Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

Oceántica’13

234 visualizaciones

Publicado el

Campamento de verán de OCEANTICA 13
Autora: Jessica Calo

Publicado en: Educación
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Oceántica’13

  1. 1. Por Jessica Calo Rodríguez 2º Bach A
  2. 2. No primeiro día de campamento coñecemos o lugar onde ibamos a vivir durante os 5 días, as súas normas e horarios, os obxectivos que deberíamos cumplir e dividíronnos en grupos cos que traballaríamos durante toda a estancia. Asentámonos e logo, pola tarde, fixemos diferentes actividades para coñecernos mellor e por último baixamos a coñecer a praia das Catedrais.
  3. 3. No segundo día de campamento, encamiñámonos a Burela. Alí recibimos unha charla sobre a historia do pobo e os seus problemas actuais. Logo visitamos o barco museo Reina del Carmen onde nos guiaron dándonos información sobre a vida no mar, a pesca do bonito e sobre a historia de dito barco.
  4. 4. Despois dirixímonos ó axuntamento de Burela onde estaban preparados os stands de Mergúllate no Océano, cada un deles relacionado cunha temática mariña diferente. A cada grupo correspondíalle unha temática. O que me correspondeu a min foron as correntes mariñas. Os responsables dos stands explicáronnos o que tiñamos que facer e como nos tiñamos que dirixir o público para explicarlle o noso stand. Logo, procedemos por parellas a mostrarlle aos visitantes de que trataba o noso posto.
  5. 5. Por último, recibimos unha charla sobre as profesións do mar e as súas relacións laborales o largo da historia.
  6. 6. O terceiro día de campamento, dirixímonos a Asturias para visitar unha das súas incribles praias, a praia de Cartavio, e para visitar o pobo de Luarca. En Cartavio asistimos a unha charla sobre os valores ecolóxicos dos ecosistemas das praias e fixemos algunha actividade.
  7. 7. Visitamos o fermonoso pobo de Luarca onde nos levaron a ver o museo do Calamar Xigante. Nel vimos diferentes especies de calamares, entre outros animais mariños, e asistimos a dúas charlas: unha sobre o pobo de Luarca e outra sobre o museo e a súa temática.
  8. 8. Para finalizar a nosa visita a Astuias, visitamos o Parque da Vida. Nel explicáronnos a formación xeolóxica dos océanos e os problemas de contaminación, sostibilidade e recuperación de especies mariñas. O final das explicacións ensináronnos as serpes que tiñan no parque e deixáronnolas tocar e coller.
  9. 9. O cuarto día de campamento baixamos ata a praia das Catedrais pola mañá para asistir a unha charla sobre a xeoloxía da Rasa Cantábrica. O finalizar tivemos oportunidade de disfrutar da praia. Pola tarde dirixímonos o Clube náutico de Ribadeo para realizar diversas actividades náuticas como kayak e vela. Foi unha experiencia incrible xa que tivemos liberdade para movernos por toda a impresionante ría que limita Galicia e Asturias.
  10. 10. Durante todo o campamento tivemos dous obxectivos: preparar un vídeo por grupo recollendo a información dos 3 pobos aos que fomos (entrevistas, gravacións, etc) e preparar un musical entre todos. Os vídeos expuxéronse o último día nun auditorio e tamén levamos a cabo o musical en presenza dalgúns pais, os monitores e os profesores. O musical consistía nunha obra teatral con cancións reversionadas de temática mariña como por exemplo «yellow submarine». Tivemos que cantar, interpretar e tocar instrumentos. Para iso contamos con profesores de interpretación e profesores de música que nos axudaron e ensinaron durante os tempos de ensaio no campamento.
  11. 11. Ó concluir o festival de fin de campamento chegou o momento da despedida e con el as bágoas… Foi unha experiencia incríble poder coñecer rapaces de diferentes lugares do mundo con diferentes idiomas e culturas. Rir, traballar, convivir e aprender uns dos outros. Durou moi pouco pero o suficiente para entablar unha amistade que non se olvidará facilmente.
  12. 12. Por Jessica Calo Rodríguez 2º Bach A

×