemogos
quere compartir coas persoas
lectoras desta nova edición de
“Fiadeiro” todas as actividades que
levamos a cabo ao longo deste
curso escolar 2022/2023.
Este curso por fin se puideron
retomar moitas das actividades
que por motivo da pandemia
sanitaria Covid-19 tiveramos que
anular en anos pasados.
E con moito agarimo, traballo e
ilusión puxémonos mans á obra en:
PLAN MADRUGA:
Contar no noso colexio con este
servizo é fundamental debido á
importancia que ten para a
conciliación familiar e laboral,
ademais doutras consideracións
sociais, e a ANPA xestiona de xeito
íntegro o seu funcionamento
EXCURSIÓN SEXTO DE PRIMARIA:
colaboración activa coa organización da
excursión de fin de curso na venta de
produtos para acadar fondos, na procura
de itinerarios...
AGASALLO DE
NADAL:
Todos os nenos e
nenas do centro
escolar recibiron
un pequeno
agasallo da man
das súas
“Maxestades os
Magos de Oriente”,
que entregaron en
man o último día
de clase do
primeiro trimestre
e que adquiriron
no comercio local.
COMEDOR
ESCOLAR:
presentamos o
noso apoio ás
familias
usuarias deste
servizo que
reclamaban
melloras na
calidade dos
menús
presentando
unha
reclamación
conxunta ante
o órgano
competente.
PARTICIPACIÓN
NO II FESTIVAL
ART FOR CHANGE:
colaboración no
decorado que
luciu o noso
colexio no festival
e na montaxe e
desmontaxe do
stand.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES:
presentamos ás familias un total de once
actividades ao comezo do curso escolar das
que finalmente se levaron a cabo nove:
balonmán, ximnasia rítmica, xadrez, teatro,
manualidades, zumba, música en
movemento, taekwondo e debuxo de cómic.
ANPA
CABO
UDRA
ANPA CABO UDRA
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
ANPA
FIADEIRO
FIADEIRO
ENTROIDO:
Esta é unha das festas que máis gusta ao alumnado e as súas familias polo que este ano nos esmeramos
coa carroza. Ademais de lucir polas rúas de Beluso acompañando aos nenos e nenas no seu propio desfile,
tamén participamos nos desfiles de Bueu: o enterriño da Sardiña e no enterro do paxaro de mal agoiro.
Neste último gañamos o 1º premio na categoría de agrupación de máis de 15 persoas!!! A maiores
celebramos unha festa no exterior do colexio con xogos, bailes, desfile e merenda. Todo un éxito!
2
FESTA DO SAMAÍN:
Unha das actividades de maior
éxito sen dúbida foi a tarde de
medo celebrando a festividade
do Samaín: túnel do terror,
“photocall”, festa, desfile, bailes,
truco ou trato, concurso de
postres, merenda... todo estaba
terrorificamente organizado e
decorado.
ALFOMBRA POLA PAZ:
Elaboración dunha alfombra floral
para reivindicar a paz mundial na
entrada do colexio. Participamos de
xeito simultáneo xunto con máis de
70 localidades doutros países coa
realización dunha alfombra floral
cun deseño compartido e incluso
dende México nos fixeron mención
co nome de Beluso nas súas propias
elaboracións e dando difusión nas
redes sociais.
52
CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS
ANPA
FIADEIRO
FIADEIRO
www.reallygreatsite.com hello@reallygreatsite.com
Dende a ANPA queremos expresar o noso agradecemento a todo o persoal do centro así
como aos nosos socios e socias e ás nais e aos pais pola confianza depositada en nós e a
colaboración desinteresada que amosan, porque non nos olvidemos
Un saúdo.
Dinamización dos patios da escola:
con elementos novos e pintando
xogos
Elaboración de alfombra floral na
festividade de Corpus en Bueu, para
a que xa estamos a preparar todo o
material necesario
Realización de actividades de fin de
curso incluíndo “comida familiar” e
de conciliacion familiar no verán
BACK
STAGE
Participar activamente no Consello Escolar
Ofrecer ás familias asociadas a posibilidade de
gozar da vantaxe de ter un desconto
económico nun número cada vez maior de
comercios do municipio
Colaborar nas festas que organiza o concello
para a infancia: magosto
Manifestar a nosa opinión nas reunións
periódicas cos representantes políticos para
buscar melloras no colexio en canto a
infraestrutura e mantemento (pintado exterior,
adecentar instalacións...)
Pero tamén hai moito traballo que
non se ve, do que non se pode facer
reportaxe fotográfica pero que tamén
implica moito tempo e dedicación. É
o back stage!! :
E, ademais, temos en proxecto unha serie
de actividades e/ou actuacións que, pouco
a pouco e coa axuda de todas as familias
socias, irán tomando forma:
A ANPA SOMOS TOD@S!!!
53
Esta edición especial de Fiadeiro celebra a figura destacada de Francisco Fernández del
Riego , galardoado coas Letras Galegas no ano 2023. Dende o Fiadeiro queremos render
homenaxe ao seu legado literario e á súa contribución á cultura galega.
Ao longo da súa vida, Francisco Fernández del Riego destacou polo seu profundo
compromiso coa lingua galega e coa escrita. A súa paixón polas letras manifestouse en
numerosas obras literarias onde plasmou a esencia da paisaxe, a historia e a cultura
galegas. As súas palabras evocadoras capturaron a atención dos lectores e deixaron unha
pegada duradeira no panorama literario galego. A súa paixón pola nosa lingua levoulle a
ser un dos impulsores da editorial Galaxia e un recoñecido político galeguista.
Nesta revista compartimos información sobre as actividades realizadas no proxecto
chamado imaxinARTE ao longo deste curso. Esta iniciativa busca fomentar a creatividade
e a expresión artística en todas as súas formas, conectando a arte coa educación. Distintas
manifestacións artísticas inspiráronnos durante todo o curso, realizando e reproducindo
distintos estilos delas. Moitos destes exemplos poderedes velos nesta 29ª edición do
Fiadeiro.

More Related Content

Similar to fiadeiro .pdf

Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Xenza
 
Rosalia 2013
Rosalia 2013Rosalia 2013
Rosalia 2013capranta
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Marlou
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41xurxobou
 
Roteiro 16
Roteiro 16Roteiro 16
Roteiro 16Xenza
 
Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.
Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.
Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.Asnosasletras
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAntonio Gregorio Montes
 
Actividades 3º ciclo primaria filgueira valverde
Actividades 3º ciclo primaria filgueira valverdeActividades 3º ciclo primaria filgueira valverde
Actividades 3º ciclo primaria filgueira valverdesatelite1
 
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015Cristina Martín
 
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Actividades 2º ciclo primaria filgueira valverde
Actividades 2º ciclo primaria filgueira valverdeActividades 2º ciclo primaria filgueira valverde
Actividades 2º ciclo primaria filgueira valverdesatelite1
 
Letras galegas2014 guiasecundaria
Letras galegas2014 guiasecundariaLetras galegas2014 guiasecundaria
Letras galegas2014 guiasecundariasatelite1
 
Apravia lg2013 def
Apravia lg2013 defApravia lg2013 def
Apravia lg2013 defbiblioinsua
 

Similar to fiadeiro .pdf (20)

Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018
 
Rosalia 2013
Rosalia 2013Rosalia 2013
Rosalia 2013
 
Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14
 
Xornal 2013
Xornal 2013Xornal 2013
Xornal 2013
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017
 
DíA Das Letras Galegas
DíA Das Letras GalegasDíA Das Letras Galegas
DíA Das Letras Galegas
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
 
Roteiro 16
Roteiro 16Roteiro 16
Roteiro 16
 
Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.
Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.
Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.
 
Programación Actividades do Ano Do Libro E A Lectura
Programación Actividades do Ano Do Libro E A LecturaProgramación Actividades do Ano Do Libro E A Lectura
Programación Actividades do Ano Do Libro E A Lectura
 
Amencer 212
Amencer 212Amencer 212
Amencer 212
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
 
Actividades 3º ciclo primaria filgueira valverde
Actividades 3º ciclo primaria filgueira valverdeActividades 3º ciclo primaria filgueira valverde
Actividades 3º ciclo primaria filgueira valverde
 
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
 
Filgueira Valverde
Filgueira ValverdeFilgueira Valverde
Filgueira Valverde
 
Gandarela parte 1
Gandarela parte 1Gandarela parte 1
Gandarela parte 1
 
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Actividades 2º ciclo primaria filgueira valverde
Actividades 2º ciclo primaria filgueira valverdeActividades 2º ciclo primaria filgueira valverde
Actividades 2º ciclo primaria filgueira valverde
 
Letras galegas2014 guiasecundaria
Letras galegas2014 guiasecundariaLetras galegas2014 guiasecundaria
Letras galegas2014 guiasecundaria
 
Apravia lg2013 def
Apravia lg2013 defApravia lg2013 def
Apravia lg2013 def
 

More from edinfantil

Paisajes de primavera
Paisajes de primaveraPaisajes de primavera
Paisajes de primaveraedinfantil
 
Prensa, nomes e autorretratos
Prensa, nomes e autorretratosPrensa, nomes e autorretratos
Prensa, nomes e autorretratosedinfantil
 
Experimentamos con lacasitos
Experimentamos con lacasitosExperimentamos con lacasitos
Experimentamos con lacasitosedinfantil
 
Creamos as nosas siluetas
Creamos as nosas siluetasCreamos as nosas siluetas
Creamos as nosas siluetasedinfantil
 
Calendarios 2021-montemogos baja
Calendarios 2021-montemogos bajaCalendarios 2021-montemogos baja
Calendarios 2021-montemogos bajaedinfantil
 
Que lle pasa as cenorias
Que lle pasa as cenoriasQue lle pasa as cenorias
Que lle pasa as cenoriasedinfantil
 
Manualidades verano
Manualidades veranoManualidades verano
Manualidades veranoedinfantil
 
Letras galegas 2020
Letras galegas 2020Letras galegas 2020
Letras galegas 2020edinfantil
 
Cooking in family checked
Cooking in family checkedCooking in family checked
Cooking in family checkededinfantil
 
Sara e alex.kalandraka
Sara e alex.kalandrakaSara e alex.kalandraka
Sara e alex.kalandrakaedinfantil
 
Os animais do noso planeta
Os animais do noso planetaOs animais do noso planeta
Os animais do noso planetaedinfantil
 
Programa culturgal 2019
Programa culturgal 2019Programa culturgal 2019
Programa culturgal 2019edinfantil
 
Calendarios 2020
Calendarios 2020Calendarios 2020
Calendarios 2020edinfantil
 

More from edinfantil (20)

Aindanada
AindanadaAindanada
Aindanada
 
Paisajes de primavera
Paisajes de primaveraPaisajes de primavera
Paisajes de primavera
 
Prensa, nomes e autorretratos
Prensa, nomes e autorretratosPrensa, nomes e autorretratos
Prensa, nomes e autorretratos
 
Experimentamos con lacasitos
Experimentamos con lacasitosExperimentamos con lacasitos
Experimentamos con lacasitos
 
Creamos as nosas siluetas
Creamos as nosas siluetasCreamos as nosas siluetas
Creamos as nosas siluetas
 
Calendarios 2021-montemogos baja
Calendarios 2021-montemogos bajaCalendarios 2021-montemogos baja
Calendarios 2021-montemogos baja
 
Que lle pasa as cenorias
Que lle pasa as cenoriasQue lle pasa as cenorias
Que lle pasa as cenorias
 
Auga e aceite
Auga e aceiteAuga e aceite
Auga e aceite
 
Manualidades verano
Manualidades veranoManualidades verano
Manualidades verano
 
Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020
 
Letras galegas 2020
Letras galegas 2020Letras galegas 2020
Letras galegas 2020
 
Muffin. maria
Muffin. mariaMuffin. maria
Muffin. maria
 
Cooking in family checked
Cooking in family checkedCooking in family checked
Cooking in family checked
 
Sara e alex.kalandraka
Sara e alex.kalandrakaSara e alex.kalandraka
Sara e alex.kalandraka
 
8 m
8 m8 m
8 m
 
Os animais do noso planeta
Os animais do noso planetaOs animais do noso planeta
Os animais do noso planeta
 
Pedro opeka
Pedro opekaPedro opeka
Pedro opeka
 
Programa culturgal 2019
Programa culturgal 2019Programa culturgal 2019
Programa culturgal 2019
 
Calendarios 2020
Calendarios 2020Calendarios 2020
Calendarios 2020
 
Calendario
CalendarioCalendario
Calendario
 

fiadeiro .pdf

  • 1. fiadeiro fiadeiro CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS LETRAS GALEGAS 2023 LETRAS GALEGAS 2023 BELUSO BELUSO NÚMERO 29 S EGUNDAÉPOCA S EGUNDAÉPOCA I l u stración de Pepe Carreiro (2023). "Os Bolechas. Francisco Fernández del Riego". Edició n s B o l a n d a .
  • 2. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS ÍNDICE FIADEIRO FIADEIRO Editorial: Letras Galegas 2023. Os pequenos do cole. Pintando o mundo. Picasso. Arte Prehistórico. Os nosos comezos en Primaria. Sargadelos. Debuxamos coma Miró. Os nosos poemas. As cores da natureza. Un curso cheo de Arte. Detectives da arte. Somos artistas! O Estaleiro de Purro. Maruja Mallo. Avella ou avespa? Por unha sociedade feminista. Wolfgang Amadeus Mozart. Actividades Xogade. As nosas obras de arte. Biblioteca: Lectura e familias. Camiño Saudable Montemogos. Visita de Daniel, exalumno do centro. Círculo de diálogo. Pasatempos: Have fun in English! ANPA. CONTIDOS
  • 3. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 6º EDUCACIÓN PRIMARIA 1 FIADEIRO FIADEIRO Francisco naceu no seo dunha familia acomodada, que fixera fortuna en Cuba, o que lle permitiu estudar e licenciarse posteriormente en Dereito e Filosofía e Letras. Xa na Universidade comezou a participar en diferentes revistas, e tamén a publicar artigos en algúns dos xornais máis importantes da época en Galicia, como El Pueblo Gallego. Nos anos previos á Guerra Civil entrou de cheo na política, formando parte do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, e tamén conseguiu unha cátedra na facultade de Dereito en Santiago, que lle quitarían na ditadura. Como cada ano, este 17 de maio celebramos en Galicia o día da nosa lingua e da nosa literatura, o Día das Letras Galegas. Chegamos no 2023 ao 60 aniversario desta festividade institucionalizada pola Real Academia Galega (RAG), e o homenaxeado foi Francisco Fernández del Riego (Lourenzá, Lugo, 1913 - Vigo, 2010), escritor, intelectual e político que realizou un gran traballo en prol da lingua e da cultura galegas, tanto a través da súa obra literaria como nas súas labores de editor, director de revista e militante galeguista. A festa da nosa lingua homenaxea este ano a Francisco Fernández del Riego, prolífico escritor, intelectual e político lugués. A Guerra Civil e os primeiros anos da ditadura acabaron tamén coa súa actividade política e literaria, e ata superou un consello de guerra. As vivencias destes anos inspiraron a súa novela O cego de Pumardedón (1992). Coa chegada dos anos 50, o galeguismo foi recuperando a súa actividade, e Fernández del Riego foi un dos principais impulsores da Editorial Galaxia, así como codirector da Revista Grial. Ingresou na Real Academia Galega en 1960, institución que máis tarde presidiría (entre 1997 e 2001), e tamén naqueles anos integrouse no Partido Socialista Galego. Tamén foi membro de institucións como o Consello da Cultura Galega, o Consello de Bibliotecas de Galicia, da Fundación Laxeiro, da Fundación Rosalía de Castro, etc. Como se pode apreciar, foi un home moi activo na vida política e institucional de Galicia, e tamén un gran impulsor das letras galegas desde outros papeis diferentes aos de creador. LETRAS GALEGAS 2023
  • 4. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 6º EDUCACIÓN PRIMARIA 2 FIADEIRO FIADEIRO Pero se algo fai que se homenaxee a Fernández del Riego na festa das nosas letras é a súa extensísima obra como escritor, principalmente como ensaísta, adicados moitos deles á cultura e á literatura galegas. Publicou máis de 40 libros de ensaio, e neles recolleu moitísimas mostras de cultura e literatura galegas que se cadra estaban algo esquecidas ou perdidas. Esta labor foi moi importante, sobre todo despois daqueles anos nos que a cultura galega foi totalmente silenciada desde as insitucións. Algúns títulos destacados son Historia de la literatura gallega (1951), Galicia no espello (1954) ou A xeración Galaxia (1996). LETRAS GALEGAS 2023 Fernández del Riego cultivou tamén a novela. Ademais do título xa citado, publicou San Andrés de Teixido (1993) e Na espera do amigo (1994). Tamén destacou a súa produción de antoloxías, nalgúns casos centradas nun autor en concreto (Ramón Cabanillas, Vicente Risco ou Blanco Amor), e tamén en moitos casos recompilando poesías de diferentes autores, publicando até 12 títulos deste carácter. Ademais, tamén colaborou traducindo algunhas obras internacionais ao galego, e produciu algunha tamén en castelán. Por último, podemos destacar tamén a súa participación en diferentes obras colectivas, aumentando así a súa contribución ao rexistro de tanta literatura galega. Como vemos, Francisco Fernández del Riego foi unha persoa moi activa en todo o relacionado coas letras e coa cultura de Galicia, A súa labor de análise, reflexión, estudo e recompilación, pero tamén as de editor, xornalista e académico, fan deste autor, se cadra algo descoñecido ata agora para o gran público, alguén chave para a nosa cultura e agardamos que este recoñecemento que se lle concede no Día das Letras Galegas 2023 o sitúe no lugar que merece dentro da nosa Historia.
  • 5. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 4º EDUCACIÓN INFANTIL 3 FIADEIRO FIADEIRO OS PEQUENOS DO COLE SOMOS AS NENAS E NENOS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL QUE COMEZAMOS A NOSA ETAPA EDUCATIVA NO CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS DYLAN TIAGO ENZO ANXO MARÍA JESÚS SOFÍA XIANA AINE IVÁN NAHUEL XAVI
  • 6. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 4º EDUCACIÓN INFANTIL 4 FIADEIRO FIADEIRO AO LONGO DO CURSO VIVIMOS MOMENTOS MOI BONITOS NOS QUE APRENDEMOS E DESFRUTAMOS MOITO
  • 7. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 4º EDUCACIÓN INFANTIL 5 FIADEIRO FIADEIRO CELEBRAMOS O SAMAÍN O ENTROIDO FOI XENIAL
  • 8. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 4º EDUCACIÓN INFANTIL 6 FIADEIRO FIADEIRO
  • 9. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 5º EDUCACIÓN INFANTIL 7 FIADEIRO FIADEIRO Ao longo de todo o curso os nenos e nenas de 5º de E.I. plasmaron a súa creatividade en cadros e murais nos que usaron diferentes técnicas. Obras deseñadas e levadas a cabo polo alumnado de xeito colaborativo. Técnicas mixtas de collage, estampado e témpera sobre papel.
  • 10. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 5º EDUCACIÓN INFANTIL 8 FIADEIRO FIADEIRO A reprodución de modelos permite coñecer a arte pictórica de momentos históricos e a obra de grandes artistas coma Van Gogh ou Picasso. "A noite estrelada". Vicent Van Gogh. Témpera sobre cartolina "Muller nun sillón". Pablo Picasso. Collage e témpera sobre cartolina Carbón vexetal sobre cartón. Figuras humanas, trazos e liñas. Estampado. Pinturas feitas na aula sobre papel Trazos. Carbón vexetal sobre cartón. Obras levadas a cabo de xeito colaborativo partindo de pequenos proxectos de aula.
  • 11. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 5º EDUCACIÓN INFANTIL 9 FIADEIRO FIADEIRO Partindo de fotos e espello cada alumno e alumna fai o seu propio retrato. Témpera sobre papel.
  • 12. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 5º EDUCACIÓN INFANTIL 10 FIADEIRO FIADEIRO
  • 13. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 6º EDUCACIÓN INFANTIL 11 FIADEIRO FIADEIRO PICASSO BIOGRAFÍA E OBRA DO PINTOR. TRABALLO DE INVESTIGACIÓN. PDI.
  • 14. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 6º EDUCACIÓN INFANTIL 12 FIADEIRO FIADEIRO NO ENTROIDO DISFRAZÁMONOS DE CADROS DE PICASSO
  • 15. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 6º EDUCACIÓN INFANTIL 13 FIADEIRO FIADEIRO UNS ARTISTAS
  • 16. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 6º EDUCACIÓN INFANTIL 14 FIADEIRO FIADEIRO ARTE PREHISTÓRICO OUTRO TRABALLO DE INVESTIGACIÓN RELTIVO AO PDI. PREPARAMOS UNHA CAVERNA BUSCAMOS INFORMACIÓN EXPERIMENTAMOS CON MATERIAIS COMO CORTIZA DE ÁRBORE, CARBÓN, FOLLAS E FROITOS MACHACADOS O RESULTADO
  • 17. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 1º EDUCACIÓN PRIMARIA 15 FIADEIRO FIADEIRO OS NOSOS COMEZOS EN PRIMARIA Dende primeiro de Educación Primaria queremos presentarvos algunhas das actividades que realizamos neste curso.
  • 18. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 1º EDUCACIÓN PRIMARIA 16 FIADEIRO FIADEIRO
  • 19. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 1º E 2º EDUCACIÓN PRIMARIA FIADEIRO FIADEIRO Foi fundada no ano 1806 por Antonio Raimundo Ibáñez e José Losada, os cales decidiron facer unha fábrica que elaborase cousas de moita calidade. O nome da fábrica vén do lugar onde se atopaba. Sargadelos é unha parroquia do concello de Cervo, na provincia de Lugo. Fan pratos e tazas moi bonitas, pero tamén fabrican outras cousas como reloxos, candeeiros e incluso instrumentos musicais! Pero todos eles caracterízanse por ter unha estética moi parecida, cas cores branca e azul predominando. Pero a historia de Sargadelos tamén tivo momentos difíciles. A fábrica tivo que pechar varias veces, pero sempre se abría de novo grazas á xente que traballaba alí e que quería manter a tradición. Grazas ao traballo de persoas coma Isaac Díaz Pardo, a fábrica de Sargadelos segue a funcionar na actualidade. 17 SARGADELOS Sargadelos é unha fábrica onde fan pratos, cuncas, vasos e moitos outros obxectos de cerámica (arte de fabricar obxectos de arxila cocéndoos mediante calor). Non é unha fábrica calquera, é moi antiga e ten moita historia detrás. Aproveitamos o que coñeciamos sobre a escultura para aprender e caracterizarnos coma as obras da famosa fábrica galega de cerámica.
  • 20. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 1º E 2º EDUCACIÓN PRIMARIA 18 FIADEIRO FIADEIRO Aprendemos moito sobre ela e, no entroido, disfrazámonos coma as súas creacións!
  • 21. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 1º E 2º EDUCACIÓN PRIMARIA 19 FIADEIRO FIADEIRO Somos 1º e 2ºcun disfraz de Sargadelos prestádenos atención, imos contarvos segredos. Imos contarvos segredos, imos contarvos segredos. Somos 1º e 2º cun disfraz de Sargadelos. (BIS) Este colexio é un conxelador non chega a calor da calefacción, da calefacción, da calefacción, hai que aforrar pra mercar un radiador. (BIS) De porcelana, con este disfraz así non hai quen se poida agachar, se poida agachar, se poida agachar, non nos gusta a idea, temos que aguantar. (BIS) Gústanos protestar por traballar nós no colexio só queremos xogar só queremos xogar, só queremos xogar e os mestres nin caso nos fan! E no entroido, tamén realizamos unha copla coa canción de Maruxiña, veredes que divertida!
  • 22. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 2º EDUCACIÓN PRIMARIA 20 FIADEIRO FIADEIRO DEBUXAMOS COMA MIRÓ Gustounos tanto Miró que realizamos unha das súas obras. Pasámolo xenial!
  • 23. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 2º EDUCACIÓN PRIMARIA 21 FIADEIRO FIADEIRO OS NOSOS POEMAS Os nenos e nenas de 2º somos poetas, aquí algunhas das poesías que fixemos do mundo animal.
  • 24. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 2º EDUCACIÓN PRIMARIA 22 FIADEIRO FIADEIRO O 30 de xuño celebramos o Día da Paz e fixemos un mural coas nosas mans.
  • 25. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 3º EDUCACIÓN PRIMARIA 23 FIADEIRO FIADEIRO AS CORES DA NATUREZA A súa misión foi encontrar seis plantas, flores, herbas... de distintas cores e tamaños. Despois tiveron que facer mesturas de pinturas para que na súa planilla de rexistro aparecesen os tons o máis semellantes á realidade. Aprendemos que na natureza non atopamos unha soa cor, senón que está repleta de mesturas e beleza. Se nun recuncho tan pequeno como a zona verde achamos tanto, cantas máis haberá na nosa contorna? Para afondar no PDI do cole deste curso "ImaxinARTE", os nenos e nenas de terceiro de Primaria tiveron unha misión especial, atopar a maior cantidade posible de cores que nos ofrece a natureza. Para iso, tiveron que saír á súa zona favortita do patio, a "zona verde" para investigar a gran cantidade de cores que podemos atopar. O alumnado de 3º de Primaria investiga as cores que podemos atopar na natureza Xa de volta na clase, cada grupo expuxo o seu traballo: as dificultades que atoparon para mesturar as cores ou para encontrar herbas diferentes e o que lles pareceu esta actividade dispar. Por último, algún grupo incluso se animou a buscar o nome da planta ou flor que escolleu.
  • 26. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 3º EDUCACIÓN PRIMARIA 24 FIADEIRO FIADEIRO UN CURSO CHEO DE ARTE No segundo trimestre dispuxémonos a afondar no mundo da escultura e aprendimos que ata os homes e as mulleres da prehistoria realizaban esculturas! Esta técnica artística cambiou moitísimo ao longo dos anos, foi moi interesante descubrilo xunto con algúns dos autores máis recoñecidos, como Miguel Anxo ou Louise de Bourgeois. Igual que no trimestre anterior despois de tanto aprender, puxémonos mans á obra para crear unhas incribles esculturas con forma de tótem e unha fermosa balea. O tótem do grupo de 1º é máis alto que os nosos mestres! Este novo curso atopámonos cunha gran novidade, tivemos a oportunidade de traballar por proxectos na materia de proxecto competencial, polo que o alumnado de 1º, 3º e 5º de Primaria convertímonos en pequenos e pequenas artistas e investigadores. No primeiro trimestre procuramos información sobre o collage e os seus autores máis recoñecidos, como o español Pablo Picasso ou a alemana Hannah Hoch, as técnicas que empregaban e os distintos materiais. Despois de investigar e xogar, tivemos ocasión de crear os nosos propios collages, gústanvos? "Todo o que poidas imaxinar é real", con esta frase de Picasso comezou un curso cargadiño de arte No último trimestre metímonos de cheo no mundo da pintura da man de personaxes tan coñecidos como Van Gogh ou Frida Kahlo. Coñecimos un pouco da súa vida e as características das súas obras. Nesta ocasión non creamos ningún cadro, senón que pintamos os rostros dos autores coas súas producións saíndo das súas creativas mentes, a que é chulo? Para poder pintalo tivemos que facer moitas mesturas de cores para buscar novos tons, foi unha experiencia moi interesante.
  • 27. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 3º EDUCACIÓN PRIMARIA 25 FIADEIRO FIADEIRO DETECTIVES DA ARTE O pasado 14 de abril, os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria convertíronse, por unhas horas, en detectives da arte, xa que un famoso cadro do museo de Pontevedra foi roubado e os responsables do lugar pedíronlles a súa colaboración para atopalo. Tiveron que investigar quen foi o ousado que decidiu levar ese lenzo dun lugar tan protexido como un museo. Despois de seguir moitas pistas, recorrer varias salas, ver moitos cadros baixo lupa a ver se había pegadas, descubriron que o autor do crime foi un traballador do museo. Este, ao coñecer os detalles do lugar, puido facerse co cadro sen que ninguén se decatase. O alumnado de 3º e 4º de Primaria visita o museo de Pontevedra en busca dun cadro roubado
  • 28. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 4º EDUCACIÓN PRIMARIA 26 FIADEIRO FIADEIRO FOMOS AO FIC DE BUEU DISFRAZÁMONOS POLO SAMAÍN FOMOS DE EXCURSIÓN A PONTEVEDRA! SOMOS ARTISTAS! Estas son algunhas das imaxes máis sinaladas do curso 2022/2023.
  • 29. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 4º EDUCACIÓN PRIMARIA 27 FIADEIRO FIADEIRO COMPARTIMOS MOMENTOS ESPECIAIS CELEBRAMOS O NADAL! DISFRAZÁMONOS DE ARLEQUÍNS POLO ENTROIDO!
  • 30. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 4º EDUCACIÓN PRIMARIA 28 FIADEIRO FIADEIRO REINTERPRETAMOS O ARLEQUÍN DE PICASSO REPRODUCIMOS A PAULO VESTIDO DE ARLEQUÍN CONVERTÉMONOS EN ARLEQUÍNS Seguindo o fío condutor do PDI do curso, afondamos na obra de Picasso. SOMOS ARTISTAS!
  • 31. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 4º EDUCACIÓN PRIMARIA 29 FIADEIRO FIADEIRO DUAS MULLERES LENDO A HABITACIÓN ESTUDO DE CORES. CADRADOS CON CÍRCULOS CONCÉNTRICOS Traballamos obras de Picasso, Van Gogh, Kandinsky...
  • 32. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 5º EDUCACIÓN PRIMARIA 30 FIADEIRO FIADEIRO O ESTALEIRO DE PURRO O estaleiro de Purro ou estaleiro da Banda do Río en Bueu, o seu peculiar aspecto forma parte da paisaxe urbana de Bueu. A súa imaxe é lazo de unión entre o pobo de Bueu e o seu pasado, sempre vinculado aos barcos e o mar. Foi a última carpintería de ribeira en activo, nela traballaron e se formaron moitos profesionais e veciños da zona, e construíronse infinidade de embarcacións, algunhas aínda hoxe en activo. A súa principal actividade era a construción de grandes embarcacións, ademais das pequenas que se viñan elaborando, dando paso á construción de bateas dende mediados o século XX. No ano 2003 cesou a súa actividade e dende entón conservouse grazas aos esforzos da Asociación Os Galos. Na actualidade centro museístico da cultura mariñeira de Bueu é o único que conserva unha carpintería de ribeira na ría de Pontevedra. Manuel González Ferradás (Purro), de aí o nome do estaleiro, foi o último propietario, cando comezou a traballar as ferramentas eran manuais, non había por exemplo brocas. Comezou sendo un alpendre que foi medrando ao mesmo tempo que medraban as edificacións. A carpintería orixinal era moi pequena, practicamente un pequeno despacho e un tellado para cubrir a serra de cinta, a partir de aí foi aumentando de tamaño conforme foron medrando os barcos e as necesidades. Esta carpintería é a lembranza dun oficio do pasado que se transmitía de pais a fillos e que temos que conservar, protexer e transmitir ás xeracións futuras. O carpinteiro de ribeira aprendía co seu pai e ensináballe ó seu fillo. A praia non era para desfrutar, era para traballar. O orgullo de conservar e ensinar o noso patrimonio O alumnado de 5º de EP fixemos unha visita didáctica ao estaleiro de Purro en Bueu, onde descubrimos por que se chama Purro e por que é unha carpintería de ribeira. As instalacións onde se constrúen os barcos reciben o nome en xeral de estaleiros, aínda que as que unicamente fan embarcacións de madeira seguindo os métodos tradicionais reciben o nome de carpinterías de ribeira, porque sempre estiveron instaladas preto da liña da auga, na ribeira, de aí o seu nome. O estaleiro de Purro, a satisfacción de aprender do noso pasado. Centro museístico da cultura mariñeira de Bueu.
  • 33. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 5º EDUCACIÓN PRIMARIA 31 FIADEIRO FIADEIRO MARUJA MALLO Ana María Gómez González, nace en Viveiro (Lugo) o 5 de xaneiro de 1902, é a cuarta de 14 irmáns. Contou cuns pais adiantados a súa época que apostaron por educar a todos os seus fillos na igualdade. Así Maruja de pequena puido desfrutar dunha liberdade que poucas nenas tiñan e dunha infancia na que lle era permitido montar na bicicleta dos seus irmáns e unirse en todos os xogos como unha máis. No ano 1926 adopta o nome artístico de Maruja Mallo utilizando o segundo apelido do seu pai. Aos 11 anos trasládase coa familia a Avilés, Asturias. O seu pai que observara o interese crecente que a xoven tiña pola arte, aproveitou para matriculala na escola de Artes e oficios de Avilés, onde comeza a carreira dunha das pintoras máis influíntes e importantes do século XIX. Case unha década despois, en 1922, a familia muda a Madrid. Apaixonada pola pintura e decidida a dedicar a súa vida a esta arte, ingresou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Foi a primeira muller en aprobar os exames para Belas Artes e a primeira en ser admitida na academia. Alí coñeceu a un dos amigos máis importantes da súa vida, Salvador Dalí. Este introduciuna no ambiente do surrealismo e da xeración do 27 e presentoulle, entre outros, a Federico García Lorca ou Buñuel. En Madrid tamén se uníu a Concha Méndez, Margarita Manso e Mª Zambrano, amigas e compañeiras. Icona da arte surrealista A pintora descoñecida da xeración do 27 Maruja Mallo foi unha das maiores expoñentes do cubismo e o surrealismo en España, formou parte do grupo de mulleres artistas chamado “As sinsombreiro” e desenvolveu a súa obra xunto a outros creadores como Lorca, Dalí, Neruda, Zambrano e Alberti.
  • 34. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 5º EDUCACIÓN PRIMARIA FIADEIRO FIADEIRO Ademais de asistir á Real Academia de Belas Artes, traballou en publicacións de carácter literario como “A Gaceta Literaria”, “Almanaque literario” ou “A Revista de Occidente” fundada por Ortega y Gasset”. O filósofo impresionado polas ilustracións que Mallo facía na a revista, decide montar unha exposición adiada á obra da pintora na sede da revista en Madrid. Tivo gran éxito e a partir de entón comeza a ser recoñecida como artista. Maruja Mallo desfrutou de estar no centro neurálxico do movemento intelectual. Codeándose dos xóvenes Lorca, Dalí e Manso. Protagonizou varias anécdotas dignas de mención: gañou un concurso de blasfemias no café madrileño de San Millán no que derrotou a Buñuel e perdeu o seu traballo como docente por darse un paseo en bicicleta por unha igrexa durante a celebración dunha misa. Nunha ocasión este grupo de amigos e artistas foron visitar o mosteiro de Silos para escoitar música gregoriana. Prohibíronlles a entrada ás dúas mulleres por levar saia, ao que elas responderon con ironía e inxenio: pedíronlle aos seus acompañantes as chaquetas e enfundáronas como pantalóns, así conseguiron entrar os catro. Con Buñuel non tivo as mellores das relacións pero, formou parte da “Cofradía para fundar a 1ª “Escola de Ballecas”. Fundadora das Sinsombreiro, nome que se lle dou ao grupo de mulleres e intelectuais, o nome foi debido a que un día xunto a Manso, Lorca e Dalí, na Porta do Sol de Madrid, os amigos decidiron sacar os sombreiros para “desconxestionar ideas”. Ao velos, os transeúntes empezaron a gritarlles e insultarlles. Neste grupo inclúense: Concha Méndez, María Zambrano, Ernestina de Champourcín, Mª Teresa León, Josefina de la Torre, Rosa Chacel, Margarita Gil Rösset, Margarita Manso e Maruja Mallo, entre outras. Estas reclamaron a súa autonomía e independencia, ao igual unha formación intelectual igualitaria con respecto aos homes. Adicáronse á pintura, á novela, á escultura, á poesía, á ilustración e ao pensamento, reflexando nas súas obras os novos conceptos de modernidade cunha actitude rompedora e aberta. Na década dos 20 e 30, tamén se codeou con Rafael Alberti, Miguel Hernández e Pablo Naruda, cos que mantivo unha relación creativa e intelectual, e con algún varios romances. Colaborou con Alberti nos decorados das súas obras “Santa Casilda” e “A paxara Pinta”, así como na edición dos libros “Yo era un tonto y lo que he escrito me ha hecho dos tontos” e “Sermones y moradas”. O poeta adicoulle os versos da súa composición “La primeira ascensión de Maruja Mallo al subsuelo”. Pola súa banda, Miguel Hernández inspirouse nela para os poemas de “Imagen de tu huella”. Pero ela sempre rechazou a idea de unirse a un home, quería preservar a súa autonomía por riba de todo e negábase a ser unha mera extensión da vida e obra dalgún dos compañeiros. 1932 consegue unha beca para ir a estudiar a París. Alí coñeceu a Miró, Magritte, Picasso, De Chirico e Bretón e mergullou de cheo no movemento surrealista. Aquel ano organizou unha exposición na Galería Pere Loeb, na que Bretón, impulsor do manifesto Surrealista, quedou prendido da súa obra ”Espantapájaros” que mercou e definiu como “unha das grandes obras do surrealismo. 32
  • 35. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 5º EDUCACIÓN PRIMARIA 33 FIADEIRO FIADEIRO Ao pouco tempo, Mallo regresa a Madrid e empeza a colaborar coa Sociedade de Artistas Ibéricos e participou como mestra nas Misións Pedagóxicas, sendo unha fiel defensora da República. Tamén deu clases de debuxo no Instituto Escola de Madrid, Instituto Arévalo e na Escola de Cerámica, onde creou unha serie de pratos de cerámica desaparecidos na actualidade. Entre 1934 e 1935 segue facendo exposicións en diversos museos de Londres e Barcelona. No verán de 1936 trasládase ata Bueu, onde creará o “Caderno de Bueu” e coincidirá con José Suárez (fotográfo), Johan Carballeira (xornalista, poeta e alcalde de Bueu nesa época) e Federico Ribas (ilustrador). Cando estalla a guerra civil española atópase en Bueu (Galiza), logra fuxir a Lisboa onde a recibiu a poeta e Premio Novel Gabriela Mistral e embaixadora de Chile en Portugal. Ela consegue que os Amigos da Arte enviaran á súa amiga unha invitación para ir dar unhas conferencias sobre plástica española, permitindo que se trasladase a Bos Aires e deixar a guerra atrás. Asentada en Arxentina, pronto se incorporou aos ambientes intelectuais de Latinoamericana, deu conferencias, organizou exposicións e colaborou coa revista de vangarda “Sur”. Viaxa a Arxentina, Chile e Uruguai e fixo varias exposicións en Brasil, París e Nova York. Explorou as praias de Punta do Leste e Punta Balea coas súas exuberantes naturezas. En 1945 viaxa con Pablo Neruda a Viña do Mar e a illa de Pascua, buscando inspiración para un mural que lle encargaron para un cine de Bos Aires. En 1934 pinta a súa obra mais importante “O canto da espiga” e pouco despois publicou o libro “Lo popular en la plástica española a través de mi obra”. En marzo de 1947 viaxa a Nova York onde coñece e faise amiga de Andy Warhol e en 1948 a súa “Cabeza de Negra” gañou o I Premio Pictórico da II Exposición Neoyorkina. Ao ano seguinte expuxo na Carrol Gallery Carstairs “La Gran Manzana”. Regresa a España en 1962, tras 25 anos de exilio, instalándose definitivamente en Madrid a partir de 1965, as súas obras non eran acollidas como deberían. En 1974 a galería Ruíz Castillo de Madrid, organízalle unha pequena mostra antolóxica e a partir de aquí empezaron a xurdir iniciativas individuais e institucións de recuperación e valoración da súa obra. En 1992 Guillermo de Osma de Madrid e de Pardo Bazán da Coruña realizan exposicións sobre Maruja Mallo, nesta última amósase a obra gráfica completa, case toda realizada a finais dos 70. Pero será particularmente importante a exposición antolóxica que en 1993 organiza a Xunta de Galiza no Centro de Arte Contemporánea. Obterá varios recoñecementos a Medalla de Oro do Ministerio de Cultura (1982), a da Comunidade de Madrid (1990) e da Xunta de Galicia en 1991.
  • 36. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 6º EDUCACIÓN PRIMARIA 34 FIADEIRO FIADEIRO ABELLA OU AVESPA? Cales pican e cales morden? Morren ao picar? Cales viven en colmeas? Como é o seu corpo? Picadura/mordedura: as avespas poden morder coa súa forte mandíbula, e tamén picar co agullón. As abellas poden picar co agullón, pero pérdenno ao facelo e por tanto morren no acto. O corpo: as abellas teñen un corpo de forma máis redondeada e cuberto de pelo, dun ton xeralmente tirando a marrón escuro; mentres que as avespas teñen un corpo máis fino e alongado, cunha marcada cintura (de aí o de "cintura de avespa") con raias horizontais amarelas e negras. Onde viven: as abellas viven en colmeas, cunha organización social xerárquica, producen mel e encárganse da polinización das flores; mentres que as avespas viven xeralmente en niños. sacarnos de dúbidas e chegar a un acordo. Había moitas dúbidas ao respecto, xa que o que algúns dicían que era propio das abellas outros o asociaban ás avespas, e viceversa. Foi así que o profesor propuxo que cada equipo se encargara de investigar sobre as principais dúbidas que xurdiron do debate, que foron as seguintes: Os equipos buscaron a información que lles correspondía e puxérona en común cos demais, e foi entón cando cada un deles tivo que preparar unha presentación para amosar ao resto de colexio ditas diferenzas. Así foi que agora sabemos que as principais diferenzas entre ambos insectos himenópteros son: Deste xeito, aplicamos os diferentes pasos a seguir segundo o Método Científico, plantexando hipóteses nun primeiro momento para logo tratar de confirmalas e desmentilas, e finalmente compartir ese coñecemento cos demais compañeiros do colexio. Estabamos en clase nun deses calorosos días do inicio de curso, en setembro, cando de súpeto un insecto voador, que non era unha mosca, entrou pola ventá. Ademais de berros de medo, risa e algunha que outra carreira, isto deu lugar a unha discusión, xa que algúns afirmaban que se trataba dunha abella mentres que outros aseguraban que era unha avespa. Houbo incluso quen declarou que "tiña cara de abella". Así pois, organizouse un debate, e recollimos no encerado as características que críamos que tiña cada unha destas especies, co fin de A principios de curso investigamos para coñecer as diferenzas entre as abellas e as avespas logo dunha discusión na clase.
  • 37. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 6º EDUCACIÓN PRIMARIA 35 FIADEIRO FIADEIRO POR UNHA SOCIEDADE FEMINISTA O 25 de novembro o centro organizou un acto coa veciñanza no que se fixo unha marcha desde o colexio ata a Parque Novas, onde tivo lugar unha performance que consistiu en nomear en voz alta ás mulleres asasinadas no ano 2022, buscando así poñerlle nome aos datos, así como impactar á audiencia, para posteriormente ler un pequeno manifesto en recordo das vítimas e condenando a violencia, e finalmente gardar xuntos un minuto de silencio moi emotivo. A escena completábase coa vestimenta do alumnado, xa que todos vestían de negro. Foi un acto moi emotivo, impactante e cargado de simbolismo. Ao longo deste curso a clase de sexto seguiu moi de preto a actualidade, facendo debates na aula sobre os temas que máis preocupan á nosa sociedade, e entre eles están a violencia de xénero e o feminismo, sendo este último moi recorrente, posto que dentro da clase temos un grupo de alumnas cunha gran conciencia feminista que procura involucrar a todos. En base a isto, a clase levou a cabo dúas grandes iniciativas este curso para concienciar á comunidade educativa neste eido, aproveitando as conmemoracións do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. A clase de sexto levou o peso das conmemoracións do 25-N e do 8-M a través de diferentes accións para concienciar á Comunidade Educativa. Para a conmemoración do 8 de marzo non se organizou un acto como tal no centro, e por iso os alumnos e alumnas de sexto quixeron mandar unha mensaxe a toda a comunidade educativa. Así, pegaron por todo o colexio unha serie de carteis que deseñaron tres compañeiras, e entre todos fixeron un mural para colocar na porta do centro co lema "TODOS DEBEMOS SER FEMINISTAS". A iniciativa, totalmente impulsada polo alumnado, buscaba involucrar a todas as persoas na loita pola igualdade, que debe ser un obxectivo de toda a sociedade.
  • 38. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS MÚSICA FIADEIRO FIADEIRO WOLFGANG AMADEUS MOZART O seu nome completo é Johannes Chrysostomus Wolfgangus Theofilus Mozart, aínda que é máis coñecido como Wolfgang Amadeus Mozart. Naceu o 27 de xaneiro do 1756 en Salzburgo, Austria. Perteneceu a unha familia bastante acomodada, vivía cos seus pais Leopoldo e Anna María Pertl. Non foi fillo único, tivo sete irmáns, entre eles a súa irmá maior María Anna, a cal tamén demostrou grandes dotes musicais. Mozart e a súa irmá medraron rodeados de música, o seu pai Leopoldo era músico da corte arzobispal de Salzburgo e non tardou en darse conta de que tiña un pequeno xenio na casa. O pequeno Amadeus era un neno prodixio que aos catro anos xa era capaz de tocar instrumentos e compoñer obras musicais. Con tan só catro anos podía ler á perfección as notas musicais nun pentagrama. Aos seis anos sabía tocar varios instrumentos, como o violín e o teclado, un clavecín. Tiña unha gran memoria, era capaz de escoitar unha obra musical unha soa vez e tocala ao día seguinte de memoria con gran precisión. Unhas habilidades alucinantes que fixeron que a fama do pequeno Mozart se estendese rapidamente por toda a cidade e arredores, deixando a xente impresionada alí onde actuaba. Ademais de tocar o clavecín, Mozart quixo compoñer as súas propias pezas, sempre con axuda do seu pai; mentres Mozart tocaba o teclado cos seus pequenos dedos, o seu pai apuntaba as notas nun caderno. Esta afección levoulle a compoñer a súa primeira sinfonía aos oito anos e unha ópera aos doce. Vendo a xenialidade do seu fillo, o pai de Mozart decidiu levar de xira aos seus dous fillos por varios países, actuando en palacios diante dos reis e dos gobernantes máis importantes de Europa, quen quedaban admirados do pequeno compositor e músico. Visitou cidades como Munich, Viena, París, Londres, e Amsterdam. Tivo un enorme éxito. A xente quedaba abraiada cando vían a un neno de poucos palmos de altura tocar como un virtuoso. Non foi a súa única viaxe, Leopoldo levou ao mozo Amadeus ata Italia para que aprendese a arte de escribir óperas, visitando cidades como Verona e Milán e máis tarde Bolonia e Roma. O pequeno Amadeus e a súa irmá estaban sempre de viaxe de aquí cara alá, polo que non puideron ir a ningunha escola como o resto de nenos. O seu pai Leopoldo encargábase persoalmente da educación dos seus dous fillos. Nas súas viaxes cargaban cunha gran cantidade de libros, non só de música, tamén de xeografía, gramática, inglés, francés, latín… A súa etapa adulta comezou en 1781 cando o mozo Amadeus mudouse a Viena, a unha pequena habitación alugada pola familia Weber. Mozart estivera encaprichado dunha das fillas os Weber no pasado, Aloysia Weber, pero cando se decatou que se casou, iniciou a súa relación con Constanze, a súa irmá menor. O seu pai Leopoldo non estaba de acordo con esa relación, pero o amor triunfou e casaron o 4 de agosto de 1782. En nove anos tiveron seis fillos, aínda que só dous chegaron á idade adulta. 36
  • 39. A Pequena Serenata Nocturna, a Sinfonía nº 40. As Vodas de Fígaro. A Marcha Turca da sonata para piano nº11 KV 331. Algún fragmento da ópera A Frauta Máxica. «Der Hölle Rache kocht in meinem Herzen» e «Pa-Pa-Pa-Papagena» 12 variacións de «Ah! Vous dirai-je, mamam» Réquiem, K.626 Un dos seus primeiros traballos de Mozart foi co arcebispo Colloredo en Salzburgo, pero o mozo non durou moito tempo alí, o arcebispo limitaba a súa creatividade e sentíase como un simple servente. Tras moitas discusións (coméntase que chegaron mesmo ás mans) decidiu dimitir do seu posto e “emprender” en solitario, converténdose nun dos primeiros músicos independentes da época. Destacar que Wolfgang tamén foi un magnífico pianista, violinista, organista e director. Mentres seguía buscando patrocinadores traballou como compositor da Cámara Imperial, aínda que tamén daba clases particulares aos aristócratas da época. Tamén sacaba algo de diñeiro vendendo as súas obras e dando concertos. A inesperada e misteriosa morte de Mozart foi de gran interese desde o principio. Chegáronse a dicir case 100 causas polas que Mozart puido morrer. O único que sabemos con certeza é que Wolfgang Amadeus Mozart morreu o 5 de Decembro de 1791, con 35 anos de idade. Foi enterrado nunha fosa común, sen que ao seu enterro acudise ninguén. Morreu moi novo, con tan so 35 anos, mentres traballaba na súa última obra, o Réquiem, a cal non puido finalizar. Os últimos días de vida sufría de moita febre e estaba moi inchado, non podía moverse polas dores e durmía con dificultade. En total, Wolfang compuxo máis de seiscentas obras marabillosas, máis de 200 horas de música. Produciu o equivalente a seis discos ao ano durante toda a súa vida musical! Imaxínate a un compositor actual sacando 6 discos ao ano, durante 30 anos e todos obras mestras. Así de xenial era Mozart!. Destacámosvos as seguintes obras que seguro vos soan: Este trimestre traballamos no Terceiro Ciclo a biografía e A Marcha Turca deste fantástico compositor. Deixámosvos un código QR para poder escoitala. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS MÚSICA FIADEIRO FIADEIRO 37 WOLFGANG AMADEUS MOZART
  • 40. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS EDUCACIÓN FÍSICA FIADEIRO FIADEIRO ACTIVIDADES XOGADE Este curso participamos novamente no programa XOGADE. Este ten a finalidade de que a actividade física chegue a ser un hábito na nosa poboación escolar, orientando a súa práctica non soamente cara ó deporte competitivo, senón cara á saúde. Algunhas das actividades realizadas para que o alumnado tomara contacto con diferentes deportes foron: BALONMÁN: estiveron no cole dous técnicos desta modalidade e impartiron un total de 4 sesións para que o alumnado de 3º e 4º de primaria coñecera este deporte. CICLISMO NA ESCOLA: na que o alumnado de 5º de primaria tivo a oportunidade de realizar un circuíto de habilidade cronometrado nas pistas polideportivas. ENCONTRO CO CEIP A TORRE-CELA: fomos centro anfitrión dunha xornada na que o alumnado de 5º de primaria xogou 4 partidos contra o cole de Cela. As modalidades deportivas foron: Datchball, Colpbol, Fútbol e Balonmán. TAEKWONDO: finalmente contamos coa presencia da campioa Belén Asensio que impartiu unha sesión durante o horario de Educación Física aos seguintes cursos: 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria. VOLEIVOL: o alumnado de 6º participou nun encontro con outros centros educativos do Morrazo no IFEVI. 38
  • 41. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS ARTS & CRAFTS FIADEIRO FIADEIRO 39 AS NOSAS OBRAS DE ARTE Pintamos as distintas estacións do ano Traballamos o Cubismo e as formas xeométricas "A arte é unha liña ao redor dos teus pensamentos" Gustav Klimt Fomos deseñadores de moda Colaboramos en proxectos de aula
  • 42. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS ARTS & CRAFTS FIADEIRO FIADEIRO Colaboramos no festival solidario "Art for Change" Traballamos a diferentes artistas (Miró, Kandinsky, Van Gogh, Picasso...) 40
  • 43. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS BIBLIOTECA FIADEIRO FIADEIRO A Biblioteca Escolar é un recurso imprescindible para facilitar e favorecer o acceso de todos e todas á educación e á cultura, formando o pensamento crítico. Neste proceso no que as Bibliotecas tentan evolucionar cara a espazos e usos que van máis alá dos roles tradicionais de préstamo e consulta de fondos, a implicación da comunidade e, sobre todo, das familias é fundamental. Co Programa Lectura e Familias de Bibliotecas Escolares de Galicia pretendemos sistematizar todas estas colaboracións así como amplialas ao tempo de lecer. Intentamos favorecer a vinculación das familias coa lectura creando un efecto motivador nos seus fillos e fillas para dinamizar a actividade lectora. BIBLIOTECA: LECTURA E FAMILIAS Na biblioteca do noso centro as familias teñen unha implicación importante desde sempre que se concreta en diferentes actividades ao longo do curso: “Ciencia con…” , “As familias contan” e outras variadas colaboracións. 41
  • 44. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS BIBLIOTECA FIADEIRO FIADEIRO Desde a Biblioteca ofertamos servizos personalizados, orientacións bibliográficas, materiais adaptados, maletas temáticas a disposición da comunidade no apartado Bibliofamilias. E ademais, contacontos e obradoiros de lectura expresiva e narración oral. Visita o blog da biblioteca escaneando o código QR Con estas actividades buscamos fomentar que a biblioteca sexa un espazo de encontro e de lecer para a comunidade fóra do horario lectivo, actuando de elemento vertebrador dos distintos colectivos da localidade: asociacións veciñais, biblioteca pública, Taller de memoria organizado polo Concello de Bueu e outros centros da contorna e asociacións. 42 BIBLIOTECA: LECTURA E FAMILIAS
  • 45. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS EDUSAÚDE FIADEIRO FIADEIRO O CAMIÑO SAUDABLE MONTEMOGOS Este curso iniciamos no cole unha actividade que esperamos que veña para quedarse. Comezamos co "Camiño Saudable Montemogos". Cada día realizamos unha andaina ou carreira saudable nos exteriores do recinto escolar e rexistramos tanto o noso número de pasos como a distancia percorrida. Para iso levamos con nós uns podómetros que rexistran toda a nosa actividade. 43
  • 46. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 5º EDUCACIÓN PRIMARIA FIADEIRO FIADEIRO VISITA DE DANIEL, EXALUMNO DO CENTRO. 2.Cales son as túas afeccións? Gústanme moitas cousas, aínda que as miñas afeccións varían moito de acordo co que podo facer, por exemplo adoitaba tocar o saxofón pero agora non podo. Actualmente entre as miñas actividades favoritas atópase xogar aos videoxogos, crear algún tipo de arte 3D, editar fotos e ver series e películas. 3. Cando eras pequeno, que querías ser de maior? Desde sempre me encantan os animais e cando era pequeno quería ser veterinario para poder coidalos e saber que facer en cada momento polo seu benestar, por cousas da vida non puido ser, pero o plan inicial era ese. 4. Que recordos tes do cole e como te sentías nel? Teño bos recordos en xeral, aínda que tamén hai algún amargo. Por exemplo no colexio foi un dos meus primeiros lugares nos que fun consciente de que me pasaba algo, non podía facer cousas que os meus compañeiros si podían. Sentíame ben porque era un máis e podía interactuar con outros nenos e nenas da miña idade, ademais, como persoa curiosa que son podía aprender algunhas cousas interesantes. 5. Que síntomas tiñas cando comezaches a darte conta de que tiñas a túa enfermidade? O primeiro que notei foi que me costaba moito facer algunhas cousas que os demais facían sen ningún problema, ademais caía moi facilmente e cansábame en menos tempo que os meus compañeiros. A inclusión da discapacidade é condición esencial para o respecto aos dereitos humanos, o desenvolvemento sostible, a paz e a seguridade. Tamén é unha cuestión clave para cumprir coa promesa de "non deixar a ninguén atrás" da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible. O 3 de decembro celébrase a nivel Mundial o Día da Diversidade Funcional Con motivo desta celebración convidamos ao colexio a Daniel Piñeiro e accedeu a que as alumnas e alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria o entrevistáramos. Fixémoslle as seguintes preguntas. 1.Que fas no teu día a día? O meu día a día é bastante ordinario, levántome, aséome e almorzo. Unha vez feito isto voume para o ordenador, este me da bastante liberdade e nel podo facer case o que sexa de forma independente. Despois de comer acostumo charlar cos amigos mentres fago algunha cousa no PC. Eu adoito cear cedo e despois na cama vexo algunha película ou vídeo antes de poñerme a durmir. 44
  • 47. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 5º EDUCACIÓN PRIMARIA FIADEIRO FIADEIRO 6. Como reaccionaches cando descubriches a enfermidade que tes? Era bastante pequeno e o proceso foi bastante gradual, a miña enfermidade avanza continuamente pero moi pouco a pouco, entón non é que houbese un momento concreto no que o descubrise, posiblemente para os meus pais fose un golpe máis duro saber exactamente o que me pasaba e foi un proceso relativamente longo desde que notaron algo en min ata que tivo lugar o diagnóstico definitivo. 7. Metéronse contigo de pequeno pola túa enfermidade? Considero que tiven bastante sorte nese sentido, poucas veces atopeime con comentarios negativos cara min e en xeneral todos me trataban con respecto, como a un máis, moitas veces intentando todo o posible para que puidese facer o máis posible co grupo. 8. Se queres facer una compra, viaxar en tren, que barreiras atopas? Están adaptados os medios de transporte? Depende moito do sitio no que te atopes, por desgracia polo pobo hai bastantes barreiras arquitectónicas, beiravías, escaleiras nas entradas dos establecementos e beirarrúas nun estado bastante malo. Pouco a pouco van mellorando as cousas, os transportes son cada vez máis accesibles aínda que viaxar nas miñas condicións require bastante máis planificación. 9. Desde que eras pequeno ata agora, xa notaches avances na mellora das barreiras arquitectónicas? Si, hai avances, aínda así queda moito camiño por recorrer. Por poñer algún exemplo no propio colexio desde o meu paso por el hai varias melloras, ramplas nas entradas, o ascensor para acceder a la planta superior, un baño adaptado. 10. Pensaches algunha vez en mudarte pola accesibilidade? Algunha vez considerei que estaría ben probar lugares novos, pero me gusta moito onde vivo, a cidade normalmente é mais accesible, pero me gusta vivir rodeado de verde, aínda que nunca se sabe que pasará no futuro. 11. Se che gusta ler ou o cine, que xénero prefires? Son bastante versátil nese sentido e como son moi curioso sempre me gusta ver calquera xénero e podo gozar de calquera deles. Podo recomendar por exemplo “La teoría del todo” unha película que relata a vida de Stephen Hawking. 12. Teríache gustado practicar algún deporte? É certo que actualmente non practico ningún deporte, pero no seu día practicaba o tenis e gustábame bastante, con todo en certo punto tiven que deixalo porque xa non dispoñía da forza suficiente. 13. Como manexas o ordenador? Dáseme bastante ben, a verdade é que me aporta moita liberdade, algo do que me falta en moitos outros aspectos da vida, ata agora manexeino normal, con teclado e rato, aínda que é certo que ultimamente estou explorando outras formas de utilizalo como o control por voz. Realmente é imprescindible para min no meu día a día. 14. Hai algún espazo ou espazos do colexio que che gustaría visitar? Estaría ben visitar a miña clase de cando eu estudiaba aquí, gran parte do tempo foi na mesma aula, tamén sería interesante visitar a parte superior xa que será a primeira vez que poderei subir coa miña cadeira de rodas e unha voltiña xeral non estaría mal. 45
  • 48. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN FIADEIRO FIADEIRO CÍRCULO DE DIÁLOGO POLA CONVIVENCIA Un banco da amizade que pode ser utilizado para a resolución de conflitos no patio. Unha caixa de correos na que deixar por escrito o que lle pode estar pasando a alguén que teña algún problema no colexio para poder axudarlle. Un espazo nas aulas para a resolución de conflitos. Un recuncho con cadeiras para escoitar e falar. Un espazo para a relaxación. E outras propostas com0: compartir, ser amables, axudar, apoiarnos, estar atentas ás inxustizas, respectar as diferenzas, xogar coas nenas e cos nenos que estean sos... Que fixemos? Con motivo do Día contra o acoso escolar, o primeiro que se fixo foi traballar en cada titoría con diferentes recursos (vídeos, libros...) relacionados coa convivencia, a empatía, a aceptación das diferenzas, o acoso escolar... e acordáronse propostas para a mellora da convivencia e a prevención do acoso escolar. En segundo lugar, decidiuse que alumnado representante de cada aula participaría no Círculo de Diálogo. Unha vez constituído o Círculo de Diálogo na biblioteca, o alumnado e o profesorado participante presentouse e, a continuación, expuso as conclusións ás que chegaran en cada unha das aulas, facendo especial fincapé na proposta de diferentes solucións dirixidas a previr e solucionar a aparición de casos de acoso escolar no centro. Entre as moitas propostas recollidas atópanse as seguintes: Moitas destas propostas xa as levamos a cabo e outras, como a caixa de correos ou o banco, poñeranse en marcha. Os Círculos de Diálogo consisten nunha práctica restaurativa que busca fortalecer as relacións entre os membros do grupo, valorar a diversidade, establecer relacións de coidado mutuo e promover o sentimento de pertenza ao grupo. Nun círculo de diálogo cada membro do mesmo realiza as súas achegas, sen sentirse xulgado e sentíndose escoitado polas demais persoas que forman parte do círculo que practican a escoita activa. Esta foi a nosa primeira experiencia de Círculo de Diálogo colectivo, con representantes das diferentes clases e resultou moi satisfactoria. Con motivo da conmemoración do Día contra o acoso escolar, todas as aulas fan achegas para a mellora da convivencia na escola. 46
  • 49. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS ENGLISH FIADEIRO FIADEIRO 1. P S A T I G T E H __ __ __ __ __ __ __ __ __ 2. Q T E T S C R E O U __ __ __ __ __ __ __ __ __ __ 3.I E P __ __ __ 4.C R I E __ __ __ __ 5.G E G __ __ __ 6. H F I S __ __ __ __ 7. P E A P L __ __ __ __ __ 8. O K C I S E O__ __ __ __ __ __ __ 9. P T A O T E S O __ __ __ __ __ __ __ __ 10. C E N H C I K __ __ __ __ __ __ __ __ SCRAMBLE WORDS Order the following words Have fun in English! W I T H T H E S E C R O S S W O R D S 47
  • 51. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS ENGLISH FIADEIRO FIADEIRO ANIMAL WORDSEARCH cat elephant dog fish flamingo giraffe horse lion panther rabbit 49
  • 53. OLA FAMILIAS ! A directiva da ANPA Cabo Udra do CEIP Plurilingüe Montemogos quere compartir coas persoas lectoras desta nova edición de “O Fiadeiro” todas as actividades que levamos a cabo ao longo deste curso escolar 2022/2023. Este curso por fin se puideron retomar moitas das actividades que por motivo da pandemia sanitaria Covid-19 tiveramos que anular en anos pasados. E con moito agarimo, traballo e ilusión puxémonos mans á obra en: PLAN MADRUGA: contar no noso colexio con este servizo é fundamental debido á importancia que ten para a conciliación familiar e laboral, ademais doutras consideracións sociais, e a ANPA xestiona de xeito íntegro o seu funcionamento EXCURSIÓN SEXTO DE PRIMARIA: colaboración activa coa organización da excursión de fin de curso na venta de produtos para acadar fondos, na procura de itinerarios... AGASALLO DE NADAL: todos os nenos e nenas do centro escolar recibiron un pequeno agasallo da man das súas “Maxestades os Magos de Oriente”, que entregaron en man o último día de clase do primeiro trimestre e que adquiriron no comercio local. COMEDOR ESCOLAR: presentamos o noso apoio ás familias usuarias deste servizo que reclamaban melloras na calidade dos menús presentando unha reclamación conxunta ante o órgano competente. PARTICIPACIÓN NON II FESTIVAL ART FOR CHANGE: colaboración no decorado que luciu o noso colexio no festival e na montaxe/desmon taxe do stand. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: presentamos ás familias un total de once actividades ao comezo do curso escolar das que finalmente se levaron a cabo nove: balonmán, ximnasia rítmica, xadrez, teatro, manualidades, zumba, música en movemento, taekwondo e debuxo de cómic. ANPA CABO UDRA CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 1 CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS ANPA FIADEIRO FIADEIRO 51 OLA FAMILIAS ! A directiva da ANPA Cabo Udra do CEIP Plurilingüe Montemogos quere compartir coas persoas lectoras desta nova edición de “Fiadeiro” todas as actividades que levamos a cabo ao longo deste curso escolar 2022/2023. Este curso por fin se puideron retomar moitas das actividades que por motivo da pandemia sanitaria Covid-19 tiveramos que anular en anos pasados. E con moito agarimo, traballo e ilusión puxémonos mans á obra en: PLAN MADRUGA: Contar no noso colexio con este servizo é fundamental debido á importancia que ten para a conciliación familiar e laboral, ademais doutras consideracións sociais, e a ANPA xestiona de xeito íntegro o seu funcionamento EXCURSIÓN SEXTO DE PRIMARIA: colaboración activa coa organización da excursión de fin de curso na venta de produtos para acadar fondos, na procura de itinerarios... AGASALLO DE NADAL: Todos os nenos e nenas do centro escolar recibiron un pequeno agasallo da man das súas “Maxestades os Magos de Oriente”, que entregaron en man o último día de clase do primeiro trimestre e que adquiriron no comercio local. COMEDOR ESCOLAR: presentamos o noso apoio ás familias usuarias deste servizo que reclamaban melloras na calidade dos menús presentando unha reclamación conxunta ante o órgano competente. PARTICIPACIÓN NO II FESTIVAL ART FOR CHANGE: colaboración no decorado que luciu o noso colexio no festival e na montaxe e desmontaxe do stand. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: presentamos ás familias un total de once actividades ao comezo do curso escolar das que finalmente se levaron a cabo nove: balonmán, ximnasia rítmica, xadrez, teatro, manualidades, zumba, música en movemento, taekwondo e debuxo de cómic. ANPA CABO UDRA ANPA CABO UDRA
  • 54. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS ANPA FIADEIRO FIADEIRO ENTROIDO: Esta é unha das festas que máis gusta ao alumnado e as súas familias polo que este ano nos esmeramos coa carroza. Ademais de lucir polas rúas de Beluso acompañando aos nenos e nenas no seu propio desfile, tamén participamos nos desfiles de Bueu: o enterriño da Sardiña e no enterro do paxaro de mal agoiro. Neste último gañamos o 1º premio na categoría de agrupación de máis de 15 persoas!!! A maiores celebramos unha festa no exterior do colexio con xogos, bailes, desfile e merenda. Todo un éxito! 2 FESTA DO SAMAÍN: Unha das actividades de maior éxito sen dúbida foi a tarde de medo celebrando a festividade do Samaín: túnel do terror, “photocall”, festa, desfile, bailes, truco ou trato, concurso de postres, merenda... todo estaba terrorificamente organizado e decorado. ALFOMBRA POLA PAZ: Elaboración dunha alfombra floral para reivindicar a paz mundial na entrada do colexio. Participamos de xeito simultáneo xunto con máis de 70 localidades doutros países coa realización dunha alfombra floral cun deseño compartido e incluso dende México nos fixeron mención co nome de Beluso nas súas propias elaboracións e dando difusión nas redes sociais. 52
  • 55. CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS ANPA FIADEIRO FIADEIRO www.reallygreatsite.com hello@reallygreatsite.com Dende a ANPA queremos expresar o noso agradecemento a todo o persoal do centro así como aos nosos socios e socias e ás nais e aos pais pola confianza depositada en nós e a colaboración desinteresada que amosan, porque non nos olvidemos Un saúdo. Dinamización dos patios da escola: con elementos novos e pintando xogos Elaboración de alfombra floral na festividade de Corpus en Bueu, para a que xa estamos a preparar todo o material necesario Realización de actividades de fin de curso incluíndo “comida familiar” e de conciliacion familiar no verán BACK STAGE Participar activamente no Consello Escolar Ofrecer ás familias asociadas a posibilidade de gozar da vantaxe de ter un desconto económico nun número cada vez maior de comercios do municipio Colaborar nas festas que organiza o concello para a infancia: magosto Manifestar a nosa opinión nas reunións periódicas cos representantes políticos para buscar melloras no colexio en canto a infraestrutura e mantemento (pintado exterior, adecentar instalacións...) Pero tamén hai moito traballo que non se ve, do que non se pode facer reportaxe fotográfica pero que tamén implica moito tempo e dedicación. É o back stage!! : E, ademais, temos en proxecto unha serie de actividades e/ou actuacións que, pouco a pouco e coa axuda de todas as familias socias, irán tomando forma: A ANPA SOMOS TOD@S!!! 53
  • 56. Esta edición especial de Fiadeiro celebra a figura destacada de Francisco Fernández del Riego , galardoado coas Letras Galegas no ano 2023. Dende o Fiadeiro queremos render homenaxe ao seu legado literario e á súa contribución á cultura galega. Ao longo da súa vida, Francisco Fernández del Riego destacou polo seu profundo compromiso coa lingua galega e coa escrita. A súa paixón polas letras manifestouse en numerosas obras literarias onde plasmou a esencia da paisaxe, a historia e a cultura galegas. As súas palabras evocadoras capturaron a atención dos lectores e deixaron unha pegada duradeira no panorama literario galego. A súa paixón pola nosa lingua levoulle a ser un dos impulsores da editorial Galaxia e un recoñecido político galeguista. Nesta revista compartimos información sobre as actividades realizadas no proxecto chamado imaxinARTE ao longo deste curso. Esta iniciativa busca fomentar a creatividade e a expresión artística en todas as súas formas, conectando a arte coa educación. Distintas manifestacións artísticas inspiráronnos durante todo o curso, realizando e reproducindo distintos estilos delas. Moitos destes exemplos poderedes velos nesta 29ª edición do Fiadeiro.