Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×

Literatura galega contemporánea (esquema despregable)

Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Próximo SlideShare
Castelao
Castelao
Cargando en…3
×

Eche un vistazo a continuación

1 de 1 Anuncio

Literatura galega contemporánea (esquema despregable)

Descargar para leer sin conexión

Esquema da literatura galega contemporánea incluído no libro "LIngua Galega e Literatura 4º ESO" de Edicións Xerais de Galicia. Edición de 2012. Autoría: Agustín fernández Paz e outros.

Esquema da literatura galega contemporánea incluído no libro "LIngua Galega e Literatura 4º ESO" de Edicións Xerais de Galicia. Edición de 2012. Autoría: Agustín fernández Paz e outros.

Anuncio
Anuncio

Más Contenido Relacionado

Anuncio

Similares a Literatura galega contemporánea (esquema despregable) (20)

Más de Román Landín (20)

Anuncio

Más reciente (20)

Literatura galega contemporánea (esquema despregable)

  1. 1. Un cadro para entender a literatura galega do século XX e comezos do XXI O REXURDIMENTO Foi un movemento cultural e literario que se desenvolveu nas tres últimas déca- das do século XIX. O seu inicio adoita situarse en 1863, ano da publicación de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. As tres grandes figuras deste movemento foron Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez. O REXIONALISMO O Rexurdimento literario asentouse nun movemento máis amplo, que tivo tamén unha dimensión social e política: o Rexionalismo. Defendía a personalidade histórica diferenciada de Galicia, así como a lingua e a cultura propias do país. As súas ideas recollían as do Provincialismo, un movemento iniciado en 1833. RAMÓN CABANILLAS Ramón Cabanillas (1876-1959) foi o escritor que fixo de ponte entre os autores do Rexurdimento e as novas xeracións do século XX.Na súa obra poden dis- tinguirse varias etapas. Estivo ligado ás loitas agrarias e, posteriormente, ás Irmandades da Fala. A petición de Risco, propagador do atlantismo, escribiu Na noite estrelecida, o libro onde galeguiza os mitos artúricos. AS VANGARDAS LITERARIAS De 1920 a 1936 houbo unha xeración de escri- tores e pintores mozos («A xeración do 22», por ser 1922 o ano en que se publicou o manifesto ¡Máis Alá!) que crearon unha literatura nova, en liña coa das vangardas que se estaban a mani- festar en Europa. A ela pertencen Manuel Antonio, Rafael Dieste, Amado Carballo e Álva- ro Cunqueiro. O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS Os membros máis novos das Irmandades crea- ron en 1923 o Seminar io de Estudos Galegos, co obxectivo de desenvolver en galego investi- gacións universitarias en distintos eidos. A GUERRA CIVIL En xullo de 1936 produciuse unha sublevación militar contra o goberno da 2ª República. Foi a orixe da Guerra Civil, que durou tres anos (1936-1939), e da posterior ditadura. Para a cultura galega significou un corte brutal, xa que os seus creadores foron asasina- dos, exiliados ou reducidos ao silencio. O PARTIDO GALEGUISTA E O ESTATUTO DE AUTONOMÍA O Partido Galeguista creouse en 1931, tras a proclamación en España da 2ª República. Nel integráronse a maioría dos membros das Irmandades, así como outra xente. Castelao e Alexandre Bóveda foron as súas figuras máis relevantes.O Partido Galeguista tivo un papel decisivo na elaboración e apro- bación do Estatuto de Autonomía de 1936. O BALEIRO DA POSGUERRRA Tras a Guerra Civil, en Galicia houbo un longo período no que non se rexistra produción literaria, por mor da prohibición que a dita- dura impuxo sobre os usos públi- cos do galego. ANOS SESENTA: TEMPO DE CAMBIO Aínda que continuaba a ditadura de Franco, mediada a década dos sesenta produciuse un importante cam- bio social e cultural, en liña co que se estaba a dar en España e noutros lugares (Francia, EEUU, Checoslovaquia...).Nesa etapa establécese o Día das Letras Galegas, créase o movemento Voces Ceibes e xorde unha oposición organizada ao franquismo. O COMEZO DA DEMOCRACIA En 1975, coa morte de Franco, rematou a ditadura. En 1978 aprobouse a actual Constitución democráti- ca. Pouco despois, en 1981, aprobouse o Estatuto de Autonomía. Recoñecíaselle así á lingua galega, por primeira vez, o carácter de lingua oficial. A XERACIÓN POÉTICA DOS 80 Coñécese con este nome unha ampla xeración de poetas que se deron a coñecer durante esta década. Caracterízase por un gran rigor formal e polas múlti- ples referencias a outros poetas mundiais. Algúns nomes: Miguel Anxo Fernán Vello, X. M. Álvarez Cáccamo, Ramiro Fonte, Pilar Pallarés, Manuel Rivas, etc. VOCES DE MULLER Un dos aspectos máis importantes da literatura da fin de século é a aparición de numerosas voces femini- nas, propiciada pola parcial desaparición dos atran- cos que a muller tiña na sociedade.Entre elas, salien- tan nomes como Olga Novo, Ana Romaní, Yolanda Castaño, María do Cebreiro ou Enma Couceiro. A NARRATIVA ACTUAL (1975-2000) O novo marco social e político fixo posible que se consolidase a industria editorial e que aparecese unha xeración de narradores posterior á da Nova Narrativa. Encádranse nela autores como Víctor Freixanes, Alfredo Conde, Xavier Alcalá ou Carlos Reigosa. Logo, xa nos 90, consolidáronse nomes como Manuel Rivas, Darío Xohán Cabana, Suso de Toro, X. C. Caneiro, Marilar Aleixandre... A LITERATURA INFANTIL E XUVENIL A literatura para a infancia e a mocidade, que ata mediados dos 80 tivera unha escasa presenza, acada despois unha ampla expansión, que continúa na actualidade. A RUPTURA POÉTICA A publicación de Con pólvora e magnolias (1976) de Méndez Ferrín marcou un antes e un despois do panorama da poe- sía galega. Con este libro ini- ciouse unha etapa de maior rigor formal e lingüístico. A NARRATIVA REALISTA Aínda que os anos sesenta estiveron dominados pola Nova Narrativa, tamén houbo unha corrente de narra- tiva realista, que ten a Xosé Neira Vilas como o autor máis relevante. A el pertencen obras como Memorias dun neno labrego ou Querido Tomás. A XERACIÓN POÉTICA DOS 50 Entre 1950 e 1975 a poesía foi o xénero máis cultivado na literatura galega.Son auto- res que hoxe coñecemos como «A Xeración dos 50»: Manuel María, Uxío Novoneyra, Méndez Ferrín, Xohana Torres... Aínda que o autor de máis sona foi Celso Emilio Ferreiro, que cronoloxicamente pertence á xeración anterior, a «Promoción de Enlace». A NOVA NARRATIVA Nos primeiros anos sesenta xorde un movemento literario que se chamou «A Nova Narrativa». Estaban moi influenciados polos novelistas franceses do momento, así como por figuras como Faulkner ou Joyce.Os nomes máis salientables son Carlos Casares, Méndez Ferrín e Mª Xosé Queizán. A FUNDACIÓN DE GALAXIA En 1950, en Vigo, créase a Editorial Galaxia. Os seus fundadores tentaron restablecer a continuidade cultu- ral tronzada pola Guerra Civil. Nesta década dos 50 danse a coñecer narradores como Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole. A LITERATURA DO EXILIO A literatura que non se podía facer en Galicia floreceu no exilio americano, en México e, sobre todo, en Bos Aires, onde daquela vivía máis de medio millón de galegos. Os grandes animadores desta etapa foron Luís Seoane, Eduardo Blanco Amor e Rafael Dieste. A OBRA DE ÁLVARO CUNQUEIRO Álvaro Cunqueiro (1911-1981) é unha figura central na literatura galega do século XX. A súa poesía (iniciada xa na época da vangar- das) influíu moito nos escritores posteriores. A súa narrativa (carac- terizada pola mestura de realismo e fantasía) iníciase nos anos 50, coa aparición de Merlín e familia. AS IRMANDADES DA FALA O movemento das Irmandades creou- se na Coruña, en 1916, con Antón e Ramón Villar Ponte como impulsado- res principais. Estendeuse axiña por todas as cidades e vilas de Galicia. Proclamábanse federalistas e nacio- nalistas, continuando unha liña que viña do Rexionalismo.Traballaron para que a lingua se utilizase nos ámbitos sociais prestixiados: promoveron o teatro, fundaron periódicos e edito- riais, etc. 1900 1916 1920 1923 1931 1936 A FIGURA DE CASTELAO Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950) é un referente imprescindible na Galicia do século XX. Autor dunha obra plural –foi debuxante, pintor, narrador, ensaísta e autor teatral– marcada polo humor, o sentimento e a denuncia das inxustizas do seu tempo. A REVISTA NÓS / O GRUPO NÓS Na Irmandade da Fala de Ourense confluíu un grupo de grandes escritores, coñecido como o Grupo Nós: Vicente Risco, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas... Eles, xunto con Castelao, crearon a revista Nós, que foi esencial na cultura galega daqueles anos. Pretendían con ela situar a Galicia, en pé de igualda- de, no mosaico mundial das culturas. AS LOITAS AGRARIAS Nos primeiros anos do século XX, os labregos gale- gos, agrupados en sindicatos agrarios, protagoniza- ron unha intensa mobilización social, en protesta pola existencia dos foros e para esixir a súa abolición. 1939 1950 1960 1975 1978 1981 1990 2000

×