Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×

R4 sociais 6

Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Cargando en…3
×

Eche un vistazo a continuación

1 de 2 Anuncio
Anuncio

Más Contenido Relacionado

Anuncio

Similares a R4 sociais 6 (16)

Anuncio

Más reciente (20)

R4 sociais 6

  1. 1. RESUMEN TEMA 4 Europa componse de cincuenta países ou estados. Europa é un continente pequeno con moitos países, debido a que durante o último século, viviron numerosos enfrontamentos, o que fixo que modificaran frecuentemente as súas fronteiras. Os máis importantes foron a Primeira e a Segunda Guerra Mundial. Algunhas peculiaridades que afectan ao continente europeo son que nel se atopa o país máis pequeno do mundo (O Vaticano) e tamén o máis grande (Rusia). Por outra banda, é preciso que saibamos que algúns dos países europeos se sitúan entre dous continentes (Europa e Asia), como é o caso da propia Rusia e de Turquía. Hai países europeos que teñen territorios noutros continentes, como é o caso de España, que posúe Ceuta e Melilla en África, ou Francia, que mantén os territorios da Güiana Francesa en América e algunhas illas no Pacífico e no Índico. Europa é un continente moi urbanizado, xa que case o 75% da poboación vive en cidades. As cidades máis importantes de Europa son: Londres, París, Berlín e Moscova. A Unión Europea é unha organización formada por 28 Estados europeos que comparten un mesmo desexo: traballar xuntos para acadar un futuro mellor. En 1950 asinouse o Tratado de París, polo que se creaba a Comunidade Económica do Carbón e o Aceiro, formada por Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e os Países Baixos. Estes mesmos países asinaron en 1957 o Tratado de Roma, polo que se creou a Comunidade Económica Europea (CEE). O seu obxectivo era, como o seu propio título indica, económico; nomeadamente, trataba de organizar un mercado común europeo. En 1992 asinouse o Tratado de Maastricht e con el aparece a Unión Europea tal e como a coñecemos hoxe. O seu obxectivo era fortalecer a economía e crear unha unión política. Neste momento eran doce os estados que a compoñían: os seis iniciais e, a maiores, Reino Unido, Irlanda, Dinamarca, Grecia, España e Portugal. Uns países aos que, co paso dos anos, se foron unindo outros ata conformar os 28 estados actuais. Institucións da UE: para poder acadar os obxectivos propostos, a UE conta con: O Consello da Unión Europea. Está composto por xefes de Estado e Goberno dos países membros. O seu cometido é aprobar as leis propostas pola Comisión Europea, coordinar as políticas económicas e desenvolver a política exterior e de seguridade da UE. O Parlamento Europeo. Está formado polos representantes elixidos polos cidadáns de cada un dos países membros. A súa tarefa é aprobar leis e controlar o resto das institucións da UE. A Comisión Europea. Está integrada por comisarios elixidos polos gobernos dos países que compoñen a UE, mais polo Parlamento. O Tribunal de Xustiza. Está constituído por un xuíz ou xuíza de cada un dos estados membros. Ocúpase de que as leis da Unión Europea se cumpran. Existen outras institucións como o Tribunal de Contas e o Banco Central Europeo, que se ocupan de cuestións económicas. España é un país democrático, e como en todos os países democráticos, existen tres poderes que se atopan separados para controlárense os uns aos outros. -O poder lexislativo. Está en mans do Parlamento ou tamén chamadas Cortes Xerais. A súa función é elaborar as leis e facer que se cumpran. -O poder executivo. Está en mans do Goberno, un órgano que se encarga de gobernar o país e que se apliquen as leis. O Goberno debe ser elixido mediante un sufraxio universal (dereito de voto de todos os cidadáns e cidadás maiores de 18 anos). -O poder xudicial. O seu labor é xulgar aos que incumpren as leis. Deste quefacer ocúpanse os Tribunais de Xustiza.  España é un país democrático, cunha monarquía parlamentaria. Isto quere dicir que o seu xefe de Estado é un rei. O monarca, entre outras funcións, exerce de representante de España noutros países e de mando supremo das Forzas Armadas. O rei ou monarca herda o poder do seu pai, ben sexa por que este decide deixar en vida o trono (proceso que se coñece co nome de abdicación), ou ben pola súa morte. O actual monarca español é Felipe VI. O Goberno encárgase de dirixir o Estado. Está constituído por un presidente (elixido polo Congreso dos deputados e nomeado polo monarca) e os ministros e ministras. As Cortes Xerais son as encargadas de elaborar as leis e de controlar o Goberno. Están formadas por dúas cámaras:  *O Congreso dos Deputados, do que forman parte 350 deputados e deputadas.  *O Senado, composto por 259 senadores e senadoras. A Constitución é o texto legal que regula o funcionamento de todos os organismos citados anteriormente cun obxectivo claro: garantir os dereitos e as liberdades da cidadanía. Galicia é unha Comunidade autónoma histórica porque, xunto con Cataluña e País Vasco, comezou o seu proceso de formación moito antes que as do resto do país. Fíxoo concretamente durante a II República (1931-1939) O Estatuto de autonomía é a lei suprema da Comunidade autónoma, aprobado en 1980. Galicia conta co goberno da Xunta de Galicia, un Parlamento e un Tribunal de Xustiza. Os símbolos de Galicia son os seguintes:  A bandeira: é branca atravesada por unha banda diagonal azul que vai desde o extremo superior esquerdo ata o extremo inferior dereito. No centro aparece o escudo de Galicia.  O escudo: está formado por un cáliz de ouro, cunha hostia enriba e sete cruces prateadas ao redor, sobre un fondo azul. O himno: está conformado polos versos do poema Os pinos, de Eduardo Pondal, musicados por Pascual Veiga. Galicia aparece nomeada como o fogar de Breogán.

×