Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×

Anorexia

Cargando en…3
×

Eche un vistazo a continuación

1 de 10
1 de 10

Más Contenido Relacionado

Libros relacionados

Gratis con una prueba de 30 días de Scribd

Ver todo

Anorexia

  1. 1. ANOREXIA Mirian Trigo Castro IES Francisco Asorey, xuño 2013
  2. 2. QUE É: A anorexia é unha enfermidade que consiste nun trastorno na conduta alimentaria que supón a perda de peso provocada polo propio enfermo. A excesa obsesión en non gañar peso, non tomar calorías, facer moito exercicio físico e a percepción distorsionada e delirante do propio corpo que fan que a persoa enferma se vexa gorda, aínda que o seu peso estea por debaixo do recomendado, son características desta enfermidade. É máis común nas mulleres, entre os 15 e 25 anos, aínda que cada vez xa son máis os homes que tamén a padecen.
  3. 3. SINTOMATOLOXÍA • Sinais corporais: -Vómitos provocados. -Diminución significativa do peso e atrofias musculares e prominencias óseas. -Excesiva sensibilidade ao frío. -Debilidade e mareos. -Halitose. -Calambres musculares. -Agrandamento das glándulas parótidas. -Constipación. -Metereorismo. -Palpitacións. Ritmo cardíaco alto, hipotensión. -Transtornos hormonais e anemia, que poden provocar a caída do pelo. -Trastornos auditivos.
  4. 4. • Sinais psíquicas: -Alteracións no carácter (ira, agresividade, irritibilidade). -Inseguridade e sensación de incapacidade para desempeñar diferentes tarefas. -Sentimento de culpa e autodesprezo despois de comer. -Ansiedade desmedida. -Insomnio. -Illamento social. -Dificultade de concentración e aprendizaxe.
  5. 5. CAUSAS: • Factores biolóxicos e xenéticos. • Factores sociais e culturais: a tendencia a que a muller teña que ter un prototipo delgado, xa que na nosa sociedade estar delgado é un valor positivo. Támén inflúe a publicidade, xunto con outros factores de risco, como son certos deportes (ballet, ximnasia, etc.) e profesións (modelos, actrices, ect.) que esixen ter un peso baixo. • Factores psicolóxicos: fracaso escolar, mal ambiente familiar, separacións dos pais, morte dun ser querido, obesión por ter bo corpo, etc.
  6. 6. CONSECUENCIAS Son moitas as consecuencias da anorexia, dende as secuelas permanentes ata a morte. -Secuelas cardiovasculares: Arritmias (trastorno no ritmo cardíaco), diminución do tamaño do corazón, insuficiencia cardíaca, hipotensión. -Secuelas endocrinolóxicas: osteoporose (diminución da densidade ósea), déficit de hormonas tiroideas. -Secuelas dermatolóxicas: alopecia (caída do pelo), pel pálida-amarelenta e seca. -Secuelas dixestivas: alteracións no ritmo evacuatorio: diarrea, refluxo gastroesafáxico. -Secuelas hematolóxicas: maior facilidade a coller infeccións pola falta de leucocitos (glóbulos brancos), difícil coagulación sanguínea pola deficiencia de plaquetas e anemia con tendencia á cronificación. -Secuelas nerviosas: atrofia de determinadas áreas cerebrales. -Secuelas psiquiátricas: depresión, neurose/psicose maniaco depresiva.
  7. 7. TRATAMENTO É moi difícil poñer en práctica o tratamento nas persoas que padecen esta enfermidade, xa que eles pensas que non a teñen. Estas persoas necesitan internarse nun hospital e recibir apoio da familiar, ademais de ter ganas de cambiar. Son necesarios os cambios de hábito na alimentación e terapias psicolóxicas durante o tempo que se considere necesario, ata que non existan os sentimentos de culpa e a baixa autoestima. Se a persoa practica algún tipo de deporte, deben asegurar de que toma as calorías necesarias para o deporte que practica, para que non perda peso. Se o médico o considera necesario, débense tomar antidepresivos e outro tipo de medicamentos.
  8. 8. http://www.youtube.com/watch?v=Axr5bUdzmwA

×