SlideShare a Scribd company logo
1 of 13
Download to read offline
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO
“COÑECEMOS MARROCOS”
1-INTRODUCCIÓN:
Xustificación:
O CEIP Plurinlingüe de Guillarei é un centro rural no que temos moito
alumnado de orixe marroquí. Para aproveitar o enriquecemento que a
multiculturalidade proporciona, decidimos, dende o Equipo de biblioteca e coa
aprobación do Claustro, que o Proxecto Documental Integrado deste ano se
chamase “Coñecemos Marrocos”.
Calendario de realización.
Este proxecto, no cal participou todo o centro, realizouse durante todo o
curso escolar, establecendo diferentes actividades durante os tres trimestres.
Alumnado e Profesorado Participante.
Participaron todos os alumnos e alumnas do Centro (117) e todo o
profesorado titor/a dos distintos cursos, incluíndo os especialistas de Música e
Educación Física, ademais, o resto dos especialistas, colaboraron con todo o
que se lles solicitaba dende o equipo de biblioteca (organización do festival,
colocación de megafonía para a exposición...)
Contamos co apoio do Equipo de Dinamización Lingüística e do Equipo
de Actividades Extraescolares.
Organización.
Un curso máis, acordamos dende o Equipo de Biblioteca e co acordo de
todo o Claustro, realizar un Proxecto Documental Integrado para todo o centro,
dada a positiva experiencia do curso pasado, no cal nos aventuramos a facer o
noso primeiro PDI, sendo este curso, Marrocos, o tema central coa pretensión
de crear no noso alumnado unha motivación por aprender e desenvolver as
habilidades para buscar e xestionar a información e recursos que lle permitan
acadar uns coñecementos máis concretos sobre este país do cal pertencen
moitos alumnos e expoñer eses coñecemento á Comunidade Educativa.
Referencia aos contidos curriculares
OBXECTIVOS
 Coñecer xeográfica e culturalmentente o país veciño, Marrocos.
 Crear espazos e actividades motivadoras, no contexto da escola, que
inciten a saber mais.
 Involucrar ás familias na aprendizaxe dos seus fillo/as.
 Experimentar e investigar partindo dos recursos bibliográficos e
audiovisuais cos que contamos na biblioteca.
 Poñer en práctica actividades gastronómicas, musicais, audiovisuais e
lúdicas relacionadas con Marrocos.
 Valorar o enriquecemento que ofrece a multiculturalidade na escola.
 Descubrir e respectar diferentes costumes na variedade cultural.
 Utilizar as TICs e a lectura como fonte de consulta e como recurso para
o logro das aprendizaxes.
 Fomentar a participación e colaboración entre os compañeiros e
compañeiras de investigación.
 Adoptar hábitos de traballo en grupo, favorecendo a comunicación entre
iguais.
 Favorecer actividades de expresión oral en público.
CONTIDOS CURRICULARES E COMPETENCIAS
A través deste proxecto traballaranse:
CONTIDOS COMÚNS:
- Propostas de traballo que xurdan dunha situación problema,
acontecemento ou inquietude do contorno que nos rodea, que supoña
un proceso de investigación e acción por parte do alumnado e facilite o
proceso de autorregulación de aprendizaxes.
- Busca e selección de información utilizando as TICs e outras fontes,
organización, análise, documentación do proceso mediante uso do
portfolio e comunicación das conclusións.
- Iniciativa emprendedora. Planificación, xestión e presentación dos
proxectos co fin de acadar obxectivos.
- Elaboración guiada de textos escritos, murais, paneis, esquemas ou
presentacións para recoller conclusións.
EN RELACIÓN COAS COMPETENCIAS CLAVE
1. COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA.
- Comunicación axeitada, pertinente e respectuosa cos compañeiros.
- Comprensión global e específica de textos orais e escritos de diversa
tipoloxía e procedentes de diversas fontes.
- Resumir a información recollida.
- Ler de forma expresiva.
- Saber expresar oralmente un coñecemento adquirido.
- Participación en situacións de comunicación, espontáneas e dirixidas,
utilizando un discurso cunha secuencia lineal axeitada.
2. COMPETENCIA MATEMÁTICA.
- Uso da lóxica dedutiva/intuitiva.
- Operacións con números naturais.
- Sistema monetario da Unión Europea e Marrocos, os dirhamns(moeda
marroquí)
- Planificación do proceso de resolución de problemas: análise e
comprensión do enunciado.
3. CONCIENCIA E EXPRESIÓNS CULTURAIS
- Respecto polo patrimonio cultural tradicional do noso pais, os libros e a
lectura.
- Respecto polo patrimonio cultural doutros países, os libros e a lectura.
4- COMPETENCIA SOCIAL E CÍVICA
- Educación para a paz, antirracismo, cooperación.
- Convivencia entre distintos persoas, cooperación, amizade, celebracións
entre amigos, usos sociais, gustos e aficións compartidas.
5- COMPETENCIA APRENDER A APRENDER
- Observación, atención ao escoitar, comparación dos novos coñecementos
con os que xa temos adquiridos.
- Como organizarse, como memorizar.
- Como traballar en grupo.
- Creación e uso de hábitos e técnicas de estudo.
- Valoración do esforzo e coidado do material.
- A cooperación e o diálogo como valores democráticos e recursos básicos
na resolución pacífica de conflitos.
6-COMPETENCIA DIXITAL:
- Utilización das tecnoloxías de comunicación
- Utilización de Internet como fonte de información.
7- SENTIDO DE INICIATIVA E ESPÍRITU EMPRENDEDOR
- Enfrontar a situacións nas que é o protagonista da súa propia
aprendizaxe e a actividades globais onde as súas decisións repercuten
no logro dos obxectivos do seu propio equipo.
2- TEMÁTICA
O tema a tratar será Marrocos e a súa riqueza, por iso decidimos chamar ao
PDI “Coñecemos Marrocos”.
3- DESCRICIÓN DO PROCESO DE DESEÑO E ELABORACIÓN DA
PROPOSTA.
Despois de reunirnos o equipo de biblioteca e decidir o tema, levouse a
Claustro e fixemos o calendario de actividades e repartimos os temas para
traballar.
1º TRIMESTRE: actividades de motivación
- Exposición de libros e contos con referencias a Marrocos na biblioteca.
- Proxección de vídeos sobre diferentes aspectos do país.
- Concurso de postais de Nadal con ilustracións árabes.
- Poñemos para entrar e saír do colexio música marroquí.
- Lectura de contos populares do país.
2º TRIMESTRE: preparación e elaboración das temáticas que se repartiron do
seguinte xeito:
Infantil: bandeira
1ºcurso: moeda
2º curso: traxes tradicionais e complementos.
3º e 4º cursos: gastronomía
5º e 6º curso: xeografía e aspectos destacables da cultura do país.
Especialista música: traballará os instrumentos e a música
Especialista educación física: xogos populares do país.
- Obradoiros de gastronomía coa colaboración das familias marroquís.
- Comezamos a montar a gran exposición na entrada do colexio con
materiais que ofrecían as familias (traxes, calzado, cadros, instrumentos,
elementos decorativos...)
3º TRIMESTRE: exposición á comunidade educativa
-Exposición oral dos coñecementos adquiridos sobre a temática traballada a
toda a Comunidade Educativa na biblioteca escolar.
- Exposición de todos os traballos realizados na entrada do colexio.
-Festa de fin de curso, con degustación de produtos gastronómicos, que traen
todas as familias tanto as galegas como as marroquís.
3- DOCUMENTACIÓN ELABORADA.
-Realizamos unha actividade no NOTEBOOK para que os mestres traballaran
no encerado dixital e así servira de repaso de todo o aprendido con este PDI.
Enlace para acceder á actividade (é preciso o programa smartnotebook).
Enlace Blog
-Fixemos unha exposición de libros que tratan sobre Marrocos e contos
tradicionais do país.
-Ademais, proporcionamos enlaces de interese da web, para poñer o nome en
árabe e ver vídeos.
Teclado árabe http://www.arabespanol.org/idioma/teclado.htm
Wikipedia https://es.wikipedia.org/wiki/Marruecos
https://www.youtube.com/watch?v=Zx_gMOTnaX0
https://www.youtube.com/watch?v=lO1CvgzNhVo
4- RELACIÓN DAS TAREFAS MÁIS IMPORTANTES REALIZADAS AO
LONGO DO PROXECTO POLO ALUMNADO.
 Realizaron traballos de investigación sobre as diferentes temáticas que
lles tocou traballar, tanto a través das TICs coma dos libros que tiñamos
expostos relacionados con dita temática.
- Roupa Enlace blog
 Leron libros e coñeceron historias tanto de Marrocos como do Magreb.
 Prepararon entrevistas para investigar e recadar información ás familias
e alumnos marroquís.
 Realizaron obradoiros de gastronomía con degustación dos pratos,
lendo con anterioridade as receitas. Enlace
 Fixeron murais sobre os ingredientes, os utensilios típicos, comidas e
sobre as moedas, este último poñendo as equivalencias co Euro.
 Construíron e formaron a bandeira de Marrocos.
 Fixeron postais de Nadal con motivos árabes, a postal gañadora
enviouse ás casas das familias e aos centros do Concello para felicitar
as festas.
 Fixeron traballo de investigación sobre os xogos populares.
Enlace.
 Aprenderon a xogar a ditos xogos, actividade que se preparou para facer
nos recreos.
 Elaboraron un Power Point sobre a localización de Marrocos e os
aspectos máis relevantes da súa xeografía e montaron un vídeo sobre
aspectos destacables da cultura. Enlace
 Expuxeron todos os traballos e os seus novos coñecementos á
Comunidade Educativa na Biblioteca escolar. Enlace
 Finalmente, aproveitouse a festa de fin de curso para facer una xornada
de convivencia entre as familias e degustar os nosos pratos e os
marroquís.
5- RECURSOS UTILIZADOS E FONTES CONSULTADAS
Recursos humanos: a nosa principal fonte de información para este
proxecto, as familias.
Recursos tecnolóxicos: ordenadores con acceso a internet para procurar
información e realizar tanto os vídeos coma os Power Point. Diferentes
buscadores.
Fontes consultadas: ademais de varios libros de narrativa que mercamos
cos cartos do PLAMBE, consultamos os seguintes:
- “La reina Trotamundos en Marruecos” de Montse Ganges. Editorial
COMBEL.
- “Búxara, yo soy de Marruecos” de Rosa Sensat, Fundación Jaume Bofill.
- “Cuentos y leyendas populares de Marruecos” de Antonio González
Beltrán. Editorial Siruela.
- “Bilingüe Español- Árabe”. Anaya
- “Los árabes en la historia” de Bernard Lewis. Espasa-Calpe.
6- IMPLICACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA.
Para a realización deste proxecto foi imprescindible a colaboración das
familias, sen as cales, non poderiamos levalo a cabo.
Foi unha experiencia moi enriquecedora e motivadora tanto para o alumnado,
coma para o profesorado e as familias.
As familias facilitáronnos moitos materiais (obxectos decorativos, cadros,
roupa) para elaborar a exposición da entrada e para poder aprender sobre eles,
comidas, explicacións, como a elaboración do seu pan, resolveron dúbidas
que tiñamos co idioma e diferentes aspectos sobre a súa cultura e relixión.
Participaron todos os cursos, cos seus titores e titoras e contamos co apoio do
equipo directivo para todas actividades que propuxemos dende o equipo de
biblioteca.
7- DIFUSIÓN DOS TRABALLOS ENTRE A COMUNIDADE EDUCATIVA.
- Algúns traballos foron colgándose no Blog da biblioteca (non todos por
falla de tempo). Enlace ao blog
- Fíxose unha gran exposición na entrada do colexio que estivo ata o
último día de curso.
- Expuxéronse os traballos e transmitíronse os coñecementos adquiridos
sobre as diferentes temáticas, por parte do alumnado, para a
comunidade educativa na biblioteca escolar. Enlace Blog
- Compartimos os pratos típicos do país con toda a Comunidade
Educativa, alumnos e familias.
8- AVALIACIÓN REALIZADA
Indicadores de éxito do proxecto:
 O alumno adquiriu novas habilidades cognitivas en torno ao tema do
proxecto como fonte de aprendizaxe a través da súa propia interacción.
 Os alumnos melloraron na procura de información que precisaban e na
su competencia dixital.
 O grado de dificultade para levar a cabo o proxecto foi o adecuado para
os alumnos de cada curso.
 Empregáronse técnicas e recursos válidos para poder guiar aos nosos
alumnos a levar a cabo a tarefa de ensinanza-aprendizaxe.
 Os alumnos a través da súa propia práctica e participación nas
actividades propostas neste proxecto educativo coñecen máis sobre
Marrocos.
 Os alumnos valoran o enriquecedor da multiculturalidade nun centro.
Estratexia de avaliación e mecanismos de recollida de datos
Criterios a avaliar Instrumentos de avaliación Cándo?
FASE
INICIAL
Cómo recollen información
directa: familiares
Cuestionarios Ao principio
Elaboración cuestionario
para a entrevista
Rúbrica Ao principio
Uso de material de
consulta da biblioteca
Diario de aprendizaxe Ao principio
Búsqueda de propostas e
actividades para integrar
no proxecto
Diario de aprendizaxe Ao principio
FASE
DE
DESARO-
LLO
Traballo en equipo. Diario de aprendizaxe e
observación directa
Durante a elaboración do
proxecto
Uso de material TIC para o
proxecto.
Rúbrica Durante a elaboración do
proxecto
PRODUCTO
FINAL
Exposición oral Rúbrica Ao final
Creación de materiais Observación directa Ao final
RÚBRICA DO PDI
ALUMNO:
4 3 2 1 PUNTUACI
ÓN
FINAL
CANTIDADE
DE
INFORMACIÓN
O traballo expón
unha ampla
variedade de
información
relacionada coa
investigación
O traballo expón
certa variedade
de información
relacionada coa
investigación
O traballo
expón pouca
variedade de
información
relacionada
coa
investigación
O traballo
expón
insuficiente
información
relacionada
coa
investigación
CALIDADE
DA
INFORMACIÓN
Todas as fontes de
información son de
calidade
A maioría das
fontes de
información son
de calidade
Poucas fontes
de
información
son de
calidade
Case ningunha
fonte de
información
son de
calidade
ORGANIZACIÓN
DA
INFORMACIÓN
A información está
moi ben organizada
con parágrafos ben
redactados
A información
está ben
organizada con
parágrafos ben
redactados
A información
está ben
organizada,
pero os
parágrafos
non moi ben
redactados
A información
non está
organizada.
IMAXES As imaxes
incluídas están
ben escollidas,
son precisas e
axudan ao
entendemento
do tema.
As imaxes
incluídas están
ben escollidas e
axudan ao
entendemento do
tema.
As imaxes
incluídas
algunhas
veces axudan
ao
entendemento
do tema.
As imaxes
incluídas non
son precisas
ou non axudan
ao
entendemento
do tema.
FONTES DE IN-
FORMACIÓN
Todas as fontes de
información están
documentadas.
A maioría das
fontes de
información están
documentadas
Algunhas das
fontes de
información
están
documentadas
Ningunha das
fontes de
información
está
documentada
Puntuación
final
Ademais, ao ser un Claustro pequeno, facilita o saber que tal pareceu o
proxecto entre o profesorado a través de preguntas directas.
Todo isto serve para coñecer os puntos fortes e os débiles que se deben
mellorar para o seguinte proxecto.
9- FUNCIÓN E PARTICIPACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR EN
TODO O PROCESO.
Dende a biblioteca se propuxo o proxecto documental integrado, foi o equipo
de biblioteca o encargado de mercar o material necesario, proporcionar
recursos para a investigación e experimentación, contactar coas familias,
montar a exposición e organizar o Día de Marrocos, no cal se expuxeron todos
os traballos ao resto da Comunidade Educativa. Así mesmo, procurouse
atender as demandas de fondos documentais solicitadas por alumnos e
docentes para o desenvolvemento das distintas actividades do noso proxecto.
Puxémonos en contacto coas familias para solicitar a axuda que iamos
precisando en cada momento.
Organizamos á exposición da entrada co centro e organizamos o día da
exposición dos traballos na biblioteca para a comunidade educativa.

More Related Content

What's hot

Programación de aula 3º lingua
Programación de aula 3º linguaProgramación de aula 3º lingua
Programación de aula 3º linguaEIRIS4
 
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAUNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAEncarna Lago
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Maria Lemos Cerqueira
 
Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15maruxinha64
 
Acollida Do Alumnado Procedente Do Estranxeiro
Acollida Do Alumnado Procedente Do EstranxeiroAcollida Do Alumnado Procedente Do Estranxeiro
Acollida Do Alumnado Procedente Do Estranxeiromgvaamonde
 
Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Anexo fotografico
Anexo fotograficoAnexo fotografico
Anexo fotograficoCarmen165
 

What's hot (8)

Memoria o entroido-en-galiza
Memoria  o entroido-en-galizaMemoria  o entroido-en-galiza
Memoria o entroido-en-galiza
 
Programación de aula 3º lingua
Programación de aula 3º linguaProgramación de aula 3º lingua
Programación de aula 3º lingua
 
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICAUNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
UNiDADE DIDÁCTICA 2017 /2018 PAZO DE TOR REDE MUSEÍSTICA
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
 
Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15Proxecto lavadores 2014 15
Proxecto lavadores 2014 15
 
Acollida Do Alumnado Procedente Do Estranxeiro
Acollida Do Alumnado Procedente Do EstranxeiroAcollida Do Alumnado Procedente Do Estranxeiro
Acollida Do Alumnado Procedente Do Estranxeiro
 
Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Anexo fotografico
Anexo fotograficoAnexo fotografico
Anexo fotografico
 

Viewers also liked

Roupa típica de marrocos

Roupa típica de marrocos
Roupa típica de marrocos

Roupa típica de marrocos
Karina Romero
 
Roupa mulleres marrocos
Roupa mulleres marrocosRoupa mulleres marrocos
Roupa mulleres marrocosKarina Romero
 
Geografía marruecos
Geografía marruecosGeografía marruecos
Geografía marruecosKarina Romero
 
Recomendacións verán 2014
Recomendacións verán 2014Recomendacións verán 2014
Recomendacións verán 2014guillareta
 
Presentación tics terminada
Presentación tics terminadaPresentación tics terminada
Presentación tics terminadalosmosttachos
 
Signos de puntuacion
Signos de puntuacionSignos de puntuacion
Signos de puntuacionlosmosttachos
 
Signos de puntuacion-integrado
Signos de puntuacion-integradoSignos de puntuacion-integrado
Signos de puntuacion-integradoJOSE LUIS MARTINEZ
 
Las comillas y paréntesis
Las comillas y paréntesisLas comillas y paréntesis
Las comillas y paréntesislosmosttachos
 
Diapositivas laminario de los signos puntuacin.....
Diapositivas laminario de los signos puntuacin.....Diapositivas laminario de los signos puntuacin.....
Diapositivas laminario de los signos puntuacin.....Anahis Paul
 
Argumentos para la persuasión
Argumentos para la persuasiónArgumentos para la persuasión
Argumentos para la persuasiónJuan Luis Hueso
 
Uso de los signos de puntuacion
Uso de los signos de puntuacionUso de los signos de puntuacion
Uso de los signos de puntuacionjheimynathalie96
 
Signos de puntuación
Signos de puntuaciónSignos de puntuación
Signos de puntuaciónsofkate
 
Signos de puntuación para niños de primaria
Signos de puntuación para niños de primariaSignos de puntuación para niños de primaria
Signos de puntuación para niños de primariaTania Ruiz
 
Signos De PuntuacióN
Signos De PuntuacióNSignos De PuntuacióN
Signos De PuntuacióNfredbuster
 

Viewers also liked (20)

Roupa típica de marrocos

Roupa típica de marrocos
Roupa típica de marrocos

Roupa típica de marrocos

 
Roupa mulleres marrocos
Roupa mulleres marrocosRoupa mulleres marrocos
Roupa mulleres marrocos
 
Tui
TuiTui
Tui
 
Geografía marruecos
Geografía marruecosGeografía marruecos
Geografía marruecos
 
O RÍO MIÑO
O RÍO MIÑOO RÍO MIÑO
O RÍO MIÑO
 
O Monte Aloia
O Monte AloiaO Monte Aloia
O Monte Aloia
 
Recomendacións verán 2014
Recomendacións verán 2014Recomendacións verán 2014
Recomendacións verán 2014
 
Presentación tics terminada
Presentación tics terminadaPresentación tics terminada
Presentación tics terminada
 
Signos de puntuacion
Signos de puntuacionSignos de puntuacion
Signos de puntuacion
 
Signos de puntuacion-integrado
Signos de puntuacion-integradoSignos de puntuacion-integrado
Signos de puntuacion-integrado
 
Las comillas y paréntesis
Las comillas y paréntesisLas comillas y paréntesis
Las comillas y paréntesis
 
Diapositivas laminario de los signos puntuacin.....
Diapositivas laminario de los signos puntuacin.....Diapositivas laminario de los signos puntuacin.....
Diapositivas laminario de los signos puntuacin.....
 
Argumentos para la persuasión
Argumentos para la persuasiónArgumentos para la persuasión
Argumentos para la persuasión
 
Uso de los signos de puntuacion
Uso de los signos de puntuacionUso de los signos de puntuacion
Uso de los signos de puntuacion
 
los signos de puntuacion
los signos de puntuacionlos signos de puntuacion
los signos de puntuacion
 
Signos de puntuación
Signos de puntuaciónSignos de puntuación
Signos de puntuación
 
Signos de Puntuación
Signos de PuntuaciónSignos de Puntuación
Signos de Puntuación
 
Signos de puntuación para niños de primaria
Signos de puntuación para niños de primariaSignos de puntuación para niños de primaria
Signos de puntuación para niños de primaria
 
Signos de puntuacion.
Signos de puntuacion.Signos de puntuacion.
Signos de puntuacion.
 
Signos De PuntuacióN
Signos De PuntuacióNSignos De PuntuacióN
Signos De PuntuacióN
 

Similar to Coñecemos marrocos

Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Iolidesarandon
 
Monferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapurMonferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapursatelite1
 
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAPROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAbiblionova
 
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"biblionova
 
Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falarsatelite1
 
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolO Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolCoordinadora Galega ENDL
 
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfPROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfCEIPN1TUI
 
IMAXES DUN CURSO PARA RECORDAR
IMAXES DUN CURSO PARA RECORDARIMAXES DUN CURSO PARA RECORDAR
IMAXES DUN CURSO PARA RECORDARCarmen165
 
A Rede De Escolas Asociadas Da Unesco
A Rede De Escolas Asociadas Da UnescoA Rede De Escolas Asociadas Da Unesco
A Rede De Escolas Asociadas Da UnescoIES Lúís Seoane
 
Maria Rodriguez Martinez
Maria Rodriguez MartinezMaria Rodriguez Martinez
Maria Rodriguez Martinezecursocig
 
Monferosolidario
MonferosolidarioMonferosolidario
Monferosolidariosatelite1
 
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011ludeiro
 
Virxedacela en cefore 11 novembro 2013
Virxedacela en cefore 11 novembro 2013Virxedacela en cefore 11 novembro 2013
Virxedacela en cefore 11 novembro 2013satelite1
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicasNoemiLage
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicasNoemiLage
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarYolanda Castro
 

Similar to Coñecemos marrocos (20)

Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013
 
Monferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapurMonferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapur
 
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAPROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
 
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
 
Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falar
 
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolO Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
 
O Fiadeiro 2007
O Fiadeiro 2007O Fiadeiro 2007
O Fiadeiro 2007
 
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfPROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
 
IMAXES DUN CURSO PARA RECORDAR
IMAXES DUN CURSO PARA RECORDARIMAXES DUN CURSO PARA RECORDAR
IMAXES DUN CURSO PARA RECORDAR
 
Biblioteca forum metropoliano, actividades y programas
Biblioteca forum metropoliano, actividades y programasBiblioteca forum metropoliano, actividades y programas
Biblioteca forum metropoliano, actividades y programas
 
A Rede De Escolas Asociadas Da Unesco
A Rede De Escolas Asociadas Da UnescoA Rede De Escolas Asociadas Da Unesco
A Rede De Escolas Asociadas Da Unesco
 
Maria Rodriguez Martinez
Maria Rodriguez MartinezMaria Rodriguez Martinez
Maria Rodriguez Martinez
 
Monferosolidario
MonferosolidarioMonferosolidario
Monferosolidario
 
Monferosolidario
MonferosolidarioMonferosolidario
Monferosolidario
 
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
 
Virxedacela en cefore 11 novembro 2013
Virxedacela en cefore 11 novembro 2013Virxedacela en cefore 11 novembro 2013
Virxedacela en cefore 11 novembro 2013
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicas
 
Webs dinámicas
Webs dinámicasWebs dinámicas
Webs dinámicas
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
Proxecto impresionismo
Proxecto impresionismoProxecto impresionismo
Proxecto impresionismo
 

Coñecemos marrocos

  • 1. PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “COÑECEMOS MARROCOS” 1-INTRODUCCIÓN: Xustificación: O CEIP Plurinlingüe de Guillarei é un centro rural no que temos moito alumnado de orixe marroquí. Para aproveitar o enriquecemento que a multiculturalidade proporciona, decidimos, dende o Equipo de biblioteca e coa aprobación do Claustro, que o Proxecto Documental Integrado deste ano se chamase “Coñecemos Marrocos”. Calendario de realización. Este proxecto, no cal participou todo o centro, realizouse durante todo o curso escolar, establecendo diferentes actividades durante os tres trimestres. Alumnado e Profesorado Participante. Participaron todos os alumnos e alumnas do Centro (117) e todo o profesorado titor/a dos distintos cursos, incluíndo os especialistas de Música e Educación Física, ademais, o resto dos especialistas, colaboraron con todo o que se lles solicitaba dende o equipo de biblioteca (organización do festival, colocación de megafonía para a exposición...)
  • 2. Contamos co apoio do Equipo de Dinamización Lingüística e do Equipo de Actividades Extraescolares. Organización. Un curso máis, acordamos dende o Equipo de Biblioteca e co acordo de todo o Claustro, realizar un Proxecto Documental Integrado para todo o centro, dada a positiva experiencia do curso pasado, no cal nos aventuramos a facer o noso primeiro PDI, sendo este curso, Marrocos, o tema central coa pretensión de crear no noso alumnado unha motivación por aprender e desenvolver as habilidades para buscar e xestionar a información e recursos que lle permitan acadar uns coñecementos máis concretos sobre este país do cal pertencen moitos alumnos e expoñer eses coñecemento á Comunidade Educativa.
  • 3. Referencia aos contidos curriculares OBXECTIVOS  Coñecer xeográfica e culturalmentente o país veciño, Marrocos.  Crear espazos e actividades motivadoras, no contexto da escola, que inciten a saber mais.  Involucrar ás familias na aprendizaxe dos seus fillo/as.  Experimentar e investigar partindo dos recursos bibliográficos e audiovisuais cos que contamos na biblioteca.  Poñer en práctica actividades gastronómicas, musicais, audiovisuais e lúdicas relacionadas con Marrocos.  Valorar o enriquecemento que ofrece a multiculturalidade na escola.  Descubrir e respectar diferentes costumes na variedade cultural.  Utilizar as TICs e a lectura como fonte de consulta e como recurso para o logro das aprendizaxes.  Fomentar a participación e colaboración entre os compañeiros e compañeiras de investigación.  Adoptar hábitos de traballo en grupo, favorecendo a comunicación entre iguais.  Favorecer actividades de expresión oral en público. CONTIDOS CURRICULARES E COMPETENCIAS A través deste proxecto traballaranse: CONTIDOS COMÚNS: - Propostas de traballo que xurdan dunha situación problema, acontecemento ou inquietude do contorno que nos rodea, que supoña un proceso de investigación e acción por parte do alumnado e facilite o proceso de autorregulación de aprendizaxes. - Busca e selección de información utilizando as TICs e outras fontes, organización, análise, documentación do proceso mediante uso do portfolio e comunicación das conclusións. - Iniciativa emprendedora. Planificación, xestión e presentación dos proxectos co fin de acadar obxectivos. - Elaboración guiada de textos escritos, murais, paneis, esquemas ou presentacións para recoller conclusións.
  • 4. EN RELACIÓN COAS COMPETENCIAS CLAVE 1. COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA. - Comunicación axeitada, pertinente e respectuosa cos compañeiros. - Comprensión global e específica de textos orais e escritos de diversa tipoloxía e procedentes de diversas fontes. - Resumir a información recollida. - Ler de forma expresiva. - Saber expresar oralmente un coñecemento adquirido. - Participación en situacións de comunicación, espontáneas e dirixidas, utilizando un discurso cunha secuencia lineal axeitada. 2. COMPETENCIA MATEMÁTICA. - Uso da lóxica dedutiva/intuitiva. - Operacións con números naturais. - Sistema monetario da Unión Europea e Marrocos, os dirhamns(moeda marroquí) - Planificación do proceso de resolución de problemas: análise e comprensión do enunciado. 3. CONCIENCIA E EXPRESIÓNS CULTURAIS - Respecto polo patrimonio cultural tradicional do noso pais, os libros e a lectura. - Respecto polo patrimonio cultural doutros países, os libros e a lectura. 4- COMPETENCIA SOCIAL E CÍVICA - Educación para a paz, antirracismo, cooperación. - Convivencia entre distintos persoas, cooperación, amizade, celebracións entre amigos, usos sociais, gustos e aficións compartidas. 5- COMPETENCIA APRENDER A APRENDER - Observación, atención ao escoitar, comparación dos novos coñecementos con os que xa temos adquiridos. - Como organizarse, como memorizar. - Como traballar en grupo. - Creación e uso de hábitos e técnicas de estudo. - Valoración do esforzo e coidado do material.
  • 5. - A cooperación e o diálogo como valores democráticos e recursos básicos na resolución pacífica de conflitos. 6-COMPETENCIA DIXITAL: - Utilización das tecnoloxías de comunicación - Utilización de Internet como fonte de información. 7- SENTIDO DE INICIATIVA E ESPÍRITU EMPRENDEDOR - Enfrontar a situacións nas que é o protagonista da súa propia aprendizaxe e a actividades globais onde as súas decisións repercuten no logro dos obxectivos do seu propio equipo.
  • 6. 2- TEMÁTICA O tema a tratar será Marrocos e a súa riqueza, por iso decidimos chamar ao PDI “Coñecemos Marrocos”. 3- DESCRICIÓN DO PROCESO DE DESEÑO E ELABORACIÓN DA PROPOSTA. Despois de reunirnos o equipo de biblioteca e decidir o tema, levouse a Claustro e fixemos o calendario de actividades e repartimos os temas para traballar. 1º TRIMESTRE: actividades de motivación - Exposición de libros e contos con referencias a Marrocos na biblioteca. - Proxección de vídeos sobre diferentes aspectos do país. - Concurso de postais de Nadal con ilustracións árabes. - Poñemos para entrar e saír do colexio música marroquí. - Lectura de contos populares do país. 2º TRIMESTRE: preparación e elaboración das temáticas que se repartiron do seguinte xeito: Infantil: bandeira 1ºcurso: moeda 2º curso: traxes tradicionais e complementos. 3º e 4º cursos: gastronomía 5º e 6º curso: xeografía e aspectos destacables da cultura do país. Especialista música: traballará os instrumentos e a música Especialista educación física: xogos populares do país. - Obradoiros de gastronomía coa colaboración das familias marroquís. - Comezamos a montar a gran exposición na entrada do colexio con materiais que ofrecían as familias (traxes, calzado, cadros, instrumentos, elementos decorativos...)
  • 7. 3º TRIMESTRE: exposición á comunidade educativa -Exposición oral dos coñecementos adquiridos sobre a temática traballada a toda a Comunidade Educativa na biblioteca escolar. - Exposición de todos os traballos realizados na entrada do colexio. -Festa de fin de curso, con degustación de produtos gastronómicos, que traen todas as familias tanto as galegas como as marroquís. 3- DOCUMENTACIÓN ELABORADA. -Realizamos unha actividade no NOTEBOOK para que os mestres traballaran no encerado dixital e así servira de repaso de todo o aprendido con este PDI. Enlace para acceder á actividade (é preciso o programa smartnotebook). Enlace Blog -Fixemos unha exposición de libros que tratan sobre Marrocos e contos tradicionais do país. -Ademais, proporcionamos enlaces de interese da web, para poñer o nome en árabe e ver vídeos. Teclado árabe http://www.arabespanol.org/idioma/teclado.htm Wikipedia https://es.wikipedia.org/wiki/Marruecos https://www.youtube.com/watch?v=Zx_gMOTnaX0 https://www.youtube.com/watch?v=lO1CvgzNhVo
  • 8. 4- RELACIÓN DAS TAREFAS MÁIS IMPORTANTES REALIZADAS AO LONGO DO PROXECTO POLO ALUMNADO.  Realizaron traballos de investigación sobre as diferentes temáticas que lles tocou traballar, tanto a través das TICs coma dos libros que tiñamos expostos relacionados con dita temática. - Roupa Enlace blog  Leron libros e coñeceron historias tanto de Marrocos como do Magreb.  Prepararon entrevistas para investigar e recadar información ás familias e alumnos marroquís.  Realizaron obradoiros de gastronomía con degustación dos pratos, lendo con anterioridade as receitas. Enlace  Fixeron murais sobre os ingredientes, os utensilios típicos, comidas e sobre as moedas, este último poñendo as equivalencias co Euro.  Construíron e formaron a bandeira de Marrocos.  Fixeron postais de Nadal con motivos árabes, a postal gañadora enviouse ás casas das familias e aos centros do Concello para felicitar as festas.
  • 9.  Fixeron traballo de investigación sobre os xogos populares. Enlace.  Aprenderon a xogar a ditos xogos, actividade que se preparou para facer nos recreos.  Elaboraron un Power Point sobre a localización de Marrocos e os aspectos máis relevantes da súa xeografía e montaron un vídeo sobre aspectos destacables da cultura. Enlace  Expuxeron todos os traballos e os seus novos coñecementos á Comunidade Educativa na Biblioteca escolar. Enlace  Finalmente, aproveitouse a festa de fin de curso para facer una xornada de convivencia entre as familias e degustar os nosos pratos e os marroquís. 5- RECURSOS UTILIZADOS E FONTES CONSULTADAS Recursos humanos: a nosa principal fonte de información para este proxecto, as familias. Recursos tecnolóxicos: ordenadores con acceso a internet para procurar información e realizar tanto os vídeos coma os Power Point. Diferentes buscadores. Fontes consultadas: ademais de varios libros de narrativa que mercamos cos cartos do PLAMBE, consultamos os seguintes: - “La reina Trotamundos en Marruecos” de Montse Ganges. Editorial COMBEL. - “Búxara, yo soy de Marruecos” de Rosa Sensat, Fundación Jaume Bofill. - “Cuentos y leyendas populares de Marruecos” de Antonio González Beltrán. Editorial Siruela. - “Bilingüe Español- Árabe”. Anaya - “Los árabes en la historia” de Bernard Lewis. Espasa-Calpe. 6- IMPLICACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA. Para a realización deste proxecto foi imprescindible a colaboración das familias, sen as cales, non poderiamos levalo a cabo. Foi unha experiencia moi enriquecedora e motivadora tanto para o alumnado, coma para o profesorado e as familias. As familias facilitáronnos moitos materiais (obxectos decorativos, cadros, roupa) para elaborar a exposición da entrada e para poder aprender sobre eles, comidas, explicacións, como a elaboración do seu pan, resolveron dúbidas que tiñamos co idioma e diferentes aspectos sobre a súa cultura e relixión.
  • 10. Participaron todos os cursos, cos seus titores e titoras e contamos co apoio do equipo directivo para todas actividades que propuxemos dende o equipo de biblioteca. 7- DIFUSIÓN DOS TRABALLOS ENTRE A COMUNIDADE EDUCATIVA. - Algúns traballos foron colgándose no Blog da biblioteca (non todos por falla de tempo). Enlace ao blog - Fíxose unha gran exposición na entrada do colexio que estivo ata o último día de curso. - Expuxéronse os traballos e transmitíronse os coñecementos adquiridos sobre as diferentes temáticas, por parte do alumnado, para a comunidade educativa na biblioteca escolar. Enlace Blog - Compartimos os pratos típicos do país con toda a Comunidade Educativa, alumnos e familias.
  • 11. 8- AVALIACIÓN REALIZADA Indicadores de éxito do proxecto:  O alumno adquiriu novas habilidades cognitivas en torno ao tema do proxecto como fonte de aprendizaxe a través da súa propia interacción.  Os alumnos melloraron na procura de información que precisaban e na su competencia dixital.  O grado de dificultade para levar a cabo o proxecto foi o adecuado para os alumnos de cada curso.  Empregáronse técnicas e recursos válidos para poder guiar aos nosos alumnos a levar a cabo a tarefa de ensinanza-aprendizaxe.  Os alumnos a través da súa propia práctica e participación nas actividades propostas neste proxecto educativo coñecen máis sobre Marrocos.  Os alumnos valoran o enriquecedor da multiculturalidade nun centro. Estratexia de avaliación e mecanismos de recollida de datos Criterios a avaliar Instrumentos de avaliación Cándo? FASE INICIAL Cómo recollen información directa: familiares Cuestionarios Ao principio Elaboración cuestionario para a entrevista Rúbrica Ao principio Uso de material de consulta da biblioteca Diario de aprendizaxe Ao principio Búsqueda de propostas e actividades para integrar no proxecto Diario de aprendizaxe Ao principio FASE DE DESARO- LLO Traballo en equipo. Diario de aprendizaxe e observación directa Durante a elaboración do proxecto Uso de material TIC para o proxecto. Rúbrica Durante a elaboración do proxecto PRODUCTO FINAL Exposición oral Rúbrica Ao final Creación de materiais Observación directa Ao final
  • 12. RÚBRICA DO PDI ALUMNO: 4 3 2 1 PUNTUACI ÓN FINAL CANTIDADE DE INFORMACIÓN O traballo expón unha ampla variedade de información relacionada coa investigación O traballo expón certa variedade de información relacionada coa investigación O traballo expón pouca variedade de información relacionada coa investigación O traballo expón insuficiente información relacionada coa investigación CALIDADE DA INFORMACIÓN Todas as fontes de información son de calidade A maioría das fontes de información son de calidade Poucas fontes de información son de calidade Case ningunha fonte de información son de calidade ORGANIZACIÓN DA INFORMACIÓN A información está moi ben organizada con parágrafos ben redactados A información está ben organizada con parágrafos ben redactados A información está ben organizada, pero os parágrafos non moi ben redactados A información non está organizada. IMAXES As imaxes incluídas están ben escollidas, son precisas e axudan ao entendemento do tema. As imaxes incluídas están ben escollidas e axudan ao entendemento do tema. As imaxes incluídas algunhas veces axudan ao entendemento do tema. As imaxes incluídas non son precisas ou non axudan ao entendemento do tema. FONTES DE IN- FORMACIÓN Todas as fontes de información están documentadas. A maioría das fontes de información están documentadas Algunhas das fontes de información están documentadas Ningunha das fontes de información está documentada Puntuación final
  • 13. Ademais, ao ser un Claustro pequeno, facilita o saber que tal pareceu o proxecto entre o profesorado a través de preguntas directas. Todo isto serve para coñecer os puntos fortes e os débiles que se deben mellorar para o seguinte proxecto. 9- FUNCIÓN E PARTICIPACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR EN TODO O PROCESO. Dende a biblioteca se propuxo o proxecto documental integrado, foi o equipo de biblioteca o encargado de mercar o material necesario, proporcionar recursos para a investigación e experimentación, contactar coas familias, montar a exposición e organizar o Día de Marrocos, no cal se expuxeron todos os traballos ao resto da Comunidade Educativa. Así mesmo, procurouse atender as demandas de fondos documentais solicitadas por alumnos e docentes para o desenvolvemento das distintas actividades do noso proxecto. Puxémonos en contacto coas familias para solicitar a axuda que iamos precisando en cada momento. Organizamos á exposición da entrada co centro e organizamos o día da exposición dos traballos na biblioteca para a comunidade educativa.