Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

A rata luísa mariñeiros

403 visualizaciones

Publicado el

Publicado en: Educación
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

A rata luísa mariñeiros

  1. 1. cousiñas feitas na casa Mon Daporta
  2. 2. Cousas da rata Luisa
  3. 3. MARIÑEIROS (por un día)
  4. 4. O outro día Luisa trouxo unhas vieiras,e os nenos, curiosos, queren saber como as pescan.
  5. 5. Roxelio contoulles como se facía…
  6. 6. e quedou cun amigo para iren velo un día.
  7. 7. E aínda que madrugaron, case máis que o Sol,xa os estaba agardando, no seu posto, o patrón
  8. 8. O primeiro que fan, ao saltaren a bordoe vestir roupa de augas, botas e gorro.
  9. 9. Saen ao mar, que está como un plato,e poñen rumbo ás marcas para empezar o traballo.
  10. 10. Preparan os rastos, lárgannos ao mar…
  11. 11. E mentras o barco arrasta… non hai máis que agardar!
  12. 12. -Xa vai tempo abondo. Hai que levantar.A ver que sae hoxe do fondo do mar!
  13. 13. Meten o rasto a bordo, baleiran a rede,volven a largar, e escollen o que entre.
  14. 14. -Non veu moita cousa. Que lle imos facer!Pero no medio do lixo hai cousas que ver.
  15. 15. conchelo cangrexo ermitán gradicela chopo cunchas ostra buguina zamburiña conchelos pequenos (que volven ao mar), gradicelas, cunchas, cangrexos ermitáns,… ás veces ven un chopo, algún día unha ostra, unha zamburiña, unha buguina, ou… calquera outra cousa.
  16. 16. Aproveitado o que serve, botan o lixo ao mar
  17. 17. e mentras segue a rastada… volta a agardar.
  18. 18. E os nenos, que non acougan co que lle está a pasar, queren sabelo todo e preguntan sen parar.
  19. 19. -Como se chama esto? -Que é esto outro? -Que fai aquel barco? -Cal é aquel pobo? -Cal é ese paxaro? -Que comen os peixes?-Que hai nas bateas? -Como pescan as redes?
  20. 20. Con tanta pregunta volven ao amigo tolo queren, só nun día, aprendelo todo. Pero el, todo pacencia (é un día especial),cóntalles do traballo, e doutras cousas do mar.
  21. 21. E sen desatender, para nada, a faena,vailles contando nos tempos de espera.
  22. 22. -Para pescar aos peixes que viven en mandas úsanse os cercos, redes longas e largas.
  23. 23. -Rodéase o peixe, péchase a rede por baixo, e xa non ten saída… xa está encerrado!
  24. 24. Logo gáñanse os panos
  25. 25. para xuntar o peixe na enxaguae, co salabardo, cóllese para as caixas.
  26. 26. sardiña xurel xarda bocareu trancho ollomol piarda bolo burás chincho velador Así péscanse sardiñas, xurelos e xardas, bocareus, tranchos, ollomoles e piardas, bolos, veladores, burases e chinchos…;
  27. 27. bonito atún …e na gran altura: atúns e bonito.
  28. 28. -para pescar aos outros usanse moitas artes: de enmalle, con engado e redes de arrastre.
  29. 29. As redes de enmalle, lárganse entre augas, ou cálanse no fondo, e os peixes, ao non velas, préndense eles solos.
  30. 30. Así pescan os miños e máis os tramallos,
  31. 31. as volantas, o xeito, as betas e os rascos.
  32. 32. maragota faneca sargo raia trancho linguado xouba centolonécora corobelo barbo rincha rodaballo vello Que, según e onde, pescan: raias, sargos, maragotas, fanecas, xoubas, tranchos, linguados, centolos, nécoras, corobelos, barbos, rinchas, rodaballos e vellos.
  33. 33. -As artes de arrastre, ao ir polo fondo, a según a altura pescan de todo.
  34. 34. Cope dun arrastreiro de altura
  35. 35. pescadabacallau peixe sapo lura escacho maruca polbo bacalada lirio palometa cigala langostino castañeta linguado Os grandes arrastreiros que traballan na altura pescan: bacallau, pescada, peixe sapo, lura,… polbo, maruca, bacalada, escacho, palometa, lirio, cigala, langostino, linguado, castañeta…
  36. 36. -O chinchorro
  37. 37. e o bou de vara, que traballan preto de terra,
  38. 38. conguito xiba lura chopo solla volandeira fanecaPescan luras, xibas, conguitos, chopos, sollas, volandeiras e fanecas.
  39. 39. cangrexeira liñas canas nasaspalangres medio mundo -Aos peixes que comen carne póñenselle trampas ata ás que se atraen cun engado, a carnada. Así pesca o palangre, as liñas, as canas, o medio mundo, a cangrexeira e as nasas.
  40. 40. nécora centolo camarónA nasa é coma unha gaiola que se deixa no fondo polbo e o peixe, pola carnada, métese dentro el solo.
  41. 41. faneca piarda sargo xurelo burásO medio mundo é unha bulsa que se isca co engado para pescar, xurelo, burás, piarda, faneca, sargo …
  42. 42. anguía cangrexo camarón lorcho A cangrexeira, xa o di o nome,pesca cangrexos, camaróns, anguías e “lorches”.
  43. 43. As picas, os anzois, son un arte sinxeloque ofrece o engado coa trampa dentro.
  44. 44. linguado robaliza faneca maragota sargoA liña pesca, na area: robaliza, linguado,…; na pedra : faneca, maragota, sargo…
  45. 45. Pescadores de cana
  46. 46. congro abadexo bertorella pescada peixe espadacastañeta marraxo quenlla E o palangre, no fondo: bertorella, abadexo,congro, pescada,… e a flote: castañeta, marraxo, quenlla, peixe espada…
  47. 47. Hai algúns peixes, que son tan comellóns,que engulen calquera cousa que se lle mova arredor.
  48. 48. lura chopoAs luras e os chopos, as poteiras;
  49. 49. o polbo ás rañas
  50. 50. Pescando ao correcán xardaabadexo bonito e ao correcán abadexos, bonitos e xardas.
  51. 51. francadatruel E aos que conseguen fuxir de tantas trampas, aínda os pescamos co truel e a francada.
  52. 52. -E para pescar o que vive enterradousamos rastos, fisgas, sachos, ganchelos, angazos, forquillas e raños.
  53. 53. fisga
  54. 54. sacho
  55. 55. ganchelo
  56. 56. angazo
  57. 57. forquilla
  58. 58. raño
  59. 59. ameixa fina ameixa blanca ameixa xapónica ameixa rubia berbericho reló carneiro navalla longueirón Así pescamos ameixas, berberichos, carneiros, relós, ademáis de navallas …e tamén longueiróns.
  60. 60. -Non hai nada no mar, que se coma ou se aproveite,que non se poida pescar con liña, nasa, rasto ou rede. E con esto que contei queda case todo dito do traballo do mar e dos nosos oficios.
  61. 61. E con unha e outra cousa, rematou a xornada. Volveron ao porto e…
  62. 62. cada un para a súa casa.
  63. 63. E toda a familia, ata Luisa e Roxelio,nunca esquecerán todo o que aprenderon.
  64. 64. finMoitas das imaxes foron collidas da Internet. Agradézolle aos autores asúa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta

×