SlideShare a Scribd company logo
1 of 14
Download to read offline
CEQUERIL




       Jonatan Iglesias (3ºA)
A parroquia de Cequeril


             A parroquia de Santa María de Cequeril é a
             única do Concello de Cuntis que ten gran
             parte do seu territorio ao sur do río Umia,
             limitando co concello de Moraña e da Estrada.
             A aldea de Cequeril está a uns 7 quilómetros
             da capital do concello e está a 360 m de
             altitude.
             É unha parroquia cun relevo accidentado,
             montañoso, co río Umia encaixado formando
             espectaculares paisaxes.
             Ten uns 200 habitantes, a maioría anciáns e
             hai máis mulleres que homes. A poboación
             non deixa de diminuír nos últimos anos,
             repartida nos 10 núcleos rurais, todos eles
             moi pequenos: O Agro do Monte, Cequeril, A
             Corga de Abaixo, A Corga de Arriba, A Cruz,
             A Igrexa, Mato, A Penela, Sebil e Vilar de Mato
             son as entidades de poboación desta
             parroquia. É a segunda parroquia en tamaño
             do Concello, despois de Arcos.
A Igrexa de Santa María


            Esta é a igrexa parroquial. Todos os
            domingos a unha do mediodía os veciños
            de Cequeril, Vilar de Mato é Sevil asisten á
            misa. Os días 21 e 22 de agosto celébranse
            as festas.
            Aquí parece que había un templo románico
            (s. XIII) derrubado no Barroco. Dentro do
            templo hai un retábulo con pezas valiosas,
            coma un santiago Apóstolo e un relicario
            cos ósos das santas Honorata e Liberata.
            No cemiteiro, con tumbas de finais do XIX e
            comezos do XX, destacan os mausoleos
            familiares, onde se plasma a mestría dos
            canteiros da zona.
Os petroglifos




Na parroquia de Cequeril téñense atopado moitos petroglifos. Destaca o outeiro dos Campiños (á
dereita), con círculos con cruces no interior, e a Laxe dos Homes (á esquerda), con gravodos con
formas de homes e mulleres, e cabezas.
Ata hai un ano estes mesmos petroglifos non se vían, era como se non existisen porque estaban
todos tapados de toxos e silvas. A Xunta decidiu hai uns meses decidiu arranxar o camiño,
facendo un paseo onde se plantaron castiñeiros e se limparon de maleza os petroglifos.
A ponte do Ramo

           A Ponte do Ramo atravesa o río Umia,
           servindo de unión entre Cequeril e Sebil, e
           o resto do Concello. Din que esta ponte
           construírona os romanos, aínda que sufriu
           moitas reformas posteriores. A obra actual
           parece ser do século XVIII, ampliada na
           súa parte superior para construír a estrada
           que une Cuntis e Campo Lameiro.
           A ponte está moi ben conservada, aínda
           que está algo destrozada nun bordo, polos
           coches que petan contra el.
           Na ponte, segundo un estudo, celebrábase
           ata hai pouco tempo un rito de tradición
           pagá: un bautismo prenatal, `’enxembrar’
           na comarca de Cuntis, que xa fora
           prohibido polo arcebispo de Santiago en
           1747. A finalidade era evitar abortos ou
           que o fillo morrese ao pouco de nacer.
           Un pouco máis abaixo fixeron unha
           minicentral, que lle afecta ao río, ós
           pescadores e ós veciños de Sevil, ós que
           lle quitaron fincas para construíla.
A antiga escola



             Na antiga escola de Cequeril viven
             uns veciños sen recursos, pero
             agora os do Concello Cuntis queren
             arranxar a escola e non se sabe que
             vai ser desa familia.
             Tamén     se   utiliza   para   facer
             reunións de veciños e para facer
             cursiños que propón o concello
             para a xente, por exemplo un de
             manualidades. Polo menos serve
             para algo.
             A foto de abaixo é de 1966, cando
             aínda había escola en Cequeril.
A fonte do Freixo


            Esta fonte está situada nun lugar de
            Cequeril, chamado Mato. A auga vén
            dun manancial que está situado ó
            lado dos petroglifos, baixa polo
            monte, cruza a estrada e cheega á
            fonte.
            O banco que vemos fíxoo un home
            maior, que no verán vai para alí e
            séntase nel.
            A auga esa e potable e no verán a
            xente vai todas as mañás a buscar
            auga en botellas para levar para a
            casa, porque é unha auga moi fresca.
            Onde está a auga estancada, fai
            tempo houbo peixes, e os veciños
            dese lugar botábanlle de comer.
A fonte para regar as veigas


                   A fonte que estamos a ver usábase para
                  regar as veigas, pero xa fai moitos anos
                  que non se utiliza.
                  A fonte está feita de pedra, son dúas
                  pedras unha enriba da outra e no medio
                  delas o picho, por onde sae a auga.
                  A auga viña por debaixo da terra, desde
                  un pozo que había máis arriba da fonte. O
                  pozo aínda segue tendo auga, pero non
                  se utiliza para regar as veigas como
                  antes.
                  É moi posible que retiren a fonte de alí,
                  porque hai alguns veciños que viven por
                  alí e dixeron que como non se utilizaba
                  era mellor sacala de alí, pero outros
                  veciños están en contra.
A carpintería




            Este antigo taller de carpintería está
            situado no cruce da estrada que vai
            cara Moraña. Leva xa uns cantos anos
            pechado, aínda que dentro conserva
            as ferramentas do oficio. O dono do
            taller aínda vai de vez en cando para
            facer algunha cousa para a súa casa.
O antigo palco



        •
            No lugar onde se celebra a festa do 20
            de agosto aínda se mantén en pé este
            palco, onde antigamente de colocaban
            as orquestras. Agora xa non se utiliza
            porque xa veñen as orquestras co
            camión.
            O palco, de cemento e bloques é moi
            feo, e ademias está moi malas
            condicións. Ao seu penoso esrtado
            contribúen os vándalos que o estragan
            porque si.
As casas



           Esta casa non me gusta porque está
           moi descuidada, mesmo ten algún
           cristal roto. Está feita de pedra pero
           con engadidos e con portas, ventás
           e o balcón que non lle quedan ben.
           Cunha boa restauración podería ser
           unha fermosa casa de labrego.
As casas


           A min esta casa paréceme moi bonita
           porque é de pedra e foi restaurada case
           totalmente.
           Esta casa está así desde fai un ano
           máis ou menos. Antes era unha casa
           desas vellas que estaba a caer coma
           moitas outras. Un señor comprouna e
           decidiu amañala.
           Esta casa como podedes ver é moi
           grande, feita de cachotes de pedra. Pola
           parte que estamos a ver na imaxe ten
           un porche moi grande e pola outra ten
           un garaxe tamén grande. A casa non
           está   rematada,   fáltalle   facer   unha
           entrada.
Vilar de Mato




A aldea de Vilar de Mato forma un conxunto de arquitectura rural de valor. As casas dispóñense
en liña, ás beiras dunha antiga vía romana. Arredor das casas están as veigas cultivadas. Ao
fondo, debaixo dos eucaliptos descorre o río Umia. No conxunto destacan negativamente
algunhas das casas construídas fóra do núcleo, os tellados de uralita no centro, os cercados con
postes de cemento e os casetos das fincas. Na aldea hai que destacar tamén a gran cantidade de
hórreos, algúns abandonados.
Cequeril

More Related Content

What's hot

What's hot (19)

A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader SandeA Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
 
Xinzo
XinzoXinzo
Xinzo
 
Mesego E Zoo
Mesego E ZooMesego E Zoo
Mesego E Zoo
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna
 
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGROAPROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
 
Vanesa Trasponte
Vanesa TrasponteVanesa Trasponte
Vanesa Trasponte
 
Riamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecerRiamonte, un lugar para coñecer
Riamonte, un lugar para coñecer
 
Condución da auga
Condución da augaCondución da auga
Condución da auga
 
O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)
 
Arcos De Furco
Arcos De FurcoArcos De Furco
Arcos De Furco
 
Guimarei
GuimareiGuimarei
Guimarei
 
Fábrica da luz
Fábrica da luzFábrica da luz
Fábrica da luz
 
Grolos
GrolosGrolos
Grolos
 
Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 
Os nosos ríos
Os nosos ríosOs nosos ríos
Os nosos ríos
 
Riamonte
RiamonteRiamonte
Riamonte
 
Fontes, pozos, lavadoiros
Fontes, pozos, lavadoirosFontes, pozos, lavadoiros
Fontes, pozos, lavadoiros
 
Santa euxea1
Santa euxea1Santa euxea1
Santa euxea1
 
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoirosA auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
A auga na cultura galega: fontes, pozos, lavadoiros
 

Viewers also liked (16)

Iª exposición fqf
Iª exposición fqfIª exposición fqf
Iª exposición fqf
 
Magán
MagánMagán
Magán
 
Manuel correa
Manuel correaManuel correa
Manuel correa
 
A CastañA
A CastañAA CastañA
A CastañA
 
Historia de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e XuliaHistoria de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e Xulia
 
Sabina sanmartín
Sabina sanmartínSabina sanmartín
Sabina sanmartín
 
Matanza
MatanzaMatanza
Matanza
 
Dinora Campos
Dinora CamposDinora Campos
Dinora Campos
 
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín ReyManuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
 
O liño
O liñoO liño
O liño
 
Cuntis, O Baño
Cuntis, O BañoCuntis, O Baño
Cuntis, O Baño
 
Exposición Museo (novembro)
Exposición Museo (novembro)Exposición Museo (novembro)
Exposición Museo (novembro)
 
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro FernándezMarina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
 
Eva Gesto.key
Eva Gesto.keyEva Gesto.key
Eva Gesto.key
 
As Nosas Avoas
As Nosas AvoasAs Nosas Avoas
As Nosas Avoas
 
A ESCOLA DA DITADURA
A ESCOLA DA DITADURAA ESCOLA DA DITADURA
A ESCOLA DA DITADURA
 

Similar to Cequeril

Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloxistina
 
A auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augaA auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augamonadela
 
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBO turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBmarloga
 
Lendas do Lenguelle
Lendas do LenguelleLendas do Lenguelle
Lendas do Lenguellepri inter
 
Traballo dos muíños
Traballo dos muíñosTraballo dos muíños
Traballo dos muíñosPILI
 
Muíños de marea
Muíños de mareaMuíños de marea
Muíños de mareamonadela
 
Proxecto Ríos: muíños da comarca .pdf
Proxecto Ríos: muíños da comarca .pdfProxecto Ríos: muíños da comarca .pdf
Proxecto Ríos: muíños da comarca .pdfCruz902958
 
Proxecto Ríos: toponimia
Proxecto Ríos: toponimiaProxecto Ríos: toponimia
Proxecto Ríos: toponimiaCruz902958
 
Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte bibliolois
 
san miguel de cora
san miguel de corasan miguel de cora
san miguel de coracurradbc
 
Neda, A costa
Neda, A costaNeda, A costa
Neda, A costamonadela
 
C:\Fakepath\Museo Rio Lerez 2010 Definitivo
C:\Fakepath\Museo Rio Lerez 2010 DefinitivoC:\Fakepath\Museo Rio Lerez 2010 Definitivo
C:\Fakepath\Museo Rio Lerez 2010 DefinitivoArsenio Núñez
 
Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)tamaruskio
 

Similar to Cequeril (20)

Arquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concelloArquiitectura dos ríos do noso concello
Arquiitectura dos ríos do noso concello
 
Os muíños
Os muíñosOs muíños
Os muíños
 
A auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da augaA auga na cultura galega: Transporte da auga
A auga na cultura galega: Transporte da auga
 
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºBO turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
 
Cuntis, O BañO
Cuntis, O BañOCuntis, O BañO
Cuntis, O BañO
 
Lendas do Lenguelle
Lendas do LenguelleLendas do Lenguelle
Lendas do Lenguelle
 
RÍO LENGUELLE
RÍO LENGUELLERÍO LENGUELLE
RÍO LENGUELLE
 
Traballo dos muíños
Traballo dos muíñosTraballo dos muíños
Traballo dos muíños
 
Touro
TouroTouro
Touro
 
Muíños de marea
Muíños de mareaMuíños de marea
Muíños de marea
 
Proxecto Ríos: muíños da comarca .pdf
Proxecto Ríos: muíños da comarca .pdfProxecto Ríos: muíños da comarca .pdf
Proxecto Ríos: muíños da comarca .pdf
 
Proxecto Ríos: toponimia
Proxecto Ríos: toponimiaProxecto Ríos: toponimia
Proxecto Ríos: toponimia
 
O relevo en galicia (8)
O relevo en galicia (8)O relevo en galicia (8)
O relevo en galicia (8)
 
Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte
 
san miguel de cora
san miguel de corasan miguel de cora
san miguel de cora
 
Formas tradicionais da cerámica popular Terra Chá Bonxe
Formas tradicionais da cerámica popular Terra Chá BonxeFormas tradicionais da cerámica popular Terra Chá Bonxe
Formas tradicionais da cerámica popular Terra Chá Bonxe
 
Carballo
CarballoCarballo
Carballo
 
Neda, A costa
Neda, A costaNeda, A costa
Neda, A costa
 
C:\Fakepath\Museo Rio Lerez 2010 Definitivo
C:\Fakepath\Museo Rio Lerez 2010 DefinitivoC:\Fakepath\Museo Rio Lerez 2010 Definitivo
C:\Fakepath\Museo Rio Lerez 2010 Definitivo
 
Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)
 

More from Heladio Anxo Fernández (8)

A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra Mundial
 
A grande guerra
A grande guerraA grande guerra
A grande guerra
 
Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_
 
MediacióN Pasos
MediacióN PasosMediacióN Pasos
MediacióN Pasos
 
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 101ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
 
II República (1931-1936)
II República (1931-1936)II República (1931-1936)
II República (1931-1936)
 
Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)
 
Auga Para Vivir
Auga Para VivirAuga Para Vivir
Auga Para Vivir
 

Cequeril

  • 1. CEQUERIL Jonatan Iglesias (3ºA)
  • 2. A parroquia de Cequeril A parroquia de Santa María de Cequeril é a única do Concello de Cuntis que ten gran parte do seu territorio ao sur do río Umia, limitando co concello de Moraña e da Estrada. A aldea de Cequeril está a uns 7 quilómetros da capital do concello e está a 360 m de altitude. É unha parroquia cun relevo accidentado, montañoso, co río Umia encaixado formando espectaculares paisaxes. Ten uns 200 habitantes, a maioría anciáns e hai máis mulleres que homes. A poboación non deixa de diminuír nos últimos anos, repartida nos 10 núcleos rurais, todos eles moi pequenos: O Agro do Monte, Cequeril, A Corga de Abaixo, A Corga de Arriba, A Cruz, A Igrexa, Mato, A Penela, Sebil e Vilar de Mato son as entidades de poboación desta parroquia. É a segunda parroquia en tamaño do Concello, despois de Arcos.
  • 3. A Igrexa de Santa María Esta é a igrexa parroquial. Todos os domingos a unha do mediodía os veciños de Cequeril, Vilar de Mato é Sevil asisten á misa. Os días 21 e 22 de agosto celébranse as festas. Aquí parece que había un templo románico (s. XIII) derrubado no Barroco. Dentro do templo hai un retábulo con pezas valiosas, coma un santiago Apóstolo e un relicario cos ósos das santas Honorata e Liberata. No cemiteiro, con tumbas de finais do XIX e comezos do XX, destacan os mausoleos familiares, onde se plasma a mestría dos canteiros da zona.
  • 4. Os petroglifos Na parroquia de Cequeril téñense atopado moitos petroglifos. Destaca o outeiro dos Campiños (á dereita), con círculos con cruces no interior, e a Laxe dos Homes (á esquerda), con gravodos con formas de homes e mulleres, e cabezas. Ata hai un ano estes mesmos petroglifos non se vían, era como se non existisen porque estaban todos tapados de toxos e silvas. A Xunta decidiu hai uns meses decidiu arranxar o camiño, facendo un paseo onde se plantaron castiñeiros e se limparon de maleza os petroglifos.
  • 5. A ponte do Ramo A Ponte do Ramo atravesa o río Umia, servindo de unión entre Cequeril e Sebil, e o resto do Concello. Din que esta ponte construírona os romanos, aínda que sufriu moitas reformas posteriores. A obra actual parece ser do século XVIII, ampliada na súa parte superior para construír a estrada que une Cuntis e Campo Lameiro. A ponte está moi ben conservada, aínda que está algo destrozada nun bordo, polos coches que petan contra el. Na ponte, segundo un estudo, celebrábase ata hai pouco tempo un rito de tradición pagá: un bautismo prenatal, `’enxembrar’ na comarca de Cuntis, que xa fora prohibido polo arcebispo de Santiago en 1747. A finalidade era evitar abortos ou que o fillo morrese ao pouco de nacer. Un pouco máis abaixo fixeron unha minicentral, que lle afecta ao río, ós pescadores e ós veciños de Sevil, ós que lle quitaron fincas para construíla.
  • 6. A antiga escola Na antiga escola de Cequeril viven uns veciños sen recursos, pero agora os do Concello Cuntis queren arranxar a escola e non se sabe que vai ser desa familia. Tamén se utiliza para facer reunións de veciños e para facer cursiños que propón o concello para a xente, por exemplo un de manualidades. Polo menos serve para algo. A foto de abaixo é de 1966, cando aínda había escola en Cequeril.
  • 7. A fonte do Freixo Esta fonte está situada nun lugar de Cequeril, chamado Mato. A auga vén dun manancial que está situado ó lado dos petroglifos, baixa polo monte, cruza a estrada e cheega á fonte. O banco que vemos fíxoo un home maior, que no verán vai para alí e séntase nel. A auga esa e potable e no verán a xente vai todas as mañás a buscar auga en botellas para levar para a casa, porque é unha auga moi fresca. Onde está a auga estancada, fai tempo houbo peixes, e os veciños dese lugar botábanlle de comer.
  • 8. A fonte para regar as veigas A fonte que estamos a ver usábase para regar as veigas, pero xa fai moitos anos que non se utiliza. A fonte está feita de pedra, son dúas pedras unha enriba da outra e no medio delas o picho, por onde sae a auga. A auga viña por debaixo da terra, desde un pozo que había máis arriba da fonte. O pozo aínda segue tendo auga, pero non se utiliza para regar as veigas como antes. É moi posible que retiren a fonte de alí, porque hai alguns veciños que viven por alí e dixeron que como non se utilizaba era mellor sacala de alí, pero outros veciños están en contra.
  • 9. A carpintería Este antigo taller de carpintería está situado no cruce da estrada que vai cara Moraña. Leva xa uns cantos anos pechado, aínda que dentro conserva as ferramentas do oficio. O dono do taller aínda vai de vez en cando para facer algunha cousa para a súa casa.
  • 10. O antigo palco • No lugar onde se celebra a festa do 20 de agosto aínda se mantén en pé este palco, onde antigamente de colocaban as orquestras. Agora xa non se utiliza porque xa veñen as orquestras co camión. O palco, de cemento e bloques é moi feo, e ademias está moi malas condicións. Ao seu penoso esrtado contribúen os vándalos que o estragan porque si.
  • 11. As casas Esta casa non me gusta porque está moi descuidada, mesmo ten algún cristal roto. Está feita de pedra pero con engadidos e con portas, ventás e o balcón que non lle quedan ben. Cunha boa restauración podería ser unha fermosa casa de labrego.
  • 12. As casas A min esta casa paréceme moi bonita porque é de pedra e foi restaurada case totalmente. Esta casa está así desde fai un ano máis ou menos. Antes era unha casa desas vellas que estaba a caer coma moitas outras. Un señor comprouna e decidiu amañala. Esta casa como podedes ver é moi grande, feita de cachotes de pedra. Pola parte que estamos a ver na imaxe ten un porche moi grande e pola outra ten un garaxe tamén grande. A casa non está rematada, fáltalle facer unha entrada.
  • 13. Vilar de Mato A aldea de Vilar de Mato forma un conxunto de arquitectura rural de valor. As casas dispóñense en liña, ás beiras dunha antiga vía romana. Arredor das casas están as veigas cultivadas. Ao fondo, debaixo dos eucaliptos descorre o río Umia. No conxunto destacan negativamente algunhas das casas construídas fóra do núcleo, os tellados de uralita no centro, os cercados con postes de cemento e os casetos das fincas. Na aldea hai que destacar tamén a gran cantidade de hórreos, algúns abandonados.