A contorna
Traballo realizado polo alumnado de 1º de ESO con fotos propias e do profesorado feitas nas diferentes saídas.
IES FRANCISCO ASOREY, XUÑO 2009
Areal do Serrido
Esteiro do Umia
Monte do Rei
Monte da Pastora
Porto de San Tomé
San Tomé
INSTITUTO
Enseada do Umia-O Grove
cultivos
Ruínas de Santa Mariña
Situado no concello de Cambados a 800 m
do Instituto. Desde o cume vese a Ría de
Arousa, o esteiro do Umia e parte de
Cambados e o val do Salnés.
ALTITUDE: 58 m
PROPIEDADE: municipal e particular
USOS: a maioría é parque público e está
axardinado, a zona particular está cultivada.
Ten un pequeno parque infantil, un
miradoiro, unha capela dedicada á Virxe
Pastora e un centro da terceira idade.
É lugar tradicional de romería e paseo para a
xente de Cambados.
HISTORIA: Hai restos de valados castrexos e
documentación que indica que estivo
poboado no neolítico.
Consérvanse lendas e contos.
Antigamente chamábase castro de Santa
Mariña.
LENDAS
-Contan que no monte da Pastora viviron os mouros e
desde alí dirixían as manobras que se facían na Torre de
San Sadurniño.
-Din que hai unha cova que vai desde o Monte da
Pastora ata a Toxa pasando por debaixo da Torre, pero
que rompeu o túnel e agora está anegado.
-Hai un túnel que chega ata América, pero non se pode
pasar por el porque nas covas que hai viven os mouros.
-Contan que cando o Demo tentou a Xesús subeuno ó
Calvario (parte alta da Pastora, cuns cons moi grandes)
e ao ver a riqueza da zona díxolle: "Todo esto te daré,
menos Fefiñans, Cambados e San Tomé".
ERMIDA DA PASTORA
Construída a finais do século XVI por María d’Alegría.
Foi adicada ao Bo Pastor e á Virxe das Neves, ata que no século
XVIII o ermitán Sr Luaces cambiouna pola Virxe Pastora.
Chamado tamén Pinal do Norte
Situado ao sur do concello de
Cambados, nas proximidades do río
Umia e a 400 m de instituto.
SUPERFICIE: 14 ha
ALTITUDE MÁXIMA: 33 m
PROPIEDADE: particular
É un pequeno monte arborado con
algúns cultivos. A maior pendente
dase cara ao sur onde está rodeado
por un muro de pedra.
Hai varios afloramentos graníticos
en forma de laxes e cons e noutros
tempos foron explotados en varias
canteiras.
Está atravesado polo camiño que
vai de Uso da Torre á Barca e por el
pasa un sendeiro natural.
HISTORIA
Conta a lenda que foi un castro, o que
pode ter algo de fundamento dado que hai
unha área que semella conservar unha
forma en terraplén con muros.
No medio hai varios cons con pías.
Os eucaliptos ocupan
un 70% da superficie
arborada, cunha idade
aproximada de 30 anos
e unha altura media de
15 metros.
Están pouco coidados
e só de cando en vez se
fai algunha corta para
aproveitar a madeira.
PLANTACIÓNS FORESTAIS
RESTOS DE BOSQUE
NATURAL
A especie máis abundante é
o carballo (Quercus robur)
Tamén se atopan algúns
castiñeiros, salgueiros,
pereiras bravas e sobreiras.
BEIRAIS
As beiras das fincas, dos
camiños e do bosque son
unhas zonas cunha gran
biodiversidade de plantas e
animais. Ás veces son o
único refuxio de especies
autóctonas.
LAXES, CONS E PENEDOS
Na superficie das rochas atopamos diversos
tipos de liques e brións. Nas zonas onde se
comeza a formar solo aparecen as uvas de
lagarto e os couselos e nas fendas e pozas
plantas de pequeno porte como toxos, abrodias
e gramíneas varias...
CANTEIRAS CON ENTULLO
Son zonas onde se atopan mesturadas
plantas dos beirais, con plantas de
sotobosque e especies invasoras que veñen
no lixo e nas terras que se verten
O Umia co Castrove ao fondo
O río Umia nace na Reigosa, a 640 m de altitude, na
ladeira do Couto Albariza (serra do Candán) e despois de
70 km desemboca na Ría de Arousa (Cambados)
formando un amplo esteiro.
TIPO DE
PROTECIÓN
-Espazo Natural en Réxime de
Protección Xeral
(DOG 5/6/1995)
-Zona especial de
conservación (ZEC)
LIC ONS O GROVE (7490 ha)
-(ZEPA) ZONA DE ESPECIAL
PROTECIÓN PARA A AS
AVES
Complexo intermareal Umia-O
Grove, A Lanzada, Lagoa
Bodeira
e punta do Carreirón.
-Zona Húmida de Importancia
Internacional
-HUMIDAL RAMSAR
A ENSEADA DO UMIA-O GROVE é a zona comprendida entre o istmo da Lanzada
e a desembocadura do Río Umia en Cambados.
Abrangue unha superficie aproximada de 2.561 ha, cunha costa recortada e
protexida con augas pouco profundas e mornas
Recibe as achegas do río Umia e outros máis pequenos
(A Chanca, Francón, rego dos Mouros...)
Esteiro do río da Chanca e pozas de Roxique
A Torre desde o peirao.
A torre de San Sadurniño foi unha antiga fortaleza que servía de vixía para
defender a entrada da Ría de Arousa cara a Santiago, xunto coas da
Lanzada e Catoira. Foi construída arredor do século X.
Situadas a carón do monte da
Pastora, no lugar de Santa
Mariña Dozo.
Son os restos da que foi igrexa
parroquial ata 1838.
Construída a comezos do
século XV por Lope Sánchez
de Ulloa sobre os restos dunha
primitiva capela do século XII,
e restaurada entre 1475 e 1502
por María Ulloa.
No terremoto de 1815 quedou
afectada e máis adiante foi
destellada e abandoada.
Na actualidade é cemiterio
parroquial de Cambados.