Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

Febreiro 2015

  • Inicia sesión para ver los comentarios

  • Sé el primero en recomendar esto

Febreiro 2015

  1. 1. febrero february février fevereiro
  2. 2. Febreiro é o segundo mes do ano no calendario gregoriano, con 28 días os anos normais e 29 os anos bisestos. narcisos
  3. 3. Foi chamado así en honra ás festas “februas”, o festival da purificación na antiga Roma, que naqueles tempos coincidían co fin de ano.
  4. 4. A pedra de febreiro é a amatista e a flor a violeta.
  5. 5. Carballo Na natureza aparecen os primeiros sinais do final do inverno. Comezan a inchar as xemas das árbores.
  6. 6. Florecen os salgueiros, as mimosas, as acacias, os amendoeiros, os pexegueiros, as magnolias, o romeu, os loureiros, os narcisos, os xacintos, os toxos, os cáncaros, as violetas, a herba de namorar... salgueiro (flores femininas)
  7. 7. magnolia
  8. 8. amieira en flor
  9. 9. nabicol en flor
  10. 10. mimosas
  11. 11. cóncaros
  12. 12. gato Os gatos, os lobos e os esquíos entran en celo.
  13. 13. ovos e alevíns de troita No mar desovan os abadexos e as raias; nos ríos as troitas.
  14. 14. Ra verde Aparecen os primeiros niños: pardais, merlos xiríns... Escóitanse os mouchos. Comezan a marchar as aves invernantes. Saen as primeiras ras.
  15. 15. pardal
  16. 16. os traballos lábranse e fertilízanse as terras
  17. 17. fanse as parras
  18. 18. pódanse e átanse as viñas
  19. 19. -En febreiro patacas ao carreiro. Nacen as patacas do cedo.
  20. 20. TEMPERATURA MÁXIMA-Media (ºC) TEMPERATURA MÍNIMA-Media (ºC) TEMPERATURA MEDIA (ºC) HUMIDADE MEDIA (%) VELOCIDADE DO VENTO (km/h) CHUVIA TOTAL (l) DÍA CHUVIA MÁXIMA (l/m2 ) DIAS CHUVIA 12,4 6,9 9,69 81,4 16,92 116,8 2 (28,8 l) 19 O TEMPO (Estación Corón)
  21. 21. DATOS GALICIA Refacho de vento máis forte: Punta Candieira (Cedeira), 123 km/h (día 9) Temperatura máis baixa: Xares (A Veiga), 9,3 ºC (día 8) Maior cantidade de precipitacións recollidas: Serra da Faladoira, 287 l.
  22. 22. Fortes temporais de neve en todo o norte peninsular, especialmente na Cordilleira Cantábrica e nos Pirineos.
  23. 23. As intensas chuvia e o desxeo provocan importantes enchentes Na cunca do Ebro.
  24. 24. -Polo San Brais, dúas horas máis. -Por Santa Eulalia se chove e venta o inverno entra. -Se chove o día de Santa Eulalia, chove sete días e unha semana. Os días medraron 70 minutos
  25. 25. -A xeada de febreiro mata a vaca e mais o leiro.
  26. 26. -Pola Candelaria, se chove e venta, o inverno entra; se rí e chora, medio inverno vai fóra; se non chora nen rí, o inverno está por vir; se chora e deixa de chorar, a metade do inverno está por pasar; e se non chove nen implora, o inverno xa vai fóra.
  27. 27. -Vaite febreiro cos teus vinteoito, se chegas a ter máis catro non queda can nin gato. -En febreiro, sete capas e un sombreiro. -Neve febreiriña, tarde ven e logo camiña.
  28. 28. -Tal o vintesete, tal o mes seguinte, se o vinteoito consinte. -Antroido á raxeira, Pascuas á lareira. -Auga de febreiro enche o cabaceiro. -Por Santa Eulalia trompos á borralla.
  29. 29. DÍAS SINALADOS 1de febreiro de 1948 descubrimento do transistor nos laboratorio Bell de EE.UU. Jonhn Bardee, Walter Houser Brattain e William Bradford Shokley, que recibiron o premio Nobel de Física en 1956 O transistor é un dispositivo electrónico semicondutor que cumple funcións de amplificador, oscilador, conmutador ou rectificador. Actualmente atópanse prácticamente en todos os aparellos domésticos de uso diario: radios, televisores, grabadoras, reproductores de audio e video, fornos de microondas, lavadoras, automóviles, equipos de refrixeración, alarmas, reloxos de cuarzo, computadoras, calculadoras, impresoras, lámpadas fluorescentes, equipos de raios X, tomógrafos, ecógrafos, reprodutores mp3, teléfonos móviles... O termo “transistor é a contracción en inglés de transfer resistor (resistencia de transferencia)
  30. 30. En conmemoración da data na que se aprobou a Convención de Ramsar sobre Zonas Húmidas de Importancia Internacional, especialmente como Hábitats de Aves Acuáticas, o 2 de febreiro de 1971.
  31. 31. 2de febreiro de 1907: morre Dimitri Mendeleyev, químico ruso, creador da TÁBOA PERIÓDICA DOS ELEMENTOS QUÍMICOS. Nacido o 8 de febreiro de 1834.
  32. 32. febreiro de 2004: descóbrese en Guipúzcoa, nunha sima do monte Ernio, o primeiro río de leite de lúa en estado líquido do mundo. 11 O leite de lúa está composto xeralmente por carbonatos de calcio e magnesio, aínda que poden aparecer outros minerais como calcio, xofre, sílice, carbono ou xeso.
  33. 33. 3de febreiro de 1878: nace en lalín Ramón María Aller Ulloa, astrónomo galego.
  34. 34. 3de febreiro de 1966: A sonda soviética Lúa 9 é a primeira en pousarse sobre a superficie da Lúa e emitir fotografías desde o Mar das Tormentas.
  35. 35. 4 de febreiro DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO
  36. 36. 6de febreiro: Día Internacional contra a Mutilación Xenital Feminina
  37. 37. 7de febreiro de 2006: un equipo de científicos alemáns consegue un rexistro histórico ao taladrar o xeo da Antártida ata acadar os 2774 m de profundidade.
  38. 38. 10de febreiro de 1926: o hidroavión “Plus Ultra”, tripulado por Ramón Franco, Julio Ruiz de Alda, Juan Manuel Durán e Pablo Rada, chega a Bos Aires. Realiza o primeiro voo entre España e América. 31-1 4-2
  39. 39. 12 de febreiro de 1809 nacemento de Charles Darwin, científico inglés autor da teoría da Evolución.
  40. 40. 12 de febreiro Día Mundial contra a utilización dos nenos soldado Según datos de Amnistía Internacional, máis de 300.000 menores participan en conflictos bélicos nuns 86 países do mundo. O 40% son nenas, que tamén son empregadas como escravas sexuais.
  41. 41. 14 de febreiro DÍA DOS NAMORADOS
  42. 42. 14 de febreiro: Día Mundial da Enerxía
  43. 43. 14de febreiro 1779: morre James Cook, explorador británico.
  44. 44. 15 de febreiro de 1564: nace Galileo Galilei, astrónomo, físico e filósofo italiano.
  45. 45. 15 de febreiro de 2013: Chuvia de meteoritos en Rusia. Un deles, de 17 metros deixou máis de 1.100 de feridos na provincia de Cheliabinsk, liberou unha enerxía de 500 kilotóns, trinta veces superior á bomba atómica de Hiroshima.
  46. 46. 16de febreiro de 2005: entra en vigor o Protocolo de Kioto, convenio mundial para a redución de gases do efecto invernadoiro.
  47. 47. 18de febreiro de 1745: nace Alessandro Volta, físico italiano.
  48. 48. 18de febreiro de 1930 o astrónomo estadounidense Cyde William Tombauh descubre Plutón desde o observatorio Lowell en Arizona.
  49. 49. 19de febreiro de 1473: nace Nicolás Copérnico, astrónomo polaco.
  50. 50. 19de febreiro de 1941: na provincia de Pontevedra, un furacán abate unhas 150.000 árbores e destrúe as torres de máis de 300 igrexas.
  51. 51. 19 de febrero de 2015 comeza o ano 4713 no calendario chinés. Corresponde ao ano da cabra
  52. 52. 21 de febreiro DÍA INTERNACIONAL DA LÍNGUA MATERNA
  53. 53. 24 de febreiro de 1837 nace Rosalía de Castro, a escritora galega máis relevante
  54. 54. 28 de febreiro de 1953: Francis Crick e James Watson descobren a estrutura helicoidal da molécula de ADN.
  55. 55. 28 de febreiro de 1981 morre en Vigo escritor galego Álvaro Cunqueiro
  56. 56. 29 de febreiro de 1968: a astronoma irlandesa Jocelyn Bell Burnell descobre o primeiro pulsar.
  57. 57. FOTOS: Alumnado 1º ESO, Xea FEBREIRO 2015 Departamento de Ciencias

×