Sabela, a nosa profe dos cogomelos...
Un día pola mañá presentouse Sabela (unha alumna de 6º) cunha caixa chea de cogomelos e fixo
unha brillante e interesante exposición sobre tipos, características, comestibilidade,... En fin,
que xa era hora de comer e ao que máis ou que menos lle apetecía algún deles en tortilla, cunha
allada,...
Os nenos e nenas prestaron moita atención e preguntaron a
Sabela que respondeu sen dubidar. Pouco a pouco foinos
presentando un a un todos os cogomelos da caixa.
Ao final a exposición quedou aberta para que todos/as a poidésemos cotemplar.
AMANITA MUSCAREA
ENDL CEIP BERGANTIÑOS