Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.
A PSICOLOXÍA COMO TECNOLOXÍA PARA O
DESENVOLVEMENTO HUMANO
Xacobe Abel Fernández García
“Aqueles mecanismos e estratexias ...
explicacións que deu, e con ela, as solucións que deu a eses preoblemas. Pero non con isto queremos deixar
de lado o conce...
multitude de chistes sexuais que, ás veces, teñen razón de ser.
Nunca escoitástedes o de que para a xente que está en asoc...
gratuítas) achegaraste a preguntar con máis probabilidade. A mercadotecnia non esquece nada disto. Dende
esta perspectiva ...
podemos ver que "programas" se están usando, que é o que se engade, que é o que se perde e que
complicados algoritmos usam...
teórica a unha nova forma de entender a conducta das persoas.
O grupo do MRI plantexábase que os problemas se mantiñan a s...
aínda que pareza que está escrito en irónico, non o é, é o meu propio pensamento, e plantexarme que teño
unha mente tan "e...
Rematando
Máis de 1000 libros se escribiron e máis de 1000 libros se escribirán sobre psicoloxía, e de sobre como
usala na...
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano

798 visualizaciones

Publicado el

Reflexión de Xacobe Fernández, da base social de ESF Galicia (un dos nosos "psicólogos de referencia"), sobre como a ciencia da psicoloxía pode considerarse "tecnoloxía" para unha vida mellor de todas as persoas

Publicado en: Desarrollo personal
  • Inicia sesión para ver los comentarios

  • Sé el primero en recomendar esto

A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano

  1. 1. A PSICOLOXÍA COMO TECNOLOXÍA PARA O DESENVOLVEMENTO HUMANO Xacobe Abel Fernández García “Aqueles mecanismos e estratexias que fan que solucións técnicas dignifiquen e melloren a calidade de vida das persoas. Estas tecnoloxías deben ser apropiadas e permitir solucións cultural, ambiental e socioeconomicamente sustentables”. Cando foi a última discusión coa túa moza ou mozo? E por qué foi? Sentiches que non te comprendía? Seguramente, se se dera de conta de XXX cousas, cambiaría e non vos teriades enfadado? As relacións humanas son moi complexas, hai xente é moi dificil de tratar, mentres que outras impresionan ter un cartel na cara que semella dicir "cóntame os teus problemas". Onte quedei só na casa, non sabía por qué, pero o corpo fíxome chof, e quedei sen facer absolutamente nada. O peor é que tiña previsto facer milleiros de cousas, pero me puxen a ver unha serie, unha película ou ler un libro, cando me quixen dar de conta, xa era noite. Estou frustrado, non podo ver as noticias porque cada cousa que vexo é horrible. Vexo tan claras as solucións para os problemas, ou alomenos, a filosofía das solucións que me rebenta que non se faga así. É tan dificil dialogar? evitar conflictos bélicos? facer leis centradas nos seus dereitos e nas persoas? As veces penso que son todos estúpidos, paréceme tan obvio. Acabo de describir tres situacións, pero podería describir mil ou dous mil deste estilo. Situacións nas que hai frustracións, entendimentos, odios, lucidez, intranquilidade, tristura, pasotismo... situacións que comprendemos, outras que cremos comprender, e outras que incluso renunciamos a entender. Podemos coller unha barra de bar, e empezar a debatir por parellas todas estas cuestións e milleiros máis, cada un dirá as súas teorías, expresará os seus pensamentos de como son e de como deberían ser as cousas, proporán solucións, algunhas máis viable e outras menos, e a situación quedará en crecemento persoal se o número de bebidas alcólicas non foi excesivo durante o debate. Este texto versa sobre psicoloxía e TPDH. Por moito que me fastidie a idea como psicólogo, é certo que todo o mundo é un chisquiño psicólogo. Aínda que para resarcirme direi que tamén todo o mundo é un pouco médico, un pouco informático, un pouco enxeñeiro, un pouco economista e desgraciadamente, só un pouco político. Pero se iso é así, de qué imos falar. Pois dos conceptos que aos psicólogos e psicólogas que nos permiten comunicarnos, das ferramentas que temos para acuñar e comprobar eses conceptos, e de cales son os seus problemas e aplicacións. Porque admitirei outra cousa (e espero que sexa a última) e é que a psicoloxía ten un trauma. Non podemos esquecer que a psicoloxía ten profundas raíces na filosofía. O feito de separar corpo-mente non é senón un concepto Platónico e semella que aínda estamos no mito da caverna. A realidade é que a psicoloxía, ao ter o seu suxeito de estudo tan accesible, permite milleiros de teorías, tanto certeiras coma peregrinas, e dificulta moitísimo separar o grao da palla. Velaí que xurdimos co trauma de que queremos ser unha ciencia, e foi un bo trauma que nos premitiu elaborar coñecemento, pero como trauma, ten consecuencias negativas. Por exemplo, tómanse as metáforas como realidades, as realidades por cousas obxectivas, e as cousas obxectivas por verdades absolutas. Iatroxenia e TPDH Imos facer un percorrido pola psicoloxía. Por todos os problemas cos que se atopou a psicoloxía e coas 1
  2. 2. explicacións que deu, e con ela, as solucións que deu a eses preoblemas. Pero non con isto queremos deixar de lado o concepto principal, o TPDH. Polo que imos salientar a experiencias doutras persoas solucionando problemas. Non toda a psicoloxía é TPDH, algúns conceptos son tremendamente culpabilizadores, e incluso parte da psicoloxía nos premiten categorizar e despreciar ás persoas. A realidade é que a culpa é unha emoción que a ciencia non entende, sobretodo cando busca causas na procura de solucións. Clasificar unha persoa de esquizofrénica, psicópata ou retrasada mental ten consecuencias no acto. Cando eu uso a psicoloxía, é dicir, cando rebusco na miña memoria e uso todos os conceptos que considero pertinentes para facer o mellor posible, atópome con que non hai bola de cristal, con que non sei cunha marxe de seguridade do 100% se o que vou facer vai estar ben feito. Sei que o arquitecto tampouco sabe que o edificio que está a construír non se vai caer, a pregunta que habitualmente non atormente aos arquitectos é a de "é preciso este edificio?". Na cooperación sempre me contaron a historia daqueles frailes, para liberar escravos, recolectaban cartos e os compraban para vendelos con posterioridade. Un esforzo loable que acabou en frustración cando vían que o mercado de escravos funcionaba cada vez mellor, e eles eran os seus mellores clientes, a parte de que xente liberada volvía ser apresada e incluso, chegaban a un trato cos propios esclavistas de forma que "timaban" a estes clientes. Chegamos á conclusión de que a boa intención non é o único que conta e que ás veces, é mellor non facer que facer mal. Dende unha perspectiva de ONGD enxeñeril poderíase facer unha lectura que dixera algo así como "o problema foi que non houbo un marco lóxico ben estructura e analizado", é posible, pero dende a psicoloxía non podemos facer marcos lóxicos, sinxelamente aprender do que outros fixeron mal e non facelo. Porque se non, estamos facendo o que se chama "iatroxenia", ou ser nós os que facemos a enfermidade onde antes non a había. É útil dicirlle a unha persoa que está triste que está deprimida? Sinceiramente, non o creo. Polo tanto consideramos que a psicoloxía non é sempre TPDH, pero sempre buscaremos selo. Psicoanálise, gobernados polo inconsciente. A primeira concepción do ser humano que imos ver é a de Sigmund Freud. Perdoade pola esterotipación que vou facer, pero imaxinade á sociedade vienesa de finais do XX, unha concepción da muller coma ser inferior recorría as mentes de todo o mundo, incluída das afectadas que optaban a ser unhas boas esposas, que levaran as casas con dilixencia, e se ruborizaran oportunamente cando un home tiña a desfachatez de facer unha broma de mal gusto na súa presencia. Vedadas para a política, o traballo e incluso un ocio máis atrevido que tomar o té nun campo, o único que podía facer esas mulleres vienesas eran presentar síntomas. A histeria (que vén de que o útero se lles descolocaba, polo que era máis probable en mulleres sen fillos) era unha epidemia que se intentou tratar de milleiros de formas a única con atisbo de funcionar, a psicanálise. Para Freud, había un inconsciente creado en base a todas as nosas represións e, como predica o seu multideterminismo, goberna o noso eu. Freud dicía que a psicanálise fora o terceiro gran golpe da humanidade, darse de conta de que o que pensaban, o que anhelaban, o que querían ou odiaban, non era decisión racional nin voluntaria da persoa, os outros dous foran descubrir que a terra non era o centro do universo e que a humanidade non era o centro da creación (senón froito da evolución). A figura central da teorización freudiana é a Síndrome de Edipo, baseada no mito de Edipo Rey que cometeu involuntariamente un acto detestable (matar a seu pai, usurpar o seu trono e casar coa súa nai) e que, tras ser consciente delo, arrincouse os ollos para non ver esa realidade. Deste xeito, Freud é ridiculizado con 2
  3. 3. multitude de chistes sexuais que, ás veces, teñen razón de ser. Nunca escoitástedes o de que para a xente que está en asociacións, que da o seu tempo, que fai voluntariado... é que lle debe faltar algo? Pois ben, segundo Freud, e debido a que o inconsciente é o que guía os nosos actos, seguramente sexa así. Pero podemos estar tranquilas e tranquilos, porque para facer a afirmación contraria tamén é válido, xa que dicir que aos demais lles falta algo é unha forma de "arrancarse os ollos e non ver a realidade" de que lle falta algo a un mesmo. Estes mecanismos son os chamados mecanismos de defensa, entre eles podemos ver: - Represión: non recordar isto que vai en contra do que crees de ti mismo. Aquilo que andar recordándoo resultaría horrible polas implicacións que ten para o teu eu. - Proxección: Aquilo que te negas a ver en ti mesmo, pero non deixas de velo en todos os demais. - Formación reactiva: Odiar aquilo que no máis íntimo temes. É o que se di das persoas maltratadoras, que en moitos casos síntense inseguras, ou das persoas homófobas de que o fan para ocultar a súa propia homosexualidade. - Sublimación: Cambiar os teus impulsos por outros valorados socialmente. O gran problema de Freud foi que consideraba o seu modelo suficientemente demostrado polo feito de que funcionara. Isto a comunidade científica non o aceptou e todo o coñecemento que foi acumulado por el e os seus seguidores está encriptado en libros de dificil lectura para os que non te preparan na carreira. Condicionamento cásico, ou E, ou R. Pavlov descubriu que un proceso desencadenado por un estímulo concreto, como é a salivación ante a comida, pode asociarse con outros estímulos, coma unha campá, de tal forma que pase a desencadenar este último a resposta de salivación, sen a necesidade de presencia de comida, isto é o condicionamento. Máis tarde, Watson conseguiría asociar o medo innato a un sonido forte e desagradable a un animal que non era temido antes (creándolle da nada unha fobia a un bebé). O feito de que se puidera usar a nova linguaxe en base a estímulos e respostas, Es e Rs, permitiu empezar a experimentar con isto dun xeito completamente científico. Estímulo é todo o percibido polo individuo mentres que Respostas era todo o que o organismo facía. Non había Elo, Eu, supereu, non había unha mente extraña e oscura da cal desentrañar misterios, senón que había E e había R. Este pasou foi o que Watson considerou o análogo a desfacerse das bruxas, da maxia, do mesmo xeito que para que a química fose ciencia tivo que desfacerse da alquimia, así a psicoloxía se desfacía de cousas mentalistas. Skinner modificou o condicionamento. O convertiu en condicionamento operante. De xeito sinxelo, un "reforzo" é aquilo que aumenta a probabilidade dunha conducta, un "castigo" aquilo que a diminúe. Ollo, isto para cada organismo en concreto, un látigo nun esclavo non é igual que un latigazo a un sadomasoquista, do mesmo xeito que gritarlle a un neno que busca atención quizáis non sexa un castigo. Skinner escribiu unha novela de ciencia ficción denominada "Walden dos" na que todo o mundo era feliz en base a unha boa regulación de premios e castigos. Actualmente, disque hai comunas en Estados Unidos nas que seguen estes criterios. Facendo unha "análise funcional" (que é o que pasa antes, durante e despois) poderiamos modificar calquera conducta. Non se pode negar a sinxeleza e potencialidade desta visión. Que un anuncio vaia cunha figura atractiva, fai que ese producto se convirta en atractivo, e se por achegarte a preguntar recibes un beneficio (mostras 3
  4. 4. gratuítas) achegaraste a preguntar con máis probabilidade. A mercadotecnia non esquece nada disto. Dende esta perspectiva o feito de que unha persoa permaneza nun voluntariado estaría determinado por unha serie de reforzadores, como por exemplo os estímulos sociais (todo aquilo que nos fai sentir ben por parte dos demais). A verdade é que non debemos esquecernos de que obter beneficios polas cousas que facemos non implica que as fagamos por eses beneficios. Celebraríamos o noso cumpleanos aínda que non houbera regalos, pero o feito de recibilos nos manda a mensaxe de "iso esta ben, repíteo en futuras ocasións". Nas nosas vidas cotiás non temos costume en dicir as cousas que están ben, fixámonos moito máis nas cousas que nos desgustan e molestan e son esas as que tendemos a reivindicar, pero ante un detalle ben feito non soemos emocionarnos nin explicitalo. Unha cultura de "ten que salir del" ou empeñarse en que "a xente debería ser máis responsable" acaba convertíndose nun pranto de fondo pouco útil á de que a xente se enganche a unha actividade. Unha cultura de agradecemento e de reivindicar as cousas boas pode chegar a "enganchar" e moito, tanto nas grandes obras coma nos pequenos detalles, porque unha mirada que diga "o que dis é importante e interesante" pode facer moito efecto. Véxome obrigado a advertir das consecuencias que pode ter isto, debido a que hai xente que é moi sensible á aprobación e ao reforzo, podemos atoparnos con múltiples conductas adictivas no mundo. Fálase da adicción a internet, ou da propia ludopatía, pero poucos falan das adiccións a asociacións e das nefastas consecuencias que pode ter, non sei, un mundo máis xusto... Humanismo, autorrealizándonos. Fronte á psicanálise na que todo o mundo ten un inconsciente de pecados e ao condctismo que nos reduce a estímulos e respostas xurdiu un movemento denominado a terceira vía: "O humanismo". Neste movemento se observa a persoas libres que buscan a "autorrealización" tal e como plantexa Maslow na súa jerarquía de necesidades. Falan de unir as partes disgregadas da persoa nunha forma ou Gestalt como facía Perls ou de promocionar a espontaneidade como mecanismo corrector, como propuña Moreno. Según Rogers, escoitar a unha persoa con autenticidade, empatía e aceptacíón sería suficiente para permitirlle encauzarse cara esta autorealización. Interesante é a logoterapia de Frankl. Un psiquiatra que estivo encerrado nun campo de concentración nazi que lle permitiu reflexionar sobre que era que a xente se rendira, se deprimira e, en último termo, morrera. Falou do "sentido da vida" no cal se daba conta que, a idea de recuperar as súas notas permitiulle ter un proxecto, un obxectivo que lle permitía das o seguinte paso. Ás veces, estes obxectivos non son só necesarios para as persoas, senón tamén para os grupos. Cantas veces se crea un grupo cunha boa idea, defender X, ou traballar en Y, pero ese grupo non se da conformado, a xente non lle adica tempo e convírtese nun ente nebuloso que acaba morrendo. Porqué nunha ONGD é necesario pararse a pensar, e consensuar unha Misión e unha Visión? O gran problema do humanismo é que, ao igual que as mazás caían antes da teoría da gravidade ou que era imposible a máquina do movemento perpetuo antes da enunciación da segunda lei da termodinámica, o humanismo non foi quen de sistematizar todas aquelas ideas suxerentes que porpoñía. Cognitiva, C3PO ou non. E se entenderamos á persoa coma un ordenador que procesa información? Esta é a metáfora xurdida da Teoría da información de Shanon ou o test de Turing para determinar se existe unha intelixencia artificial, esta concepción considérase a psicoloxía básica cognitiva. Amente pode ser concebida coma un procesador no que entra un input (entrada de información) e un output (saída de información), vendo as diferencia 4
  5. 5. podemos ver que "programas" se están usando, que é o que se engade, que é o que se perde e que complicados algoritmos usamos paras resolver problemas. Se coñeces as limitacións da "memoria RAM", cómo se lle da a gravar no "disco duro", ou a tarxeta da memoria gráfica necesaria para imaxinarte determinada situación en concreto. Unha das ideas máis interesantes da psicoloxía cognitiva é a de esquema. Un esquema é un paquete de información complexa, de alto nivel, que nos permite entender moitísimas regularidades do noso mundo. Imaxinade que unha extraterrestre chega a terra con forma humana e decide integrarse coa xente, e que cando chega a un bar, se fixa na conducta da xente para replicala, ao ver que un humano se mete tras a barra e empeza a coller botellas e encher vasos con elas, que pasará cando a humana que acaba de entrar empece a facer o mesmo? Na mente da extraterrestre non está o esquema de bar, polo que non sabe que é un bar, nin como debe comportarse no mesmo. Dentro dos esquemas están os esteotipos, un estereotipo non deixa de ser unha idea que nos avisa do que temos diante, a característica é que este esquema, estas crenzas, ideas e expectativas son compartidas por un grupo social amplo. Temos estereotipos de todo, un canciño precioso temos o estereotipo de que pode xogar cunha pelota e que os seus dentiños non poderán trabarnos. O concepto con connotación negativa polo que entendemos o estereotipo refírese a algo que nos fará sentir emocións negativas cara outro grupo social e incluso chegar a facer conductas discriminatorias. Estes esquemas non se poden eliminar, podemos intentar sustituílos por outros máis axeitados. Existe unha mala nova, estes e outros esquemas presentan a característica de que son moi dificiles de cambiar. E istopor que? segundo a exposición selectiva, se eu teño un esquema, o que non vou é a expoñerme voluntariamente a información que contradiga o meu esquema, polo tanto, ante unha charla na que diga cousas como "as persoas inmigrantes son válidas na nosa sociedade" atoparémonos con que quen máis precisaría deste tipo de información, non vai, ou incluso, se vai tenderá a distraerse, non enterarse, ou quedarse cun argumento cuestionable que lle servirá de escudo para non aceptar o resto. A exposición selectiva atopáse no marco da disonancia cognitiva, pola cual os nosos esquemas están organizados de xeito coherente polo que, si cambias algo, tes que cambialo todo, pero iso costaría moito. Deste xeito se eu penso que os paises pobres, son pobres "pola súa actitude", estarei en contra das axudas internacionais, de que me cobren impostos ou da inmigración, e pensarei que as persoas que defenden estas cousas son uns ignorantes, uns hippies frustraos, ou que lles falta algo na vida... Se esta persoa se atopa con algo que negue o que el percibe como a realidade, por exemplo, o descubrimento de prácticas de empresas europeas, ou unha perspectiva histórica sobre o colonialismo, esta persoa buscará darlle a volta ao argumento falando de que as empresas dan traballo e na historia pasaron moitas cousas coma que nós tamén tivemos unha guerra. Por sorte, existen graos, e cando os esquemas non son ríxidos ou están en formación, as ideas entran de xeito moito máis doado permiten á persoa ter un pensamento crítico e obxectivo. Isto implica que é moito máis rentable a nivel de esforzo, crearlle esquemas a persoas que non os teñen formados que refutar o que pensan as persoas... pero isto non será unha idea pesimista? Non o sei. Sistémica, e naceu dun cañón. Mentres avanzaba a segunda guerra mundial, os avións fixéronse máis rápido polo que os cañóns non lles daban acertado, polo que empezaron a usar balas que correxían a súa traxectoria, isto levou a un movemento oscilante que acababa no punto elixido. Esta oscilación de cara a chegar a un obxectivo observouse que pacientes de Parkinson que, para coller unha cousa, tamén tiñan que ir correxindo o rumbo. Isto deu lugar ao que se chamou a cibernética, que xunto coa Teoría Xeral de sistemas deu consistencia 5
  6. 6. teórica a unha nova forma de entender a conducta das persoas. O grupo do MRI plantexábase que os problemas se mantiñan a si mesmo, as persoas os describimos como lineais, pero a realidade é que sempre hai un algo antes dese algo. Coma nunha discusión de parella, na cual el di algo así como "non me gustou X!", "non tería feito X se ti non tiveras feito Y", "Eu fixen Y porque ti fixeches Z", "Eu non fixen Z, fixen Z-1, se mo entendiches así foi porque fixeches..." e así ata o infinito. Nesta percepción lineal das cousas, a xente tende a facer solucións obvias que tenden a agravar os problemas. Por exemplo, se eu lle teño medo os cans, cando vexa un can cerca escaparei, a miña solución foi escapar do can, e como cada vez o meu medo vai ser máis intenso, seguirei poñendo en práctica a miña solución obvia de escapar, pero se me atrevera a descubrir que os cans son inofensivos, o meu problema desaparecería. Isto é o que lle chaman "cambio 1", ou o que é o mesmo, a solución é o problema. Un exemplo de cambio 1 era o feito de comprar esclavos para liberalos, a solución máis obvia non tiña por que ser a máis eficaz. Para solucionalo propoñen un cambio 2, que dende fora, se propoña un cambio que desfaga esa dinámica. No caso da persoa con fobia aos cans, sería saír de casa e meterse nun perreira, e paradóxicamente, funciona. Dende a sistémica non se preguntan "Cal é o problema?" senón "que está mantendo o problema?" debido a que un problema que non se mantén, non é un problema sobre o que haxa que intervir. Esta forma de razonar pode servirnos para plantexarnos os proxectos, tanto no norte coma no sur, de cara ser máis efectivos e non ser parte do problema senón ser parte da solución. Psicoloxía dos grupos, Nós e eles. Unha parte da psicoloxía social é a psicoloxía dos grupos. Non sabemos como ocurre, pero movémonos nun mundo no que hai grupos de xeito obxectivo. Dende familia, amigos, clases de colexios, membros de asociacións, deportistas, amantes da ciencia ficción... se preguntamos a calquera persoa, é capaz de delimitar os diferentes grupos cunha precisión fantástica, polo que os grupos existen. O curioso é que psicolóxicamente, pertencer a un grupo ten consecuencias moi claras. Tendemos a beneficiar aos membros do noso grupo frente aos dos demais, e tendemos a vernos máis similares aos membros do noso propio grupo, e a ver á xente de outros grupos máis semellantes entre si. Isto levado ao extremo pode levar a prexuízos, conflictos, e demais... Para sentirte membro dun grupo só tes que dicir que o eres. Hai quen mide se unha persoa se sinte pertencente a un grupo por como fala, (un "podedes facer" é difrerente a un "podemos facer"). Fixeron un experimento no que a unha persoa, en base a elixir un cadro ou outro, lle dicían que pertencía ao grupo das persoas dese grupo, con iso era suficiente para que se deran os fenómenos grupais. Nas ideoloxías, isto é moito máis marcado, todas as persoas entendemos que a xente doutras ideoloxías son homoxéneas, teñen unha ideas determinadas, e demais, porque unha parte importante de pertencer a un grupo é o desexo de que ese grupo sexa diferente dos demais. En definitiva, movemónos sempre con que o endogrupo (o noso grupo) debe ser diferente e mellor do exogrupo (os outros). A min cóstame entender moito como pode haber xente que pertenza ao exogrupo. Eu son dunha determinada maneira, cuns valores e cunhas ideas que o exogrupo non comparte. Eses maquiavélicos membros do exogrupo que non votan coma min son as e os culpables de todas as cousas malas que nos están a pasar e deberían ser expulsados, cando o meu endogrupo (que obviamente, e en contra dos resultados de calqueira enquisa, somos máis) se organice e poidamos facerlle fronte... Debo admitir que 6
  7. 7. aínda que pareza que está escrito en irónico, non o é, é o meu propio pensamento, e plantexarme que teño unha mente tan "estereotipada" axúdame a baixar á realidade, plantexarme a heteroxeneidade do exogrupo e que non teñen a obriga de ser tan diferentes a min (incluso poden ser máis similares a min que membros do meu propio endogrupo) e que os motivos que os levaron a posicionarse no exogrupo foi algo moito máis azaroso que o que hai verdadeiramente no fondo. Tamén debo admintir, que cando me plantexo isto en profundidade, éntrame o pánico. Estadística, serei normal? Cando unha psicóloga ou un psicólogo pasa un test, non se limita a pasar unha serie de preguntas, senón que ese cuestionario ten moito traballo detrás. Aquí vouvos expoñer cómo se fan os test. Se nunha curso do colexio poñemos ás nenas e nenos a correr 100 metros e medimos os tempos, atoparémonos con que hai un ou dous que teŕan un tempo moi largo, logo unha gran cantidade de xente que ten unha puntuación media, e logo un ou dous cun tempo moi baixiño. Esta distribución de puntuacións é bastante habitual, polo que podemos denominala "normal", e se a poñemos nunha gráfica, aparecerá a famosa campá de gauss. Coa meirande parte das cousas, se a poboación é homoxénea (xente do mesmo curso, por exemplo... ) atoparémonos que hai unha distribución normal. A nota media en selectividade, a velocidade de tecleado, o número de libros lidos... Isto é moi útil cando queremos medir constructos psicolóxicos que non se poden observar directamente. Se eu pregunto polo "amor ás patacas con ketchup", iso non se pode medir obxectivamente. Hai que diría que se pode medir o número de patacas con ketchup comidas por persoa, pero pode haber xente que as odie e as coma por motivos económicos e xente que as adore e por saúde física non os poida tomar. Se lle pregunto a unha persoa: "De 0 a 10, canto te gustan as patacas?" e me di 4, isto é normal? estamos diante dunha persoa que, en comparación co resto do mundo adora as patacas? Non o saberemos ata que llo preguntemos a outras 1000 persoas máis (por exemplo) e lles fagamos a mesma pregunta. Se resulta que a media é 7 saberemos que está por debaixo da súa media. Para nós aínda non é suficiente, sabemos que a esa persoas lle gustan menos as patacas que ao resto da xente, pero moito menos, ou só un pouquiño. Se volvevos ao exemplo dos nenos na carreira, os que corren moito máis que a media, e os que corren moito menos, teñen unha distancia á media significativa, isto é, a súa diferencia á media e maior que a media das diferencias do resto. Preguntámoslle a unha persoa se amabas ás patacas con ketchup, e respondeu que de 0 a 10 un 4, sabemos que está por debaixo da media que é 7, pero é un tío normal? Pois se a desciación típica é 2, o normal está entre darlle un 5 e un 9 ás patacas fritas. Esta persoa non é normal, está no grupo de xente (sobre un 15%) que lle gustan pouco as patacas fritas, de todos os xeitos, para que algo nos alarme aos psicólogos e psicólogas, ten que estar 2 desviacións típicas de distancia á media. Por exemplo, se facemos unha proba de intelixencia, sabemos que a media é 100 e a desviación típica 15, unha persoa con 85 terá problemas no colexio pero pode sacar ata bachiller, mentres que unha persoa con 70 necesitará outro tipo de apoios. E volvemos ás dúbidas. Sabemos que unha persoa con 70 de intelixencia necesita apoios, un tratamento personalizado, un traballo adaptado, e unha supervisión para toda a súa vida. O sabemos? A experiencia nos di que si, e que é como mellor van... pero, e se o soño desta persoa é facer bacharelato? A desanimamos? Ou a apoiamos e que previsiblemente sufra a terrible frustración de non poder? 7
  8. 8. Rematando Máis de 1000 libros se escribiron e máis de 1000 libros se escribirán sobre psicoloxía, e de sobre como usala na vida cotiá. Como beneficiarnos dos seus coñecementos e de cómo seguir ampliándolos. Aquí non presentei ningunha técnica concreta, só ideas, conceptos, posibilidades, teorías... Con estas pinceladas non espero que se xere outra cousa que rumiacións e pensamentos, que se reflexione e que se debata, e que xere curiosidade de como analizar unha ou outra situación. Gústame pensar que a tecnoloxía non é nin boa nin mala, que depende das mans nas que estea. Iso implica dúas actitudes, a primeira que a hai que querer facer ben con ela, e a segunda que a boa vontade non é suficiente, é preciso o coñecemento do que se vai a usar. Porque do mesmo xeito que na ciencia, o interesante non é a resposta, senón a pregunta, no TPDH todo carecería de sentido sen o problema. 8

×