Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

Vesalio

  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Vesalio

  1. 1. Hai 500 anos, o 31 de decembro de 1514 nacía en Bruxelas André Vesalio (Andreas Vesalius ou Andries van Wesel) recoñecido como fundador da anatomia moderna. Autor dun dos libros máis influíntes sobre anatomía humana, De humani corporis fabrica (Sobre a estrutura do corpo humano). Morreu o 15 de outubro de 1564 en Zante (actual Grecia). Grabado de una imagen por Tintoretto de Andreas Vesalius, 1540.
  2. 2. Ademais de estudar anatomía, foi un importante médico do renacemento e médico imperial na corte de Carlos V. Considérase como o fundador da medicina moderna debido a que basou os seus estudos na observación directa.
  3. 3. PRINCIPAIS ACHEGAS Á ANATOMÍA -Descripción do esfenoides; o vestíbulo do oído no interior do oso temporal; o omento (mesenterio) e as súas conexións co estómago, o bazo e o colon; as primeiras descripcións válidas do mediastino e a pleura. -Demostración das partes do esternón e o sacro. -Verificou as observacións de Etienne sobre as válvulas nas venas hepáticas. -Descubriu, no feto, a canle que comunica a vea umbilical e a vea cava inferior (ductus venosus). -Descubriu a vea ácigos. -Fixo a explicación máis correcta da anatomía do cerebro, ata aquela datas. -Ofreceu as primeiras nocións correctas sobre a estrutura do píloro e do apendice.
  4. 4. Anatomía
  5. 5. A principal obra de Vesalio foi "De Humani Corpori Fabrica" publicada en 1543, en Basilea. Destaca a importancia da disección e do que máis tarde se chamou a "visión anatómica" do corpo humano. Na súa obra explica que o corpo é una arquitectura composta por osos, ligamentos e músculos, que fundamentan a estrutura corporal, logo veñen as unións ou conexións (vasos sanguíneos e nervos) e os sistemas que impulsan a vida.
  6. 6. A obra, divídese en 7 volumes. O primeiro trata sobre os osos e as cartílaxes, o segundo sobre os músculos e ligamentos, o tercero describe o funcionamento das veas e arterias, o cuarto os nervos, o quinto os aparatos dixestivo e reprodutor, o sexto o corazón e os órganos auxiliares, e o séptimo o sistema nervoso central e os sentidos.
  7. 7. Decembro 2014, 500 aniversario do nacemento de Vesalio

×