8.
Árbore propia de zonas de
montaña, de copa cónica,
ramificada desde a base,
e coa follaxe moi densa
cando medra illado. Pode
acadar os 5 m de altura.
TALO
O toro é recto coa tona
lisa de cor verde-gris e
coas ponlas máis verdes.
9.
FOLLAS
Simples e alternas,
coirentas e brillantes, co
limbo de forma elíptica
coa beira dentada e
espiñenta e cor verde
escura. Nas ponlas altas
dos exemplares adultos
aparecen follas sen
espiñas.
10.
FLORES
Son xeralmente unisexuais e
nacen en pés separados.
Son de cor branca-rosada,
con catro sépalos e catro
pétalas e aparecen nas
axilas das follas illadas ou en
acios. Nos exemplares
masculinos teñen catro
estames, no femininos un
pistilo globoso e nos
hermafroditas todo xunto
11.
FROITOS
Bagas de forma esférica e
cor encarnada de menos de
1 cm de diámetro.
12.
UTILIDADE
Xardinería
Coa tona do acivro facíase o
visgo ou liga para cazar
paxaros.
CURIOSIDADES
As follas e os froitos son
tóxicos para as persoas.
En estado silvestre está
protexida.
13.
As folerpas auleando polos cómaros,
aristas do silencio como espías,
mandan a súa mensaxe ao corazón do solitario:
vermello do grial en río quente
conmovendo as raices dos acibos.
Manuel Lourenzo en “Santuario”
14.
Acacia, albicia
Albizzia julibrissin
acacia de Constantinopla
albizia, árbol de la seda, acacia de Persia
persian silk tree
arbre de soie
15.
Árbore orixinaria de Asia subtropical (Irán,
China, Taiwán…).
A copa ten forma de parasol coas ponlas
horizontais.
TALO
Toro leñoso, cilíndrico e dereito. A tona é
de cor gris con finas fendas verticais.
16.
FOLLAS
Doblemente compostas, pinnadas e alternas. Compostas por
foliolos pequenos de forma de forma oval-alongada en
posición oblícua, de cor verde viva e coa beira enteira.
17.
FLORES
Espidas, agrupadas
en cabezas
globosas de cor
amarela ou rosa,
moi perfumadas.
Polinízanso por
insectos.
18.
FROITOS
Vaíñas alongadas e carnosas e
forma de cinta con varias sementes
de forma oval aplanada.
As sementes caen ao abrir o froito
cando seca.
22.
Árbore de copa aberta e
estendida que raramente supera
os 2 m de altura.
23.
TALO
Toro leñoso curto, moi
ramificado coa tona de
cor castaña avermellada
con estrías finas.
As ponlas son
cilíndricas.
24.
FOLLAS
Simples, escamiformes,
opostas de 1 mm de lonxitude
de cor verde escura.
25.
FLORES
Conos masculinos de cor amarela,
situados no remate das ponlas
novas. Conos femininos globulares.
FROITOS
Conos leñosos esféricos que se
abren para soltar as sementes.
26.
DATA DE PLANTACIÓN: 2001
UTILIDADE: ornamental
27.
“O ALCIPRÉS E A ERMIDA”,
Millenta soles deron volta ó mundo
desque unha santa man benedictina
chantou en terra este alciprés altivo
cabo da ermida.
As sedentas raíces alongadas
ó maino río, as ponlas arrandea
na luminosa outura dos frolidos
campos de estrelas.
O tronco forte, ríxido e cincento
enmantado en follaxe verdemouro,
vive sereo, estático, calado,
místico ensono. .....
Ramón Cabanillas en “Samos”, 1958.
28.
árbore do amor, árbore de Xudea
Cercis siliquastrum
árbol del amor, algarrobo loco
Judas-tree.
arbre de Judée
olaia
29.
Árbore orixinaria do
Mediterráneo oriental que
pode acadar os 10 m de
altura. A copa é irregular e
algo colgante.
TALO
Toro leñoso coa tona escura,
case negra, con fisuras finas
e rectas.
30.
FOLLAS
Simples, alternas, co
limbo case redondo coa
base acorazonada (10
cm de lonxitude) e coa
beira enteira. O peciolo
mide de 8 a 10 cm de
lonxitude.
31.
FLORES
Simples,
hermafroditas,
leguminosas, de cor
rosa. Agrúpanse en
pequenos ramiños
de 3-8 que saen nas
ponlas vellas e no
toro.
Polinízanse por
insectos.
32.
FROITOS
Legumes de 5 a 9 cm de
lonxitude verdes ou
vermellas cando son novas e
castañas na madurez.
Ábrense e deixan libres as
sementes.
35.
Arce
Acer palmatum
arce japonés
japanese maple
érable palmé
bordo japonês
36.
Árbore de pequeno tamaño
que pode acadar 8 m de
altura.
TALO
Toro dereito, moi ramificado,
coa tona lisa, parda ou gris
e con estrías máis clara.
37.
FOLLAS
Simples, opostas, co limbo de forma
palmeada (5-10 cm de lonxitude)
dividida en 7, 7 ou 9 lóbulos agudos coa
beira serrada de cor verde crara, e cun
peciolo de 3-5 cm de lonxitude.
No outono póñense de cores moi
vistosas desde amarela clara ata
púrpura.
38.
FLORES
Agrupadas en pequenas
cimas. Cada flor ten 5
sépalos de cor vermella
ou púrpura, e 5 pétalos
brancos.
39.
FROITOS
Dobles sámaras de 2 cm de
lonxitude, coas ás en ángulo
obtuso.
40.
UTILIDADE
Para xardíns e bonsais.
Cultivado polos
xaponeses desde hai
moitos anos e en
Europa desde o século
XIX.
43.
Árbore común en toda Europa
Central e Septentrional.
De crecemento rápido, prefire
as zonas húmidas de media e
grande altitude.
A copa é cónica e estreita nos
exemplares novos e máis
redondeada e coas ponlas
colgantes nos vellos. Pode
acadar os 20 m de altura.
44.
TALO
O toro está cuberto por unha tona
lisa de cor branca prateada con liñas
horizontais grises. As ponlas novas
teñen a tona de cor púrpura.
45.
FOLLAS
Simples, de forma romboidal ou ovo-
triangular coa beira doblemente
dentada. Miden de 2 a 6 cm de
lonxitude e son de cor verde escura.
O peciolo é cilíndrico e longo.
46.
FLORES
As flores femininas son
acios de 5 ou 6 amentos de
cor verde pálida. As flores
masculinas son amentos de
cor amarela pálida de 2 a 3
cm de lonxitude.
Aparecen no verán antes da
caída das follas e abren en
febreiro-marzo.
47.
FROITOS
Aquenios de
pequeno tamaño,
de forma oval-
aplanada e con
dúas ás, agrupados
nunha falsa piña
que se desfai no
outono ao madurar.
49.
UTILIDADE
Á madeira, branda e lixeira, úsase para
facer cestos, zocas, culleres...
50.
GÁNDARA
A Floro L. Cuevillas
Naquel biduído dos bidos louzanos
o páxaro Sol non pía os seus raios,
e morre de amor.
Naquel biduído dos lanzales bidos
o páxaro Sol non criba os seus píos
e morre de amor.
Fermín Bouza Brey “Nao senlleira”, 1933.
51.
camelia
Camelia japonica
japanese camellia
camélia
camelia
52.
Árbore de folla perenne
orixinaria do Xapón, moi
abundante en Galicia
sobre todo nas Rías
Baixas onde se cultiva
desde hai máis de cen
anos.
53.
TALO
O toro ten a tona de cor
verdosa ou castaña-gris e as
ponlas ascendentes saen case
desde o pé.
54.
FOLLAS
Simples, alternas,
elíptico-apuntadas, coa
beira suavemente
serrada, de ata 10 cm,
coa superficie lisa,
coirenta e brillante.
55.
FLORES
Simples e completas, con 6
pétalos redondeados de cores
diferentes segundo a
variedade (branca, rosa ou
vermella), un pistilo e
numerosos estames de cor
amarela.
56.
As variedades cultivadas
adoitan ser estériles por
teren os órganos
reprodutores transformados
en pétalos.
A do Instituto é de cor
branca.
57.
FROITOS
Cápsulas duras e
leñosas de forma
esférica de entre 2
e 5 cm de diámetro.
Ao abrir soltan
varias sementes
grandes e duras.
58.
UTILIDADE
Planta ornamental.
O cultivo de camelias ten unha gran tradición en Galicia onde se celebran varios
concursos e festas de exaltación. Existen máis de mil variedades que se
distinguen polo tamaño, a forma e a cor das súas flores.
59.
Data de plantación:
cando se fixo o centro,
En 1990.
60.
Carballo americano
Quercus rubra
roble americano
northern red oak
chêne rouge d'Amérique
carvalho vermelho americano
61.
Árbore orixinaria de
América do Norte, de
copa cónica cando é
nova e en forma de
cúpula cando é máis
vella. Pode medir ata
35 m de altura.
62.
TALO
Toro macizo e curto, con
ponlas grandes e fortes que
ascenden ou alónxanse
ordeadas en pisos.
A tona é de cor gris
prateada crara, lisa. Co
tempo fórmanse fendas.
63.
FOLLAS
Simples, de 10 a 25 cm de
lonxitude. O limbo é oval e está
dividido en lóbulos rematados en
tres dentes.
O peciolo é cilíndrico e mide de
2 a 3 cm.
Antes de caír mudan de cor
podendo chegar a porse
vermellas nos terreos ácedos.
64.
FLORES
MASCULINAS: amentos
delgados e amarelos, pouco
mestos.
FEMININAS: individuais,
espidas.
Polinización polo vento.
65.
FROITOS
De forma ovoide, duros e
lisos, de cor parda
encarnada escura, metidos
parcialmente nunha cúpula
escamosa.
Tardan dous anos en
completar o seu
desenvolvemento.
As sementes dispérsanse
caendo da árbore ou polos
animais.
68.
Carballo
Quercus robur
roble
oak
chêne
carvalho
69.
CARBALLO (Quercus robur)
Árbore de copa alta e ancha.
Pode acadar os 45 m de
altura.
É a árbore autóctona máis
representativa, común en toda
Galicia, especialmente en
alturas inferiores aos 800 m.
70.
O toro é moi ramificado, coa
tona de cor gris ou castaña
con fisuras verticais.
71.
FOLLAS
Simples, ovais e lobuladas, de
10-12 cm de lonxitude e 8 cm de
anchura, de cor verde escura
mate co peciolo curto.
72.
FLORES
Pouco aparentes. As masculinas,
amarelas, agrúpanse en amentos
delgados de uns 4 cm. As femininas,
espidas, de forma globosa, de cor
parda cos estigmas vermellos. Nacen
en grupos de 2 a 4 nos agromos
novos.
Polinízase polo vento.
Florece de febreiro a marzo.
73.
FROITOS
As landras son froitos
secos, miden de 3 a 4
cm de longo e entre
1,5 e 2 cm de ancho.
Aparecen, en grupos
de 2 a 4, sobre rabiños
de 4 a 6 cm de
lonxitude.
74.
É frecuente atopar
sobre os carballos
distintas formacións
producidas pola
reacción da árbore ás
postas de diferentes
insectos (bugallos ou
cocos, mazáns de
cuco...)
75.
No centro hai catro carballos
Plantados de semente.
O máis antigo ten 15 anos.
76.
USOS:
Madeira dura e de boa calidade,
resistente á putrefacción (mesmo na
auga) para móbeis, recipientes,
ferremantas e construción.
As ponlas novas fendidas en tiras
úsanse para facer cestas.
As landras utilízanse como alimento
para os porcos.
77.
O CARBALLO
Cando soio, ó serán, vou paseniño
cara ó fogar, de volta do traballo.
sempre detén meus ollos un carballo
ergueito nun mallón, sobre o camiño.
Lanzal o tronco, as ponlas alongadas,
o follaxe en dosel, forte, senlleiro,
ten a medosa traza dun guerreiro
vixiante de castros e valgadas.
Ó chegar ó pé del na atardecida,
da lexendaria edade saudoso,
quixérao ver cadeira frorecida
dun rei celta, barbudo, fazañoso,
ou soleada, verdecente ermida
dun santiño aldeán e miragroso.
Ramón Cabanillas.
DA TERRA ASOBALLADA
79.
Árbore Orixinaria de
América do Norte onde os
indios lle chaman árbore
dos cigarros pola forma dos
froitos.
A copa é ampla, extendida
e clara. Pode medir ata l5-
20 m de altura.
80.
TALO
Toro cilíndrico, curto e xeralmente
curvado coas ponlas ascendentes ou
extendidas e ás veces curvadas.
A tona é castaña ou agrisada, nun
comezo lisa e a medida que envellece
despréndese en escamas
redondeadas ou rectangulares.
81.
FOLLAS
Simples, opostas ou en verticilos
de tres, co limbo acorazonado (10-
20 cm de lonxitude) e a beira
enteira. O envés está cuberto de
pequenos peliños.
O peciolo é cilíndrico e longo, de 6
a 10 cm de lonxitude.
Toda a folla desprende un cheiro
desagradable cando se espreme.
No outono póñense amarelas.
82.
FLORES
Completas, (3-5 cm de
anchura) con cinco pétalos
soldados de cor branca
con manchas encarnadas
no interior. Agrúpanse en
acios xeralmente ergueitos
de ata 20 cm de lonxitude.
Polinízanse por insectos.
83.
FROITOS
Legumes cilíndricas
grandes (30 cm de
lonxitude) de cor castaña
escura con numerosas
sementes provistas de
peliños que caen ao secar
os froitos e dispérsanse
polo vento.
84.
Data en que foi plantado no centro: o
primeiro exemplar en abril de 1999 e dous
máis en 2003.
87.
Árbore de copa estreita
coas ponlas colgantes e
longas.
É orixinaria das montañas
do Atlas de Marrocos e
Arxelia.
88.
TALO
Cilíndrico e dereito
coa tona de cor gris
escura, lisa cando e
novo e con grandes
placas e fisuras
escamentas a
medida que se fai
vello.
89.
FOLLAS
Forma acicular de sección cilíndrica de cor
verde escura.
As dos brotes longos teñen de 1 a 3 cm de
lonxitude. As dos brotes curtos
(braquiblastos) dispóñense en espiral
formando grupos de ata 45.
90.
FLORES
Conos masculinos de cor
amarela-parda de 3 a 5
cm de lonxitude, de forma
cilíndrica, máis estreitos
no remate e lixeiramente
curvados.
Conos femininos
cilíndricos de 1 cm de
lonxitude, de cor verde
crara coas escamas
escuras.
Polinízanse polo vento.
91.
FROITOS
Conos de ata 8 cm de
lonxitude de forma cilíndrica,
coa punta máis estreita e
algo afundida. A cor é de
castaña a púrpura crara ao
madurar.
Maduran no segundo ano.
As sementes dispérsanse
polo vento.
95.
Árbore de copa
aberta que pode
chegar ata 4-5 m
de altura.
96.
TALO
Toro cilíndrico recto, moi
ramificado con ponlas
ascendentes.
A tona é castaña-
avermellada, lixeiramente
brillante e despréndese
en bandas transversais
estreitas ou alongadas
con pequenas marcas
redondeadas
perpendiculares.
97.
FOLLAS
Simples, alterna, co limbo de
forma oval-lanceolada coa beira
dentada irregularmente, duns 7-
12 cm de lonxitude e 4-8 cm de
anchura e de cor verde escura.
O peciolo é cilíndrico, de 2 a 4
cm de lonxitude, de cor
encarnada e con dúas glándulas
na base do limbo.
98.
FLORES
Simples, hermafroditas,
formadas por cinco sépalos
verdes e cinco pátalos de
cor branca, un pistilo e cinco
estames. Teñen uns rabos
longos e agrúpanse en
ramiños (umbelas).
Polinízanse por insectos.
99.
FROITOS (CEREIXAS)
Drupas esféricas de 9-12 mm de diámetro,
de cor encarnada ou case negra. Maduran a
comezos do verán e son comestibles.
As sementes dispérsanse ao comelos os
animais.
101.
Data en que foi plantada no
centro: marzo 2003.
Houbo outra plantada en
febreiro 1999 que secou.
102.
Paxariño comechón
que me andas nas cereixas,
come paxariño come,
pero a ver as que me deixas.
POPULAR
103.
Souto sen follas! Cerdeiras
roxas e bidueiras marelas!
días breves en que un está sempre nunha cousa!
As bouzas verdes fóronse pondo marelas e roxas.
As bouzas roxas pardean cas choivas.
O vento solo
no souto do outo outono.
Uxío Novoneira “Os Eidos”, 1981
104.
freixa
freixo de folla estreita,
Fraxinus angustifolia
narrow-leafed ash
frêne à feuilles étroites
freixo
105.
Árbore de copa alta, ovoide e
pouco densa que pode acadar
os 25 metros de altura.
É orixinaria do sur de Europa,
norte de África e oeste de Asia.
Atópase en ribeiras e bosques
caducifolios húmidos. En
Galicia atópase no oeste, centro
e sur.
TALO
O toro é recto, coa tona lisa, de
cor gris-verdosa nos
exemplares novos e castaña-
gris, con retículas profundas
nos exemplares adultos. Os
gomos son de cor castaña
escura.
106.
FLORES
Sen pétalos, están agrupadas
en panículas que poden conter
flores masculinas e femeninas
mesturadas ou separadas.
107.
FOLLAS
Caedizas, opostas, compostas,
pinnadas de 15 a 25 cm de
lonxitude. Formadas por 5-7
foliolos estreitos de forma
lanceolada, coa beira dentada, de
cor verde escura polo dereito e
máis clara polo revés.
108.
FROITOS
Sámaras, con ás de forma
lanceolada de ata 5 cm de
lonxitude, de cor castaña.
109.
UTILIDADE
A madeira emprégase en ebanistería e para facer
ferramentas. A leña e o carbón son de gran calidade.
As follas son purgantes e a tona febrífuga e tónica.
110.
Foi plantado arredor de 1989 e
trasplantado en 2008 para facer os
accesos ao aparcamento e pabillón.
112.
Árbore típica dos bosques de
ribeira e de solos frescos e
ricos de toda Europa.
Pode acadar ata os 40
metros. A copa dos
exemplares novos é bastante
laxa, coas ponlas
ascendentes. Nos
exemplares vellos é alta e
aberta, de desenvolvemento
irregular.
113.
TALO
Toro cilíndrico recto coas ponlas
bastante rectas e ás veces
verticiladas.
A tona é lisa nos exemplares novos,
pero co tempo vai formando fendas
entramadas. A cor é castaña-gris.
Os brotes son son grosos, de cor gris
pálida e algo aplanados. Os gomos
son de cor negra, apuntados e
opostos.
114.
FOLLAS
Compostas, pinnadas de 20 a 25
cm de lonxitude. Formadas por 9-
13 foliolos de forma oval-apuntada,
coa beira dentada, de cor verde
mate pola cara superior e máis
clara pola inferior.
115.
FLORES
Amentos de cor verde cos rabos longos
que poden conter flores masculinas e
femininas mesturadas ou separadas e
sen pétalos.
Os elementos masculinos son simples
estames (dous por flor). As flores
femininas son pistilos solitarios en forma
de frasco. Polinízanse polo vento.
116.
FROITOS
Secos (sámaras), con ás de forma
lanceolada duns 3 cm de lonxitude, de
cor castaña cando están maduros.
Dispérsanse polo vento.
117.
APROVEITAMENTO:
Adorno e madeira. A madeira é
resistente e utilízase para
mangos de ferramentas e pezas
de carros.
Se queres que o carro ande
forte, a un tempo e velaíño,
bótalle o eixo de freixo
e as treitoiras de sanguiño.
POPULAR
118.
Data en que foi plantado no
centro: setembro 1990.
120.
Árbore orixinaria da China.
É moi primitiva e está moi
próxima ás coníferas.
Pode acadar os 30 metros
de altura, de copa de forma
piramidal, xeralmente
delgada e estreita.
TALO
Toro leñoso, cilíndrico e
dereito pouco ramificado.
A tona é de cor gis-castaña
con profundos sucos e
fendas facendo un
entramado.
121.
FOLLAS
Limbo plano en forma de abano
con dous lóbulos, duns 10 cm
de lonxitude e de cor verde
clara. O peciolo é longo e
dispóñense en verticilos en
brotes curtos.
122.
FLORES
É unha especie dioica, con
árbores masculinas e
femininas.
Masculinas: os estames
agrúpanse en amentos
cilíndricos de cor amarela.
Femininas: de forma esférica,
pequenas e de cor verde, sen
pétalas e formadas por un único
ovario. Nacen en grupos de 2-3.
Polinízase polo vento.
123.
SEMENTE
Rodeada dunha envoltura carnosa que
cando está madura é de cor verde-gris
ou amarela e de olor desagradable.
125.
Da follas do ginkgo obtense un
extracto que contén flavonoides
que favorecen a circulación
sanguínea.
126.
Data de plantación: xaneiro de 1999.
Secou no verán de 2006 e volveu a agromar.
127.
liquidambar
Liquidambar styraciflua
liquidámbar, árbol del ámbar,
ocozol, árbol del estoraque
american sweetgum, redgum
copalme d'Amérique
128.
Árbore orixinaria do Leste
e Sudoeste dos Estados
Unidos de América onde
pode chegar a medir ata
40 m de altura.
A copa é cónica cando é
nova e máis ancha e
abombada cando vella.
129.
TALO
Toro cilíndrico, recto, coas ponlas, que comezan case desde a base, dispostas
horizontalmente ou lixeiramente dirixidas cara arriba.
A tona é lisa e gris nas árbores novas e nos de máis anos dividida en placas
con fendas fondas.
Nas ponlas é de cor amarela ou encarnada e con costelas de cortiza.
130.
FOLLAS
Simples, alternas, co limbo de
forma palmeada dividido en 5 ou
7 lóbulos triangulares coa beira
serrada (10-15 cm de lonxitude).
A cor é verde brillante e no outono
cambian a amarela, vermella ocre
ou carmín. O peciolo é cilíndrico e
longo (6-12 cm de lonxitude).
131.
FLORES
MASCULINAS: inflorescencias
globulares (grupos de estames)
en acios de cor verde cun rabo
de 4 a 7 cm de lonxitude.
FEMININAS: cabeza (grupos de
pistilos) de aproximadamente 3
cm, de diámetro cun rabo longo.
Polinízanse polo vento.
132.
FROITOS
Secos (cápsulas)
formando unha bola
espiñenta.
Ao secar ábrense e
caen as sementes, moi
pequenas, de cor
castaña e con ás.
Os froitos poden
permanecer na árbore
durante todo o ano.
134.
Data en que foi plantado no centro:
febreiro 1999.
135.
loureiro
Laurus nobilis
laurel
lay laurel
laurier sauce
loureiro
136.
FLORES
Nacen en distinto pé (hai árbores
machos e árbores femias).
Están formadas por 4 sépalas e 4
pétalas de cor branca- amarela, as
femininas teñen un ovario e as
masculinas ramiños de 12 estames.
Polinízanse por insectos.
137.
Árbore de copa cónica que pode
medir ata 15 m de altura.
Orixinario de Asia Menor e traído
a Galicia posiblemente polos
romanos.
Na nosa zona é habitual nas
sebes e valos vellos.
TALO
Toro cilíndrico, vertical, moi
ramificado e coas ponlas
erguidas.
A tona é de cor gris escura, lisa e
con lixeiras fendas ou enrugas.
As ponlas novas e os chupóns
son de cor púrpura.
138.
FOLLAS
Simples, co limbo de forma lanceolada (5 a
10 cm, de lonxitude) coa beira lixeiramente
ondeada, de cor verde escura, duras e
brillantes polo dereito e mates polo revés.
O peciolo é de cor púrpura escura e mide
aprox, 6 mm de lonxitude.
Teñen un cheiro característico.
139.
FROITOS
Carnosos, de forma oval, (1,5 cm. de
lonxitude aprox) cor negra e cunha sola
semente.
As sementes dispérsanse ao seren
comidas polos paxaros.
140.
APROVEITAMENTO
Adorno. As follas como condimento.
É símbolo de premios e victorias.
144.
Arbusto ou pequena árbore
de ata 4 m de altura nativa
de China.
TALO
O toro é retorcido, coa tona
de cor castaña gris e con
fendas finas. Ramifícase
moito e forma unha copa
aberta.
145.
FOLLAS
Simples, co limbo de forma oval-
lanceolada de 10-15 cm de
lonxitude, co beira enteira e o
peciolo curto. Caen no inverno.
146.
FLORES
Completas, grandes, cos
pétalos soltos de cor
branca por dentro e de
rosa craro a rosa púrpura
por fóra. Saen antes que
as follas.
147.
FROITOS
Cono leñosos con aberturas das
que colgan as sementes.
148.
UTILIDADE
Planta
ornamental moi
valorada pola
floración.
152.
Árbore orixinaria de
Australia que se
atopa silvestre por
moitas zonas de
Galicia, en especial
no litoral e Ourense.
Foi introducida como
especie ornamental e
nalgunhas zonas
constitúe unha praga
xa que se propaga
facilmente por
sementes e por
brotes da propia raíz.
Ten a copa esférica e
pode acadar 20 m de
altura.
153.
TALO
Toro recto, coa
tona de cor gris-
púrpura escura
nos exemplares
adultos.
154.
FOLLAS
Persistentes, alternas, compostas,
doblemente pinnadas de ata 12 cm
de lonxitude, cos foliolos de forma
lanceolada e moi finos (3-4 mm de
lonxitude), de cor verde-azulada e
lixeiramente veludos.
155.
FROITOS
Legumes aplastadas,
de 5 a 7 cm de
lonxitude agrupados
en acios. Ao secar
abren e lanzan as
sementes.
156.
FLORES
Espidas e agrupadas en acios
de cabezas esféricas de 1 a 2
cm de diámetro, de cor
amarela intensa. Despiden un
arume característico.
157.
UTILIDADE
Para xardíns.
A madeira
emprégase en
carpintería.
158.
plátano
Platanus hibrida
plátano de sombra
london plane
platane commun
159.
Árbore de copa ampla e
alta que se fai máis
aberta nos exemplares
vellos. Pode chegar a
medir ata 40 m de
altura.
É unha árbore de
crecemento rápido que
tolera moi ben os
ambentes das cidades e
a contaminación.
160.
TALO
Toro cilíndrico, vertical
e forte, coa tona de cor
castaña-gris con
láminas redondeadas
que se desprenden
deixando manchas de
cor amarela crara.
As ponlas son grandes
e retorcidas.
161.
FOLLAS
Simples, planas, co limbo de
forma palmeada dividido en
lóbulos triangulares que se
subdividen en outros máis
pequenos (poden medir de 15 a
20 cm de ancho). Son de cor
verde brillante polo dereito e máis
claras, e con pequenos peliños,
polo revés.
O peciolo, de forma cilíndrica,
mide arredor de 5 cm. Na zona de
suxección anchea e envolve ás
xemas novas.
As follas están dispostas de forma
alterna.
No outono póñense amarelas
antes de caer.
162.
FLORES
MASCULINAS: amentos con 2 a 3 cabezas florais cheas de
estames de cor amarela.
FEMININAS: grupos de ovarios agrupados en inflorescencias
esféricas que aparecen en ramos de dúas cun rabiño de 6 a 8
cm, de lonxitude. Son de cor amarela e púrpura.
Polinización, polo vento.
163.
FROITOS
Agrupacións esféricas (2-3 cm de
diámetro) de froitos secos.
As sementes son cilíndricas e teñen un
anel de pelos nun extremo.
Dispersión das sementes: polo vento.
168.
Árbore de copa ampla,
abombada e mesta, que se
fai estreita na parte superior.
Pode medir ata 35-40 m de
altura.
Nativa de Europa central.
Existen moitas especies
híbridas.
169.
TALO
Toro cilíndrico recto coas ponlas da parte
baixa horizontais e lixeiramente péndulas e
as demais ascendentes. A tona é de cor gris
escura ou castaña-gris con fendas
alongadas e estreitas e raias entramadas.
170.
FOLLAS
Simples alternas, co limbo
acorazonado rematado en punta
prolongada, de 7-12 cm de
lonxitude, e coa beira dentada.
A cor é verde escura mate e a
superficie veluda.
No outono póñense de cor
amarela-clara ou dourada.
171.
FLORES
Simples, completas, formadas
por 5 sépalos verdes, cinco
pétalos estreitos e libres
amarelo-verdosos, numerosos
estames e un pistilo. Son de
pequeno tamaño e están
agrupadas en cimas de 2 a 6
flores.
O rabo floral leva unha bráctea
laminar típica de forma oval-
alongada que se separa do
mesmo na metade.
Desprenden unha aroma que
atrae aos insectos.
172.
FROITOS
Cápsulas globulares de 1 cm de
diámetro con cinco costelas
angulosas que conteñen unha
única semente.
Ao secar despréndese todo o
conxunto coa bráctea que axuda
a que o vento disperse as
sementes.
173.
APROVEITAMENTO:
Adorno.
Flores: para facer
infusións (tila)
174.
Data en que foi plantado no centro: febreiro 1999.
175.
tuia
Thuja occidentalis
tuya occidental
white cedar
thuya d‘occident
tuia vulgar
176.
Árbore orixinaria de
América do Norte, coa
copa cónica e estreita coa
punta redondeada que
pode medir ata 20 m de
altura.
177.
TALO
Toro cilíndrico coas ponlas
lixeiramente colgantes. A tona
é de cor castaña-laranxa e
nos exemplares vellos máis
escura, desprendéndose en
tiras estreitas.
178.
FOLLAS
Simples, pequenas, de forma oval-apuntada
e dispostas a xeito de escamas opostas e
alternas. As que están expostas ó sol son
lisas e de cor verde e as outras cóncavas e
de máis craras.
179.
FLORES
Agrupadas en conos.
Masculinos: pequenos, de forma
oval e cor encarnada escura,
situados nas ponlas terminais.
Femininos: de cor amarela, con
8-10 escamas prolongadas cara
arriba. Situados no remate das
ponlas.
Polinízanse polo vento.
180.
SEMENTES
Pequenas e leñosas, de forma oval e cunha á estreita, situadas no interior
dun cono leñoso de forma oval con escamas abertas desde a base e cara
arriba que miden de 10-12 mm de lonxitude.
Dispérsanse co vento.
181.
APROVEITAMENTO
Adorno, madeira,
para facer sebes, en
aromaterapia...
182.
Foron plantados tres exemplares en 1990 e
despois trasplantados debido ás obras.
183.
tulipeiro
Liriodendron tulipifera
tulipero de Virginia
tuliptree
tulipier de Virginie
árbore das tulipas
184.
Árbore orixinaria de
América do Norte. Pode
acadar os 40 metros de
altura. Nos exemplares
novos a copa é estreita e
cónica e nos vellos é
ampla e columnar.
185.
TALO
Toro leñoso, cilíndrico e dereito coas
ponlas separadas. A tona é gris-
parda ou parda-alaranxada con
fisuras finas facendo un debuxo
reticulado.
186.
FOLLAS
O limbo ten unha forma moi
característica de contorno
case cadrado e polo xeral
dividida en catro lóbulos
coa beira enteira de 10-15
cm de lonxitude e 10 a 20
de anchura. A cor é verde
brillante. O peciolo mide de
10 a 12 cm de lonxitude.
Disposición: alterna.
Caen no outono e póñense
de cor amarela.
187.
FLORES
Solitarias, situadas no ápice das
ponlas pequenas. Teñen forma de
campá aberta. Están formadas por
un cálice de 3 sépalos de cor verde
e seis pétalos amarelos con
manchas alaranxadas. Os pistilos
sitúanse arredor dun eixo carnoso
central e arredor del están os
estames carnosos.
188.
FROITOS
En forma de cono, de cor castaña clara.
Cando maduran ábrense comezando pola
parte superior e deixan libres as
sementes, de forma ovalada que se
dispersan polo vento.
189.
Data en que foi plantado no centro: marzo 2003.
192.
Árbore orixinaria do
norte e centro de
Europa.
Foma “péndula” co
toro recto e as ponlas
colgantes.
193.
TALO
Toro leñoso, cilíndrico e recto.
A tona é bastante lisa e crara,
de cor gris.
Os gomos son grosos de cor
avermellada.
194.
FOLLAS
Planas, de forma ovalada ou redondeada
rematada en punta, asimétrcas, de 10 a 16 cm
de lonxitude. A beira é doblemente serrada de
forma irregular. Polo dereito son de cor é verde
escura mate e de textura moi áspera. Polo revés
son máis claras con peluxe nos nervos.
O peciolo é curto e forte e está curvado.
Caen no outono.
195.
FLORES
Agrupada en pequenos acios de cor
púrpura situados no alto das ponlas
espidas. Cada flor forma unha agrupación
de 2 a 3. Están formada por unha pequena
bráctea basal, un cálice de cinco sépalas,
catro ou cinco estames e un pistilo central
rematado nun estilo plumoso.
Saen antes que as follas.
196.
FROITOS
Secos, sámaras de forma oval e aplanados,
de 1,5 a 2 cm. de lonxitude. Forman acios
no remate das ponlas.
Fórmanse antes da saída das follas e
dispersanse polo vento.
197.
Data en que foi plantado
no centro: setembro 1998.
Aproveitamento: Adorno.
Outras variedades pódense
usar tamén para madeira.
198.
Á BEIRA DOS OLMEIROS
parouse a tarde.
Un xílgaro serviuse do momento
e engaiolou a música.
E a nosa filla colleu ao mar de súpeto
e trouxoo polo longo corredor coma un cadelo.
E xa o teremos sempre
deitado aos nosos pés naquela casa.
Miguel González Garcés. “Na faíscas dos sonos”, 1972.
200.
Arbusto de forma oval de ata 4 m de altura.
É de orixe mediterranea.
201.
TALO
Numerosos toros desde a base,
cilíndricos, leñosos, flexibles, coa
tona de cor gris-crema con marcas
horizontais á altura dos nós. Ponlas
erguidas e verticiladas.
202.
FOLLAS
Persistentes, simples, co limbo de
forma oval-lanceolada de 25 cm
de lonxitude e 3 cm de anchura,
coa beira enteira; duras e
coirentas; co nervo central moi
marcado; de cor verde-gris ou
verde-amarela. Agrupadas en
verticilos de 3.
203.
FLORES
Simples, completas,
campaniformes de 5 cm de
diámetro, formadas por cinco
sépalos verdes moi pequenos,
cinco pétalos soldados na
base, de cor rosa ou branca,
cinco estames e un pistilo.
Agrúpanse en cimas terminais.
Polinízanse por insectos.
204.
FROITOS
Cápsulas cilíndricas erguidas
de ata 20 cm de lonxitude, de
cor castaña. Cando se abren
liberan moitas sementes
ovais alongadas, lixeiras e
cubertas de pelos longos de
cor castaña crara que se
dispersan polo vento.
205.
APROVEITAMENTO: ornamental.
CURIOSIDADES: toda a planta é tóxica.
206.
Data en que foi plantada no
centro: 1990
Foi trasladada en 2002.
208.
Pequeno arbusto de
forma esférica ou irregular
de ata 1 m de altura.
Orixinaria de China,
Xapón, O Cáucaso...
Existen moitas variedades
e híbridos de floración en
distintas épocas.
209.
TALO
Leñoso, moi ramificado
desde a base, coa tona
de cor castaña con
estrías nos exemplares
máis grandes, e pelos.
210.
FOLLAS
Simples, alternas, moi agrupadas (aparentemente
verticiladas) co limbo de forma oval, de 1,5-2 cm. de
lonxitude, de cor verde con peliños polas
nerviacións e as beiras (máis abundantes polo
envés), e o peciolo curto.
211.
FLORES
Simples, completas de ata 5
cm. de diámetro, formadas por
cinco sépalos pequenos
soldados na base, cinco
pétalos de forma oval e cor
rosa forte, soldados en forma
de campá, cinco estames e un
pistilo. Aparecen en pequenos
grupos moi numerosos que
chegan a cubrir por completo a
planta.
Polinízanse polos insectos.
FROITOS
Cápsulas ovais apuntadas e peludas de
menos de 1 cm de lonxitude, divididas en
cinco partes que ao secar abren e
dispersan unhas sementes diminutas e
de cor castaña.
212.
UTILIDADE:
Ornamental.
Hai máis de 800 variedades.
217.
FOLLAS
Simples, opostas,sen peciolo e co
limbo de forma oval-apuntada e a
beira enteira.
218.
FLORES
Simples, completas, coa
corola en forma de tubo
aberto polo extremo en dúas
partes. Son de cor branca e
agrúpanse en umbelas.
Teñen un arume moi
agradable.
Polinízanse por insectos.
219.
FROITOS
Bagas esféricas de cor
azul escura, case negra,
de aproximadamente 1
cm de diámetro.
Agrúpanse en umbelas
formando unha bola.
Son tóxicos.
220.
UTILIDADE:
Ornamental.
As flores úsanse para a herba
de San Xoán.
222.
glicinia
Wisteria sinensis
glicinia
chinese wisteria
223.
Arbusto trepador que se
enlea aos obxectos. A
lonxitude e altura (que
pode ser moita) depende
do soporte e das podas.
Orixinaria de América do
Norte, China e Xapón.
224.
TALO
Toro cilíndrico leñoso coa
tona castaña-encarnada ou
gris- castaña cunha retícula
máis crara. As ponlas son
longas finas e flexibles.
225.
FOLLAS
Alternas, de 30-40 cm. de
lonxitude, compostas pinnadas,
formadas por 5 a 7 pares de
foliolos e un terminal, de forma
oval-apuntada, e cor verde
clara.
226.
FLORES
Simples, completas,
papilonáceas con cinco
sépalos soldados, cinco
pétalos ovais de cor azul
clara ou malva, desiguais,
(a impar máis grande e
ancha érguese ao abrir a
flor e as dúas inferiores
están soldadas formando
unha quilla), cinco estames
e un pistilo moi longo e
enroscado.
Son moi abundantes e
agrúpanse en acios de ata
30 ou 40 cm. Son moi
aromáticas e polinízanse
por insectos.
227.
FROITOS
Legumes (cornas) de ata 30 cm de
lonxitude, de cor castaña escura e
cubertas dunha abundante peluxe
clara. Ao secar abrense e deixan
cair varias sementes en forma de
lentella, duras, de cor castaña
escura e 1 cm de diámetro.
228.
DATA DE PLANTACIÓN:
setembro 1999
UTILIDADE:
ornamental
237.
Reloxiño
pasionaria
Passiflora caerulea
pasionaria, flor de pasión
blue passion flower
238.
Planta arbustiva trepadora moi ramificada.
É orixinaria das zonas tropicais.
239.
TALO
Leñoso e delgado coa tona
de cor gris-castaña e ponlas
moi longas que se suxeitan
a calquera obxecto con
gabiáns enroscados en
espiral.
240.
FOLLAS
Simples, palmeadas-dixitadas,
formadas por lóbulos ovais de
beira lisa e cor verde escura
coa superficie brillante, de
tamaños variados (ata 15 x15
cm). O peciolo é cilíndrico e
mide 2 cm de lonxitude.
241.
FLORES
Simples, completas, grandes (5-6
cm de diámetro). Formadas por
cinco sépalos e cinco pétalos libres
de forma oval-apuntada e cor
branca-crema; cinco estames
grandes en forma de maza e un
pistilo co ovario á vista rematado en
tres estigmas con forma de cravo.
Arredor do ovario ten varias coroas
de filamentos de cor azul, branca e
negra moi chamativos.
Fecúndanse por insectos.
242.
FROITOS
De forma oval de
aproximadamente 5 cm
de lonxitude, de cor
laranxa e moi lixeiros. No
interior teñen unha polpa
esponxosa e as
sementes rodeadas de
zume que se dispersan
ao caer e romper os
froitos.
243.
UTILIDADE:
Ornamental.
Algunhas variedades
dan froitos comestibles
(maracullá).
246.
Arbusto trepador, moi ramificado, de ata 2 m de altura.
É unha planta silvestre moi abundante nos valos e beirais.
Existen variedades cultivadas como plantas ornamentais.
247.
TALO
Varios talos leñosos, cilíndricos angulosos,
xeralmente con regos, de cor castaña-vermella
e cubertos de espiñas robustas, aplanadas e
algo curvadas. Os talos son primeiro erectos e
despois colgantes en arco, algúns con
crecemento reptante sobre o chan ou
trepadores mediante as espiñas.
248.
FOLLAS
Alternas, compostas, formadas por
cinco foliolos peciolados de forma
oval-apuntada coa beira serrada de
diferentes tamaños e lixeiramente
pregados, de cor verde escura e
máis crara e con peliños polo
revés.
249.
FLORES
Completas, formadas por
cinco sépalos, cinco pétalos
redondeadas de cor rosa,
numerosos estames, e varios
pistilos. Están agrupadas en
acios no remate das ponlas.
Polinízanse por insectos.
250.
FROITOS
Agrupación de froitos carnosos pequenos, de forma esférica
(polidrupa), lisos e de cor negra.
Pódense comer e teñen sabor dóce. As sementes dispérsanse
ao ser comidos os froitos polos animais, especialmente polos
paxaros.
251.
UTILIDADE
En xeral está
considerada unha
planta molesta que
medra moi rápido.
Os froitos úsanse para
facer dóces, licores,
confituras…
252.
Trompeta
Campsis radicans
enredadera de trompeta
jazmín de Virginia
trumpet vine
trompette de Virginie
253.
Planta arbustiva
trepadora que pode
acadar ata 12 m de
altura.
Orixinaria das zonas
temperadas do Norte
de América.
254.
TALO
Leñoso, fráxil e delgado,
de cor castaña crara.
255.
FOLLAS
Opostas, compostas, formadas por 7 a 11 foliolos oval-
apuntados, de cor verde viva e coa beira serrada.
256.
FLORES
Hermafroditas, completas con forma
de trompeta de ata 7 cm de
lonxitude, cunha corola de 6
pétalos de cor laranxa-vermello.
Agrúpanse en cimas.
257.
FROITOS
Cápsulas cilíndricas, leñosas,
lisas, de cor castaña e 10-15
cm de lonxitude.
261.
Arbusto trepador
nativa do Cáucaso, o
norte de Irán, Afganistán,
Pakistán, o Himalaia,
India, Nepal e China
occidental.
TALO
Leñoso, delgado,
flexible e voluble.
Enróscase arredor de
calquera soporte e
propágase por
estolóns con moita
facilidade.