Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×

Hollywood ❤️ URSS

Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Cargando en…3
×

Eche un vistazo a continuación

1 de 12 Anuncio

Más Contenido Relacionado

Similares a Hollywood ❤️ URSS (20)

Más de filmotecaforum (20)

Anuncio

Hollywood ❤️ URSS

  1. 1. A Revolución Rusa de 1917 e o seu impacto na política europea alentou nos Estados Unidos a primeira vaga da “Red Scare”, o medo á ameaza vermella, unha paranoia alimentada polas grandes folgas deses anos promovidas pola Industrial Workers of the World (os “Wobblies”). O delirante pánico a unha revolución bolxevique en solo americano exacerbou os sentimentos patrióticos, a defensa dos valores conservadores e o anticomunismo, estratexia da que participou durante anos con certo entusiasmo o cinema de Hollywood. Imaxe: Outubro (Sergei Eisenstein, 1927).
  2. 2. A prosperidade económica dos anos 20 fixo minguar o medo ao comunismo. A fe no crecemento decae co crack de 1929, que inspira cambios na creación de discursos e favorece a gratificante explosión do cinema “pre-Code”, coa crítica implícita a un sistema inxusto. En 1933 chega á presidencia Franklin Delano Roosevelt, que establece unha política intervencionista para a recuperación, o “New Deal”. Roosevelt normalizou relacións coa Unión Soviética, país que oficialmente os Estados Unidos non quixera recoñecer durante a década anterior. Imaxe: Vincenzo Laviosa – Google Art Prject. Dominio público.
  3. 3. Aínda así, na cultura popular e no cinema dos 30 prevaleceu unha visión chea de prexuízos sobre a URSS comunista, aínda que fose desde a perspectiva do humor.
  4. 4. O 22 de xuño de 1941 Alemaña inicia a invasión da URSS e proclama oficialmente a guerra. Uns meses despois, o 7 de decembro, Xapón ataca Pearl Harbor, un episodio que forza a entrada dos Estados Unidos na Segunda Guerra Mundial. As dúas potencias opostas pasaban a ser aliadas necesarias (tamén con China e o Reino Unido) na loita contra o fascismo. Imaxe: destrución do USS Arizona durante o ataque de Pearl Harbor. Dominio público.
  5. 5. Iso supuña a necesidade urxente de mudar a percepción da cidadanía americana sobre a agora amiga Unión Soviética. O goberno de Roosevelt tomou moi en serio o empeño, que puxo en mans da Office of War Information. Dentro da OWI operaba o Bureau of Motion Pictures, que se encargaba de asesorar a Hollywood sobre como apoiar o esforzo bélico. Nun manual redactado para a industria do cinema recoméndase expresamente poñer énfase na resistencia heroica do pobo soviético e a súa futura vitoria sobre o invasor alemán: “We Americans reject communism, but we do not reject our Russian ally”.
  6. 6. Nun contexto de fomento gobernamental da simpatía pola Unión Soviética, os principais estudios de Hollywood responden producindo filmes que se axustan á recomendación oficial: Samuel Goldwyn con The North Star (1943), MGM con Song of Russia (1944), United Artist con Three Russian Girls (1943), a Warner con Mission to Moscow (1943), a RKO con Days of Glory (1944) e a Columbia con Boy from Staingrad (1943) e Counter Attack (1945).
  7. 7. Anne Baxter, Dana Andrews, Farley Granger, Jane Withers, Walter Huston, Walter Brennan e Erich von Stroheim integran o espectacular elenco de The North Star (1943), dirixida por Lewis Milestone a partir dun guión de Lillian Hellman e con música de Aaron Copland. O guión e a música recibiron dúas das seis candidaturas ao Oscar que obtivo o filme, un relato da organización popular contra os alemáns nunha bucólica vila ucraína.
  8. 8. En Song of Russia (Gregory Ratoff, 1944) Robert Taylor é un director de orquestra que se namora dunha moza soviética (Susan Peters, actriz de vida tráxica) e casa con ela en vésperas da invasión alemá. O filme é outro canto á resistencia heroica da nación e a súa defensa da cultura.
  9. 9. Mission to Moscow (Michael Curtiz, 1943) é o exemplo máis fascinante deste breve período. Baseada no moi vendido libro de memorias dun embaixador americano na URSS, Joseph E. Davies, contou coa intervención expresa deste no esforzo por xerar simpatías pola URSS, mesmo xustificando a “necesidade” das purgas de Stalin ou o pacto con Hitler. Non funcionou ben nos EEUU, mais pola contra foi un dos primeiros filmes de Hollywood en ter distribución en case unha década, logo das restricións impostas polo estalinismo contra a influencia cultural estranxeira, e foi eloxiada pola prensa nacional.

×